Archive for the ‘O Muiñeiro’ Category

Venezuela – Rusia, e non é un partido de fútbol…


2007
12.04

[lang_gl]Vladimir Chavez e Hugo Putin, sí, podería intercambiar os seus nomes e naide se daría de conta, todo seguiría igual.

E digo esto porque Vladimir Putin gañou con maioria suficiente en Rusia e Hugo Chávez perdeu, e como dixo él sobre os opositores, que conseguiran ‘unha victoria pírrica’. Non se debería simplificar e concluir que Putin fixo trampa e Chávez aceptou o resultado, ‘polo momento’. Nos dous casos, a liberdade de rusos e venezolanos para elexir foi máis ben escasa.

O caso ruso é complicado. Kasparov, lider do partido opositor ‘Outra Rusia’ denunciou que as eleccios de onte foron ‘as maís sucias’ na historia do país. O ex campeón mundial de xadrez dixo que ‘somos plenamente conscientes de que é inútil buscala verdade nos tribunais rusos’.

Estes dous paises tamén teñen cousas en común, como que dispoñen de grandes recursos enerxéticos que son imprescindibles para a marcha das economías do mundo industrializado, pero cara onde camiñan estes dous países?
A forza dos petrodólares fainos invulnerables. Unha verdadeira pena. [/lang_gl]

[lang_es]Vladimir Chavez y Hugo Putin, sí, podría intercambiar sus nombres y nadie se daría cuenta, todo seguiría igual.

Y digo esto porque Vladimir Putin ganó con mayoria suficiente en Rusia y Hugo Chávez perdió, y como dijo él sobre los opositores, que habían conseguido ‘una victoria pírrica’. No se debería simplificar y concluir que Putin hizo trampa y Chávez aceptó el resultado, ‘por el momento’. En los dos casos, la libertad de rusos y venezolanos para elegir fue más bien escasa.

El caso ruso es complicado. Kasparov, lider del partido opositor ‘Otra Rusia’ denunció que las elecciones de ayer fueron ‘las más sucias’ en la historia del país. El ex campeón mundial de ajedrez dijo que ‘somos plenamente conscientes de que es inútil buscar la verdad en los tribunales rusos’.

Estos dos paises también tienen cosas en común, como que disponen de grandes recursos energéticos que son imprescindibles para la marcha de las economías del mundo industrializado, pero hacia donde caminan estos dos países?
La fuerza de los petrodólares los hace invulnerables. Una verdadera pena. [/lang_es]

[lang_en] Non dispoñible en inglés, se che apetece traducila, contacta co autor¡ [/lang_en]

Ano e medio


2007
11.22

 ¿ANO e MEDIO de carcere por roubar un simple arado tasado en mil €? No é broma: é a pena que se pide para un veciño de Castroverde. É mellor matar a dúas persoas, que roubar un arado. Non salgo do asombro. Polo menos imaxino que será un arado ‘dos novos’…

 (‘Dos Novos’)   (‘Dos de Antes’)

Edito: Tamén roubou un can, e danou unha ordeñadora. Agora xa é máis normal(retranca)¡ Ainda así sigue sendo máis barato matar.

Por matar a dúas personas 300€, pero que barato¡¡¡


2007
11.21

Estou incrédulo, acabo de ver en certo telexornal nacional a multa imposta, de 300€, a un home por atropelar a dúas persoas en Lugo. E tamén acabo de buscar en google a noticia, e so atopei esta no Correo Gallego. Són so eu o que pensa que é moi inxusto? Por favor que alguén me diga que non¡ Que pasa neste país?

Algunhas das frases da resolución do xuicio foron tales coma éstas: O conductor “non adoptou ás medidas de atención e precaución necesarias, xa que non mantivo a atención a conducción de maneira que poidera observala presenza de vehículos inmediatos o lugar dos feitos”, “coas luces de emerxencia en funcionamento”; nin tampouco “o dispositivo de presenalización de perigo (triángulos) situados con anterioridade ás persoas que finalmente resultaron atropeladas”. Ademais, suliña que “o feito de que o accidente fóra nunha recta de boa visibilidade é suficiente para que puidese observar cunha antelación de polo menos 200 metros a presenza de persoas na calzada”.

O xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo condeou, con sentenza firme, o pagamento de unha multa de 300 € ao conductor que atropelou o 21 de novembro do ano pasado a un menor e a muller que o auxiliaba, despois de que éste sufrise un accidente, como autor de unha falta de imprudencia. A causa do sinistro, ambas vítimas perderon a vida, informa AGN.

Un post pola revolución pacífica en Birmania.


