Todolos artigos de: Tino

Informático por casualidad, emprendedor por iniciativa. Cofundador de Cafe Dixital (cafedixital.com). Me gusta el deporte y la naturaleza. Escribo por pasión en bloginterference.com, somosbreogan.org, sdcastroverde.com, taller.masoucos.org, cafedixital.com y otros

Castroverde: Un século de transformación demográfica

A evolución demográfica de Castroverde (Lugo) ao longo dos últimos 125 anos amosa unha realidade compartida por moitos concellos rurais galegos: o despoboamento rural en galicia. Un fenómeno progresivo.
Segundo os datos do INE, a poboación pasou de máis de 6.800 habitantes en 1900 a apenas 2.400 en 2025, cunha proxección de 2.100 habitantes en 2040 (se se mantén a tendencia actual).

📉 Evolución histórica da poboación

O gráfico amosa claramente dúas etapas:

  • 1900–1950: Estabilidade demográfica, con cifras superiores aos 6.800 habitantes.
  • 1950–2025: Decrecemento constante, especialmente acelerado a partir dos anos 70.

Este descenso responde a múltiples factores:

🔍 Causas do despoboamento

  1. Migración cara ás cidades: A industrialización e a falta de oportunidades laborais no rural provocaron un éxodo cara a núcleos urbanos.
  2. Envellecemento da poboación: A baixa natalidade e o aumento da esperanza de vida deixaron unha pirámide demográfica desequilibrada.
  3. Falta de servizos: A carencia de infraestruturas, transporte público, acceso á sanidade e educación contribúe á perda de habitantes.
  4. Desconexión dixital: A limitada cobertura de internet en zonas rurais dificulta o teletraballo e a atracción de novos perfís profesionais.

🚀 Propostas para frear o decrecemento

Para evitar que Castroverde alcance os 2.100 habitantes en 2040, funcionarían ase seguintes medidas:

  • Impulso ao emprendemento rural: Apoiar proxectos locais, cooperativas e iniciativas agroecolóxicas.
  • Mellora das infraestruturas: Investir en transporte, conectividade dixital e servizos públicos.
  • Atracción de novos residentes: Programas de repoboamento, vivenda accesible e incentivos fiscais.
  • Educación e cultura: Dinamizar a vida local con actividades culturais, formación e espazos de encontro.
  • Turismo sostible: Promover o patrimonio natural e histórico como motor económico.

e ti, que cres ¿O despoboamento rural en galicia é un inveto? ¿É real? Léote nos comentarios.


📚 Fontes consultadas

  • Instituto Nacional de Estatística (INE): www.ine.es
  • Datos históricos de padrón municipal e censos de poboación
  • Proxeccións baseadas en tendencias observadas entre 2000 e 2025

O espello da alma

Texto presentado para o certame de curtas do concello de castroverde con motivo do día das letras galegas 2025. Non premiado.
O xardín de Catuxa era un misterio. Un labirinto de árbores retorcidas e flores que parecían contar segredos. Catuxa, unha anciá de ollos brillantes como as estrelas, coidaba del con agarimo. Un día, un neno, curioso coma un raposo, atreveuse a entrar. Perdeuse entre as plantas, seguindo un camiño de pedra cuberto de musgo, ata que atopou unha fonte escondida tras valado de folgueira. A auga, cristalina, reflectiu a imaxe do neno… pero tamén outra, tras del. A imaxe de Catuxa, nova, fermosa, cun sorriso misterioso e a mirada chea de vida.


O neno quedou petrificado, a respiración contida. Catuxa, a vella, apareceu detrás del, coa súa pel marcada polas engurras do tempo e o pelo branco coma a neve. Sorrindo. Non dixo nada. Só lle entregou unha flor, unha rosa vermella que non existía no xardín, unha flor que semellaba roubada ao tempo, un recordo, un soño, unha promesa. O neno recolleu a flor, e nese instante, comprendeu que o xardín de Catuxa era moito máis que un lugar: era un espello da alma, un portal ao misterio, un lugar onde o tempo se diluía e os segredos florecían en cada pétalo.

O Carro na Galicia: Unha Análise da Súa Importancia e Evolución

Introdución:

O carro é un elemento icónico da cultura galega, que ten xogado un papel crucial na historia e no desenvolvemento da rexión. Neste artigo, analizaremos a importancia do carro na Galicia, a súa evolución ao longo do tempo e como se mantén relevante na sociedade actual.

