Equipo |
X. |
G. |
E. |
P. |
G.F. |
G.C. |
Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Calasancio |
27 |
20 |
5 |
2 |
76 |
20 |
65 |
2. Castroverde |
27 |
18 |
4 |
5 |
67 |
31 |
58 |
3. Muralla |
27 |
17 |
6 |
4 |
55 |
18 |
57 |
4. Sagrado Cor. |
27 |
17 |
5 |
5 |
42 |
20 |
56 |
5. Oural |
27 |
15 |
8 |
4 |
62 |
32 |
55 |
6. Comercial |
28 |
14 |
8 |
6 |
55 |
39 |
50 |
A falta de tan só tres autenticas finais, os postos de ascenso siguen sendo aínda incertos. Hoxe por hoxe, tanto Castroverde coma Muralla teñeno na súa man, e de non fallar, estarán xunto o calasancio na segunda rexional.
Quedan tres plazas, ás que aspiran matemáticamente cinco equipos:
CALASANCIO: Clasificación: 1
Matemáticamente aínda non está ascendido, pero está a tan so 1 punto de facelo, ademáis como campeón deste Grupo XIII. Mellor non esperar máis e certificalo diante dun Oural, que tamén se xoga todo.
Ascende se:
– Gana polo menos un puntos máis dos nove restantes.
É campeon de liga se:
– Se gana dous puntos máis.
RIVAIS: (OURAL – aplazado), SAGRADO CORAZÓNE UD LUGO.
Resultados primeira Volta: Oural – Calasancio 1-1, Calasancio – Sagrado 3-1, UD Lugo – Calasancio 1-1. O que faría un total de 70 puntos que lle darían o ascenso e o campeonato de liga.
CASTROVERDE : Clasificación: 2
Matemáticamente aínda pode aspirar ao título da categoría, cousa moi complicada xa que debería gañar todo e esperar varios fallos do Calasancio. Para o ascenso, con 7 puntos está na segunda rexional. O único problema é o calendario, dos máis duros xa que se enfronta a rivais da parte darriba da clasificación.
Ascende se:
– Gana dous partidos máis e empata o outro restante.
É campeon de liga se:
– Se gana todos os puntos posible, nove, e o calasancio so fai un punto máis.
RIVAIS: (FRIOL – Aplazado), OURAL E COMERCIAL
Resultados Primeira Volta: Castroverde 0 – Friol 1; Oural 4 – Castroverde 1; e Comercial 0 – Castroverde 1.
MURALLA: Clasificación: 3
Solventou os difíciles compromisos que tiña fora da casa, e por méritos propios volve a colocarse na zona noble da clasificación. Beneficianlle o doble e triple empate na terceira posición. Ascende se gaña os tres partidos restantes. Se no o fai, dependerá dos enfrontamentos directos. En contra ten o mal que se lle dan os equipos de abaixo.
Ascende se:
– Gaña tres partidos máis.
É campeon de liga se:
– Se gana todos os puntos posibles, nove, e o calasancio so fai outros dous puntos máis como máximo.
RIVALES: (PORTOMARÍN – Aplazado), COMERCIAL, GARABOLOS.
Primeira Volta:
SAGRADO CORAZÓN
:Clasificación: 4
Sigue de tapado e fora dos postos de ascenso a un so triunfo. Sigue en mala forma, e sufrindo para levarse os partidos. Gañou por un escaso 0-1 ao garabolos. Aínda así non depende de sí mismo para o ascenso. Debe esperar o fallo de Muralla ou Castroverde.
Ascende se:
– Gaña os tres partidos restantes e fallan ou ben Muralla ou Castroverde
É campeon de liga se:
– Se gaña todolos partidos, o calasancio non puntúa e ademáis fai un punto máis que Castroverde e Muralla.
RIVAIS: (ANTAS – Aplazado), CALASANCIO, RUBIÁN
Primeira Volta: Gañaron a Rubian 1-0, perderon 3-1 contra Calasancio e Gañaron contra o Antas 1-0
OURAL: Clasificación: 5
Xa o decíamos a semana pasada. A priori o calendario non o beneficiaba, e así foi. A derrota diante do Muralla foi un duro correctivo, e xugarse o todo polo todo diante do calasancio non parece a mellor forma de repoñerse. Aínda así se consigue vencer, ten posibilidades de ascenso se tanto Castroverde, Muralla e Sagrado fallan cando menos nun dos seus partidos. Non o ten nada fácil, o compromiso diante do Castroverde na veiga do Olmo, decidirá as súas opcións esta temporada.
Ascende se:
– Gaña tres partidos e o sagrado, muralla e castroverde non o fan.
É campeon de liga se:
– Xa non pode ser campeón de liga, aínda que se xogue o golaverage co líder a próxima xornada.
RIVALES: (Calasancio – Aplazado), CASTROVERDE E PRADEDA
Primeira Volta:
Comercial
Clasificación: 6
Desahuciado na luita polo ascenso despois da derrota diante do Sagrado Corazón. Xa non pode facer máis. Quedouse as portas e terá que intentalo unha temporada máis nesta dura e competida terceira rexional. Muita sorte.
Normativa
Cando os equipos empatados no se enfrenteran ou o fixeran unha soa vez: Sempre que o empate a número de victorias se produza entre equipos que por non finalizala Liga e que aínda non se enfrentaran todos contra todos ou se enfrenteran so nunha ocasión,resolverase a súa clasificación de aquela xornada, en primeiro lugar, por a maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros disputados na Liga. De no resolverse totalmente o empate, a clasificación dos que continúen empatados resolverare polo maior número de goles a favor, tendo igualmente en conta todoslos encontros disputados.