Todolos artigos de: Tino

Informático por casualidad, emprendedor por iniciativa. Cofundador de Cafe Dixital (cafedixital.com). Me gusta el deporte y la naturaleza. Escribo por pasión en bloginterference.com, somosbreogan.org, sdcastroverde.com, taller.masoucos.org, cafedixital.com y otros

Recoñecemento

Botalle un olloRecibo emocionado, con felicidade e sobre todo sorprendido este cumprido por parte de Caralladas, o que me nomeu fai uns días  como un dos seus 10 blogs máis recomendados.

Trátase dunha iniciativa que está a circular pola rede, e pola cal os blogs seleccionados deben cumplir dúas normas:

  1. Os elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
  2. Seleccionar e enlazar os blogs que segundo o voso criterio valen a pena.

Blog da querida alexque desde o seu ghalpon nos decubre e fai sentir coa súa sensibilidade a hora de escribir.

Fotos, pensamentos, ideas, contrapuntos… todo a través das imaxes

Un poucquiño de todo como ela titula, un perfecto disfrute de ller un blog.

Tamén recomendar tódolos blog que enlazo… e que seguro vos van facer disfrutar!!

Que somos nós?

É unha cousa tan tonta… , pero a parte de facer rir, é un verdadeiro exercicio de creatividade con poucoss recursos económicos. Pégase o “Yo no soy marinero…” nun anuncio que parece que non ten nin xeito, pero que despois de velo non se da sacado da cabeza…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/3e2FlLxwSFw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Mini punto para o inxenio

Outra vez o inxenio do “Follonero“(Jordi évole) fai que a información dada por algún medio como
“El Mundo” ou “Antena 3” quede en entredito. Desta volta inventouse unha agresión a un membro da $GA€.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/gEbwfVc9cHU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Cobro do canon dixital, Ley Sinde contra a piratería en Internet, peluquerías que deben pagar unha cota por poñer a radio… O tema dos dereitos de autor está de moda…

E no seguinte vídeo,  o “making off”.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eWQF2hZtLOk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Unha historia xa retratada no cine

Aínda que esta historia non foi levada o cine, ven podería ser o guión de Pradolongo, e con protagonismo para un mineral escaso, a Andalucita, en lugar da abundante lousa. Pero non, non é o guión de Pradolongo, esta vez situase nas fragas do Eume, e o final… posiblemente o mismo.

La Sexta Noticias: Mina de Andalucita – 7/04/2010 from Mourelo on Vimeo.

Pradolongo, unha película que retrata os dous mundos o redor dunha canteira, e no que non hai opción a escoller. Moi recomendable se aínda non tivestes ocasión de vela, e aquí o seu vídeo promocional.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ZxmbN9Sc8-0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Pim Pam Toma Lacasitos convertese en todo un clásico

Programas como o de callejeros de Cuatro sempre nos da unhos tratamientos de shock” para que sepamos onde está o suelo. Un rutinario control de alcoholemia, que nesta nova entrega mostranos a todo un poeta. Aquí o seu poema,  “¡Pim Pam Toma Lacasitos! (Versión Remix) ¡Viva España, viva el Rey, viva el orden y la LEY! ¡Pim Pam Toma Lacasitos!”, pero mellor velo vídeo para botar unhas risas.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/j47V3Y2V-G4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Derrumbes Trascastro SL

Para calquera tipo de derrumbes, non o dudes, bota un berro e estes dous fenómenos presentaranse o momento. A pesar de que casi se comen a parede, ou de que “cae coma a merda“, ou case tropezan, non hai duda de que son profesionales desto.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/sxzbqANRQOs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

P.D. So falta que entre david para que conte cando se meteu dentro coa BCS...

Contos de Polavila

Este é un fragmento do documental “Contos de Polavila”, que forma parte da serie “A palabra no tempo”, producida por Nemedón S. L. O documental foi gravado no ano 2001 nos concellos da Pontenova e Riotorto.

Os concellos da Pontenova e de Riotorto posúen un importante patrimonio histórico e artístico, que coma noutros lugares corre o risco de desaparecer. O despoboamento das súas vilas e o dos seu lugares fai que se perdan tamén os contos. As cousas, as mentalidades… todo foi cambiando co paso do tempo. Como di o propio documental , “Se a aldea morre, morren os seus contos. E tamén ó reves. A vida non volverá ser como foi nestes lugares”.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_Saf6zd-gMc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]


Temible confusión

Increible o sucedido en Vigo… a contar:

Un home foi alcanzado por un coche e un segundo vehículo pasoulle por riba. Neste segundo vehículo viaxaba unha muller que creeu que era o seu fillo. Levaba a misma cazadora, un teléfono móvil similar, que apareceu no lugar do atropello e incluso un piercing tamén no mesmo lugar. Estas coincidencias unidas ao gran nerviosismo e tensión do momento fixeron que a familia acudise ao Hospital de vigo para acompañar ao atropellado.

Durante as horas de espera no hospital surxiron dudas sobre se realmente era o seu fillo ou non. Unhas horas máis tarde despois do nerviosismo, unha chamada o móvil confirma que, en realidade, o presunto ferido estaba durmindo e a persoa que estaba hospitalizada, e que finalmente acabou morrendo na UCI, era outro.

Unha vez máis a realidade supera a ficción.