Desenvolvemento :

  1. Historia do carro en Galicia : Desde tempos ancestrais, o carro foi utilizado en Galicia como un medio de transporte esencial para o traballo agrícola e o transporte de mercadorías. As súas orixes remóntanse á Idade do Ferro, pero o seu uso estendeuse ao longo dos séculos, adaptándose aos avances tecnolóxicos e ás necesidades cambiantes da sociedade.
  2. O carro como símbolo cultural (100 palabras): Na cultura galega, o carro adquiriu un estatus simbólico, representando tradición, traballo duro e identidade. Moitas festas populares e eventos tradicionais en Galicia inclúen desfiles de carros ornamentados, onde se exhiben as habilidades artesanais e a destreza dos condutores.
  3. A evolución do carro na sociedade actual: Co avance da tecnoloxía e a chegada dos vehículos motorizados, o uso do carro tradicional na vida cotiá en Galicia foi diminuíndo. No entanto, moitos galegos aínda conservan o seu vínculo coa tradición, mantendo e restaurando carros antigos, que se expoñen en festivais e feiras especializadas.
  4. O turismo e o carro en Galicia: O turismo en Galicia tamén se beneficia da presenza do carro. Os visitantes poden gozar de rutas escénicas en coche, descubrindo os belos paisaxes naturais e as encantadoras vilas galegas. Ademais, o carro ofrece flexibilidade para explorar os diferentes lugares de interese turístico da rexión.

Conclusión:

O carro na Galicia ten unha longa e rica historia, que vai máis aló dun simple medio de transporte. É un símbolo cultural e unha parte importante da identidade galega. A pesar dos cambios sociais e tecnolóxicos, o carro segue a ser apreciado e valorado na sociedade actual.

@criptomonedas_inversores_Bitcoin

@criptomonedas_inversores_Bitcoin é o nome dun grupo de Telegram. Parece interesante. Cando menos se tes certo interese por este activos dixitais. O certo é que recentemente recibín unha mensaxe dun amigo/coñecido.

Decía o seguinte:

Hola, Que tal?
Necesito a túa axuda axuda, creo que me estafaron. ¿Tes un momento para falar?

Cando me empezou a contar non daba creto. El estaba convencido que sería unha especie de roda portuguesa, por eso se decidiu, pero non foi así, ERA UNHA ESTAFA (sí, spoiler total)

Tras a conversa, o primeiro que fixen foi unirme a este grupo para investigar e publicar este interesante artigo.

O grupo, @criptomonedas_inversores_Bitcoin ten máis de 100K de seguidores. Unha cantidade xa respetable. Esto o fin e o cabo da seguridade. Tamén o da que non existe ningunha entrada en google falando abertamente deste grupo, ou dunha posible estafa.

O MÉTODO

Dentro xa do grupo poder ver como te animan a invertir en bitcoins, con lugares ‘limitados’ e aproveitando o ‘día’. Sí, sí, lees ben, no mesmo día (discleimer: pode ser posible tendo o coñecemento suficiente). É dicir, ‘invirtes’ ese diñeiro e máxicamente se convirte en unha suma multiplicada por 10!!!

Por tanto, o seguinte paso era escribir a @Alberto_CriptoTrader. Esta persoa que da apariencia de luxo, e según me din escribe nun perfecto castelán. Aínda así, estará no caribe, asia, ou no piso o lado teu disfrutando do ‘roubo’.

Neste primero contacto (sintoo, non teño capturas de pantalla), volve a explicarche o método, e a primiera pregunta que che fai é se queres recibir os beneficios vía transferencia ou paypal (tras analizar o grupo podes ver que ningunha das múltiples transferencias de beneficios se realiza por paypal). Curioso cando menos.

Bueno, o incauto amigo, decide meter 400€ coa idea de que sexa unha roda, sendo consciente de que era ‘raro’, pero tras unha vez que recollera beneficios, se baixaba do ‘timo’.

Como o mínimo que che di o querido Alberto (ou como se chame) é de 350€, pensou que 400€ daría confianza o noso incauto ‘broker’. De incauto tiña pouco.

Fixo o ingreso a esta billetera. bc1qawwt3xk3eft975kramx34spwuuxq8pcvs403eq. Poñoa por aquí por se alguen lle pasa.

