Archive for Xullo, 2011

Agresións os montes


2011
07.28

Persoalmente, creo que é moi raro que ás persoas se interesen no ben para o medio ambiente. A maioría da xente sólo nos interesamos no ben para sí mismos. É complicado que alguen -sen estar directamente perxudicado ou monmentáneamente suxestionado- aínda que cada vez menos, afortunadamente, visualice o daño ao seu entorno repercute inmediata e directamente en sí mesmo.

O monte é de todosCon esta pequena reflexión intento comprender este acto de vandalismo ecolóxico, e de agresión os montes. O máis indignante é que o ‘terrorista‘ conoce ben a zona. Sabía donde deixaba a seu regalo, xa que os donos non viven por alí desde fai tempo. Parece que foi un acto predeterminado, donde ademais aproveitaron para deixar, posiblemente, un animal vivo. Alí  o cheiro, aínda que cada vez menos perceptible, nótase.

Posiblemente se puidera saber quén foi, de feito hai sospeitas fundadas, pero volvendo as primeiras líneas, se non nos pasa na nosa carne, na nosa carballeira nesta caso, deixamolo pasar, cando queiramos solucionalo será demasiado tarde.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jD-smf56mSc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

asd

O polder máis grande do mundo (III). (Por UndeTordea)


2011
07.22

Dende a capital desa zona creada (Lelystad) ate a Holanda Setentrional construíse entre o ano 63 e o 75 o dique Houtribdijk, completando así unha ruta fermosa para facer en coche. Este dique separa o lago IJsselmeer en dous, quedando o IJsselmeer o este e o Markermeer u oeste.

Este último tamén estaba previsto daquela convertelo nun polder pero a falta de financiación e o cambio na política hidráulica de Holanda fixeron que esta idea se parara, quedando agora como unha reserva de auga doce para parte das cidades cercanas e zonas de regadío e como seguro fronte a posibles inundacións. De feito as políticas hidráulicas en Holanda polo que entendín están cambiando. A loita fronte o mar continúa. Puiden observar como algún dique se continúa reforzando e non se descartan ampliacións, pero a segunda estratexia pasa por devolverlle parte do terreo comido o mar para evitar así males maiores:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1zZvP97_17I" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Pódese estar encontra ou non desas invasións o mar, pódese tratar como algo antinatural ou como unha obra para defenderse e de enxeñaría, ou como algo non sostible. Pero é curioso como o sostible e o non sostible se mesturan e se contradicen. A propia obra semellou pouco sostible no momento e un drástico cambio nunha paisaxe mariñeira a unha agrícola. Pero nesta nova etapa, todo está tan coidado e mimado que parece natural, de toda a vida, chegando a realmente envexalo . Crearon unha reserva natural nela impresionante, plantaron árbores, fixeron canles… e aínda por riba algún dos térreos agrícolas creados son dedicados a agricultura biolóxica.

Que contrastes de ideas contrariadas. O debate está aí para quen queira sumarse.

O polder máis grande do mundo (II). (Por UndeTordea)


2011
07.21

Digno de ver, con 32 Km de lonxitude pasa unha autovía de alta capacidade póla súa cima, podendo facer unha parada no medio del para recrearse da dimensión da obra. Pódese cruzar dende Frisia ate Holanda setentrional. A dereita mar do norte, a mais altura do agora lago IJsselmeer (á esquerda), máis baixo, e que en pouco tempo se foi transformando nunha lagoa de auga doce polo continuo desembocadura dos ríos e canles nel. Unha vez confinado o mar do interior e para poder comezar a desecalo e sacar a auga sobrante, unha serie de canais foron construídos, o igual que os típicos muíños holandeses que tiveron unha principal función de bombear auga do interior cara o mar por medio dos canles. Ese paso de mar, agora lagoa a térreo fértil, seguíame ofrecendo dúbidas, dando o final con parte dun documental en holandés:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Xs01iT8w104" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Así é como se foi construíndo unha das zonas na que estiven.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/QmECY4gD3VQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

e así foi a colonización da principal cidade da provincia, Almere co asentamento das 200 primeiras familias chegadas dende Amsterdam:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/LlhfRUhq9mw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O polder máis grande do mundo (I). (Por UndeTordea)


2011
07.08

PolderUn polder en neerlandés, ven sendo o térreo gañado o mar e dedicado a fins agrícolas.Termo que tamén podemos aplicar practicamente a calquera desecación para o mesmo fin, realizado sobre marismas, lagoas etc.

Similitude tamén atopada en Galiza, como a lagoa de Antela, secada para os mesmos fins ou a lagoa de Cospeito. O meu ultimo acercamento ate Holanda posibilitoume estar no polder máis grande do mundo, a provincia de Flevolandia. A curiosidade levoume a buscar información xa que aspreguntas eran moitas. Como se seca un mar, como este se converte nunha lagoa doce,como se cultiva a terra nun lugar supoño que con salinidade elevada, como se fai para repartir esas terras e territorios.

Inundaciçon holanda 1953Moitas preguntas que a maioría delas , xa o digo agora,non lles atopei resposta directa e clara, pero si algunha liña polaque chego a imaxinar e comprender algunha cousa. Holanda, ou mellor denominado Países Baixos, xa pornatureza están en moitos puntos do seu territorio por baixo do nivel do mar, o que sempre levou os seus habitantes a loitar contra o mar por un espazo colonizado dende tempos remotos. Sexa polo que sexa, eles non renunciaron o seu fogar e viron algunhavantaxe para seguir loitando e facer a súa vida alí máis segura. A un sistema de diques no país despois dunha catástrofe ocorrida no ano 53 no suroeste do pais sumóuselle un dos proxectos máis ambiciosos na hidráulica, dotando o país dunha serie de diques de dimensión e enxeñaría incalculables.

FlevolandPero das grandes obras, para min as máis doadas de visitar e disfrutar son as do centro de Holanda, onde a terra se atopa ca entrada domar do norte. Nese punto se atopa a provincia de Flevolandia, creada entre os anos 40 e 68. A súa capital é Lelystad, cidade fundada fai só un cuarto de século. Esta falta de historia e por outra banda ver unha cidade tan desenrolada levoume a plantear moitísimas cuestións e non parar de asombrarme. Como fixeran eses holandeses paracolonizar tan pronto o território? O Zuider Zee era o mar do sur, parte do mar do norte que se metía como se fose un golfo xigante ou unha ría en terra. Parece que polo ano1886 se debatía en Holanda cerrar ese cacho de mar para dedicalo a fins agrícolas. Oenxeñeiro Cornelis Lely deséñao e impulsao. En 1927 comezan as obras de construción do dique Afsluitdijk rematado no 32.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/RnjdGwY_Vg4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]