Archive for the ‘Outros sitios dentro do concello’ Category

O tiro o plato, saiu pola culata


2008
05.29

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]

perdizperdiztiroSan xoán de Barredo, máis coñecido coma Francelos, ven de acadar a fama, aínda que mellor dito, o seu Club de Caza, supoñemos que efímera, por este cartaz, onde se pode ver a un home apuntando coa súa escopeta a unha muller en roupa interior.

Decidiron así promocionar o seu xa habitual e tradicional concurso de tiro ao prato. Unha decisión que a todas luces se ve como desafortunada. Así a Secretaría Xeral de Igualdade obrígoulle ao colectivo de cazadores de Castroverde(organizador da proba) a retirar o cartel.

En todo momento os representantes do club de cazadores colaboraron e tamén “admitiron o seu erro”, segundo perdiz Branca Rodríguez Pazos, delegada lucense de Vicepresidencia, en declaracions a El Progreso. Así o asunto non pasará a maiores, xa que o habitual sería “unha denuncia no xulgado”, sinalou a delegada de Vicepresidencia.

Para este mes de xuño, o deseño xa cambia ben, e se fixo un cartel onde se amosa unha perdiz; pero o dano xa está feito, e as críticas non han parar de chegar, sobre todo para atacar ao colectivo dos cazadores, e a estes en particular.

E a ti, que che parece?

[/lang_gl]

Castroverde, capital do duatlon cros.


2008
05.02

Duatlon 2007 Vilabade

Este próximo domingo, día 4 de maio, Castroverde acolle a quinta e última proba do campeonato de España Duatlón Cros.

Esta carreira está organizada pola FETRI (Federación Española de Triatlón) , http://www.triatlon.org/, e FEFEME Triatlon Miño.
A proba constará de 6 km de carreira a pe ao redor da Ermida do Carme, 20 km de bicicleta e para finalizar, de novo 3 km máis a pe.

A saída será para as 10.45, a categoría femenina, e para as 11.30 a masculina. Os favoritos en cada unha das categorías son: a boliviana Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial) e a aragonesa Yolanda Magallón (C.P. Mayencos); o barcelonés Victor Manuel del Corral (Inverse Ditec T. Vilanova), actual campeón de España, e o manchego Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta).

A Copa de España Sport Life de Duatlón Cros 2008 é unha competición por puntos, na que o Campeonato de España puntúa máis co resto de probas. Farase unha clasificaión individual en cada unha das categorías, e outra por clubes.
Coma sempre as revistas Sport Life, Runner’s World e Bike estarán no evento para levar unha cobertura especial da proba. Ademáis publicarei en directo os tres primeiros clasificados de cada unha das categoría neste mismo blog. E para a semana que ven, tamén estarán dispoñibles as fotos do evento.

Tordea, paso da vía romana


2008
04.22

via romana tordea[lang_gl]O pasado sábado 19 de abril permitiu coñecer in situ o primeiro treito da vía XIX do itinerario de Antonino que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), e discurrían por Lucus Augusti (Lugo). A andaina pola Vía Romana XIX, como remate aos tres anos de intensos traballos realizados no marco do proxecto europeo Vías Atlánticas, comezaba na praza de Armanyá, onde está o miliario de Lvcvs Avgvsti, e rematou no lugar de Tórdea, no Concello de Castroverde. Esta ruta serviu de inauguración do itinerario cultural, tralo seu acondicionamento e sinalización.

Con esta andaina ponse punto e final a un ambicioso proxecto europeo Interreg III no que participaron o Concello de Lugo, as Deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, o CSIC, a Universidade de Santiago e os Concellos portugueses de Braga, Vilaverde, Ponte de Lima, Paredes de Coura e Valença do Miño.

Dita andaina foi organizada polo Concello de Lugo e o INLUDES -dependente da Deputación-, e da que aínda falta a publicación de 2.000 exemplares en galego e castelán dunha Guía do Itinerario Cultural da VIA ROMANA XIX (esta vía atravesaba os actuais concellos do Corgo, Baralla, Castroverde, Becerreá e Cervantes).

