Todos a Vancouver

2008
06.06

A�da valiño Aída Valiño intentará adxudicarse este domingo o Campeonato do Mundo Sub-23 de Triatlón, o VANCOUVER TRIATHLON WORLD CHAMPIONSHIPS,  que se celebrará na cidade canadiense de Vancouver.

A salida na categoría femenina darase ás 16:00. Despois terá que superar 1’5 km de natación na Bahía Inglesa, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pe. Aída deberá manterse no grupo de cabeza, sobre todo no treito de ciclismo, xa que a natación é a súa especialidade e non terá problemas.

Se é capaz de aguantar terá moito ganado, xa que terá opcions de medalla na dura carreira a pe.Tamén será importante a súa experiencia internacional (xa estivo o ano pasado no Mundial de Hamburgo) e ven de conseguir o subcampeonato de Europa.

Ese será o seu punto de intimidación para unha carreira na que non hai unha grande favorita e na que serán un total de 2,600 atletas procedentes de 45 países os que compitan polas distintas modalidades.

 O calendario para o domingo 8, é o seguinte:

Mulleres Sub 23 – 7:00am (hora canadiense)
Homes Sub 23 –  10:00am (hora canadiense)
Mulleres Elite – 1:00pm (hora canadiense)
Homes Elite – 4:00pm (hora canadiense)
E a ceremonia de medallas para a Sub 23 e a Elite ás 6:15pm (hora canadiense) 

 Moita Sorte dende a Fiestra¡

Tags: , , ,

2 Responses to “Todos a Vancouver”

  1. direille a miña ermá que aquí dícense cousas de ela 😉
    esta contenta aínda que un pouco dolorida despois dunha carreira un pouco accidentada.
    quedar de 12 non está nada, pero que nada, mal…
    😉

  2. Tino di:

    Pero logo aínda non llo dixeche? jejeje É unha pena que case non se atope información sobre o campeontas e disciplinas que fai. So existe o futbol.

    Non é para menos, quedar entre as 12 mellores da túa categoria non está nada mal. Ademais con distancias cortas, nas que sempre poderá mellorar¡¡¡

    Un saúdo¡¡