Aquí está o erro do meu amigo. Fixo unha transferencia a unha billetera do seu ‘broker’, alberto. E claro, cando xa está feita… empezan os problemas. Como se pode ver nos rexistros da blockchain, vese como rápidamente se divide en moitos máis trozos pequeniños. Así e moito máis difícil de rastrexar.

Pero ahí non acaba todo. Porque só fixemos unha transferencia, e neste momento o noso amigo aínda ten esperanzas de recuperar o perdido.

A RESOLUCIÓN

Tras un pequeno lapso de tempo, aproximadamente de media hora, como era de esperar, xa logrou non multiplicar por 10, senón por 15!!! Con 400€ invertidos (realmente menos polas comisións de moonpay), conseguira máis de 5500€. (desculpas, pero este amigo non sacou capturas). Dime que incluso lle mandou capturas dun gráfico, supoño que inventado, de como foi a operación. @criptomonedas_inversores_Bitcoin e Alberto_CriptoTrader son uns magos das criptodivisas. Da gusto traballar con xente tan profesional, sen dúbida.

Soltar cartos a esgalla ten un problema. Non pode ingresarlle os ‘beneficios logrados’ xa que ten unha comisión para sacar os bitcoins da plataforma (unha desculpa, supoño que random). Deste xeito, pide de novo 400€ máis!!!

É aquí cando o noso amigo (o de verdade) se da conta de que algo vai mal. Algo non encaixa, e decide non enviar eses 400€ adicionales. Fai unha semana que contactou conmigo, e a operación realizouse o día 28 (como se pode ver nas capturas).

Dígolle que intente decirlle se existen outros métodos para recuperar ese pastizal. Que o fixera moi ben e que quería seguir invertindo. Pero que necesitaba o diñeiro, por múltiples razóns. Así o fixo, pero alberto o cripto trader, non transixiu.

É mais, comenteille que me pasara capturas para publicalo a través de este pequeno blog, e o noso amigo tamén é experto en ocultar probas, xa que telegram permite eliminar mensaxes.

Por tanto, agora, xa non so non responde, senón que elimina todo rastro, o que complica aínda máis o proceso de unha posible denuncia.

DENUNCIAR?

Tamén me preguntaba como podía denunciar. Pero o certo é que lle vexo moi poucos visos de prosperar.

Por varios motivos, o primeiro porque esos cartos están superdivididos en casi 100 contas. Tes un rastro dixital, pero asociar eses importes con unha persoa, é casi unha tarefa imposible. Por ese motivos, a delincuencia usa estos activos dixitais como refuxio.

Busquei imaxes de Alberto_CriptoTrader en google images (que o asocia a ‘comfort’), a partir das que subía, pero non atopei nada. Busquei os metadatos, pero tampouco me deu ningunha pista.

A verdade é que parecen un grupo profesional. @criptomonedas_inversores_Bitcoin teñen todo ben atado, para que isto non se descubra. ¿Porque naide publicou antes esta entrada? ¿Tirarán tamén as webs que falan deles? Todo esto en próximos capítulos.

E ti, denunciarías? pasouche isto antes? pasouches coas criptos?

Léote nos comentarios

LU-P-1201, a historia interminable

A historia interminable, é unha novela do escrito alemán Michael Ende, concebida no ano 1979. A novela expresa o desexo de atopar unha realidade que nos rodea a través de percorrer o camiño inverso, é dicir, a parte interna de cada un que reside na súa imaxinación. E aínda que pareza unha contradicción, a novela ten fin. Podo aseguralo, non así a LU-P-1201.

O INICIO

Ven isto a colación, xa que veño de ver o seguinte chío no servizo TIC de audiovisuais da deputación de Lugo sobre a LU-P-1201.

Vendo a noticia, recibín unha tremenda alegría. Rematar a mellora da LU-P-1201 era un fito que leva aberto dende principios deste século. Así o atestiguan as crónicas da época.

Artigo sobre a LU-P-1201
Artigo publicado na ‘Voz de Galicia’

Así as cousas, no 2008, se empezaban as obras da LU-P-1201. Este é o cartel:

Catel do Proxecto sito en Miranda o seu paso pola LU-P-1201.

Pero algo me perturbaba, polo que decidín confirmar esta información na web da deputación de Lugo. Esta é a info orixinal:

Nota da deputación de Lugo en relación a estrada LU-P-1201

Aquí é donde, o titular sí é o publicado poloi servizo de audiovisuais, pero o contido varía abondo.