Esta guía, que verá a luz en poucas semanas, centrarase no treito oriental da provincia dehttp://www.flickr.com/photos/masoucos/2432895379/ Lugo, en concreto entre a cidade de Lugo e o Alto do Comeal, na Serra dos Ancares, xusto no límite coa provincia de León.

A Cidade de Lugo xoga un papel moi destacado no proxecto Vías Atlánticas xa que polo seu territorio discorren arredor de 40 quilómetros destas vías romanas e a cidade foi a capital da Gallaecia romana septentrional que hoxe conta co legado máis importante daquela época: a muralla romana Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000.

Hai aproximadamente dous mil anos, no noroeste de Hispania, o emperador Octavio Augusto iniciaba a construción da rede viaria. Todos os estudos demostran que así tiñan controlada politica e administrativamente o seu territorio, a súa explotación, riquezas naturais e o transporte de viaxeiros e mercadorías.

Agardamos as sabias palabras de ‘un de tordea’, afectado seguramente, xa que é raro que aínda non publicara nin comentara nada sobre esta vía romana, o seu paso por Tórdea.[/lang_gl]

[lang_es] No quiero que abandones este sitio, pero lo siento mucho, el blog ha dejado de ser bilingue por falta de tiempo. Si quieres puedes ayudar a  su tradución, o probar con la versión “original”.

También puedes probar la traducción automática a español, o inglés.

Disfrútalo[/lang_es]

Os comezos do paleolítico superior: A COVA DA VALIÑA.


2008
03.05

 [lang_gl]Como decía nunha anterior entrada, volvo falar da cova da valiña; Da que se pode atopar ata un libro(Autor/es: Llana Rodríguez, César / Soto Barreiro, María José), o que corresponde a imaxe, e sobre todo encontrase muita e boa información na rede, coma: [/lang_gl]

 [lang_es]Como decía en una entrada anterior, vuelvo a hablar de la ‘cova da valiña’; De la que se puede encontrar hasta un libro(Autor/es: Llana Rodríguez, César / Soto Barreiro, María José), al que corresponde la imagen, y sobre todo se encuentra mucha y buena información en la red, como: [/lang_es]

