Este pasado 25 de abril ven de celebrarse a ‘festa’ na honra a Virxe do Bo Consello, que preside o altar maior. Esta é a figura a que se lle rende culto neste pasado 25 de abril. E digo esto porque é o día da festa en Masoucos (é o blog cumple 3 anos). Todalas parroquias teñen o seu día grande. Hai parroquias que celebran tamén a súa festa no vrao. Este é o noso caso, (e a que corresponde a imaxen nos anos 50) que se adíca neste caso o Santiago, que está presente con dúas figuras. O ‘matamoros’ e o ‘peregrino’.
A principios dos anos cincuenta podíanse contemplar tódo-los santos da igrexa en procesión. En primeiro lugar un home levando a cruz, logo as mulleres coa figura do Bon Consello, e logo os homes portan os demais santos entre os que se encontra o Santiago. Aínda hoxe cando se fai en calquera lugar así se fai.
Unha norma que se cumpre o largo e ancho de Galicia é que AS MOZAS DA PARROQUIA SEMPRE LEVAN AS SANTAS E OS HOMES OS SANTOS.
A finais dos anos sesenta e primeiros dos setenta a festa perde vigor, e así no 75, por uns ou outros motivos a festa pérdese. Ata o 2005 no que se recupera un breve botón para celebrar os 30 anos desta última celebración. Este ano representou unha grande afluencia de público, gracias en boa medida a chegada da orquesta ‘Panorama’, a pesar de que a promoción non foi excesivamente ampla. Os rameiros, normalmente dous ou tres, chamado tamén ‘ramistas’ son os que se encargan de contratar as orquestas e organizalo todo para que saia o mellor posible.
E todo para rematar decindo que calquera pode vir(se hai orquesta), aparcar gratis(se hai sitio), disfrutar da festa ou da sesión vermouth , e ver a procesión, como non.
Nótase que eres de Masoucos eh!!! Moi bon o Artigo!! Fala da de Castroverde!!!
Saúdos
da do 2005 recordo un bo remollón 😀 jeje
e creo sinceramente q NUNCA o pasara tan BEN nunha festa!!!!!!!!! moi bo rollo entre todo dios e………. auga, patinazos, a orquesta xenial.. uffff jejejeje vaia molleira pillaramos dios 😀
haber cando se volve repetir
Si oh!! e pensar que ese día estivestes a piques de non facer a procesión, co que chovía..pero foi sacar os santos e paraou un pouco jeje. E esa sesión vermouth, festa xa de día ate chegamos tarde a xantar e todo, o xantar coa familia de quen nos invitou, a espectación no momento de meter os camións no campo, o caos á hora de aparcar, o bailoteo con veciños e veciñas, e como non, e máis dun/ha, ese momento de esculca e namoríos en palleiras cercanas..felicidades!!! xa me entendedes,,,pois eso, que só espero que se volva a facer, e que ainda non teña o glamour que tivo a anterior, si se xunten amigos e familiares..