Ao entrar a ler a noticia, produce unha profunda decepción, xa que logo, podemos observar varios puntos.

A DEBATE

  • Os terreos levan expropiados dende 2003 e non é ata 17 anos despois cando se prevé retomar a súa finalización. (máis o que queda para a súa execución, se algún día se leva a cabo)
  • Só se vai a acometer ese tramo, entre o ‘Coto‘ no corgo, e ‘Agustín‘ en castroverde dos 16 KM da LU-P-1201.
  • O proxecto da obra, evidentemente que está redactado. (non é novidade) Leva dende o 2007, cando se prevía arreglar toda a estrada entre Outerio e Sobrado, pero quedou en nada pola presión dos propietarios de diferentes parroquias castroverdersenses (ou iso comentan fontes afíns a súa redacción).
  • Tras 17 anos aínda se precisa autorización da confederación. Nunca se pretendeu retomar as obras, nin facelas, está claro.
  • Como ven di a nota, a estrada de 16 quilómetros de lonxitude, vertebra directamente 7 parroquias do concello, pero creo que pouco mellora a súa comunicación polo arranxo de 1,5 quilómetros no extremo máis alonxado do núcleo do concello.
  • Esta estrada que debería vertebrar o interior do concello, segue a ser unha rémora, tanto polo seu pavimento, como polas súas constantes fochancas, pasos estreitos e demais defectos dunha estrada que leva tempo sen melloras.

Concluindo


Cunha refoma todal sí se podería dar un mellor servizo a todas as empresa do concello instaladas nalgunha das sete parroquias, ou cercanas. Tamén sería moi útil para os gandeiros. O seu ancho fai que sexa complicado transitar en épocas de recollida de forraxes.

Ben seguro que se me olvida algún detalle máis por indicar. Non podía deixar pasar a oportunidade, para instar a deputación de Lugo e o concello de castroverde, que rematen a estrada entre o ‘Camiño Ancho’ (actual polígono de castroverde e pertencente a parroquia de San Xulián de Pereiramá, e Agustín, a LU-P-1201.

E ese sí sería o remate ‘real’ desta estrada, a LU-P-1201, que leva más de 17 anos levando parches, falsas promesas de fins, e convertendoa nunha ‘historia interminable’. Tal e como lle aconteceu a piscina no seu día.

Nunha próxima entrada, centrareime no ‘arranxo’ entre Outeiro e o acceso o ‘polígono industrial’. que tamén ten o seu ‘aquel’.

Presentación electrónica de documentación na Xunta de Galicia sen procedemento específico – PR004A

Coa ‘nova’ lei de procedimento administrativo común, a tramitación telemática é a opción normal e comeza a ser a habitual.
Calquera documento presentado en papel debe ser dixitalizado e así debe tratarse nas administracións e organismos públicos. En concreto a Xunta creou o procedemento PR004A.

PR004A
Vista do procedemento PR004A

Na orde do 4 de mayo de 2017 a Xunta de Galicia permite a presentación de calquera asunto que non estivera recollido nun específico, xa tardaba.

A xunta descríbe así o procedemento PR004A:

Procedemento PR004A

Este servizo permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando estes trámites non teñan establecido un sistema ou modelo específico. Debe dirixirse a departamentos, organismos autónomos ou entidades públicas da Xunta de Galicia.
Se o trámite que vai realizar está relacionado cun procedemento definido na guía de procedementos e servizos. De ser o caso terá que utilizar obrigatoriamente o modelo específico indicado na guía en lugar do modelo xenérico. Polo tanto, recomendámoslle que busque o modelo específico para o trámite que vai realizar na guía de procedementos e servizos, e só no caso de non atopalo, utilice a solicitude xenérica.


As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios. Todos istes datos previstos no formulario de inicio do servizo, para a remisión electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións. En particular, deberán identificar axeitadamente o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia a quen dirixen a documentación.


Obxecto
Servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico. Segundo o establecido na normativa reguladora de cada procedemento nin cun modelo electrónico normalizado.


Ámbito de aplicación.
Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico. Segundo establece na normativa reguladora de cada procedemento nin cun modelo electrónico normalizado. Dirixidos a calquera órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A quen vai dirixido?
Os suxeitos obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas administracións públicas. De acordo co artigo 14 da Lei 39/2015, así como as persoas físicas que non estando obrigadas a relacionarse electronicamente, elixan empregar esta vía.

