Arquivos da etiqueta: Concello de Castroverde

Lume novo e lume vello – por “UndeTordea”

Na compaña duns amigos visitei outros amigos que se atopaban no terreo de Hércules, disfrutando da noite de Lume Novo. Moita festa e troula se vivía, e nese momento foi no que cavilei nas lembranzas desa noite nos pobos.

Aquela ansia que tiñamos de celebrar ese día, xuntarnos os raparigos e ir buscar leña o monte nas carretas, coller da nosa propia caseta, ou dunha caseta allea unha cantas estelas, loita para levar aquela cepa enorme de tódolos anos e que nunca a dabas levado, procura de latas vellas de gasolina para tirar o lume e esperar o seu estoupido,..que vivencias esas. E esa noite, facer o lume máis alto posible, que fora máis alto cos do resto do pobo, pois en moitos, coma no meu, facíase por lugares, os do “corral de arriba e os de baixo”. Falo de daquela, cando se vían alumear os lumes doutros pobos “os de Vilaboa xa acenderon o seu”. Atábamos na bicicleta latas e facíamos ruído, moito ruído, saltábamos a fogueira…e logo uns días despois de novo o Lume Vello. Xa creo que en moitos lugares se esquecen dil. Eu vivíao dunha maneira como máis íntima, os da casa un pouco de leña e nada máis.


Hoxe en día, coma ocorre con moitas cousas, está a desaparecer todo. Seica xa poñen trabas para facelo, que ten que facerse un responsable, pedir permiso, ter auga preto…e xa só se aproveita para queimar basura ou restos de rozas. Si o lume se fixo toda a vida e nada pasou. Arde monte por outras causas pero non por facer o Lume novo ou o Lume vello, que culpa teñen as nosas tradicións.

Río chamoso e rego da feira

Onte confirmaronse os investimentos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no noso concello. Serán unhos 180.000 € en obras en Castroverde con cargo ao Plan E. Así o confirmou o presidente da confederación, Francisco Un regato calqueraFernández Liñares, co alcalde, Xosé María Arias Fernández.

Serán actuacións no río Chamoso, tamén coñecido como Recesende, e outra no Rego da Feira. Segundo aclara o progreso e a voz de Galicia, a Confederación procederá á recuperación e acondicionamento deste caudal situado nas inmediacións do campo da festa(aínda que xa non se celebra alí) e das piscinas municipais(aínda sin terminar). As obras consistirán no acondicionamento das marxes e na suxeción da ribeira con mantas de coco (mantas de fibra de coco para envolvelo solo contra a erosión do chan). Esta actuación suporá un investimento que pode variar entre os 60.000 e 80.000 €.

Nas inmediacións do Camiño Primitivo de Santiago, o obxectivo e a creaciçon dunha área de descanso, a beira do río Chamoso. Será un investimento de arredor dos 100.000 €.

Outra volta máis polas piscinas

Parece que as piscinas por fin chegan o último capítulo,  aínda que mellor non nombrar a palabra último nin final, nun tema coma este.

As boas novas son que xa está publicado no BOP(Boletín Oficial da Provincia) o anuncio de licitación da obra. É decir, que aínda se estás a tempo(quedan 13 días naturais) de presentar a túa oferta, pola nada despreciable cifra de 711.279,53€.

Eso inclúe segundo o anucio de licitación en “Construcción de piscinas públicas descubertas con vestiarios e  servizos na área recreativa de “Veiga do Olmo”” .

Extraendo este anuncio podese dividir en tres partes fundamentais:

– Construcción de Piscinas Descubertas: Nada de reformas, serán completamente novas. Normal cando levan tanto tempo abandonadas.

– Vestiarios: Segundo parece tamén se construirán novos, non reformando tampouco os anteriores. Creo que é boa medida facer algo máis acorde o entorno e non un pegote como o actual.

– Servizos: Esto é o máis desconcertante. Que tipo de servizos?  Alcantarillado? Bancos? Herba?

Seguiremos atentos, sen duda!

Inesperada suspensión

A última proba da Copa de España de Duatlon Cros, que se iba a celebrar este próximo sábado 23 de maio no noso concello, queda suspendida.

Segundo a Fetri hai varias causas para que se producira esta suspensión. Entre elas a baixa participación, aínda que deixa aberto o abanico de posibilidades para outras razons que a expliquen.

De todolos xeitos a clasificaión final, que se decidiría este próximo sábado xa é definitiva, e na que contarán as tres mellores posicions clasificatorias das catro pobras disputadas hasta o momento.

Todo un mazazo para a promoción do deporte no concello. Esperemos que se poida recuperar esta proba en próximos anos.

