Archive for Decembro, 2007

‘Etiopía ten fame, arrastra o bandullo’


2007
12.30

…(II)Está alguén interesado nesto?. Eu penso que si.

O igual que pasou xa fai tempo cos augardenteiros, ca destilería da caña de cada casa, para logo poder sacar un “orujo de Galicia” amparado baixa unha D.O. protexida. Todo era compatible sen facer ese estrago. O igual pasará cos muíños tradicionais. A pena é que xa non queda ningunha persoa nova que siga, pero tampouco ían deixar as grandes industrias da fariña co pretexto de que si é antihixiénico etc… pois anque parecía que non, sacáballe cota de mercado de cara a pequenas panaderías. O mesmo están perseguindo as grandes cooperativas productoras de ovos, que buscan a eliminación da venta de ovo de curral en feiras e prazas para coller un novo mercado que antes lles era imposible de entrar coa aparición de novos etiquetados nos seus produtos. Todo elo nun tempo no que premia a seguridade alimentaria e no que cada vez preocupa máis o que comen os nosos fillos que sexa equilibrado, pois eu digo que moito tiñan que aprender tanto de seguridade alimentaria as grandes industrias, pois fáltalles o que se chama compromiso e o bo facer, así como a calidade nos produtos que a xente produce para si e venden os seus excedentes. Con esto non digo que non sexa necesario unha industria, inda diría máis debería de fomentar a súa aparición, pero que as nosas industrias destacasen sobre as doutras zonas pola súa calidade esa calidade e prestixio que poden recoller da nosa historia. Todo é compatible.

O que necesita o noso campo é industrialización, si, pero do campo, non de catro xa existentes que acaparen o mercado. Se queremos que a xente se quede, e a que xa está continúe teremos que aumentar a autoestima, que se sintan identificados. Parece mentira e curioso que fose unha industria a que por medio dun anuncio televisivo nos abrise os ollos do que somos, das nosas “manías” e ditos, costumes e curiosidades que facemos por ser quen somos. Por suposto que o seu interese non está na mensaxe principal do anuncio de vivir como galegos e levantar o noso peito, o conto principal son as imaxes que saen dunha neveira chea de produtos que o consumidor identifica coa marca. Certa manipulación dos sentimentos? Cada quen …

[gv data=”PwqzWvVNNM8″ width=”425″ height=”350″][/gv]

– Continuará…(un de tordea)…

‘Conxunto de berros dun porco cando o van matar’


2007
12.29

…(I)Será a primeira vez que critique a presente administración galega que leva o medio rural, ou secadra tamén lle atane algo a de cultura, pero na miña opinión están a cometer un grave erro o permitir á xa vixente lei 32/2007 a que regula as matanzas tradicionais.

Normalmente cando se aproba unha lei é porque con ela se pretende mellorar algún aspecto na sociedade, ou polo menos que teña máis puntos positivos que negativos. Sobre esta lei de benestar animal din “expertos” que todas son vantaxes. Algún de vós viu matar un porco con eses métodos ?? (o que máis se vai a estender será o do estilete percutor que se crava na testa do porco, principalmente por ser o máis coñecido). Obrígase por temas de benestar animal principalmente… e digo eu, o benestar animal está moi ben, pero compartiredes comigo que normalmente nunha matanza nunha casa o porco trátaselle ben, simplemente se lle priva dos seus movementos, o gandeiro é o principal interesado no bo trato pois deso dependerá que non haxa desgarres musculares e non se perda carne. Este tema do maltrato dos animais sería un tema interesante a tratar pois é curioso que a xente que leva toda a vida co bo facer se lle impoña e se lle persiga coma delincuentes cando por todos é coñecido os últimos casos de “maltratos” animais nos matadoiros, ¿quén os vixía a eles? Ou é que o ter un selo na entrada da porta da xunta xa lles permiten facer de todo portas adentro?. Outro punto positivo que se nos vende é a seguridade do traballador, do matachín, para evitar cortes ou magulladuras. Falso. No método tradicional e actuando con oficio o cocho é inmobilizado completamente antes de ser sangrado, neste novo o cocho debe ser cravado antes de botarlle a man, e logo quen é o gracioso que se acerca pois nun sitio aberto cos tics nerviosos que lle produce a parálise é imposible e moi perigoso. Dinnos que a carne se curará mellor o non estar en tensión os músculos á hora de ser sangrados. Non digo que non sexa certo pois existen estados que coñezo que así o confirman, pero tamén existe o mellor estado, o de miles de cochos matados o longo da vida e xamóns curados. Eu sosteño que a perda de moita da carne non é por como fose matado o porco, e si máis no tipo de condicións onde se curan, a salmoira a ventilación, sen esquecer que os cochos cada vez teñen máis volume de magro sen vetas de graxa, así nesas condicións é moi difícil curar un xamón.