Requisitos
As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario de inicio do servizo. Para a remisión electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións deberán identificar axeitadamente o órgano, servizo ou unidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia a quen dirixen a documentación.

La nueva moda: pulseras deportivas

Las pulseras de silicona han llegado al mundo del deporte, para darle un toque diferente a la imagen de los eventos deportivos en España.

Durante muchos años los eventos de carácter deportivo se han centrado en los detalles grandes, como publicidad, venta de camisetas, botellas y diferentes productos, pero habían dejado de lado el tema de las pulseras.

En este caso, las pulseras son un elemento que es un elemento publicitario que se puede llevar en todo momento. La silicona es un producto muy resistente y que se puede usar constantemente sin verse dañado. Los eventos deportivos han dado el paso en este sentido y las pulseras ya son uno de los productos más demandados por los organizadores.

Uso global

Las pulseras que se dan en el momento de participar en el evento, no solo son exclusivas para hacer deporte. Si se escoge un modelo adecuado y vistoso, se puede hacer uso de ellas en el día a día. De hecho, cada vez más gente presume de haber participado en ciertos eventos de estas características, por la calle se puede ver a muchísimas personas con pulseras de este estilo.

Además de su vistosidad, las pulseras ofrecen mucha comodidad a lo largo del día. Con la talla adecuada, no se hacen notar en la muñeca y se pueden llevar sin notar molestia alguna. A la hora de correr, la pulsera no es nada incómoda y también se puede hacer uso de ella en los momentos más intensos del día.

Por otro lado, el producto que se hace servir es la silicona y se hacen mucho más resistentes en diferentes superficies. En este caso, la silicona ayuda a que sean reutilizables y que se puedan bañar en el agua sin preocuparse por perder color o las figuras impresas sobre la pulsera. De hecho, hay diferentes técnicas para poder grabar la tipografía en ellas. La más común es la impresión simple, pero también hay otros tipos de grabados, como el de alto relieve o el de bajo relieve que no se desgastan con el tiempo.

Diferentes modelos

La diversidad de tipos de pulsera hace que se pueda personalizar cualquier pulsera. Los eventos pueden recurrir a la personalización para desmarcarse de otras pruebas deportivas y sentirse únicos en este aspecto de marketing comercial.

Escoger un buen diseño, atractivo y único hace que sea una decisión importante. Hay empresas que ofrecen una diversidad incansable de tipos de pulseras y de hecho, también dan la opción de hacer un modelo diferente y único para el cliente. La elección de colores y la combinación con las letras se antoja una decisión especialmente importante a la hora de la realización de estas.

Hay muchos tipos de combinaciones y elementos que incluir en las pulseras y ya son muchas las empresas que ofrecen este tipo de productos, por ejemplo, pulseras para discotecas ofrece una infinidad de modelos y con la mayor calidad posible que se encuentra en el mercado.

Elige, compara, y quédate con los mejores.

A Cega de Miranda/Peredo

Esta semana recibín un correo electrónico, preguntando de novo pola ‘Cega de Miranda’. Todo a raíz desta imaxe, que subín polo 2009, neste artigo e neste outro.Tamén publiquei este outro triste poema.

Dolores Gómez Lage, “A Cega de Miranda “, tamén coñecida como “A Cega de Peredo ” ou tamén “A Pereda“, nacida no lugar de Peredo, Castroverde (Lugo), en 1.874, foi moi célebre en boa parte da provincia de Lugo.

Era natural de Peredo de Castroverde, aínda que coñecida pola ‘Cega de Miranda’ ao casar alí, nun dos seus tres matrimonios. Algún dos seus cantares e romances son: “Na vila de Castroverde”, “A rapaza vai no rio”, “O rabo do raposo”, “A burra de Manuel do Campo” etc.

A foto superior da Cega é de Bene (Benedicto Conde González, 1895-1987. Vigo). Xornalista e fotógrafo que pateou canta corredoira había coa súa cámara Contax. É unha foto sobre 1955, que saiu publicada en 1960 na “Galicia. Guía espiritual de una tierra” de José María Castroviejo da Editorial Espasa. Bene fora mordomo, taxista, pintor…..colaboraba no “El pueblo gallego” e no “Faro de Vigo”.

