Resumo Eurobasket 07. Penúltima xornada segunda fase.

2007
09.12

Cumpriuse cun triunfo (99-73) fronte unha Israel moi xunguida, e o seguinte enfrontamento será contra o cuarto clasificado do grupo F, o vencedor do Alemania-Italia desta noite, no cruzamento dos cuartos de final, mañá xoves.

Non foi unha vitoria fácil a pesar do resultado final. Israel dominou ata o descanso, con Tapiro en plan estrela, pero que na segunda parte xa non tiña forzas (sumou 25 puntos) ante a defensa e o acerto españois.

Zvi Sherf, seleccioador israelí, dixo nas declaracións previas que: ‘Para gañar hoxe necesitamos xogar perfecto e España, horrible’. E ata o descanso cumpriuse, cuns primeiros minutos moi malos, nos que sergio rodriguez non controlou o partido.

Tapiro(ex hapoel jerusalen) e Elihayu(Maccabi), foron os líderes no primeiro cuarto(19-29) ata unha máxima diferenza, comezando o segundo cuarto, de (19-32). A diferenza se logrou logo de moitos erros acumulados, a obsesión por tirar triplas, Garbajosa 1 de 6, encima defendíase o tolo a zona e os iusraelís estaban comodísimos.

Saíu á pista calderón e con bandexas, asistencias e un triple, anotou 15 puntos na primeira parte. Con iso achegáronse (37-41) a Israel, que sen Tapiro, con dúas faltas, non anotaba con facilidade. En canto Gasol puido xogar preto do aro fartouse a machacar e a meter puntos (20) para igualar (47-48) antes do descanso.

Israel que xa lle gañou a España no Eurobasket de Serbia fai dous anos, é un equipo moi loitador que nunca se dá por vencido. Sufriron os seus efectos os anárquicos(e tamén decepcionantes) serbios, fóra xa do campionato, e os croatas(salvados pola campá).

Garbajosa con tres triples quitouse de encima (69-60) a Israel, que xa se rendeu (82-68).

Con todo decido non volveu ter problemas. Destacaron Gasol(26), Garbajosa(12) e Calderón.(15) A clase de Nowitzki ou o talento do exteriores italianos serán o próximo rival nos cuartos.

Tapiro (15) e Eliyahu (15) os mellores polos israelís.

Os demais partidos: Grecia a medio gas, venceu e eliminou a Portugal. Tamén se asegurou o terceiro posto do grupo E e mediranse en cuartos ao perdedor do partido entre Eslovenia e Lituania. Os portugueses bastante aguantaron o tipo(un só cuarto), grazas aos triplos, (16-17 perdía Grecia no primeiro cuarto), para despois non ter ningunha opción. Ntikoudis(en españa coñecémolo como Demos Dikudis, ex pamesa) e Kakiouzis(Ex-barça, agora en Cajasol) déronlle a puntilla aos portugueses. Con axuda de Spanoulis e Papaloukas lograron un 15-2 no segundo cuarto (31-19) para acabar coas aspiracións dos portugueses. Antes do descanso máxima diferenza (44-29), pero portugal non se foi de todo do partido. O tolo lograron reducir a sete puntos (54-47) a vantaxe. Volvían estar dentro do partido.
Grecia acabou pronto con todas as esperanzas. Un parcial de 13-0 serviu para que Portugal se rendese.
Rusia – Croacia : Un partido sen moita tensión, aínda que sí entretido e moi igualado, (42-41) a favor de croacia, ao descanso.
No segundo tempo volveu Kirilenko. Con el en racha os rusos defenderon, empezaron os contraataques para terminar o terceiro cuarto cun favorable 60-56. No último cuarto os croatas saíron mal, e Rusia púxose 11 puntos arriba(69-58). Logo diso, nada de nada. Os croatas pensaban no seguinte partido e non pelexaron. O resultado final 83 -70.
Os líderes nos distintos apartados nesta penúltima xornada da segunda fase son Nowitzki en puntos(26.2), Biedrins en rebotes(10.0), Jasikevicius en asistencias(6,4).

Comments are closed.