Posts Tagged ‘calasancio’

Conta atrás… (V)


2009
03.24

Aprétase a clasificación despois dos resultados desta xornada 26, na que destacaron o Castroverde – Muralla e o Oural – Sagrado Corazón, non muito polo seu futbol, senón pola súa trascendencia.

• Oural – Sagrado Corazón: 1 – 0. Victoria pola mínima e no tempo de desconto. Nun partido feísimo con mui pouco fútbol, falto de intensidade e no que ningún equipo mereceu gañar foi o Oural o que se levou os tres puntos. Nun campo en mellares condicions que noutras ocasions o Sagrado foi buscando o empate e atopouse coa derrota, nun balón colgado(o único recurso dos locais) no último minuto, e que rematou o dianteiro local en posición máis que dubidosa. Aínda así, victoria para o Oural que o sube a terceira praza empatado a puntos co segundo. O sagrado leva xa catro xornadas sen gañar e parece que se desinfla neste tramo final de temporada tan esixente.

Comercial – Río Sil: 2 – 0. Invitado sorpresa para unha das plazas de ascenso a segunda rexional. Cos resultados a favor, a Comercial aproveitou moi ben a súa oportunidade de achegarse os postos de ascenso despois de superar por dous goles a cero a un Río Sil con unha falta de gol alarmante. Foi con oficio como se levou este partido o equipo local, que o pon a tan só cinco puntos da cabeza(con un partido máis), e cun crucial Sagrado Corazón – Comercial na próxima xornada, e que pode resolver quen é o que presenta a candidatura o ascenso.

Calasancio – Lucense: 6 – 0. Na xornada do sábado o Calasancio non se deixou sorprender polo colista e venceu por un claro 6 – 0, aínda que pudieron ser moitos máis. Así, e tamén cos resultados a favor coma a comercial, o calasancio destácase neste grupo XIII. Só unha debacle faría que os de monforte non ascenderan de categoría. O lucense pola súa banda segue de colista, agora destacado despois da victoria do pradeda diante da UD Lugo.

O Friol – Guntín foi suspendido, polo tráxico accidente dos mozos de friol no concello coruñés de Toques cando volvían a casa despois dunha noite de festa. O Friol seguro que lles brindará todalas victorias desta campaña.

Habemus sorpresas.


2009
03.17

Este é sen duda o titular da xornada. Os dous partidos adiantados ao sábado non marcaron a pauta do que debían facer o resto de equipos o domingo. As sorpresas chegaron, e so algunhos tiveron máis sorte que outros nesta xornada 25.

• Guntín – Muralla 0 – 0. Empate que pode ser crucial para o muralla. Presionado pola victoria do castroverde o sábado, o muralla debía ganar para non sair dos postos de ascenso a segunda rexional. Afrontou o partido confiado, nun campo sempre difícil, recuperando incluso a xogadores titulares. Pese a que todo o equipo o intentou non puido pasar do empate a cero goles.

Sagrado Cor. – Pradeda 1 – 1. Dos partidos do domingo, éste era dos que máis expectación levantaba posto que se xugaba moito o sagrado corazón. Incluso podía supoñer un cambio de lider se o calasancio non conseguía a victoria. O equipo local foi incapaz de marcarlle un gol ao Pradeda a pesar das innumerables ocasions que tuvo. Aínda así, mantense en postos de ascenso aínda que desaproveita unha magnífica ocasión para seguir a estela do lider, e tamén para alonxar un pouco máis ao muralla. O pradeda pola súa banda prosigue na seu particular duelo de colistas co lucense, dous puntos por riba.

No resto de partidos non houbo lugar as sorpresas, e os equipos que aspiran ao ascenso conseguiron sumar unha nova victoria. Así o calasancio impúxose por un 0-2 no sempre difícil campo do Portomarín, que xa non se xoga nada. O último equipo en discordia polo ascenso, o Oural, venceu na súa visita a Carqueixa, en Sober, por un claro e contundente 1-5, que manten aínda as experanzas de conseguir unhas das tres prazas.

Que pasou en monforte?


2009
03.11

Sorprenden as declaracions de Rafa Casanova, adestrador do Friol, nas que di que o colexiado José antonio Lamas, “Falseou a acta” e que en ningún momento o meu equipo”, octavo clasificado do grupo XII da terceira rexional, “Se retirou do campo,  o propio colexiado foi o que realmente o fixo.