Sobre a foto inferior, existe máis controversia, xa que o máis probable é que sexa de Guillermo Peinó, na Romaría de San Alberte, en Parga. Existe outra versión, sobre a foto, que dí que está tomada en Santo André de Teixido, pero non ofrece datos sobre o fotógrafo, nin algunha outra pista fiable.

Creo que Dolores Lage, ‘A cega de Peredo’, ou ‘A cega de Miranda’, é a entrada que máis visitantes me reportou. Un pracer poder comentar e falar dela, e en xeral, da cultura popular do concello.

Aptis, unha forma de certificar o teu inglés

Fai xa uns días que certifiquei o meu inglés. Foi mediante o examen Aptis, do British Council. É algo diferente o típico examen da Escola de Idiomas, EOI, no que so te podes examinar nun determinado nivel. Aquí é diferente, examinaste e en base a nota final sacas un nivel global.

O que se evalúa neste examen Aptis é:

  • Expresión oral, a capacidad de falar e ser comprendido.
  • Expresión escrita, que fai referencia a capacidade de escribir.
  • Comprensión oral, ou escuita activa, que conleva entender o que se está escoitando.
  • Comprensión escrita ó compresión lectora, é decir, a capacidad de ler adecuadamente.
  • Gramática e vocablario

Os resultados obtidos en cada competencia indícanse tamén conforme ao Marco Común Europeo de Referencia para as Lenguas. Recibes puntuacións numéricas (0-50) tanto para 0 apartado de gramática e vocabulario como para cada unha das competencias lingüísticas que realices, as que engadirás o nivel correspondente no Marco Común Europeo (A1 – C) para cada unha destas competencias lingüísticas e unha calificación global de acordo co Marco Común Europeo.

Bueno, despois desta breve introducción vou describir como foi o meu examen no British Council no paseo do General Martinez Campos 31 en Madrid.

Garita seguridade
Garita seguridade

Tras chegar a localización, pasas por a porta da esquerda, e está a garita de seguridade. Suelen estar fora controlando que os accesos. Tras esto, tes que chegar o arco da foto que acompaña a este párrafo e entrar pola porta da dereita.

Esa xa é a zona de espera para o  examen, con dous sofás, e unha pantalla que cho indica, aínda que é difícil de ver tal cousa. Todo esto podes velo a través de google maps, xa que ten acceso a todo o edificio para darte conta de todo.

Tras unha breve espera, e con puntualidade inglesa acércase un rapaz novo, para decirnos que é o encargado de coordinar o examen, explicándo que a primeira proba será o oral, e que subiremos en dous grupos de 9 persoas.

E así foi. Fun o penúltimo do primeiro grupo. Subimos e a primeira probar foi o examen oral.

EXAMEN ORAL:

Aula Examen British Council MadridDunha duracción de 10-12 minutos, a proba faise de forma conxunta en grupos de 9-10 persoas. O primeiro e entregar o teléfono móvil, ao que lle poñen un pegatina cos teus datos. Tras eso, o coordinador séntate no asento previamente asignado, donde existe unha folla cos códigos dos exames aptis e un código persoal para introducir en todas as leccións. É o único que cambia con respecto os examen de exemplo que existen na rede.

Tras iso, comeza o examen onde todo o mundo responde a vez. Ao ter cascos e auriculares fai que non molestes ao do lado.

As preguntas foron do máis disparatado. A primeira describir a estancia, a segunda que levas posto hoxe, e a terceira sobre o teu tempo libre e a familia. Máis ou menos o esperado, pero non deixa de sorprender as dúas primeiras preguntas.

Tras iso, o test continúa, é un pouco estresante xa que non para en ningún momento, e tes que responder sí ou sí. A opción de quedarse calado non é viable. O dito, a continuación describir unha foto, que non recordo exactamente cal era e a comparación entre outras dúas. Neste caso entre un centro comercial e un negocio tradicional, outro clásico desde tipo de examenes. Finalizado esta parte, volvemos a sala de agarda, e subiron os do segundo grupo a facela mesma proba. O móvil en todo momento en posesión do coordinador na aula. Cando rematou o segundo grupo, subimos de novo a aula e incroporámonos con eles. A seguinte proba, a probar de comprensión auditiva.

EXAMEN COMPRESIÓN AUDITIVA:

Este orde está así establecido, e é a partir do seguinte coñecemento donde xa se pode escoller a orde, pero de momento o oral e compresión auditiva están marcados.

