Archive for Decembro, 2009

Camiño Primitivo, olvidado as portas do novo Xacobeo


2009
12.29

Camiño primitivoO listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble. Así o denuncia o colectivo ecoloxista Adega, quen fala de “ausencia de sensibilidade cultural por parte da Administración” cara a esta histórica ruta. Falta de sinalización, descontrol das actividades económicas situadas ao longo do camiño ou falta de conservación son algunhas destas eivas, achacábeis aos poderes tanto autonómico como locais.

Da conservación á desvalorización
Dende Castroverde até Lugo, o camiño ofrece un amplo abano de vestixios históricos e de elementos paisaxísticos e culturais de elevado interese de conservación. Porén, Adega denuncia que non estar a ser atendidos. Así enumera entre os monumentos descoidados: a fortaleza de Soutomerille, CastroverdeCastroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.

No apartado do entorno ambiental, falan do impacto que sobre a paisaxe teñen as canteiras e areeiras que están en funcionamento na zona, como a de San Paio, A Pallota e Bascuas. A asociación ecoloxista pide ás autoridades competentes que “se rexenere e se corrixa o impacto desta industria e que se exixa ao sector o cumprimento estrito das leis para evitar a usurpación descontrolada e irregular do terreo”.

Morre Atropellada sen sufrir lesions de importancia


2009
12.16

Hay algo chocante nesta noticia de ABC, aínda que a rapaza finalmente non morreu.

Copiar e pegar, moi utilizado co uso dos ordenadores aínda que  ás veces xoga malas pasadas, como nesta ocasión que pasaron dunha simple curiosidade a un titular morboso.

Os periodistas… unha profesión vida a menos con programas como o ‘Tomate’

Cabalos sorprendidos


2009
12.15

Excelente foto a tomada por Guillermo Pazos nas próximidades de Castroverde.

A niebla que acompaña dalle ese toque especial aos cabalos e a paisaxe.

O dueño pode reclamar dereitos de imaxe que creo que lee o blog.

Busqueda a través de fotografías


2009
12.14

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Hhgfz0zPmH4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Google Goggles [2 min.]

O vídeo de arriba, con subtítulos en inglés, –que se pode traducir ao español desde o menú Acciones de subtítulos– explica qué é e cómo funciona Google Goggles, a aplicación para teléfonos Android que realiza búsquedas en Google a partir do contido dunha fotografía tomada co móvil.

Increible avance, pero será capaz de reconocer calquera paisaxe, lugar, tenda…

Timo, estafa, concurso?


2009
12.05

Rubén, así se chama o protagonista desta historia, nun suposto concurso da Sexta. Como presentadora Marisa Sandoval, que non da crédito o que está vendo…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/DbFi3Rg-nho" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Polos dereitos de Internet, di NON


2009
12.04

O goberno está a impulsar a creación dun organismo administrativo dependente do Ministerio de Cultura a través do será posible pechar páxinas web que vulnerasen os dereitos de autor, o que ten toda a pinta do mundo de ser inconstitucional(presuntamente, por se queren pechar tamén este blog), e a todas luces sería un abuso, por antepor os dereitos de autor aos dereitos fundamentais.
Non sei coma se pode comer e entender esto, xa que se un xuíz non é quen de pechar por non ser ilegais, como unha comisión de “expertos” si o fará?.
Aquí vai o manifesto en contra desta medida e  que está composto por 10 puntos:

1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español,prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.
4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.
6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e accesibles e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.
8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.
9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

  • Que che parece esta medida do goberno?
  • Non é xa un abuso o pago do canon?