Segundo a acta do partido, “En el minuto 19 de la segunda parte, el capitán del Friol se dirige al colegiado indicándole que se van porque algunos jugadores están lesionados y no hacen uso del derecho a hacer cambios. Acto seguido, abandonan el campo, por lo que me veo obligado a suspender el partido con 1-0

Con este cruce de palabras resúmese un partido que os locais gañaron por un gol a cero. A pesar do raro do asunto, na páxina oficial do club calasancio, na súa crónica semanal non mencionan ao partido da polémica da xornada.

No resto de partidos, destaca unha nova victoria do pradeda, que adianta no duelo de colistas ao Lucense, que perdeu por un contundente 5 – 0 diante do sexto aspirante o ascenso, a comercial, que se atopa a so 7 puntos deses postos.

En oural, o equipo local sufriu máis do previsto, e so puido impoñerse por un  axustado 2-1, diante dun mellorado Antas, pero que non lles sirve os visitantes para romper a súa mala racha de resultados.

Primeira derrota


2008
09.22

SD CASTROVERDECALASANCIO

Partido vistoso e con ocasions para os dous equipos o disputado no campo dos escolapios, en Monforte, entre o Calasancio e o Castroverde.

Cun equipo ofensivo saiu o Castroverde en busca da segunda victoria a domicilio, e así poder liderar a clasificación da terceira regional no seu grupo XIII.

Na primeira parte tivo as mellores ocasións, unha delas nas botas de albino, que non acerta no mao a mao co porteiro, e dispara arriba. Un fallo que non mermou a intensidade do partido e calquera dos dous puido irse cun gol de ventaxa no descanso.

Na segunda cun equipo no que cada minuto que pasaba se replegaba un pouco máis o calasancia dominou case a placer, pero doutra volta a ocasión foi para Marcos, o seu disparo foi desviado por un defensa e pega no pau. Albino non chega para marcar.

A partir de ahí pouco máis se puido ver, ata que unha falta a balón parado que naide atalla a despexar, sube o marcador local. Unha xogada a balón parado que supuxo un golpe grandísimo. O equipo veuse abaixo fisica e moralmente, e pouco despois encaixou o segundo tamén a balón parado. Desta volta de cabeza no segundo pao.

Xa pouco ou nada se podía facer, primeira derrota da temporada contra un dos claros favoritos a luitar polos postos de arriba. Próxima estación, Rubián, aínda invicto. Haberá que mellorar e sair o ataque¡¡¡
Destacar tamén o debut de Guti, unha das promesas do equipo, que conta tan so con 16 anos.

Castroverde: 1.- Chino, 2.- Iván, 3.- Óscar, 4.- Pere, 5.- Juan, 6.- Javi, 7.- Albino, 8.- Carlo, 9.- Marcos, 10.- Richard, 11 .- Gelo. Tamén xogaron Tino, Manolo, e Guti(Debut).

Resultados, clasificaión e próxima xornada:

Resultados
Lucense – Antas 1 – 3
Portomarín – Río Sil 0 – 1
Friol – Sagrado Cr. 1 – 2
Rubián – Lugo 1 – 0
Calasancio – Muralla 1 – 2
Garabolos – Castroverde 2 – 3
Comercial – Pradeda 2 – 2
Guntín – Oural 1 – 4

.

Equipo X G E P GF GC Ptos
1. Oural 1 1 0 0 4 1 3
2. Antas 1 1 0 0 3 1 3
3. Castroverde 1 1 0 0 3 2 3
4. Muralla 1 1 0 0 2 1 3
5. Sagrado Cr. 1 1 0 0 2 1 3
6. Río Sil 1 1 0 0 1 0 3
7. Rubián 1 1 0 0 1 0 3
8. Comercial 1 0 1 0 2 2 1
9. Pradeda 1 0 1 0 2 2 1
10. Garabolos 1 0 0 1 2 3 0
11. Calasancio 1 0 0 1 1 2 0
12. Friol 1 0 0 1 1 2 0
13. Lugo 1 0 0 1 0 1 0
14. Portomarín 1 0 0 1 0 1 0
15. Lucense 1 0 0 1 1 3 0
16. Guntín 1 0 0 1 1 4 0


Próxima xornada

Antas-Guntín
Río Sil-Lucense
Sagrado Cr.-Portomarín
Lugo-Friol
Muralla-Rubián
Castroverde-Calasancio
Pradeda-Garabolos
Oural-Comercial

P.D. Eso si é apoio a un club(Calasancio). Botade una ollada a súa páxina web. Aínda nos queda muito camiño para ser un club serio, e con apoyos, pero sería una pena non ascender este ano… e quedarse sen equipo…