Posts Tagged ‘centeo’

Santa Lucía, asociación de muiñeiros


2009
01.29

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ven de conceder unha axuda por importe de 198.000€ para rematar a recuperación integral dos muiños que forman parte da Asociación de Muiñeiros Santa Lucía de Castroverde, así como para a creación dunha ruta etnográfica.
O seu primeiro presidente, o señor Anxel de Riomol foi un dos que con máis entusiasmo colaborou para a ceración da asociación. Ánxel era un apasionado deste tipo de construccións, viviu por e para o seu muiño, situado a cabalo entre Riomol e Faxilde. A súa pasión fixo realidade esta asociación, así como a recuperación do seu sempre impoluto muíño que non abandonou, así como tampouco o fixo cos seus mazairos e prados, ata o último día da súa vida.
Actualmente a asociación está formada por dezaioto propietarios, que recuperaron ou están a punto de recuperar o esplendor dos seus muiños. As rehabilitacións están emplazadas nos ríos de Rodinso, Chamoso, Ferradal e Tórdea. Todos eles, son sometidos a unha rehabilitación integral para conservar o máximo posible o seu aspecto orixinal e poidan moer todo tipo de gran e cerais de novo.
Segundo Jesús Miguel Lamela Escobar (actual presidente da asociación) este proxecto “non pretende que os muíños volvan producir, porque non sería rendible”, senón ”conservar un importante patrimonio do municipio de Castroverde para as próximas xeracións, porque antes eran unha parte importante do medio de vida da súa poboación”. Incluso existe a posibilidade de pedir axuda á Xunta de Galicia para crear no concello un museo dos muíños, debido á proliferación destas construcións no concello de Castroverde.

A pesar do éxito da iniciativa, bótanse de menos outros moitos propietarios, como o muíño de Claudio (O Carteiro) tamén de Riomol, veciño do finado Ánxel, e como non, outro amante do muíño e das súas posibilidades coma poucos. Este e outros moitos muíños sobre todo os de unha soa pedra dispersos polo múltiples regatos ao longo do concello, coma o de Baralla no Barrial (Masoucos), botanse de manos na asoción. Seguro que os protagonistas da historia lles gustaría que todos, sen excepción, foran recuperados como eles no seu día os explotaron e cuidaron.