O único xacemento no que está representado o inicio do Paleolítico Superior enGalicia é a Cova da Valiña, en Castroverde (Lugo). Descuberta casualmente durante traballos de extracción de pedra caliza para a obtención de cal, foi dada a coñecer por Vázquez Seijas en 1965, xunto coas pedras e ósos (entre os que figuraba unha punta de azagaia, que documenta a actividade de caza con este instrumento típico do Paleolítico Superior) recollidos no  momento do seu descubrimento.
A súa excavación, dirixida por C. Llana e Mª Xosé Soto, realizouse en tres
campañas entre 1987 e 1989, das que foi publicada unha síntese das dúas primeiras.
Na zona excavada, correspondente a unha parte interior da cova (a área da entrada fora destruída), delimitouse unha ampla estratigrafía na que se identificou claramente un nivel arqueolóxicamente fértil que, ademáis de restos de ósos e de industria lítica, contiña carbóns e un somero pavimento de pedras, o que fai pensar nunha estructura de hábitat.
A industria lítica, realizada maioritariamente sobre cuarzos, xistos e calizas,
sendo anecdótica a presencia de sílex, presenta útiles de reducido tamaño e pouco espesos, cun neto dominio das lascas frente aos soportes laminares, empregándose tamén fragmentos de xisto tal como foron recollidos para a obtención de útiles mediante retoque. Os tipos líticos identificados son varios tipos de burís, raspadores, perforadores, becs, coitelos de dorso tipo Abri Audi, unha posible punta Chatelperron, raedeiras e denticulados. Segundo apunta R. Villar, autora do estudiodesta industria, as súas características apuntan indudablemente ó comezo do Paleolítico Superior e, dentro das dúas tendencias deste (Perigordiense e Auriñaciense), certos aspectos a aproximan á liña Perigordiense, como o predominio do retoque abrupto, o índice de burís superior ao de raspadores, a abundancia de burís sobre fracturas retocadas e a presencia de pezas típicas; dentro do Perigordiense, aínda que con menos garantías, pódese postular un momento temperán, cecais Chatelperroniense.
Do estudio (por C. Llana) pormenorizado das materias primas empregadas,
atendendo ás súas características morfoestructurais (presencia ou non e tamaño de gran, e presencia ou non de planos de fractura preferente) e ó seu grado de alteración (pátina, rodadura), dedúcese un abastecimento puramente local (abranxendo un radio máximo duns centenares de metros desde o xacemento) e unha preferencia polos materiais sen gran aínda que con planos de fractura, observándose un claro comportamento selectivo en atención ao tipo de útil que se pretende fabricar, de xeito que, por unha parte, un material dado recibe un tratamento técnico e é destinado a determinados tipos de útiles segundo as súas características morfoestructurais e propiedades mecánicas e, por outra, para a fabricación dun útil elíxese, dentro do abano das posibilidades dispoñibles, aquela materia prima que millor se adecúa ás técnicas a empregar para a obtención do tipo desexado.
As condicións medioambientais foron establecidas por diferentes medios. O
estudo sedimentolóxico (A. Martínez) do nivel arqueolóxico permitiu inferir que a súa deposición tivo lugar sen intervención de procesos de xelifracción,
correspondendo á auga o arrastre dos sedimentos en condicións de alta pluviosidade, o que revela un clima húmedo e non frío. Estas conclusións foron
refrendadas e precisadas polas análises polínicas, que revelaron que no momento de formación de dito nivel existía nos arredores da cova unha paisaxe de bosque dominado por piñeiros e abedules, propios de clima máis frío que o actual, aínda que con certa presencia de carballos e castiñeiros que indican que o frío non era extremo; póidose precisar tamén a existencia de espacios abertos en forma de pradeira de gramíneas con certo desenrolo do matorral.
Tamén o estudo da fauna (C. Fernández) foi coherente coas conclusións sinaladas pois, ao lado da significativa ausencia dos animais máis característicos dos fríos extremos dos momentos estadiais (reno, mamut, rinoceronte lanudo, marmota, lebre ártica), os restos óseos aparecidos pertencen a unha fauna composta por especies propias de climas temperados e húmedos (corzo, xabarín, rinoceronte de Merck, castor), xunto con especies indiferentes ao clima (oso das cavernas, lobo, hiena, raposo, marta) e outras que, se ben poden adaptarse ao frío, non son alleas ás condicións máis benignas (cabalo, bisonte, cervo); as preferencias de hábitat das mesmas especies apuntan ao bosco (corzo, xabarín, oso), a condicións mixtas (cervo, coello, raposo, lobo, marta), á pradeira (cabalo, hiena, rinoceronte de Merck, lebre) e a presencia de cursos de auga (castor), con dúbidas nos ósos dungran bóvido difícil de identificar, que sinalaría ao bosque no caso de tratarse dun uro e á pradeira de ser un bisonte. Outros comentarios e conclusións poden extraerse do estudio da fauna, como a alta presencia de carnívoros; no caso da hiena parece claro o seu carácter de habitante da cova, tal como demostra a presencia de coprolitos, sen que se poida precisar se se tratou dunha ocupación estacional intermitente, alternándose coa presencia humana, ou se produciu con inmediata posterioridade ao abandono da cova. A alta presencia do raposo permite suxerir que, ao igoal que o coello, poda ter sido obxecto de caza para aproveitar as peles.
Con todo, non hai ningunha especie que se presente como claramente dominante sobre as demáis, incluindo os macromamíferos; este feito fai pensar nunha actividade cazadora non especializada, sen que se observe preferencia diferencial dunha especie ou especies concretas, evidenciando máis ben un comportamento de cazador oportunista, no que se aproveita todo tipo de carne ofrecido polo medio.
Cabe sinalar tamén o alto grado de fragmentación dos ósos, que máis parece provocada por presión que pola intervención humana, mesmo se esta tamén se produciu, como mostran as incisións deixadas nos ósos polas actividades de desarticulación de membros e de descarnado (P. Pumarejo); o feito de que non aparezan sinais de separación da pel e da parta pode ser indicio de que os animais non foron levados completos ao xacemento, senón campamento aquelas partes (fundamentalmente as extremidades) de maior contido cárnico, deixando o resto no lugar de captura; esto é coherente coa composición da mostra ósea recollida, se ben se debe ter en conta que o pequeno tamaño desta e a xa citada elevada fragmentación dotan ás conclusións dunha certa provisionalidade.
A atribución das industrias ao Paleolítico Superior inicial e as condicións climáticas deducidas dos estudios faunísticos, paleobotánicos e sedimentolóxicos apuntan a unha situación da ocupación humana na Valiña durante o Interestadial Würmiense, único período no que se da o conxunto de características sinaladas.Esta atribución ven corroborada polo resultado dunha datación por Carbono 14 feita no laboratorio de Groninga, que proporcionou unha data de 34.800 +1.900/-1.500 BP (GrN-17729), dentro do mencionado período.
O xacemento da cova da Valiña ven así a echer un vacío na Prehistoria de Galicia, e aporta os primeiros datos acerca da vida humana neste territorio durante o Paleolítico Superior, en momentos inmediatamente anteriores ao comezo dos grandes fríos da segunda fase da glaciación Würm.

