Archive for the ‘Concello de Castroverde’ Category

Actividades de verán concello de Castroverde


2009
06.18

Actividades verán concello

Gracias a Piladooo, que me pasou a foto das actividades de verán do concello para os máis novos(entre 3 e 14 anos). Será no ‘Pavillón a Ferreiría’  entre os meses de Xullo e Agosto deste 2009. O precio da actividade será de 15€/mes (30€ en total) por actividades como Baloncesto, Atletismo, xogos populares, festas, e muito máis.

Río chamoso e rego da feira


2009
06.11

Onte confirmaronse os investimentos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no noso concello. Serán unhos 180.000 € en obras en Castroverde con cargo ao Plan E. Así o confirmou o presidente da confederación, Francisco Un regato calqueraFernández Liñares, co alcalde, Xosé María Arias Fernández.

Serán actuacións no río Chamoso, tamén coñecido como Recesende, e outra no Rego da Feira. Segundo aclara o progreso e a voz de Galicia, a Confederación procederá á recuperación e acondicionamento deste caudal situado nas inmediacións do campo da festa(aínda que xa non se celebra alí) e das piscinas municipais(aínda sin terminar). As obras consistirán no acondicionamento das marxes e na suxeción da ribeira con mantas de coco (mantas de fibra de coco para envolvelo solo contra a erosión do chan). Esta actuación suporá un investimento que pode variar entre os 60.000 e 80.000 €.

Nas inmediacións do Camiño Primitivo de Santiago, o obxectivo e a creaciçon dunha área de descanso, a beira do río Chamoso. Será un investimento de arredor dos 100.000 €.

Toca máis deporte


2009
06.04

Segundo publica a Voz de Galicia, o portavoz do BNG de Castroverde, Paulo Ferreiro, ven de presentar unha proposta para que o polideportivo municipal permanezca aberto durante máis tempo. Sigue a voz, Ferreiro pretende que as instalacións estean abertas ás horas nas que os mozos aproveitan para facer deporte, sobre todo agora que se aproximan as vacacións.

E tamén se podería ampliar as instalacion do campo de fútbol, a organización de máis eventos deportivos… hai moito por facer.  Aproveitar este texto para convocar a todos os rapaces en idade xuvenil que visiten este link.

Outra volta máis polas piscinas


2009
06.03

Parece que as piscinas por fin chegan o último capítulo,  aínda que mellor non nombrar a palabra último nin final, nun tema coma este.

As boas novas son que xa está publicado no BOP(Boletín Oficial da Provincia) o anuncio de licitación da obra. É decir, que aínda se estás a tempo(quedan 13 días naturais) de presentar a túa oferta, pola nada despreciable cifra de 711.279,53€.

Eso inclúe segundo o anucio de licitación en “Construcción de piscinas públicas descubertas con vestiarios e  servizos na área recreativa de “Veiga do Olmo”” .

Extraendo este anuncio podese dividir en tres partes fundamentais:

– Construcción de Piscinas Descubertas: Nada de reformas, serán completamente novas. Normal cando levan tanto tempo abandonadas.

– Vestiarios: Segundo parece tamén se construirán novos, non reformando tampouco os anteriores. Creo que é boa medida facer algo máis acorde o entorno e non un pegote como o actual.

– Servizos: Esto é o máis desconcertante. Que tipo de servizos?  Alcantarillado? Bancos? Herba?

Seguiremos atentos, sen duda!

Variantes de Baleira e Castroverde


2009
03.12

Na edición dixital do diario la voz de asturais do pasado día tres de marzo, pódese ler que Feijóo “defende a mellora da conexión de Lugo coa Fonsagrada e Asturias, a través da construcción das variantes de Castroverde e Baleira, ademais das autovías de alta capacidade que conectan Galicia con outros territorio”.

• Agora a pregunta é… será esta “promesa” certa? Que hai da construcción das variantes?

• Necesitan Castroverde e Baleira esta variante?