Xunto con todo esto, non esquecer que forma parte da nosa cultura, pois o igual que os españois teñen a súa cultura de matar un touro bravo nos temos a nosa de matar o porco. Eles teñen cantos exaltando a figura do “mataor”, grandes literarios rescaldan coas súas obras mestras esta “cultura do pobo” ¡¡ ate se identifica por completo a un país con esas imaxes!!!, atrévense a meternos a todos no seu saco. Pois ben, nos tamén temos cantares e refráns para o día de San Martiño, temos grandes figuras nadas no país e elas tamén falaron dela na súa narrativa e dende tempos anteriores a que se metese un estado nun circo, cebábanse porcos na terra céltiga. Pero diferenciámonos nunha cousa moi importante: eles pican e repican “o bravo” para que perda forza pois non poderían con el. Eles fanlle burla durante o tempo que aguante para acabar sendo matado e nos bos dos casos cunha estocada senón vóltase a repetir que ben o aguanta. Ah!!! E todo elo diante de milleiros de persoas, que ademais teñen a peculariedade de ser a maioría xente adiñeirada que disfruta co panorama o igual que nunha zarzuela.

[gv data=”SMbWJqHxCAQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

Nós temos unha loita man a man co porco. Nos facemos para que sexa limpo e rápido, sen vaciles. Xúntanse veciños e familiares, e sempre co ánimo de encher a despensa, seguir cun traballo que servía como pretexto para festa e sustento.

– Continuará…(un de tordea)…

‘San Martiño oficial, matalle o carallo’


2007
12.26

Onte estiven de matanza. Estamos no tempo.  

 

 Tamén é época dos saborosos cocidos, caldos untosos, días curtos e noites longas detrás da cociña atizándolle o lume, filloas de sangue, magostos churruscados, en definitiva xuntanzas.

Narración do asunto (apoiado algo na épica da terra): ” o día era malo, algo quente para tal choio. Xuntámonos homes de tres casas e familiares. Son as 10:30 da mañá e a auga xa está preto dos 62ºC exactos e necesarios para que en 3 minutos o cocho estea no punto de pelado. Mentres entramos na cociña. As mulleres non para de bulir, preparan tinas, baldes e taños, todo é necesario. Ofrécesenos de comer, agora xa non é como antes, pero na mesa un xamón, un queixo manchego e unha caixa de galletas variadas serían trinchadas fai tempo. Para beber café, unha botella de país e unha de Torres 10 xa encetada… saímos fóra, o matachín é novo. Hoxe mataranse 3. Entran 2 homes para colle-lo cocho na corte. Agarrámonos todos a el, conxunto de berros, euforia nervios e garra. Berros para os máis novos ¡¡¡agarra aí!!!!!. A auga dáos ben. Uns pelan outros xa abren e as mulleres xa amañan nas tripas, sacando os primeiros trozos de graxa para os roxos do rego. Chistes e contos dos máis vellos, retranca doada, rifes coas mulleres e elas con nós e tomaduras de pelo cara os máis novos adornan esta mañá“.

– Continuará…(un de tordea)…

Moblog


2007
12.25

[lang_gl]BO NADAL,e mllor ANINOVO.Para o proximo ano nn deixes d visitar a fiestra,con d seguro novidads.[/lang_gl][lang_es]FELIZ NAVIDAD[/lang_es]

Moblog


2007
12.24

Saudos dende Leitariegos.

Festa Da Xuventude Castroverde, fotos (II)


2007
12.21

Aquí podes ver as fotos de anteriores festas…, se tes algunha e a queres compartir non o dubides. Sintoo, pero aínda non teño a foto da camiseta, quizais esta tarde¡

Saúdos¡ E vémonos maña¡

Festa Da Xuventude Castroverde


2007
12.18

Xa está dispoñible para os máis impacientes, o cartaz da Nova Festa da Xuventude de Castroverde, é éste:

CCD18122007CartelFestaXucentude  Será os días 22 e 23 de decembro, toda a noite chea de boa música, coas orquestras, Nueva Banda, Acordes, e o grupo América.

