Posts Tagged ‘gandeiros’

Cando as barbas de teu veciño vexas arder pon as túas a remollo.(Por UndeTordea).


2010
10.19

Neste nova entrada quixen facer unha comparación, moi lonxana de apreciar, pero que me mana na cabeza dia a dia.

gandeiros

Segundo a miña teoria, os problemas que hoxe están a sufrir os mineiros en España, e que parece que se van resolver pero non como eles queren, podem ser levados ó contexto rural, e para concretizar mais, o sector leiteiro em Galícia. Os sucesivos plans do carbón, perseguían duas vias; facer mais competitivo o carbón nacional e promover um emprego alternativo o mesmo tempo.

Reduciuse a man de obra empregada na minería pero o obxetivo se ser competitivo non se alcanzou e por eso a Unión Europea quere pechar as minerías em 2014. Ademais a propia UE aproveítase da sensibilidade actual contra o cambio climático para opoñerse mais á minería española decindo que se emite moito CO2 com este carbón, palabra que por outra banda recollen as eléctricas para non ter que consumir o carbón español.

Problemas mineiros galiciaO problema está aí. Fago a miña comparación, e vexo que para o desenvolvemento de Galícia tamén houbo plans e subvecións. Tamén se reduciu a man de obra no rural, pero o nosso rural, igual que a minería, acúsano de non ser competitivo (vacún de leite).

A UE tamén amenaza com sacar as axudas xá que considera que Galícia xa entrou dentro das zonas desenvolvidas da UE , e mentres as industrias alegan que teñen que pagar pouco o leite de aqui porque en Francia lle lo están regalando, segundo eles porque son moi eficientes producindo.

¿Museo Etnográfico?E como xá teño escoitado, só falta que empezen a poñer um imposto as vacas por ser emisoras de metano (mais contaminante que o CO2).

A miña teoria, espero que non se cumpra, que o nosso sector non desapareza como lles está pasando a outros, para que os de fora poidan invadirnos cós seus produtos. Um artigo bo sobre O leite em España e Galícia foi o que escribiu Francisco Sineiro no xornal El Progreso o 14 de setembro de 2010.

Fmdo. UndeTordea

O problema do Leite


2008
04.23

[lang_gl]Os gandeiros están fartos, e están a tomar medidas. Están comezando as súas protestas, despois dun tempo de calma. Son accións continuas e puntuais, coma as concentracións diante das empresas Lactalis de Vilalba e Rio no Ceao, e iso despois de tirar con 50.000 litros de leite dos camions de Leite Rio, a semana pasada.

Onte outra protesta de novo, desta volta un pouco máis mediática, e tamén máis confrontada, xa que os tres sindicatos maioritrios, non se puxeron dacordo para este acto, un paso máis cara o desastre, cada vez maior nun sector xa danado.

O problema é moi grave non hai dúbida, o prezo do leite non deixa de baixar, a pesar da creación da mesa do leite, ese organismo que alcanzaría un ‘acordo’ para conseguir un prezo minimo garantizado, e pola outra banda, os custos de producción non deixan de subir.

A creación do Grupo Lácteo Galego, ese ?proxecto¿ do que se levan anos e anos falando, non solucionará nada tampouco, porque primeiro haberían de poñerse de acordo os productores, cousa hoxe por hoxe, pouco probable.

Un bo exemplo a seguir sería o da marca Feiraco que non quixo pagarlle menos aos seus cooperativistas cando a industria alegou que tiñan que baixa-los prezos. Non habia xustificación de ningún tipo e apoiou ao sector lácteo galego manténdose firme na súa actitude.

Pero nesta loita hai máis elementos importantes, o localismo, O Banco de Terras, o recibo para que os produtores saiban por que se lles paga, o observatorio do sector lácteo e a posta en marcha de medidas para paliala tendencia a baixa no prezo do leite nos útlimos anos… cousas das que se oe falar día sí, día tamén, pero que non conseguen mellorar nada a situación. Pero que facer? Quedarse parado?

A terra sempre se rexenera, os prados, os cultivos etc. que tamén o fagan os nosos gandeiros.

P.D. Entrada adicada a ‘Nosoutras’ que non volveron pasar por aquí… e como non, a ‘Un de tordea’ que non se molla nada, porque muito fala, pero escribir, pouco, pouco. Tamén a ‘un de corneas’, sempre se aprende moito falando con él sobre estes temas, polo menos a súa opinión.

Un saúdo a todos eles¡[/lang_gl]

[lang_es] No quiero que abandones este sitio, pero lo siento mucho, el blog ha dejado de ser bilingue por falta de tiempo. Si quieres puedes ayudar a su tradución.

Para ver el blog completo, pincha: versión “original”.

También puedes probar la traducción automática a español, o inglés.

Disfrútalo[/lang_es]