[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]Están locos estos romanos… eso é o que podría pensar calquera o ler a web da área municipal que direxe Carme Basadre:”Interpretación de soños e filtros de amor: aprenderemos a interpretar os nosos soños encamiñándoos ao noso crecemento persoal e como proxección de nós mesmos, dos nosos problemas, dos nosos desexos e, mesmo das nosas alegrías. Así mesmo, coñeceremos que materiais nos ofrecen os tres reinos da natureza para a elaboración dos nosos feitizos de amor.”E tampouco sería demasiado grave, se non fora porque é unha actividade do Concellería de Muller, Benestar Social e Xuventude do Concello de de Lugo. Pero ahí non acaba o conto, xa que a persoa que imparte as clases maxistrais é nada máis e nada menos que… Carmen de Foz¡¡¡, esa que di adiviñae o futuro por medio das cartas, en diversos programas que ten nas televisións locais da zona. Ela é a encargada dende fai unhos días de ensinar a interpretalos soños, facer filtros de amor, etc Así ‘Elixe a túa noite’ convértese en ‘Carme de foz, digameee’¡¡Unha pena que ‘Elixe a túa noite’ non recupere os 3×3 de outras épocas, ou calquera outra actividade que poida ser de máis interese, pero en fin, que a realidade supera a ficción… quen llo diría a Carmen de Foz¡¡¡ [/lang_gl]
Posts Tagged ‘lugo’
Manuel Castro Gil, onde está a “Iglesia de Masoucos”?
05.08
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]
[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]Ando a buscar, realmente non sei mui ben o qué, so sei que busco unha obra de Manuel “Castro Gil”, grabador, pode ser que chame “Corredoira”, ou tamén “Ermita Galega”, creo que “Iglesia de Masoucos”, pero certamente non o sei, pero, a pregunta é? Onde podo seguir buscando? A miña última pista lévame ata o Museo Provincial de Lugo, aínda que quizais me gustaría ver antes dous libros como son: Manuel Castro Gil : apuntes para una biografía del aguafortista lucense e tamén Apuntes para una Biografía del aguafuertista Lucense/Lopez Acuña, Antonio. Non vai poder ser, non os atopei.
Rebusquei na rede, e pouco máis puiden atopar máis ca algunhas imaxes das súas obras, dúas subastas, unha en Fernando Durán e outra en TodoColeccion, pero tampouco, cheguei demasiado tarde. Pero ahí non rematou a miña busca, tamén seguin tirando polo Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” de Vigo, que tamén dispón na súa colección dalgunha das súas obras; a busca foi en balde.
Tamén na páxina web da residencia csic, e na colección caixanova, da que saquei algunhas das imaxes. Creo que este viernes toca ir o Museo deLugo, para poder avanzar neste enigma, que quizais estea xa resolto, pero que eu non vexo.
Un pequeno resumo de quen foi Manuel Castro Gil (Lugo el 20 de xaneiro de 1891, e falece en Madrid no ano 1961), o gravador galego por excelencia, a máis alta cota de fama. Despois de pasar como alumno polas mans de Manuel Fole, unha bolsa de estudios da Deputación provincial, permítelle marchar a Madrid en 1917 para esguir formándose na Escola de San Fernando, na que pode observar a Ferrant Vera, Muñoz degrain, etc.
Despois dese inicial contacto, busca axina algún traballo seguro, como é a Fábrica de Moeda, de maneira que moitos dos billetes que de alí saíron levan o seu selo persoal.
Tres anos depois de chegar a Madrid, en 1920, consegue o segundo premio no concurso de gravado do Círculo de Belas Artes coa súa obra “IGLESIA DE MASOUCOS”, e en 1922, a segunda medalla de gravados na Exposición Nacional de Belas Artes, ca súa temática máis representativa, ruínas, paisaxes, mosteiros. En 1924 de novo leva a segunda medalla na Nacional de Belas Artes pola obra “Cidade Castelá” e pouco despois (1925), o primeiro premio no concurso nacional de gravado por “Tierras de Santa Teresa”.