Colaboran O Concello de Castroverde, e Ar-fran Espéctaculos.

ESPERÁMOSTE¡¡

Hai camisetas para recordalo evento, aínda non dispoño de fotos, pero en breve¡

P.D. Tamén hai loteria de Nadal(da S.D. Castroverde)¡

Comenzando con Visual Studio, ASP.NET e IIS


2007
12.18

[lang_gl]  Se estás comezando con isto do Asp.Net ou Visual Studio en xeral, se queres crear un servidor web local, é común o seguinte: 

Error: Visual Studio .NET ha detectado que el servidor Web no está ejecutando ASP.NET versión 1.1. No podrá ejecutar aplicaciones o servicios Web ASP.NET.
Solución: Executar o seguinte comando: aspnet_regiis -i no prompt de Visual Studio .Net que se atopa en Inicio -> Todos os programas -> Microsoft Visual Studio 2003 -> Ferramentas de Visual Studio .NET->Símbolo do sistema de Visual studio

Explicación: Isto instálanos a versión de ASP.NET asociada a Aspnet_regiis.exe e actualiza as asignacións de secuencias de comandos situadas na raíz da metabase de IIS (Internet Information Services) e por baixo desta. [/lang_gl] 

[lang_es] Si estás comenzando con esto del Asp.Net o Visual Studio en general, si quieres crear un servidor web local, es común el error siguiente:Error: Visual Studio .NET ha detectado que el servidor Web no está ejecutando ASP.NET versión 1.1. No podrá ejecutar aplicaciones o servicios Web ASP.NET.Solución: Ejecutar el siguiente comando: aspnet_regiis -i en el prompt de Visual Studio .Net que se encuentra en Inicio -> Todos los programas -> Microsoft Visual Studio 2003 -> Herramientas de Visual Studio .NET->Símbolo del sistema de Visual studioExplicación: Esto nos instala la versión de ASP.NET asociada a Aspnet_regiis.exe y actualiza las asignaciones de secuencias de comandos ubicadas en la raíz de la metabase de IIS (Internet Information Services) y por debajo de ésta. [/lang_es]

15ª Xornada. 3ª Rexional; C.D. Terras Do Miño – S.D. Castroverde


2007
12.16

 CCD11122007Escudo Castroverde 

 [lang_gl] Disputado e emocionante partido en Rábade. Terras e Castroverde protagonizaron un encontro que tivo de todo, con moita emoción ata o asubío final. Gelo adiantou aos visitantes e Pedro empatou para os locais. A quince minutos do final Tino, anotou o definitivo 1-2. Adeus á condición de invicto do Terras, no seu campo.Desde o primeiro minuto, os dous equipos non volveron a cara ao choque e as ocasións chegaron, principalmente, sobre a porta local. Chino, viviu de forma relaxada esta primeira parte, na que pouco inquietaban os tiros afastados, e centros lonxanos ao área.Gelo, de falta directa, e Tino, culminaron un segundo tempo con fútbol disputado. Foi cun golazo á esquina do pau esquerdo, por encima da barreira de Gelo, como o Castroverde adiantouse no marcador. Poucos minutos máis tarde, un centro ao área mal despexado polo porteiro, e logo de varios rexeites, o balón sae alto cara á portería, na que un xogador do terras remata a porta.
Coas táboas no marcador e o Castroverde reposto do mazazo do empate, Luís conectaba un centro de falta, que Tino remataba de cabeza, estorbando ao porteiro, e culminaba unha xusta remontada.
O Terras quedaba parado tras o golpe e só chegaban centros afastados fáciles para a defensa visitante.

