Archive for the ‘Outros sitios dentro do concello’ Category

A Cega de Miranda/Peredo


2017
12.26

Esta semana recibín un correo electrónico, preguntando de novo pola ‘Cega de Miranda’. Todo a raíz desta imaxe, que subín polo 2009, neste artigo e neste outro.Tamén publiquei este outro triste poema.

Dolores Gómez Lage, “A Cega de Miranda “, tamén coñecida como “A Cega de Peredo ” ou tamén “A Pereda“, nacida no lugar de Peredo, Castroverde (Lugo), en 1.874, foi moi célebre en boa parte da provincia de Lugo.

Era natural de Peredo de Castroverde, aínda que coñecida pola ‘Cega de Miranda’ ao casar alí, nun dos seus tres matrimonios. Algún dos seus cantares e romances son: “Na vila de Castroverde”, “A rapaza vai no rio”, “O rabo do raposo”, “A burra de Manuel do Campo” etc.

A foto superior da Cega é de Bene (Benedicto Conde González, 1895-1987. Vigo). Xornalista e fotógrafo que pateou canta corredoira había coa súa cámara Contax. É unha foto sobre 1955, que saiu publicada en 1960 na “Galicia. Guía espiritual de una tierra” de José María Castroviejo da Editorial Espasa. Bene fora mordomo, taxista, pintor…..colaboraba no “El pueblo gallego” e no “Faro de Vigo”.

Sobre a foto inferior, existe máis controversia, xa que o máis probable é que sexa de Guillermo Peinó, na Romaría de San Alberte, en Parga. Existe outra versión, sobre a foto, que dí que está tomada en Santo André de Teixido, pero non ofrece datos sobre o fotógrafo, nin algunha outra pista fiable.

Creo que Dolores Lage, ‘A cega de Peredo’, ou ‘A cega de Miranda’, é a entrada que máis visitantes me reportou. Un pracer poder comentar e falar dela, e en xeral, da cultura popular do concello.

Triste Poema


2014
06.24
Seguindo a pista da ‘Cega de Perdo’, a ‘Pereda’ ou a ‘Cega de Miranda’, hoxe atopei Aquí esta información sobreo “Os cegos cantores” e vía Facebook cheguei a este triste poema da cega-anos 50, Castroverde, Lugo-
Perdín a vista querida,
apagouse a miña vela;
para min sempre é de noite
¡Vaiame a Madalena!

Perdín a vista querida,
a prenda que mais valía;
non me queda que perder
astra que perda a vida.

Vou ganando o meu panciño
facendo mofa de min;
as miñas bágoas por viño
miña dor por violín.

Veñan señores e escoiten
farei que esquezas as bágoas
que eu sei os cantos mellores
e as historias mais estranas.

Como sin saber qué como
e astra non son reparado
que a miña fame non compre
distingui-lo bon do malo.

Morrerei calquera noite
cá miña noite mais crara;
cecais no cumio dun monte
os corvos faranme a cama.

[Audio – Vídeo] – A Cega de Miranda


2014
06.23

Hoxe recibín unha consulta de Toño sobre a Cega de Miranda (cega de peredo), da que falei alá polo 2009.

Buscando de novo información sobre ela atopei este interesante vídeo que hoxe comparto.

Feliz Ano Novo Masouquino


2013
12.31

Castiñeiros BarrialOs amigos do patrimonio de Castroverde veñen de felicitar as festas con esta imaxe, sacada no Souto do Barrial, na Parroquia de Masoucos.

Unha gran iniciativa, a de dar a coñecer lugar singulares a través de foto e felicitacións coma esta.

O curioso desta instantánea é que non se transmite a través dela e que os tres castiñeiros en primeiro plano son de tres propietarios distintos, Anxel, Varela e Laxego.

Quizáis por unha vez, o atraso secular, foi un salvavidas para estes árboles senlleiros, que representan unha forma de vida, cada día máis alexada da sociedade e de nós mesmos.

Boas Festas!

Castiñeiros Barrial

Veo, veo, ¿Qué ves?


2013
04.23

Vicente Rocamora visitou Uriz, Castroverde, xa fai dous anos. Fai tempo que tiña ganas de publicar este par de vídeos, polo extraño do contido.

Alí, na capela, captou unha extraña imaxen e unha parafonía, todo, según as súas palabras.

Máis ben parece unha invención que unha realidade, pero, ¿que opinades?

50 aniversario do descubrimento da cova da valiña


2012
01.25

cova da valiñaFai 50 anos, é de forma accidental, descubriuse en Bolaño o primeiro xacemento paleolíco de galicia, a cova da valiña. Aínda que non foi explorada ata máis tarde, hoxe en día e descoñecida pola gran maioría. Este descubrimento supuxo un impulso para os estudos paleontolóxicos e arqueolóxicos doutras covas lucenses.

A pesar diso, 50 anos despois todo o concello lle sigue dando a espalda a un dos seus monumentos máis importantes. 