[lang_gl]Que foi o que máis vos sorprendeu? A que había cousas que nin sabíades? [/lang_gl]

[lang_es]Que foi o que máis vos sorprendeu? A que había cousas que nin sabíades? [/lang_es]

Foi Bellido un traidor ou un heroe?


2008
01.15

[lang_gl]Atopei por casualidade esta especialísima e curiosa web: Proceso por traición a Bellido Dolfos. Trátase dun galego de Vilabade (Castroverde) que dende o século XI é considerado como traidor en Zamora, e a el débeselle o nome de “Puerta de la Traición” nesta cidade castelá. O rei Afonso mandou atalo a catro poldros que o desconxuntaron por matar a Don Sancho. O caso é que case mil anos despois un xuíz zamorano, Federico Acosta, estudiou o caso e cre que Bellido foi un heroe, non un traidor. Logo escribiu unha obra de teatro que non puido estrear porque morreu pouco antes.

 Agora a súa filla publicou unha páxina web, FedericoAcosta.com, en memoria do pai e publica na rede a obra para que os internautas a lean e xulguen. ¿Foi Bellido un traidor ou un heroe? [/lang_gl][lang_es]Encontré por casualidad esta especialísima y curiosa web: Proceso por traición a Bellido Dolfos. Trata de un gallego de Vilabade (Castroverde) que desde el S. XI es considerado como traidor en Zamora, y a el se le debe el nombre de “Puerta de la Traición”(En la imagen) en esta ciudad castellana. El rey Alfonso ordenó que lo ataran a cuatro potros que lo desconjuntaron por matar a Don Sancho. El caso es que mil años después un juez zamorano, Federico Acosta, estudió el caso y cree que Bellido fue un heroe, no un traidor. Después de eso escribió una obra de teatro que no pudo estrenar porque falleció poco antes.

 Ahora su hija publico una página web, FedericoAcosta.com, en memoria de su padre y publicó en la red la obra para que los internautas lean y juzguen. ¿Fue Bellido un traidor o un héroe? [/lang_es]

Adega súmase a defensa da pena branca


2007
12.05

[lang_gl]canteiras_castroverde1p.jpg Primeiro foron voluntarios da fundación Fundación Germán Estévez que podes ver nunha anterior entrada neste mismo blog. Agora súmase Adega, que di:

 “Despois de enviar estas alegacions a xunta de galicia devolve o plan xeral o concello, pedindolle que incluia os montes afectados por estas canteiras como zona a protexer de calquer impacto. Tamén os comuneiros do monte da meda que ainda non se decidiran a ir en contra das canteiras, acaban de manifestar o apoio a Adega, e aos amigos do patrimonio de castroverde”. 