E o pleno falou


2009
01.20

PiscinasAprobouse definitivamente o plan parcial, o denominado Sur D-3. O plan permitirá ampliar a superficie prevista (60.000 m. cadrados) para o polígono industrial dun total de 120.000. A fase inicial abarcará uns 80.000 metros e estará financiada pola Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa). Segundo se prevé, a mediados de ano poderán comezar as obras de urbanización.

PiscinasTamén no pleno extraordinario, se aprobou unha ampliación do proxecto para as piscinas municipais. Cun orzamento inicial de 542.00€, ampliase por problemas na cimentación, e que se vai a mellorar. Así o convenio coa Deputación chega o importe de 711.000€ , e outros 60.000€ que aporta o concello. Serán en total, oitocentos mil euros, para rematar, por fin, con anos de retraso as piscinas(1995).

PiscinasTamén se ratificaron as obras que se presentarán ao Fondo Local. Dous dos proxectos xa aprobados, son a renovación e abastecemento de auga a Castroverde, e a mellora no alumbrado na Rúa da Feira, O campo de fútbol e o Camiños primitivo, cun total de 112033€. O importe das axudas restantes, 445126€ serán para a renovación de accesos a varias parroquias do concello(asfaltar).

Pleno extraordinario


2009
01.16

plan parcialA corporación municipal de Castroverde pronunciarase mañá (hoxe día 16) sobre a aprobación definitiva do plan parcial identificado como Sur D-3, a desenvolver na localidade. Na sesión extraordinaria, fixada para a unha da tarde, tamén figura a proposta de aprobación do proxecto e delegación de competencias para a tramitación do Fondo Estatal de Investimento Local.

O último punto estará dedicado ás obras nas piscinas descubertas de Veiga del Olmo.

Mañá a unha do mediodía levarase a cabo o pleno onde se aprobará o plan parcial, SurD3. Concretamente non sabemos mui de que se trata, a única referencia, non sei se moi fiable, é a da aprobación do PXOM, onde se decía que “o sector SUR ND-3 tiñan as mesmas condicións que o solo rústico de protección forestal lindeiro con el. Ademais, o SUR.ND.3 encóntrase en terreos de fortes pendentes (comorecoñece a memoria (páx. 26), por tanto con unha topografía desfavorable para ao desenvolvemento urbanístico.”

Quizais Millán, nos poida mañá indicar moito mellor en que consiste o plan parcial, e qué foi que se aprobou no pleno.

plan parcialCon respecto ao fondo estatal de Investimento Local, xa ten aprobados os seus primeiro proxectos, e así, ten na provincia de Lugo, polo momento, proxectos aprobados nos concellos de Ribeira de Piquín, Ribadeo, Palas de Rei, Outeiro de Rei, Mondoñedo, Láncara e Becerreá.

O concello de Castroverde, no que segundo o padrón somos 3.148 habitantes, corresponden 557.159 € (Financiación máxima, con IVA) para xestionar, a través do Fondo Estatal de Investimento Local, e que aínda está sen aprobar. Poderanse presentar proxectos, vía telemática, ata o próximo día 24 de Xaneiro, para calquera concello que o queira solicitar. Seguiremos de cerca, para comentar e debatir, cales son os proxectos realizados.

P.D. Cal é a razón pola que non aparecen este tipo de avisos na páxina web do concello?

E por fin chegou o día…


2008
12.27

Gracias desta volta a Manu, por enviarme a foto da camiseta da festa da xuventude, e o tamén o regalo extra, o primeiro capítulo desta historia que andamos a argallar…

Hai vai a camiseta!!

BOA FESTA!!!!

CartelFestaXuventude2008

Vídeo montaxe da torre de Castroverde


2008
12.17

O outro día falábamos da torre de Castroverde. Hoxe por casualidade atopei este interesante vídeo con moitas fotos feitas nas proximidades, feito por XOANARCODAVELLA.

Disfrutadeo!

[gv data=”ywsmU2mJgIc” width=”425″ height=”350″][/gv]

Os coletazos da neve


2008
12.16

Un dos muitos vídeos que grabou a televisión de galicia en castroverde. Este especialmente recomendable… hai o deixo. Hai recoñecer a unha das comentaristas da fiestra… ou que ela se de por aludida…