América e Hiroshima puxeron a música e a xente as ganas de pasalo ben, mui ben(menos xente da esperada?). A organización coma sempre perfecta, e na que como di a Voz, colaborou unha vez máis Enrique da Casa do Zapateiro, publicista afincando en Barcelona que se encarga do deseño das camisetas, e tamén do regalo adicional deste ano, que consistía nun primeiro capítulo dun misterioso libro aínda sen rematar.
Este ano a temática que inspira a celebración xira en torno a enigmática figura da torre para reclamar a atención dos veciños, visitantes e as institucions e o respeto do valor histórico e artístico da edificación medieval. Deso e de outras moitas cousas tivemos a ocasión de falar con Enrique, tranquilo pero inquieto, cun mar de ideas que por veces aventáxante en anos e tamén en experiencia. Todo un placer coñecelo e compartir mesa!
E despois dete rollo, as fotos. Mañá o regalo extra… por se alguén non o leu… aínda!! e falta a crónica do Castroverde 3 – Guntín 1 que non ten sitio polo momento, xa veremos.
O próximo ano máis e mellor!!!!!