Archive for Novembro, 2007

11ª Xornada. 3ª Rexional; S. Román – S.D. Castroverde


2007
11.19

Segunda derrota consecutiva da S.D. Castroverde, esta vez foi fóra da casa, e diante do San Román. Comezou o partido co castroverde ben asentado no campo e sin problemas pra defender a porteria, e con ocasións a contra pra poder inaugurar o marcador. Con este resultado e ca sensación de poder levar un mellor marcador a prol do castroverde, chegase o descanso.

Xa na reanudación, a falta de concentración fai que en dous fallos no despexe da defensa o san Román se adiante por partida doble. Se non é suficiente cos fallos propios, chega o típico ‘penalti inventado’ da costa, que habrá que patentar, e fan o tres a cero. 

O máis destacado por aprte do equipo visitante foi o golazo de Gelo, despois dunha deses destellos que saen a contagotas,  cunha boa triangulación e fenomenal finalización. Tamén destacar un novo gol de Richi, e que siga ca racha.

Despois dunhas xornadas volvemos a ter crónica no retroceso, digo no progreso: 

San Román, 5

Castroverde, 2

San Román: Jorge, Xan, Texo, Rafa,Simón, Carlos, Adrián, Cándido,Lanchas, Ramón Baltar y Nilson.También jugaron Alfonso, No y Álex.

Castroverde: Javier, Iván, Manolo,Pereira, Otero, Richard, Albino, Toño,Luis, Cabado, Héctor. También jugaron Pablo y Óscar.

Goles: Ramón Baltar (2), Lanchas, Rafa y No, locales; Cabado y Richard, visitantes.

Árbitro: Jacobo Otero Rubal

Incidencias: partido celebrado en el campo de A Cha, que registró una regular asistencia de aficionados.

P.P.O. SAN ROMÁN-CERVO El San Román dominó con claridad en el segundo periodo a su rival y acabó logrando una cómoda victoria. Ramón Baltar, Cándido y Texo, en los locales; Javier y Pereira, visitantes, fueron los mejores.

Resultados

T. Miño – Sacido 1 – 0
Momán – S. Ciprián 2 – 2
Codesido – Catro Roldas 2 – 0
Meira – Candelaira 2 – 1
S. Román – Castroverde 5 – 2
Celta – Cazas 2 – 1
Abadín – Matela 0 – 2

Próxima Xornada

S. Ciprián-T. Miño  
Catro Roldas-Momán  
Candelaira-Codesido  
Castroverde-Meira  
Cazas-S. Román  
Matela-Celta  
Folgueiro-Abadín  
Sacido (descansa)  

Clasificación(Equipo)

J

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 10 7 2 1 33 13 23
2. Sacido 11 7 2 2 26 7 23
3. Celta 10 7 0 3 25 9 21
4. Folgueiro 10 6 3 1 18 5 21
5. S. Román 10 6 2 2 20 12 20
6. Matela 10 5 2 3 16 15 17
7. Meira 10 5 2 3 15 20 17
8. Cazas 10 4 1 5 20 24 13
9. Castroverde 10 4 1 5 18 26 13
10. T. Miño 10 3 3 4 15 20 12
11. Momán 10 2 4 4 11 14 10
12. Codesido 10 2 2 6 14 19 8
13. Candelaira 9 2 2 5 12 17 8
14. Catro Roldas 10 2 0 8 7 17 6
15. Abadín 10 0 0 10 9 41 0

ClustrMaps, mapa Xeográfico dos visitantes da túa web


2007
11.15

[lang_gl] Como podedes observar dende esta mañá, xa está dispoñible o clastr maps, que non é máis ca un proxecto beta que ubica nun mapa mundi a orixe das túas visitas, a ventaxa é: que non importa o número de visitantes, xa que se representa cun punto roxo co tamaño proporcional ao porcentaxe das visitas.

Tamén desde hoxe xa poden ver as anotacións tanto en galego como en castelán, gracias o engadido polyglot. Espero que vos sexa de axuda, e a disfrutalo. Un saúdo.

Estou desexando ver eses comentarios…, veña animadevos¡¡[/lang_gl][lang_es] Como habeis podido observar desde esta mañana, ya está disponible clastr maps, que no es mas que que un proyecto beta que ubica en un mapa mundi el origen de tus visitantes, la ventaja es; que no importa que tan grande sea el numero de visitantes, se representa con un punto rojo con el tamaño proporcional al porcentaje de las visitas. También desde hoy ya se puede ver los artículos del blog tanto en gallego como en castellano, gracias al plug-in polyglot. Espero que os sea de ayuda, y a disfrutarlo. Un saludo.