Consolidado xa, con estes premios a Xunta para Ampliación de Estudios, antecedente o Consello Superior de Investigacions Científicas, concédelle unha bolsa de estudios para viaxar a París.Despois da xira por París e Bélxica, onde mostra o seu excelente talento, regresa a Madrid, pero volve pouco despois a Londres. E continúa por Nova York, México, A Habana, Bos Aires. Dende 1934 é profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas. En galicia é nomeado correspondente das Reais Academias de Belas Artes do Rosario e da galega.
Castro Gil, fai entón un repertorio de lugares galegos, onde destaca o “Portico da Gloria” compostelán.
Morre en Madrid no ano 1961, con 70 anos. Cede tódalas ferramentas do seu taller privado e numerosas pranchas a cidade de lugo, que se poden ver no Museo Provincial.
Ademais, a primeira imaxe que podes ver nesta anotación, e da obra de www.wenceslaofernandezflorez.org, a primeira imaxe do bosque animado, que despois pasaría o cine. Podes ver máis obras de Manuel Castro Gil en: http://212.51.58.68/sid/2/067/alfa.mosaico.p01.htm
E estaredes a preguntarvos cal é a relación que nos une, pois é que hai un gravado chamado Iglesia de Masoucos, feito por él… que atopei por google books…, casualidades, buscando Masoucos… coma sempre![/lang_gl]
Unha xogada marca o partido.
05.05
[lang_en] I am sorry, still this option is not available. If you are interested, this proof: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]
[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas.
También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl] Unha xogada, un gol e catro (4) expulsados.
Un partido raro, moi raro. Nos primeiros minutos un gol de Tino, no saque dun corner perfecto o centro do área fai que a SD Castroverde se adiante no marcador. O partido parecía que ía tranquilo, con ataques para os dous lados, pero pouca pegada.
O partido esmorecía e o colexiado colle o protagonismo. Así comeza expulsando o adestrador visitante por decirlle, según consta en acta ‘Non sei que carallo ves pitar aquí’.
O baleira seguía o seu, e conseguei demasiado premio nunha falta lateral sin aparente perigo, que non logra despexar ningún defensa nin o porteiro, e entra directa na portería local. Empate a un tanto e moito partido por diante.
Na segunda metade o mesmo guión, pouco perigo en ambas áreas e pouco demostrado por ambos conxuntos. O colexiado recobra o protagonismo, nunha xogada clarísima e pouco compresible, na que o balón sae totalmente da raia de fondo. Todolos xogadores se quedan parados, ata os rivais, ata que o xogador rival, volta a coller o balón de fora do campo, e cun pase atrás marca o segundo. Inexplicable a decisión, que costa ademáis tres xogadores o equipo local, polas diversas protestas. Primeiro do capitán, Pereira, e logo de Albino, e máis de Héctor. Tamén mostrou a segunda cartulina a Richard, máis non anotou nin mostrou a tarxeta vermella. Ante esto os xogadores rivais, incrédulos pola sangría feita.
Con oito xogadores, o máis probable era unha derrota abultada, pero contrariamente non sucedeu esto. O Baleira foi un equipo vulgar, que non creou máis perigo. Incluso se puido ir con un empate, xa ue javi tivo nas súas botas o empate logo dun man a man co porteiro que se lle foi demasiado escorado.
A eliminatoria sigue viva. Para a volta, máis emoción.
Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Pereira, 5.-Edu, 6.-Héctor, 7.-Albino, 8.-Tino, 9.-Gelo, 10.-Richard, 11.-Javi. Tamén xugou co César.[/lang_gl]
Rock In Rio… Miño
04.08
[lang_gl] Non, non vou falar do xa mítico Rock In Rio, senón do seu homólogo lucense que argalla Eladio, esa cuariosa persoa que teño por amigo.
Unha adaptación do xa mítico Rock in Rio, o maior festival de música e ocio que se realizou en Brasil e Portugal.Este ano terá lugar en Arganda del Rey(Madrid) os días 27 e 28 de Xuño e tamén os dáis 4, 5 e 6 de Xullo.
A festa comezará o xoves ás 11 da noite, e será no pub BB+, na rúa Salvador de Madariaga e non rematará ata altas horas… mellor dito, ata que o corpo aguante.
