Despois do traslado do PAC(Punto de Atención Continuado) cara o Corgo fai uns cinco anos, por unha decisión
controvertida, agora, outro servicio pende dun fío para que se confirme o seu traslado. Trátase da base do 061. Un servicio desde logo necesario, e que debería estar o máis próximo e cercano posible.
Desde o 061 indicase que este traslado se realizará “para acoutar tempos asistenciais e medicalizar a ambulancia con persoal médico da PAC o máis rápido posible”.
O certo é que está no centro dos tres concellos afectados (Baleira, Castroverde, Corgo), e así a resposta a unha incidencia en Baleira terá unha maior resposta desde Castroverde que desde o Corgo, polo que non é un dato obxectivo e válido. Donde si conta con ventaxa o Corgo é que conta co PAC. Un servizo dinamizador e que realmente si precisaría deste servicio do que actualmente non conta.
Desde logo do que nada vale e lamentarse e botarlle a culpa “os outros”. Sempre existe un terceiro “ente” no que recaen todos os problemas. O que realmente é importante é ofrecer datos obxetivos sobre o como, e porqué dun mellor servicio desde Castroverde. Ademáis da recollida de firmas no centro de saúde, e do grupo facebook. Así no banco municipal
se poden ver e compara os datos económicos, de crecemento, de renta… e así poder valorar a mellor opción cara un posible traslado, da que non teño mui claro cara onde inclinarme, xa que son moi parexos.
Pero sobre todo non nos fagamos as víctimas e demos alternativas reales, mellores opcions, e non deixemos marchar outro importante servicio cara algún lugar do que o retorno será probablemente imposible.

moita xente moza, e non tan moza, que sin ser radical vive na nosa fala, a fala dos nosos avós. Parece unha afirmación de esperanza pero eu mesmo me valoro a miña percepción e síntome mal o saber que o apoio que recibe a nosa lingua en realidade é pouco. Tamén escapo de valoracións políticas e do que recolle a proposta de tal “decretazo”, simplemente fun apoiar unha lingua que, encima é a miña, que non está a ser apoiada nin respectada como se debe facer con calquera signo de cultura, sexa cal sexa a súa orixe .Non sei de estatísticas nin nada, pero o que si que sei é que está en perigo. Chego a esta conclusión cun raciocinio simple:
católicos, séculos escuros) foi a poboación labrega, mariñeira, proletaria a que mantivo a fala, aínda que con mesturas que hoxe padecemos, o máis semellante á orixinal, en quen recae agora esa labor? . Destaca daqueles tempos, que a maioría da poboación era desa boa caste. Hoxe en día, mantense esa caste, so que con moitos menos efectivos (son especies en perigo de extinción) e manteñen a lingua nai, si pero ca redución das poboacións rurais, o éxodo cara a cidades, e non só iso, ese éxodo podía manter a lingua, pero aínda preparados con niveis de formación superior, parece que non queda ben neses niveis falar na lingua na que os criaron. Unha alternativa a esto sería pensar que vale, pasa eso, pero tamén hai “transfugas” doutras linguas a nosa…poucos coñezo, repito, sen datos estatísticos atrévome a dicir que case ninguén, pero claro está, aplaudo o esforzo e o bo gusto daqueles que o fan.
entenderan peor na nosa lingua!!, ou sairamos máis burros os que a falamos. Non me sinto radical por expresar o que sinto, e dar o apoio o que me parece xusto, é máis, tomo como miña a frase que moitas veces escoitei, “señor perdóaos, pois non saben o que fan”. Exactamente, non saben o que fan aqueles que esquecen as súas raíces e “maman” doutras axenas, non saben o que fan, pois seguramente a calquera deles lles pareza unha barbaridade a destrución (por poñer un exemplo) de “patrimonio da humanidade” nalgún lugar da China, e sen embargo o seu patrimonio deixan arquivar. Con esto non digo que non se deba estudar outras linguas, o que implica outras culturas, non, todo o contrario, pero non a costa da nosa.
O listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble.
Castroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.