P.D.1 – Na páxina do concello, un clásico. A portada sen actualizar é para a celebración da copa de España de Duatlon Cross.

P.D.2 – Cal será o destino da subvención que ia recibir o concello por tal evento de parte da diputación de Lugo? Irá de volta? Utilizarase para a promoción de outros deportes? E senón, que poderíamos facer con esa axuda de 1182€?

coches clásicos

E coma na semana predominaron os vídeos, que mellor que terminala con outro vídeo. Este que atopei polo You tube, do ‘rali’ de coches clásicos no seu paso por Castroverde.

O vídeo (e fotos) elaborados por pilladooo, gracias, acompañado dun moi bon tema de Bruce.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/EPuebC1m3As" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Masoucos, lugar de culto ancestral

Sí, masoucos é lugar de culto ancestral. É o ejemplo máis claro e sinxelo segundo camino de piedra, Blog adicado a todo tipo de construccións de pedra que se poden atopar a súa historia e o seu entorno.

Como norma xeral, todo templo adicado a un santo que viviu nos primeiros anos do cristianismo, está situado nun lugar de culto ancestral. Así o estilo máis nestos templos é o románico ou prerrománico, algúns incluso foron tan varias veces restaurados e reformados, polo que o edificio que actualmente podemos ver, non ten máis de 300 anos, aínda que queden abundantes restos das edificacions anteriores, sobre todo pedras que foron reutilizadas, pero hai máis.

Ésta é a razón pola que o cristianismo levantou templos en lugares de culto. Antes xa existía algún outro tipo de culto ‘precristiano’

E de entres destacan os levantados nas croas dos crastros, como é o caso de Masoucos, no que se levantou o templo parroquial, con adro e cemiterio en torno.

Coñeces algún outro caso deste tipo? Comparteo

Dominio eficaz e victoria a domicilio

Resultados
Guntín – Muralla 0 – 0
Lugo – Castroverde 1 – 3
Sagrado Cor. – Pradeda 1 – 1
Río Sil – Oural 1 – 5
Antas – Comercial 2 – 1
Lucense – Garabolos 0 – 3
Portomarín – Calasancio 0 – 2
Friol – Rubián 6 – 1


A próxima xornada será o Xoves 19 de Marzo, no campo da Veiga do Olmo, SD CASTROVERDE – SD RUBIÁN. Partido correspondente a xornada aprazada no mes de xaneiro.

UD Lugo – SD Castroverde: e { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>A SD Castroverde saldou a súa última visita a capital lucense, diante da UD Lugo, que se ben planteou un partido serio, non foi quen de poñer en apuros a meta visitante.

Non era un partido fácil, no campo máis pequeno dos dous existentes no campo das gándaras. O verdiblancos deixaron pronto claras as súas intencions con peligrosas chegadas a portería local. As diferencias chegaron cando héctor aproveitou a súa primeira ocasión para marcar. Na segunda, pouco despois tamén o fixo, e deixou claro o dominio do encontro.

O remate final, foi o gol de Marcos V. que fixo o terceiro e sentenciou o partido a falta de media hora para o remate.

Os últimos minutos do partido sobraron, polas continuas interrupcions no xogo, e pequenos lios entre os xogadores. Na prolongación o lugo converte por medio dun penalty inexistente o seu único gol. Um claro 1-3 que pon ao castroverde de novo nos postos de ascenso a segunda rexional.

Este xoves pode confirmalos, conseguindo unha nova victoria contra a SD Rubián.

S.D. Castroverde: Chino, Oscar, Manolo, Juan, Javi, Manuel, Albino, Bruno, Héctor, Gelo, Marcos Geme. Tamén Xogaron(Ollo a banqueta de luxo, señores!!): Marcos Veiga, Richard, Carlos geme, Toño e Tino.

Equipo(Clasificación) X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 23 16 5 2 53 18 53
2. Sagrado Corazón 24 15 5 4 39 18 50
3. Castroverde 23 15 4 4 56 26 49
4. Oural 24 13 8 3 57 29 49
5. Muralla 24 14 6 4 48 17 48
6. Comercial 24 12 7 5 49 36 40
7. Friol 24 9 7 8 47 33 34
8. Portomarín 24 10 3 11 39 38 33
9. Rubián 23 8 7 8 39 47 31
10. Río Sil 24 8 5 11 22 38 29
11. Antas 24 8 4 12 37 53 28
12. Guntín 24 5 9 10 29 40 24
13. Garabolos 24 5 4 15 28 45 19
14. Lugo 24 5 2 17 31 66 17
15. Pradeda 23 2 6 15 26 46 12
16. Lucense 24 2 4 18 20 70 10

Variantes de Baleira e Castroverde

Na edición dixital do diario la voz de asturais do pasado día tres de marzo, pódese ler que Feijóo “defende a mellora da conexión de Lugo coa Fonsagrada e Asturias, a través da construcción das variantes de Castroverde e Baleira, ademais das autovías de alta capacidade que conectan Galicia con outros territorio”.