Espero vuestro comentarios¡¡¡[/lang_es]

Os Puntos segundo Arsenio Iglesias.e (II parte)


2007
11.14

Por fin a segunda parte dos puntos, segundo arsenio iglesias. Xa é visible, e sí recoñezo que é un pouco dificil ler os datos, pero espero melloralos coa vosa axuda e cas vosas ideas.

 Un saúdo, é o que non estea de acordo, pode facela protesta formal facendo clic en comentarios. Arsenio Iglesias non sei fai responsable dos puntos concedidos¡

Xornada 5º Xornada 6º Xornada 7º Xornada 8º
Cazás Matela Folgueiro Abadín
CHINO Minutos 90′ 90′ 0′ 45′
Amonestacións
Puntos//Goles

1

0

1

RAUL Minutos 55′ 55′
Amonestacións X X
Puntos//Goles

1

1

PABLO Minutos 30′ 30′ 60′
Amonestacións X X X
Puntos//Goles

1

1

1

OSCAR Minutos 90′ 70′
Amonestacións X
Puntos//Goles

2

0

IVAN YANES Minutos 65′ 90′ 65′ 30′
Amonestacións X X
Puntos//Goles

1

1

0

1

IVAN Minutos 35′ 50′ 90′ 35′
Amonestacións X
Puntos//Goles

0

0

0

1

NACHO Minutos
Amonestacións
Puntos//Goles
PEREIRA Minutos 90′
Amonestacións X
Puntos//Goles

1

JAVI RUBIO Minutos 45′ 90′ 90′
Amonestacións
Puntos//Goles

1

1

2

EDU Minutos 90′
Amonestacións X
Puntos//Goles

0

MANU Minutos 90′ 90′ 90′
Amonestacións X X
Puntos//Goles

1

1

2

TOÑO Minutos 90′ 90′ 90′ 90′
Amonestacións X
Puntos//Goles

1

0

0

2

ALBINO Minutos 90′ 90′ 90′ 90′
Amonestacións X X
Puntos//Goles

1

0

1

3//3
GELO Minutos 85′ 70′ 90′ 90′
Amonestacións X
Puntos//Goles

1

0

1//1 1//1
RICHARD Minutos 90′ 90′ 90′
Amonestacións
Puntos//Goles

0

0

2//1
RAFA Minutos 20′ 40′
Amonestacións
Puntos//Goles

0

0

ADRIÁN Minutos
Amonestacións
Puntos//Goles
TINO Minutos 5′ 40′ 50′ 60′
Amonestacións
Puntos//Goles

0

1

0

2//1
JUÁN MÉNDEZ Minutos 45′
Amonestacións
Puntos//Goles

0

HÉCTOR Minutos 90′ 90′ 90′ 90′
Amonestacións X
Puntos//Goles 3//2

1

1

2

CÉSAR Minutos 90′ 45′
Amonestacións X
Puntos//Goles

0

1

LUIS Minutos 30′ 40′
Amonestacións
Puntos//Goles

0

1

MANOLO Minutos
Amonestacións
Puntos//Goles

Novos destrozos nas Penas de Rodas


2007
11.14

CCD13112007Pois sí, foi alí onde puiden facer estas fotos indicativas, cando estábamos CCD13112007 CCD13112007 preparando unha boa churrascada, de que ainda queda xente que non ten muito que facer e se adica a pintar e sobre todo danar as Penas de Rodas, coma xa pasou fai pouco máis dun ano. Desta volta posiblemente fóron menos os destrozos pero seguro que non menos importantes. Ata alí se achegaron ata tres patrullas da Garda Civil, pra intentar identificar os autores.

CCD13112007CCD13112007CCD13112007 (Grafiti nas Penas de Rodas)

Se queres saber máis sobre as Penas de Rodas, sigue lendo unha pequena escolla sacada en internet da asociación que leva o mesmo nome.

As Penas de Rodas están situadas en Santiago de Gaioso, unha parroquia do concello de Outeiro de Rei, a 18 km. de Lugo, capital da provincia, e asentada “alí onde nace ou morre a Terra Chá“, como deixou escrito o grande poeta chairego Manuel María.
Cruzando o antigo campo da Feira de Gaioso, onde se pode ver un belido cruceiro de 1900, obra dos canteiros vilalbeses de Román, e subindo ata os 484 m., están AS PENAS DE RODAS, dous enormes penedos de forma case esférica, apoiados noutras rochas nun punto tan mínimo que fai que a súa estabilidade resulte case inverosímil.