Tamén podes ver a mesma noticia na cocteleraPodes ler máis sobre o pxom en castroverde facendo click aquí. [/lang_gl]

[lang_es]canteiras_castroverde1p.jpg Primero fueron voluntarios de la fundación Fundación Germán Estévez que puedes ver en una anterior entrada en este mismo blog. Ahora se suma Adega, que dice:

“Después de enviar estas alegaciones a la Xunta de galicia devuelve el plan general al ayuntamiento, pidiéndole que incluya los montes afectados por estas canteras como zona a proteger de calquer impacto. También los comuneros del monte de meda que todavía no se habían decidido a ir en contra de las canteras, acaban de manifestar el apoyo a Adega, y los amigos del patrimonio de castroverde”.
También puedes ver la misma noticia en la cocteleraPuedes leer más sobre el pxom en castroverde con un click aquí. [/lang_es]
[lang_en] Non dispoñible en inglés, se queres traducir esta entrada contacta co autor[/lang_en]

Roteiro e limpeza de sartegos polos amigos do patrimonio.


2007
11.23

O pasado sábado os amigos do patrimonio veñen de facer un roteiro, outro máis, e tamén se encargaron de limpar os sartego de Recesende e Goi. Puxeron uns letreiros indicativos da existencia deste monumentos funerarios, é aínda tiveron tempo de visitar a parroquia de

Á luz eléctrica, á televisión, á máquina de coser e a de fiar.


2007
11.13

Vou a reproducir aquí á única entrada dun blog veciño, de cellán de calvos concretamente, que desgraciadamente naceu e morreu(creo) o mesmo día, o pasado maio. Esperando ó seu regreso, hai queda á historia da chegada destes aparellos que dunha ou outra maneira cambiaron ás vidas da xente do lugar.

Meu avó, Don Manuel Lence Tallón nacido en Cellán de Calvos (Castroverde) en 1922. É fillo de dous agricultores, que dedicaron toda a súa vida o traballo do campo. Actualmente ten 84 anos é esta xubilado. Estívome falando da luz eléctrica, da máquina de coser e da de fiar.

El contoume que na casa onde naceu, a luz eléctrica fora instalada no ano 1942.
A súa instalación supuxo para a súa familia deixar de usar os candís de gas e a luz de carburo. Foi un gran avance. Pero tamén tiña o seus inconvintes; segundo meu avó, porque as condicións da súa instalación eran moi rudimentarias.
Nos seus inicios viñan tres cables de cobre descubertos ata o transformador, do cal saían tres fases e un neutro. Despois cando chegaron o pobo os catro cables repartíanse as tres fases entre as casas. Agora os cables estan suxeitos a postes de pino ou cemento, pero antes eran de castiñeiro.

Despois co paso dos anos os cables ían floxando e cando facía aire xuntábanse as fases e como os cables estababn descubertos nalgunhas casas quedábanse sen luz e en ocasións queimabanlles os electrodomésticos. Así estivo ata que cambiaron os cables polos que hai agora, xa cubertos.

Depois disto contoume como apareceu a primeira máquina de coser, segundo meu avó tróuxoa miña bisavoa para a casa del cando casou, no ano 1920.

A súa aparición fixo que se fora deixando de coser só coas mans e se empezara a coser cunha máquina destinada a ese oficio.

As súas características eran moi básicas, é dicir só cosía, a diferenza das máquinas de coser de agora que bordan, fan subrilados e todo tipo de cosidos.

Meu avó tamén me contou cando apareceu na súa casa unha máquina de fiar. Según el foi feita no ano 1951 por encargo a un carpinteiro. Era usada para fiar a lá coa que despois se facían xerseis, calcetíns e chaquetas.

Despois de todo o que me contou meu avó, non se me podía esquecer preguntar sobre a televisión. Da cal lle preguntei a miña nai, Doña Purificación Lence Besteiro que naceu en Cellán de Calvos (Castroverde), no ano 1957. Actualmente ela ten 50 anos.
Segundo miña nai a primeira televisión que houbo na súa casa era en branco e negro e apareceu no ano 1979.

A súa aparición supuxo que deixara ela e os seus pais de ir a vela televisión a un teleclub que había nun pobo veciño ou a algunhas casas do pobo que a tiñan.

Era unha televisión pequena que só collía catro cadenas como máximo, para captar a señal tiña uns cornos que se ían movendo segundo as cadenas que quixeses ver, os cornos colocabanse enrriba dela.