• Agora a pregunta é… será esta “promesa” certa? Que hai da construcción das variantes?

• Necesitan Castroverde e Baleira esta variante?

Victoria e promoción de ascenso

Resultados
Guntín – Lugo 3 – 2
Sagrado Cor. – Muralla 2 – 0
Río Sil – Castroverde 0 – 2
Antas – Pradeda 1 – 0
Lucense – Oural 0 – 2
Portomarín – Comercial 1 – 2
Friol – Garabolos 3 – 0
Rubián – Calasancio 0 – 3

a próxima fin de semana xogaranse os seguintes partidos; onde destaca a visita do lider a Veiga do Olmo.

Próxima Xornada
Muralla-Lugo
Castroverde-Sagrado Corazón
Pradeda-Río Sil
Oural-Antas
Comercial-Lucense
Garabolos-Portomarín
Calasancio-Friol
Rubián-Guntín

Victoria da SD Castroverde no campo da Carqueixa por cero goles a dous, diante dun Rio Sil que pelexou, pero non foi quen de poñer en apuros a portería visitante.

Nunha primeira parte intensa, o Castroverde dispuxo das mellores ocasions nun partido, que como anécdota, contou coa presencia de dúas árbitros auxiliares, cousa pouco frecuente na terceira rexional, que axudaron ao árbitro principal, que levou sen problemas o partido.

O primeiro gol, foi cun pase de Richard que Albino a trompicons se leva e marca por iba o porteiro local. Un a cero e partido encarrilado na primeira media hora. Dez minutos máis tarde a sentencia por parte de Marcos, o mellor do partido, que con velocidade encara a portería e cun tiro cruzado marca o segundo.

A segunda parte non tivo historia, e o Rio Sil intentou ir ao ataque no pequeno campo da carqueixa, pero non foi posible. As mellares ocasions foron de novo para o Castroverde, nas botas de Albino cun disparo ao longueiro, e tamén nas de Gelo, que disparou axustado pero non atopou portería.

Con esta nova victoria, o Castroverde súbese os tres primeiros postos que dan dereito o ascenso a segunda rexional. O próximo partido, na casa o domingo, e diante do lider, o Sagrado Corazón.

S.D. Castroverde: 1-Marcos I, 2-Óscar, 3-Bruno, 4-Pere, 5-Juán, 6-Toño, 7-Albino, 8-Marcos II, 9-Carlos, 10-Richard, 11-Gelo. Tamén xogaron Manolo, Tino e Iglesias.

Equipo(Clasificación) Xo. Ga. Em. Pe. G. F. G. C. Puntos
1. Sagrado Corazón 22 15 3 4 37 16 48
2. Calasancio 21 14 5 2 50 18 47
3. Castroverde 21 14 3 4 52 24 45
4. Muralla 22 13 5 4 43 17 44
5. Oural 22 11 8 3 50 27 43
6. Comercial 22 10 7 5 42 35 37
7. Friol 22 8 7 7 41 31 31
8. Rubián 21 8 7 6 37 37 31
9. Portomarín 22 9 3 10 37 35 30
10. Río Sil 22 8 5 9 21 30 29
11. Antas 22 8 4 10 35 49 28
12. Guntín 22 4 8 10 25 39 20
13. Lugo 22 5 2 15 30 58 17
14. Garabolos 22 4 4 14 24 43 16
15. Lucense 22 2 4 16 20 62 10
16. Pradeda 21 1 5 15 22 45 8

Gastronomía de premio

En lalín veñense de conceder os Premios da Gastronomia de Galicia. Nel dase conta do bon facer dos cociñeiros, entre eles está María Fouz González de “O recuncho de Pepe e María”, en cobelas que levou o galardón a “Labor de toda unha vida”.

O xurado dos citados galardóns estivo integrado ademais de por José González Solla polo concelleiro de Turismo de Lalín, Nicolás Varela, o presidente do Club Gastronómico Rías Altas, José Martínez Vidal, Enrique Rodríguez, da Asociación Gastronómica Lareira e José Luis Iglesias González, da Asociación Amigos de Cociña de Deza.

Unha vez máis se ven a demostrar o potencial do feito no concello, e asorte que temos de poder disfrutalo. Tamén hai que destacar o premio recibido fai uns meses, polo restaurante “A Lenda”, o “Tenedor de Oro” ao mellor mesón rural, toda unha garantía do bo facer.