Este monumento natural, un singular capricho xeolóxico froito da erosión sufrida durante millós de anos, preside toda unha paraxe de penedos e dende el pode ollarse unha boa parte da Terra Chá, vista panorámica que se amplía cando se sobe ó cume da Cruz do Quinto ou de Paraños, vértice xeodésico situado a 614 m. de altura, dende o que podemos ver tamén o val de Candai e as terras de Francos, Vicinte e de Santo Tomé de Gaioso.
A orixe deste tipo de formacións baséase na acción da auga sobre da pedra e é típica de Galicia e o norte de Italia.

Á luz eléctrica, á televisión, á máquina de coser e a de fiar.


2007
11.13

Vou a reproducir aquí á única entrada dun blog veciño, de cellán de calvos concretamente, que desgraciadamente naceu e morreu(creo) o mesmo día, o pasado maio. Esperando ó seu regreso, hai queda á historia da chegada destes aparellos que dunha ou outra maneira cambiaron ás vidas da xente do lugar.

Meu avó, Don Manuel Lence Tallón nacido en Cellán de Calvos (Castroverde) en 1922. É fillo de dous agricultores, que dedicaron toda a súa vida o traballo do campo. Actualmente ten 84 anos é esta xubilado. Estívome falando da luz eléctrica, da máquina de coser e da de fiar.

El contoume que na casa onde naceu, a luz eléctrica fora instalada no ano 1942.
A súa instalación supuxo para a súa familia deixar de usar os candís de gas e a luz de carburo. Foi un gran avance. Pero tamén tiña o seus inconvintes; segundo meu avó, porque as condicións da súa instalación eran moi rudimentarias.
Nos seus inicios viñan tres cables de cobre descubertos ata o transformador, do cal saían tres fases e un neutro. Despois cando chegaron o pobo os catro cables repartíanse as tres fases entre as casas. Agora os cables estan suxeitos a postes de pino ou cemento, pero antes eran de castiñeiro.

Despois co paso dos anos os cables ían floxando e cando facía aire xuntábanse as fases e como os cables estababn descubertos nalgunhas casas quedábanse sen luz e en ocasións queimabanlles os electrodomésticos. Así estivo ata que cambiaron os cables polos que hai agora, xa cubertos.

Depois disto contoume como apareceu a primeira máquina de coser, segundo meu avó tróuxoa miña bisavoa para a casa del cando casou, no ano 1920.

A súa aparición fixo que se fora deixando de coser só coas mans e se empezara a coser cunha máquina destinada a ese oficio.

As súas características eran moi básicas, é dicir só cosía, a diferenza das máquinas de coser de agora que bordan, fan subrilados e todo tipo de cosidos.

Meu avó tamén me contou cando apareceu na súa casa unha máquina de fiar. Según el foi feita no ano 1951 por encargo a un carpinteiro. Era usada para fiar a lá coa que despois se facían xerseis, calcetíns e chaquetas.

Despois de todo o que me contou meu avó, non se me podía esquecer preguntar sobre a televisión. Da cal lle preguntei a miña nai, Doña Purificación Lence Besteiro que naceu en Cellán de Calvos (Castroverde), no ano 1957. Actualmente ela ten 50 anos.
Segundo miña nai a primeira televisión que houbo na súa casa era en branco e negro e apareceu no ano 1979.

A súa aparición supuxo que deixara ela e os seus pais de ir a vela televisión a un teleclub que había nun pobo veciño ou a algunhas casas do pobo que a tiñan.

Era unha televisión pequena que só collía catro cadenas como máximo, para captar a señal tiña uns cornos que se ían movendo segundo as cadenas que quixeses ver, os cornos colocabanse enrriba dela.

Máis tarde a televisión que se comprou xa era a cor e xa funciaonaba cunha antena, posta no tellado da casa. Esta primeira televisión que houbo na casa de miña nai todavía funciona e era e é dunha marca que todavía existe (PHILPS).