Máis tarde a televisión que se comprou xa era a cor e xa funciaonaba cunha antena, posta no tellado da casa. Esta primeira televisión que houbo na casa de miña nai todavía funciona e era e é dunha marca que todavía existe (PHILPS).

Asociación ‘Pena Branca’, en defensa da natureza.


2007
10.19

Os espazos naturais da provincia de Lugo están ameazados pola proliferación das explotacións mineiras; ese podería ser un bo resumo do que está acontecendo cas paisaxes da provincia.  Así, temos un bo exemplo, que tanto está dando que falar, a canteira  da ‘Campa-Santa Eufemia’ ,  e outro bon exemplo, do que falamos mási abaixo, é o da Pena branca, en Castroverde.

    (Explotación mineira da campa)

 Tamén as explotacións de cuarzo, a ceo aberto, están a punto de comezar a súa desfeita. Unhas 5.000 hectáreas de explotacións mineiras nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, Abadín, Vilalba, A Pastoriza  e Riotorto , que agora teñen que buscar todalas vías legais pra evitalo desastre, despois de que Industria otorgara a concesion a empresa Erimnsa.  Éstes concellos reclaman que a concesión fixose sen solicitar informes a Medio Rural, para determinalo impacto económico e social, nin da Confederación Hidrográfica del Norte, aínda que percorre unha zona do Rio Miño.

Agora tamén, sobre 37 kilómetros cadrados da Serra de Outeiro Mayor, que vai polos concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo, está tamén a ameaza de varias explotacions de granito, as de San Javier, para as que dispón dun permiso de investigación mineira a empresa Ingemarga.

Técnicos e voluntarios da Fundación Germán Estévez para a protección da natureza xa deron a voz de alarma a consellería de Medio Ambiente e tamén ante a Dirección Xeral de Urbanismo para lograr a protección desta Serra, tamén coñecida como paraxe de Soutomerille, no concello de Castroverde, e en fase de redacción.

Ademais, os ecoloxistas solicitan a Xunta que se plantee a posibilidade dun plan de protección para esta área na que figuran O ‘Pico de Outeiro’ e a ‘Pena Branca’, na parroquia de barredo, dúas penas de especial relevancia morfolóxica consideradas pola fundación como “únicas en Galicia”.

O permiso de investigación mineira, “que se acabará convertindo en concesión”, implicará,  “un forte impacto paisaxístico”, cun tempo de actividade de 30 anos. O criterio da empresa pra seleccionar o terreo foi  a “facilidade de extracción”.

Tamén teñen claro que é necesario “preservar e cuidar” esa zona pola que pasa o camiño primitivo de Santiago. A fundación iniciou xa a batalla legal, na que contan co apoio da asociación ‘Pena Branca’, do Concello de Castroverde. Ademais tamén contan co apoio dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, que estiveron a recoller firmas nunha das pasadas feiras.

Para que poidamos facer fotos como éstas, todo o nos apoio a ‘Pena branca’:

Nuestras Vacas Aqui nac�  ou ésta:

 

Unha nova restauración en Vilabade.


2007
10.16

A Consellería de Cultura  por unha resolución do 27 de setembro de 2007 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, por concurso e trámite urxente, do contrato de servizos de restauración do retablo do Crucificado e do retablo da Visitación na igrexa de Santa María de Vilabade, Castroverde (Lugo). O proxecto de mellora e conservación conta cun orzamento de licitación de 44.300 euros.

 Os retablos anteriormente mencioandos que serán obxecto de restauración son de estilo barroco, situados os lados do retablo maior, que data do século XVII e constitúe un dos atractivos(que son moitos) que garda o edificio. De estilo barroco e autoría de Francisco de Moure, esta obra foi xa rehabilitada con anterioridade.

 A igrexa de Santa María de Vilabade cumpriu curiosamente este ano o 550 aniversario da súa fundación. Foi construída no ano 1457 por Fernando de Castro e está catalogada como Monumento Nacional a partir do ano 1979.

Parabens a xente que fixo posible que ésta nova restauración se leve a cabo próximamente!

CCD23112007Iglesia Vilabade (Outra foto máis)