Hai cincuenta anos, en 1962, unha voadura con dinamita nunha canteira de pedra calcaria do municipio de Castroverde puxo ao descuberto o primeiro xacemento paleolítico galego situado nunha cova que foi obxecto dunha investigación sistemática. O achado, xa que logo, é o precedente máis destacado das escavacións que se realizan actualmente en diversas cavidades das serras orientais lucenses, que supuxeron un avance importante no coñecemento da prehistoria remota do noroeste.

As escavacións neste xacemento non levarían a cabo ata moito máis tarde, na segunda metade dos anos oitenta. Pero os primeiros materiais arqueolóxicos que proporcionou foron recollidos pouco despois do descubrimento da cova polo entón director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, quen foi avisado polos propietarios da canteira, que era explotada con procedementos case artesanais. As pezas consistían en varias azagayas talladas en hastas de cérvidos e un bo número de fragmentos de fósiles de diversas especies animais: oso das cavernas, oso pardo, hiena, reno, raposo, cervo, corzo, xabaril, cabalo… Estes materiais foron depositados no museo lucense e os máis importantes de entre eles están expostos ao público desde hai bastantes anos.

Estudo interdisciplinar

A partir de 1987 levaron a cabo tres campañas de escavación que supuxeron o primeiro estudo interdisciplinar realizado en Galicia dun xacemento prehistórico situado nunha cova. Nestas intervencións utilizáronse á vez métodos de investigación arqueolóxica, paleontológica e edafológica.

Aínda que o xacemento quedara moi danado pola propia explosión que o puxo ao descuberto, os traballos deron como resultado a recuperación de preto dun centenar de artefactos líticos -depositados e expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba- e de numerosos fósiles animais. Os datos obtidos nestas investigacións foron difundidos en publicacións científicas e axudaron en gran medida a incrementar o interese polo potencial arqueolóxico e paleontológico das covas lucenses, cuxa exploración se intensificou nas dúas seguintes décadas.

 

Camiñando cara castroverde


2011
09.20

“Camiñando con Xoán” é unha colección de cortes tomados en distintos lugares da provincia de Lugo, pola fundación TIC.

O pasado día 16, Xoan visitou o Concello de Castroverde. Concretamente Bolaño, Castroverde e Montecubeiro, dos que como non, deixou boas palabras, é un dato practicamente descoñecido. “Montecubeiro é a parroquia máis grande de Galicia”

Aquí o corte:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TEUM98u3mmI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Camiño Primitivo, olvidado as portas do novo Xacobeo


2009
12.29

Camiño primitivoO listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble. Así o denuncia o colectivo ecoloxista Adega, quen fala de “ausencia de sensibilidade cultural por parte da Administración” cara a esta histórica ruta. Falta de sinalización, descontrol das actividades económicas situadas ao longo do camiño ou falta de conservación son algunhas destas eivas, achacábeis aos poderes tanto autonómico como locais.

Da conservación á desvalorización
Dende Castroverde até Lugo, o camiño ofrece un amplo abano de vestixios históricos e de elementos paisaxísticos e culturais de elevado interese de conservación. Porén, Adega denuncia que non estar a ser atendidos. Así enumera entre os monumentos descoidados: a fortaleza de Soutomerille, CastroverdeCastroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.

No apartado do entorno ambiental, falan do impacto que sobre a paisaxe teñen as canteiras e areeiras que están en funcionamento na zona, como a de San Paio, A Pallota e Bascuas. A asociación ecoloxista pide ás autoridades competentes que “se rexenere e se corrixa o impacto desta industria e que se exixa ao sector o cumprimento estrito das leis para evitar a usurpación descontrolada e irregular do terreo”.

Cabalos sorprendidos


2009
12.15

Excelente foto a tomada por Guillermo Pazos nas próximidades de Castroverde.

A niebla que acompaña dalle ese toque especial aos cabalos e a paisaxe.

O dueño pode reclamar dereitos de imaxe que creo que lee o blog.

E o hervei non chegou en hora


2009
10.21

Foron moitas as noticias, algunhas moi alarmantes pero finalmente todo quedou nun susto. Finalmente non foron tres os feridos, senón catro dos 14 (Pombo, Desi, Guti  e Michy) todos de Castroverde. O bus no que viaxaban da empresa Hervei caeu riba dos arboles nun pequeno desnivel en Romeán. Foi na antigua Lu – 630 na parroquia de Romeán, en sentido Lugo, sobre as 08:00.

Foron eles mesmos quen avisaron ao 112. Foi un de masoucos, o Rufo (o de baixo) o que pudio romper un dos cristales da minibus para sair todos polo seu propio pe. O lugar do accidente acudiron desde a Gardia Civil, ambulancias…

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Xa están todos máis que recuperados aínda que o susto seguro que lles dura: «Pasamos moito medo porque víamos vir a morte enriba de nós. Non sabiamos se ou autobús ía seguir dando voltas polo barranco. Grazas a Deus estamos todos vivos»