Posts Tagged ‘vida’

Paco Pestana: o Cazador de Sombras


2010
02.22

Paco Pestana

Son muitas as cousas que se poden contar e sobre todo ver do gran Paco Pestana. Xa fai ven tempo queintento seguir que fai, ou en que anda metido. Este extenso artículo sacado do xornal el País, pero obra de Xoán Abelaira, fai un interesante repaso pola súa obra e vida.

Publicado por Xoán Abeleira en Fotografías de meu, da serie “O creador no seu obradoiro” (El País) .
De raparigo, en Peredo, parroquia da Frairía, Paco Pestana endexamais saía da casa sen unha aguillada de abeleira. “Coma os zahorís que embalsaman pozos coas súas mans, agochando das fontes o seu rumor”. Alí, entre os penedos da montaña, “a miña mai aprendeume o xeito de tratar coas cobras. Cando batía cunha, tocáballe a cabeza coa galla, e a becha ficaba paralizada un intre. Asegúrocho! Non sei qué carallo terá esa arbore mais o certo é que funciona.” O seu outro pasatempo preferido era cazar mouchos. E dos mouchos -cousa lóxica- pasou ás tebras. “Deume por persegui-la miña sombra, si, pero endexamais a apresaba! Supoño que por iso, co tempo, devín neste cazador de sombras…
(máis…)

A vida do estudante por “undeTordea”


2009
06.01

Ai que vida esa, canto te das conta xa pasaron os mellores anos.

Dura como ningunha, e sacrificada, que vos vou contar, ese sacrificio que se fai á hora de mercar a comida, como aqueles compañeiros que compraban a comida para o mes, ían a “Continente” enchían un carrito de latas de cervexa e outro de salchichas cocidas marca “continente”, e así pasaban o mes!…

A vida da semana; tardes dos luns que quedas, martes ceas na casa dun colega e vas pro karaoque, mércores viñote de batalla e licor café se sobremesa, saída de última hora pra o garito coñecido, xoves a tope e venres cun careto…si si que, vida sacrificada.


Pero non tes nada, nin un duro, todo che chega a nada, alargas a pasta o máis posible pero nada, sácaslle á comida para saír… deberíamos facer unha sección de cociña par estudantes (aí vai unha suxerencia para este blog), pasta con atún (nunca queda o gusto de todos), arroz pasado con ovos, tortilla con ou sen cebola?, bocadillo para ver o televexo e non ter que cociñar, e incluso xexún para o venres.

Aínda que sexa con xexún contamos ás túas peripecias e calamidades! Comparte a túa opinión, interésanos!