A proba de audición é complexa, quizáis a máis complexa. Porque aparecen sons en diversas circusntancias, e a pesar dos auriculares etc, existen ocasións onde non escuitas perfectamente. Ademáis, en diversas preguntas, fálase da respostas con sinónimos, ou se debe dedcir, polo que complica a resolución. Todas as audicións se poden reproducir dúas veces, e xunto co oral, son os únicos puntos onde non se pode retroceder nin revisar as respostas.

Tras esta proba, de uns 30 minutos, o que tardas en reproducir os audios dúas veces, podes elexir a seguinte proba da que queres examinarte. Eu decidinme por escribir.

EXAMEN ESCRITURA:

O examen de escribir é sempre o mesmo, salvando a temática. No meu caso foi sobre un viaxe frustado organizado por un supuesto club ou asociación de viaxes a que estás asociado. Neste caso creo que son 45 minutos, as respostas están limitadas a un número de palabras que se indican e que se cubren perfectamente sen complicacións, tendo as cousas claras. Tamén existe unha parte de cumplimentación en base a combos. Nada fora do planificado e que podes ver nos exemplos, pero o tempo é o xusto e non te debes dormir.

EXAMEN LECTURA:

O que mellor me saíu, e sen embargo o que menos preparei directamente. Confiaba nos textos que xa tiña lidos, e demáis. O certo e que o tema era referente a mascotas, as primeiras mascotas da historia, etc. Ler un texto e titular os distintos parágrafos é a parte principal do examen. Tamén existe a ordenación dunhas frases nun texto. Hay que fixarse ben nos matices, pero resulta divertido, incluso. Neste caso o tempo e algo máis olgado que para outras partes.

GRAMÁTICA E VOCABULARIO:

50 preguntas, en 25 minutos, é abondo. Non da tempo a repasar, polo que se non tes os conceptos claro, moitas delas erraralas. Como por exemplo o uso de told, sayd ou speak, por decir unha. Tamén os modales…

 

PREPARACIÓN

No meu caso foi de 9 días, a todo trapo, vendo vídeos, calquera imaxe en diversos formatos, tanto para practicar a fala, como para escoitar. Toda palabra que non concía remataba no meu diccionario particular que repasaba todos os días.

Para a preparación do oral tirei de este vídeo, donde che dice como comparar e describir imaxes, ademáis de varios exemplos. É un moi Tip para comenzar, e este foi un dos meus primeiros.

O seguinte Tip que fixen, ademáis do de vocabulario, e describir e comparar, foi o de escribir. Como escribir un mail formal, e outro informal. Que se debe usar, etc. Aquí tirei man de diversos recursos que se poden encontrar para sacar o B1 ou PET de Cambrige, para o que existe muitos máis contidos que para o Aptis do British Council.

Por último, fixen un tip de repaso, cos conectores de todo tipo a usar, e donde usalos, así como un repaso os verbos e formas verbales que se deben usar, e como usalas para aplicalas de cara o exame. Sen dúbida moi útiles estes minis repasos. Que por certo, sempre por escrito, e recopilado, para que cada día poidas ver o teu avanza.

Tamén ademáis da auto formación me axudou os exames de proba, tanto os que encontrei pola miña conta, de James Anderson no seguinte Link, http://ibis.atwebpages.com/aptis/, ou en https://www.britishcouncil.es/examenes/aptis/practica donde existe outro exemplo máis, tal e como sería na realidade, de cada unha das aptitudes a evaluar.

Na guía do candidato que existe no british council podes atopar exactamente cada detalle do examen, así como o primeiro exemplo. E enlaces a outros recursos.

Tamén gracias a web amigosingleses.com donde podes aprender un montón de vocabulario, e pequenos trucos, correctas pronunciacións, etc moi útiles. Unha web moi recomendable!! Tamén o son os seus podacast, pero eu neste caso usei os do propio british council, así como para practicar a fala, a aplicación Helopal!

Pensa sempre que existe unha maneira sinxela de rematar todo tipo de exercicios, e que se dudas, ou lle das demasiadas voltas é que non tes o suficiente dominio da materia.

Espero que este exemplo sexa útil a outros candidatos, e se queres que engada algo máis no dubideves en facelo, xa que por exemplo, a USC traballa no seu centro de linguas modernas con este tipo de certificados, e non con cambridge ou outras institucións.

Sorte é a polo teu nivel (skill) en inglés. Non teñas medo, é sinxelo!