2007
10.04

Uníndonos a “Saffron Revolution”, ou “burma libre”, ou tamén “Birmania Libre”.  Unha pequena parada nun mundo onde dentro de dóus días xa non se falará delo. É importante que se fale hoxe. Desde aquí unha pequena achega.

Éste é o wiki onde están a canalizalos distintos esforzos de todo o mundo.

  

Se queres colaborar poñendo unha das moitas fotos que hai, podes velas neste outro link.

Por birmania…, maña escribe pola liberdade.


2007
10.03

Os blogueiros de todo o mundo, terán maña unha dura labor: chegar onde a prensa non o pode facer e que o resto do mundo non esqueza o que pasa en Birmania.

Todo o mundo está a facelo posible para que os bloggers de Birmania rompan a fronteira da censura. Para apoiar esta causa dende Free Burma escolleuse o próximo día 4.

Free-Burma.org anunciou que este día mostrarase o apoio os monxes. Os bloggers que queiran expresar a súa solidaridade coa protesta pacífica temos que poñer un post que poña: “Free Burma!” ou “Birmania libre!”.

Podes ver todolos banner na seguinte dirección, e escollelo teu: http://www.flickr.com/groups/479791@N25/pool/

Tamen podes informarte no wiki que crearon uns estudiantes alemans: wiki que explica a campaña en varios idiomas e propón o uso dunha das seguintes etiquetas: “Unha anotación para Burma”, ou “free burma”
Queda nas túas mans!!

Certificado de Lingua Galega (celga)


2007
10.03

 
Que é o CELGA?
O CELGA é o Certificado en Lingua Galega que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3, CELGA 4 e CELGA 5. Trátase dun novo modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega que se adapta ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa e no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.Como obteño o CELGA?
Para obter o certificado dun nivel calquera débese superar unha proba oficial emitida pola Xunta de Galicia. Para ter dereito á proba débese formalizar unha matrícula previa e pagar unha cantidade fixada pola Xunta de Galicia. As probas son corrixidas por persoal autorizado para tales efectos da Xunta de Galicia.

Onde e cando se fai o exame do CELGA?
O exame do CELGA convocarase ao menos unha vez ao ano pola Xunta e farase en centros avaliadores oficiais. A Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona é un centro avaliador. Recorda que a elaboración do modelo de exame, a súa corrección e a expedición do certificado é competencia da Xunta de Galicia, non do centro avaliador.

Onde se fan Cursos Oficiais CELGA?
Estes cursos poden realizarse tanto dentro coma fóra do territorio autonómico. Pódeste preparar na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona nos cursos CELGA a partir de xaneiro do 2008.

Por que son útiles os Cursos Oficiais CELGA da UB?
Os cursos CELGA son útiles por tres razóns:
– Porque adquirirías novo coñecemento sobre a lingua e cultura de Galicia.
– Porque, se es estudante da Universitat de Barcelona (excepto se es estudante de Filoloxía), poderías pedir a validación das 75 horas do curso por 7.5 créditos de libre elección.
– Porque poderías prepararte de xeito guiado para a presentación do exame do CELGA 1 e 4 que son os niveis esixidos ao funcionariado en Galicia.
É importante que teñas en conta que os cursos CELGA e o exame para a obtención do CELGA non van ligados salvo en que os primeiros axudan a preparar a materia do exame. As matrículas dos cursos e do exame realízanse por separado de xeito que podes asistir aos cursos sen matricularte no exame (co que obterías un certificado de asistencia) ou presentarte ao exame do nivel que desexes sen asistir aos cursos.

Que pasa cos cursos/diplomas de Galego Oral, Iniciación e/ou Perfeccionamento?
A partir da entrada en vigor dos CELGAs desaparecen os cursos/diplomas de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento.

De que me valen os meus diplomas de Iniciación e/ou Perfeccionamento?
Todos os diplomas obtidos ata a entrada en vigor do novo sistema (1 de setembro de 2007) seguirán tendo nun futuro a mesma validez que tiñan a efectos oficiais: Iniciación para os grupos de funcionariado D e E e Perfeccionamento para A, B e C.
Os novos niveis esixidos son CELGA 1 para os grupos D e E e CELGA 4 para os grupos A, B e C.
Con todo, Iniciación non é equivalente a CELGA 1 nin Perfeccionamento a CELGA 4. Elevouse o nivel de coñecemento esixido ao funcionariado.