10ª Xornada. 3ª Rexional; S.D. Castroverde – Celta


2007
11.12

Tras numerosas e claras ocasions, e pouco fútbol por parte dos dous equipos, foi o celta quen se encargou de marcar os goles no Lopez Gorgoso. O Castroverde puxo as ocasions e o celta, o que importa, o gol. Ésta importante victoria pon o Celta moi cerca dos postos de arriba e deixa un mal sabor de boca para os locais, que sufriron unha das máximas do fútbol: “Quen perdoa, acabao pagando”.

O Castroverde intentou levala iniciativa durante todo o partido pero faltolle tranquilidade de cara o gol. Xa se fixo patente nos primeiros minutos do encontro: cunha boa ocasión de Richard, que disparou frouxo diante do porteiro visitante, que atallou sen problemas. 

No saque posterior do porteiro, un bon control con pase entre liñas fai que o celta se adiante. O que perdona, acaba pagándoo. Pero non sería o único fallo clamoroso do partido. Tino, e outra vez máis Richard seguiron cos fallos no remate. E noutras dúas xogadas aisladas e calcadas, a defensa descolocase, e o celta volve a marcar outros dous máis. Cero a tres e muitos minutos por diante.

Pero antes de todo eso, o castroverde demostrou o por qué da súa posición na tabla: mala defensa, poucas combinacios e centros por banda…e por suposto malas definicios. Quizais cunha maior efectividade o equipo podría soñar con algo máis, pero se se perdoa…

O final foi o esperado, aínda que con gol de Gelo, nada cambiou: xogadas precipitadas dos locais ainda que con ocasions e boas paradas do porteiro do celta, e os visitantes con todos os seus efectivos replegados esperando o final do encontro.

A pesar do resultado, o castroverde sigue dando unha de cal e outra de area, e a necesidade, outra vez, de mellorar para o próximo desplazamento a San Román, onde se espera un partido mui complicado.

 Castroverde: 1 .- Chino, 2 .- Raúl, 3 .- Pablo, 4 .- Pere, 5 .- Héctor, 6 .- Manu, 7 .- Toño, 8 .- Gelo, 9 .- Tino, 10 .- Richard, 11 .- Javi. Tamén xogaron Rafa, Iván, Luis e Manolo.

Resultados

Sacido – Momán 4 – 0
S. Ciprián – Codesido 6 – 2
Catro Roldas – Meira 0 – 1
Candelaira – S. Román 1 – 0
Castroverde – Celta 1 – 3
Cazas – Abadín 7 – 1
Matela – Folgueiro 1 – 1

Próxima Xornada

T. Miño-Sacido  
Momán-S. Ciprián  
Codesido-Catro Roldas  
Meira-Candelaira  
S. Román-Castroverde  
Celta-Cazas  
Abadín-Matela  
Folgueiro (descansa)  

Clasificación(Equipo)

J

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. Sacido 10 7 2 1 26 6 23
2. S. Ciprián 9 7 1 1 31 11 22
3. Folgueiro 10 6 3 1 18 5 21
4. Celta 9 6 0 3 23 8 18
5. S. Román 9 5 2 2 15 10 17
6. Matela 9 4 2 3 14 15 14
7. Meira 9 4 2 3 13 19 14
8. Cazas 9 4 1 4 19 22 13
9. Castroverde 9 4 1 4 16 21 13
10. Momán 9 2 3 4 9 12 9
11. T. Miño 9 2 3 4 14 20 9
12. Candelaira 8 2 2 4 11 15 8
13. Catro Roldas 9 2 0 7 7 15 6
14. Codesido 9 1 2 6 12 19 5
15. Abadín 9 0 0 9 9 39 0

Masoucos na Wapedia


2007
11.09

    Outra inuguración máis no blog de Masoucos, desta volta é o Tema de ‘Autobombo’. 

Comezaremos cas estatísticas do sitio, dende finais de agosto a día de hoxe, recibiu 705 visitas únicas e máis de 3000 clicks. Graciñas a todos¡ Creo que é un rexistro mui importante, e todo débese a xente que le habitualmente o blog¡

Chegar a internet foi posible fai un tempo gracias a éstas dúas páxinas, pouco elaboradas pero con intención de comenzar un camiño que este blog pretende continuar, esperemos que durante muito tempo.

Outra volta e chegamos a galipedia(wikipedia en galego), e sin máis xa estamos na wapedia, que pretende levar os contidos das distintas wikipedias, a dispositivos como teléfonos móviles e PDAs, mediante WAP, e sí, parece mentira, pero desde alí desde o curuto podríamos estar vendo a través dun móvil información en internet sobre Masoucos, incrible.