Tres puntos máis, que se van para Castroverde, que achega o ascenso a oito escasos puntos, e que da ás para afrontar os decisivos, agora sí, importantísimos enfrontamentos, unha pena que sexan despois do parón do Nadal.  [/lang_gl]

[lang_es] Disputado y emocionante partido en Rábade. Terras y Castroverde protagonizaron un encuentro que tuvo de todo, con mucha emoción hasta el pitido final. Gelo adelantó a los visitantes y Pedro empató para los locales. A quince minutos del final Tino, anotó el definitivo 1-2. Adiós a la condición de invicto del Terras, en su campo.Desde el primer minuto, los dos equipos no volvieron la cara al choque y las ocasiones llegaron, principalmente, sobre la puerta local. Chino, vivió de forma relajada esta primera parte, en la que poco inquietaban los tiros lejanos, y centros lejanos al área.Gelo, de falta directa, y Tino, culminaron un segundo tiempo con fútbol disputado. Y fue con un golazo a la esquina del palo izquierdo, por encima de la barera de Gelo, como el Castroverde se adelantó en el marcador. Pocos minutos más tarde, un centro al área mal despejado por el portero, y después de varios rechaces, el balón sale alto hacia la portería, en la que un jugador del terras remata a puerta.Con las tablas en el marcador y el Castroverde repuesto del mazazo del empate, Luis conectaba un centro de falta , que Tino remataba de cabeza, estorbando al portero, y culminaba una justa remontada.

El Terras se quedaba parado tras el golpe y sólo llegaban centros lejanos fáciles para la defensa visitante.

Tres puntos más, que se van para Castroverde, que acerca el ascenso a ocho escasos puntos, y que da alas para afrontar los decisivos, ahora si, importantísimos enfrentamientos, una pena que sean después del parón navideño. [/lang_es] 

Terras do Miño, 1 – Castroverde, 2

Terras do Miño: Maseda, Bonker, Valentín, Ayala, Pedro, Patricio, Iván, Brais, Guillermo, Marcos y barrio. También jugó Lulo.

Castroverde: Javier, Óscar, Manuel, Antonio, Capón, Ángel, Constantino, Luis, Héctor, Richard y Rafa.

Goles: Ángel y Constantino, del Castroverde, y Pedro, del Terras do Miño.

Árbitro: David Pereira (delegación de Lugo).

Incidencias: Partido celebrado en el campo de Catroventos, de Rábade, que registró una pobre entrada.LOMBAO ❚ RÁBADE ❚ El Castroverde rompió la condición de invicto como local del Terras do Miño tras ganar en Catroventos por 1-2. Pedro y Bonker (Terras do Miño) y Ángel y Luis (Castroverde) fueron los más sobresalientes.

Resultados

S. Ciprián – Catro Roldas 2 – 1
Sacido – Candelaira 3 – 0
T. Miño – Castroverde 1 – 2
Momán – Cazas 5 – 1
Codesido – Matela 4 – 3
Meira – Folgueiro 4 – 1
S. Román – Abadín 5 – 2

Próxima xornada

S. Román-Celta  
Meira-Abadín  
Codesido-Folgueiro  
Momán-Matela  
T. Miño-Cazas  
Sacido-Castroverde  13/01/2008
S. Ciprián-Candelaira  
Catro Roldas (descansa)  

Clasificación(Equipo)

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 13 10 2 1 43 15 32
2. S. Román 14 10 2 2 32 14 32
3. Sacido 13 9 2 2 30 7 29
4. Folgueiro 14 8 3 3 23 11 27
5. Meira 14 7 3 4 25 27 24
6. Celta 14 7 2 5 27 15 23
7. Matela 14 6 3 5 23 25 21
8. Castroverde 14 6 3 5 28 31 21
9. Cazas 14 5 1 8 24 35 16
10. Candelaira 13 4 3 6 17 22 15
11. T. Miño 14 4 3 7 19 29 15
12. Momán 14 3 5 6 17 22 14
13. Codesido 14 3 3 8 21 28 12
14. Catro Roldas 14 3 0 11 10 21 9
15. Abadín 13 0 1 12 13 50 1

O último hit da musica by LageKali


2007
12.15

[lang_gl]Pásame Kali vía correo electrónico, o primeiro e o último concerto do hit que está arrasando en todo o mundo. Tamén di que será a primeira é a última vez…, jaja eu creo que non.¡

Gracias polo vídeo Jose, e pásate máis por aquí¡

P.D. Mui bon o vídeo.¡[/lang_gl][lang_es] Me ha pasado Kali vía correo electrónico, el primer y último concierto del hit que está arrasando en todo el mundo. Dice también que será la primera y última vez…, jeje, yo creo que no.¡

Gracias por el vídeo Jose, y pasa más habitualmente por aquí.

P.D. Buenísimo el vídeo¡[/lang_es]

[gv data=”55XONS0RhEI” width=”425″ height=”350″][/gv]