Que diferenzas entre os CELGA e os tres niveis de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento?
Son moitas as diferenzas, pero as máis salientables son:
1. Antes había só tres niveis e os CELGA contemplan ata cinco niveis.
2. O modelo anterior tiña validez oficial só dentro do territorio galego e o novo modelo ten un recoñecemento europeo tanto nas horas impartidas coma no nivel comunicativo adquirido.
3. O novo modelo céntrase nas catro destrezas comunicativas (escoitar, falar, ler e escribir) de xeito que agora os coñecementos do código lingüístico (gramática, fonética e léxico) son un apoio para a comunicación.

Teño o nivel de Galego Oral, Iniciación e/ou Perfeccionamento, en que nivel de CELGA teño que matricularme agora?
No novo modelo non se esixe ningún nivel previo para pasar ao seguinte. Con todo, débese ter en conta que para o ano 2007 só entran en funcionamento os exames e cursos dos niveis CELGA 1 e CELGA 4. Destes poderíase facer a seguinte equivalencia de niveis en canto a coñementos:

Antes

Agora

Galego oral  
Iniciación CELGA 1
Perfeccionamento CELGA 2
  CELGA 3
  CELGA 4
  CELGA 5

Como podes ver non hai unha correspondencia exacta. Poderíase recomendar:
a. Se tes Galego Oral comezar con CELGA 1
b. Se tes Iniciación de momento a única opción é matricularte en CELGA 4 sabendo que é máis difícil que o anterior Perfeccionamento.
c. Se tes Perfeccionamento pódeste matricular en CELGA 4 dado que o nivel de coñecementos é inmediatamente superior ao teu.

Non teño ningún coñecemento previo de galego, en que nivel de CELGA me teño que matricular?
É recomendable que comeces polo CELGA 1.

Onde podo ter máis información actualizada?
Na web da UB: http://www.ub.edu/filgalport

Tamén podes ver a descrición das habilidades e de contidos adaptados ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Celga 1, 2, 3, 4 e 5. Marco europeo común de referencia para as linguas, en : http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/NIVEIS%20DE%20COMPETENCIA.pdf

O poder da concentración.


2007
10.02

Exercicio de exemplo: Nun lugar apropiado, onde ninguén o moleste, tome un reloxo(ou calquera outro obxecto).
Peche os ollos e concéntrese nese obxecto todo o tempo que poida, pero so teño eso na mente, 50 segundos, 1 minuto, 2 minutos, talvez non lle sexa posible ao principio pero gradualmente irá aumentando o seu poder de concentración. Pense no obxecto e non o aparte un instante da súa mente, pense na súa configuración exterior, vaia logo á constitución interior, vexa as pezas moverse, se as ten, sen perdelo un momento. Practique polo menos unha vez ao día este exercicio, e verá como nunhos días o progreso e evidente.
O poder da mente, significa enfocar a mente nunha soa cousa (obxecto, pensamento, etc). Advirte que os pensamentos trátanse como “cousas”, porque é o que son. Xa se darás conta.Elixe un sitio tranquilo e silencioso, e sentate nunha posicion comoda. Isto será válido para calquera exercicio que teña relacion coa mente.

Limítate a contar cada vez que inspiras, ao realizar unha respiración. “Inspirar 1″, Inspirar 2” …. etc. Será normal que outros pensamentos se presénten. Non loites contra eles, faranse mais fortes. Deixa que se esgoten eles por si mesmos.

Cada vez que perdas a conta, limítate a empezar. Non te xulgues, non evalúes: non compitas con ninguén, nin tampouco ese é o fin. Verás que non é nada fácil, pero que te sentes mellor e que as tuas pulsacions baixaron e respiras mais pausado. Iso é un beneficio engadido.

Hai moitos máis métodos, pero a ti correspóndeche investigar.

Tamén notarás que os pensamentos teñen vida propia, aparecen, molestan e en xeral, vanse. Pensa que os pensamentos son teus, pero ti es mais que os teus pensamentos.

Hai outros moitos pasos, esto é un breve resumo. Ademais notarías que todo isto é fácil de entender, aínda que practicalo é outra historia. Repítoche, todo isto é só unha introdución, aínda que vale para toda a vida.Agora correspóndeche a ti investigar. Un consello: non fagas caso de xente, a ti tócache aprender. Pensa por ti mesmo.

Se queres saber máis podes ver: ‘La Batalla por su mente’  Cómo nos persuaden, entendelo control mental, publicidade subliminal, sectas,… ¿de verdade cres que ás ideas que vostede considera suas, o son realmente? Pode descargar unhas páxinas de aquí

Fonte orixe: http://www.personal.able.es/cm.perez/ e tamen http://www.monografias.com/.