Á dirección na galipedia é: http://gl.wikipedia.org/wiki/Masoucos,_Castroverde e na wapedia  : http://wapedia.mobi/gl/Masoucos , por se queredes fedellar.

Tamén quero recordar que unha das anotación do blog, chegou a meneáme en dúas noticias, e outra a http://basketbog.blogspot.com/2007/09/recomendamos-segunda-xornada-do.html. En muitos máis sitios se fan eco desta páxina, asique se estás a ler esta anotación e queres por un enlace á nosa web, adiante¡

Aproveita ésta entrada para pedir alguén que adopte a este pobre cadeliño recollido fai uns días pola protectora de animais de lugo. Tes máis información pinchando aquí.

 

Qué facer e qué ver en Castroverde


2007
11.06

Non é a primeira vez que me preguntan, qué se pode facer e qué se pode ver, en Castroverde, esto pretende ser unha mini guía de turismo do concello de castroverde, a web oficial non está dispoñible, segue así dende que se inaugurou a nova web fai máis ou menos un ano atrás. Ven e verás o concello de castroverde.

Seguiremos actualizando, con novos contidos en próximos días. Se ti vives nalgún lugar do concello non dubides en escribirme e pedirme que agregue ese espacio que todo visitante non pode deixar de ver.

Capela de Vilafrío: Edificio rectangular construído con muros de pedra e cuberto con lousa a tres augas. Parece obra do século XVIII, aínda que reformada posteriormente. No interior conserva un retabulo popular moderno cunha escultura de Santa Mariña do século XVIII e un primitivo capitel románico co seu correspondente basea, a modo de pila de auga bendita, pertencente sen dúbida ao antigo mosteiro de Castroverde.

Igrexa Parroquial de San Salvador de SoutoMerille: De orixe prerrománico que foi restaurada en época barroca. No ábside pódese apreciar unha primitiva fiestra con barrotes verticais labrados en pedra. A fachada principal é de estilo barroco.

Igrexa Parroquial de Santa María de Vilabade: Coñecida popularmente como “A Catedral de Castroverde”, foi declarada Monumento Nacional en 1979. Construída en 1557 por Fernando de Castro e reformada por Diego Osorio no s. XVII, de estilo ojival tardío con influencias góticas-románicas. Pertenceu a un antigo monasterio. De planta rectangular, fabricada con sillería granítica e cuberta de lousa. Consta de nave rectangular dividida en tres tramos por arcos de ojiva, presbiterio, sacristía e oratorio. Na fachada destaca gran pórtico renacentista de cinco arcos, escalinata central, frontón triangular con escudo dos Osorio, acróteras nos extremos e cruz no vértice. Frontis con porta gótica, abocinada, de tres arquivoltas e columnas con capiteles vexetais, rosetón central e espadana de dous corpos e dobre van, con balconada exterior sobre ménsulas e balaustres de pedra. Interior: destaca o retabulo maior barroco de Francisco Moure (s. XVII).

Torre-Fortaleza de Castroverde: Da antiga fortaleza do s. XIV, propiedade dos Condes de Lemos e Moscosos, só queda en pé a torre da homenaxe, de 20 mts. de altura e cinco pisos, e as ruínas das murallas, situada no cume dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Conserva parte das súas almenas e destaca no lenzo norte unha ventá con dintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro. Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspillera, en arco. No Museo Provincial de Lugo áchanse dous candados procedentes deste castelo, con grilletes para colocar nos pés dos presos, recordo do primitivo cárcere.

Pazo de Abraira Arana (Pazo de Vilabade): Na actualidade dedicado a turismo rural. Sitúase no extremo dereito dunha gran leira amurallada formada por grandes prados separados por muros baixos de lousas. A fachada principal ábrese á praza que constitúe, xunto ao muro e a igrexa un interesante conxunto. Planta cadrada, cun corpo central elevado que ilumina o interior. A cuberta é de pizarra e sobre ela hai unha gran cheminea circular rematada por un pináculo central. A fachada principal é simétrica e nela aparecen dúas pedras de armas.