Contará ca presencia de DJ Keepwalking, residente na súa casa, que nos amosará ás suas mellores sesións de Rock de todolos tempos.
Non podes perdela¡¡¡¡e tampouco as copas; 3×2[/lang_gl]
[lang_es]No, no voy a hablar del ya mítico Rock In Rio, sino de su homólogo lucense que organiza Eladio, esa pintoresca persona que tengo por amigo.
Una adaptación del ya mítico Rock in Rio, el mayor festival de música y ocio que se realizó en Brasil y Portugal. Este año tendrá lugar en Arganda del Rey(Madrid) los días 27 y 28 de Junio y 4, 5 y 6 de Julio.
La fiesta empezará el jueves a las 11 de la noche, en el pub BB+, en la calle Madariaga y se alargará hasta altas horas…hasta que el cuerpo agunte.
Contará con la presencia de DJ Keepwalking, que nos presentará sus mejores sesiones de Rock de todos los tiempos.
No te la puedes perder¡¡¡¡ y tampoco las copas; 3×2[/lang_es]
Fotos da festa da carballeira, e o filloce
03.14
[lang_gl] Este pasado mércores estiven na festa da Carballeira, alí tiven a ocasión de probar o filloce(dulce de sangre), que foi unha achega a festa por parte do sempre orixinal Rubén(ese pontevedrés tan peculiar).
Por outra banda, dende os comites abertos denunciase a conversión da festa nun macrobotellón sen control, con estas palabras:
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade co Campus do Campus de Lugo culpan ao Concello de convertir a Festa da Carballeira nun “Macrobotellón” sen sentido nen control ningún. O Concello de Lugo non quere que os CAF organicemos a Carballeira, e lembrade que fumos nós quen hai xa 17 anos a creamos.
Pola súa banda medios como a voz destacan que:
A esperada e á vez temida Festa dá Carballeira 2008 foi «a máis tranquila dos últimos anos», segundo destacaron onte tanto responsables de colectivos veciñais como as forzas policiais que controlaron a seguridade durante unha celebración que, de novo, careceu de autorización.
E dende o concello esaxérase o número de toneladas de lixo(si xa sei, depende quen sexa o especialista):
…fontes municipais aseguraron a axénciaa Efe que o macrobotellón universitario deixou na carballeira do campus 15.000 quilos de residuos. Unha cifra que especialistas na materia cualificaron de «excesiva», tendo en conta que no robledal lucense concentráronse uns 3.000 estudantes, polo que sae unha media de 5 quilos de desperdicios por persoa.
E vos, que opinades? son festas o uso? debería volver a concederselle autorización? Habería que suspendela? [/lang_gl]
[lang_es] Este miércoles he acudido a la ‘festa da Carballeira’, allí tuve la ocasión de probar el filloce(dulce de sangre), una aportación a la fiesta por parte del siempre original Rubén(ese pontevedrés tan peculiar).Por otra parte, desde los comites abiertos se denuncia la transformación de la fiesta en un macrobotellón sin control, con estas palabras:
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade co Campus do Campus de Lugo culpan ao Concello de convertir a Festa da Carballeira nun “Macrobotellón” sen sentido nen control ningún. O Concello de Lugo non quere que os CAF organicemos a Carballeira, e lembrade que fumos nós quen hai xa 17 anos a creamos.
Por su parte en medios como la voz destacan que:
A esperada e á vez temida Festa dá Carballeira 2008 foi «a máis tranquila dos últimos anos», segundo destacaron onte tanto responsables de colectivos veciñais como as forzas policiais que controlaron a seguridade durante unha celebración que, de novo, careceu de autorización.
Y desde el ayuntamiento se exagera el número de toneladas de basura:
…fontes municipais aseguraron a axénciaa Efe que o macrobotellón universitario deixou na carballeira do campus 15.000 quilos de residuos. Unha cifra que especialistas(si xa sei, depende quen sexa o especialista) na materia cualificaron de «excesiva», tendo en conta que no robledal lucense concentráronse uns 3.000 estudantes, polo que sae unha media de 5 quilos de desperdicios por persoa.
Y vosotros que opinai
s? Son fiestas normales? debería volver a concederles la autorización? Tendría que suspenderse?[/lang_es]