Posts Tagged ‘tractor’

Sucesor asegurado


2010
05.31

Fernando alonso xa ten un máis que duro competidor…

Pero baixo ningún concepto se debe perder o inesperado e sorpresivo final.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dqjsCoaEKB4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Tractor en equilibrio… un fordson super major?


2008
09.26

Veñen de enviarme por correo esta foto….

E pensando pensando, recordei que tiña unha foto dun tractor parecido, como non, o “tractor”.  O FORDSON SUPER MAJOR(teñen páxina web), unha reliquia para que o teña aínda en uso. O problema deste(foto posterior) xa cada vez máis ferragacho, e o seu estado. Os anos baixo a chuvia, e o tempo que hai que non se move e traballa, fai que non se parezca muito o equilibrista en tractor, pero non coincide a marca?

non é tamén un fordson? E buscando máis imaxes deste super tractor, encontrei estoutro video, do fordson claro, pero estaba enterrado hasta o eixe!!!!!!. O curioso e ver como se inxenian para sair sen ‘tirar’ por el.

Fordson Super Major

[gv data=”YnRRGW6z3UQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

Mundial o primeiro minuto¡¡ Si señor¡¡ Eso son recursos¡ Vaia carballo¡

John Deere, e os seus accesorios


2008
05.22

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]Segundo Freeman John Dyson a “Herba Seca” foi o maior invento dos últimos 2000 anos, pero que sería da herba seca, sen por exemplo John Deere? Primeiro fixo de ferreiro, pero pouco despois comezou a fabricar arados de aceiro pulido.De ahí ata o North American Farmer, un xogo para ordenador que simula a creación e xestión da túa propia granxa, ademais doutros moitos productos que se poden ver aquí.

Neste xogo para Pc, poderás mostrar as túas destrezas como agricultor e gandeiro, decidindo que vas plantar(maíz, xirasol, trébol, trigo, soia) en cada momento do ano, que ganderia criar (xatos, vacas teixas, vacas pintas, cochos, pollos…), controlalos teus empleados, como construilo teu establo, con que equipos e estructuras… todo un sin fin de posibilidades, que determinarán o éxito ou o fracaso da túa granxa.
Para elo terás que comprala maquinaría correspondente para cada tarea, por suposto, da marca john Deere, cunha variedade impresionante, xa que de feito en muitas páxinas especializadas en xogos, destacan mui muito esta característica. Despois desto, como non, chega o momento de aplicar fertilizantes, pesticidas, herbicidas, e se aínda sigue vivo todo, poderás vendelo, se che conven claro, e senón almacenalo en silos.

Se esto che parce pouco, tamén poderás cultivar verduras, flores, e por exemplo ter abellas, dos que tamén poderás conseguir beneficios, xa que poderás vender esos productos extra. Un xogo 100% recomendable, aínda que o principio se faga un pouco lento.

Podes ver un resumo da historia de John Deere no seguinte video, ou tamén neste impresionante artigo (en inglés).

[gv data=”cEirOVT4MHE” width=”425″ height=”350″][/gv]

[/lang_gl]