Casa Grande de Osorio: Casa de gran tamaño, levantada sobre planta rectangular, con piso baixo e superior. Parece que foi fundada no s. XVI e pertenceu ao Pazo de Carballedo. Na fachada principal temos unha ancha porta de entrada adintelada e outra porta máis estreita, cunha fiestra a cada lado. O piso alto leva seis fiestras e sobre a porta unha ventá con balcón fixo. Parte traseira similar. O máis característico son os dous escudos que locen na fachada principal, de formato similar e gravados sobre unha pedra cadrada cunha cornisa cortada na súa cimera: o escudo dereito, ovalado, circunscrito por unha corda, con cruz e castelo nos laterais e tres cuarteis cunha media lúa e tres estrelas dos Luaces, catro barras e un ave; e o escudo esquerdo, de contorno similar, con man e cruz nos laterais, con tres cuarteis: unha “M” coroada dos Montenegro, unha torre de tres homenaxes e un cordeiro sobre un bolo dos Bolaño.


Mirador Natural de A Serra do Miradoiro: No límite do concello de Castroverde co concello de Baleira, ppodese divisar unha vista panorámica das terras dos dous concellos no medio dun paraxe natural de gran beleza e interés. O punto máis alto desta serra localizase no monte do Pradairo a 1029 metros de altitude. Este lugar convertese no principal enclave natural de Castroverde. Non hai que esquecer ás múltiples rutas de sendeirismo que se poden percorrer así como os parexes naturais das distintas parroquias.

Cova da Valiña: O único xacemento no que está representado o inicio do Paleolítico Superior en Galicia é a Cova da Valiña, en Castroverde, da que falaremos nunha próxima entrada.

Entrada adicada a MVO e a toda a xente que se interesou nalgunha ocasión por facer turismo no concello de castroverde, graciñas pola súa achega, e tamén a súa colaboración, sempre con críticas constructivas na mellora do blog.

9ª Xornada. 3ª Rexional; Abadín – S.D. Castroverde


2007
11.05

A S.D. Castroverde venceu no campo do abadín por 3-6, con goles de Albino(3), Gelo, Richar e Tino. Foi un partido con muitos goles, desde a primeira xogada, na que o abadín se adientou no marcador. O Castroverde sigue cerca da cabeza, e o Abadín sen puntuar.

Marcou o abadín no segundo minnuto de xogo, nun balon en largo que non despexou a defensa e que aproveitaron para adiantarse no marcador. Pero pouco durou a alegría xa que na seguinte xogada chegou o empate por parte de albino que lle rouba o balón o porteiro antes de que éste o collera na súa área.Pouco despois, outra internada máis de Albino pola banda fai que se quede so diante do porteiro e marque o segundo.  A pouco do descando unha boa combinación fai que Richar entre na área, e con un pase atrás que remata Tino marca o terceiro co que o partido xa queda casi sentenciado. Xa na segunda, o castroverde sigue concentrado é en poucos minutos o abadín encaixa tres goles máis, 1- 6. O tramo final do partido xa sobraba, o castroverde deixouse levar, é o abadín aproveitou para recortar distancias.

Un compromiso que medía a capacidade do castroverde por volver a victoria fóra da casa que da moral cara outro decisivo enontro máis contra o Celta. Teremos que seguir mellorando muito, xa que outros equipos pelearán os puntos e estar na cabeza.

Resultados

Momán – T. Miño 1 – 1
Codesido – Sacido 0 – 4
Meira – S. Ciprián 1 – 1
S. Román – Catro Roldas 2 – 0
Celta – Candelaira 4 – 1
Abadín – Castroverde 3 – 6
Folgueiro – Cazas 2 – 0

Próxima xornada

Sacido-Momán  
S. Ciprián-Codesido  
Catro Roldas-Meira  
Candelaira-S. Román  
Castroverde-Celta  
Cazas-Abadín  
Matela-Folgueiro  
T. Miño- Descansa  

Clasificación(Equipo)

J

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. Sacido 9 6 2 1 22 6 20
2. Folgueiro 9 6 2 1 17 4 20
3. S. Ciprián 8 6 1 1 25 9 19
4. S. Román 8 5 2 1 15 9 17
5. Celta 8 5 0 3 20 7 15
6. Matela 8 4 1 3 13 14 13
7. Castroverde 8 4 1 3 15 18 13
8. Meira 8 3 2 3 12 19 11
9. Cazas 8 3 1 4 12 21 10
10. Momán 8 2 3 3 9 8 9
11. T. Miño 9 2 3 4 14 20 9
12. Catro Roldas 8 2 0 6 7 14 6
13. Codesido 8 1 2 5 10 13 5
14. Candelaira 7 1 2 4 10 15 5
15. Abadín 8 0 0 8 8 32 0