A Ruta das Fontes de Masoucos, situada no concello de Castroverde (Lugo), é unha das xoias naturais do noso territorio. Un percorrido que combina natureza, patrimonio e tranquilidade, ideal para quen busca desconectar e redescubrir a beleza do rural galego.

Nos últimos tempos, recibimos comentarios e observacións sobre o estado actual dalgúns tramos da ruta, e queremos agradecer sinceramente todas as achegas. Sabemos que o percorrido non está nas mellores condicións, e pedimos desculpas a todas as persoas que se viron afectadas.
?️ Un cambio inesperado no territorio
Cómpre lembrar que esta ruta foi deseñada antes da instalación do parque eólico de Puñago, situado no límite con Masoucos. A aparición desta infraestrutura provocou variacións nos camiños orixinais, dificultando a sinalización e o mantemento dalgúns treitos.
?️ Compromiso coa mellora
Comprometémonos a realizar traballos de limpeza, sinalización e mellora nas próximas semanas. Queremos que a Ruta das Fontes volva ser un espazo accesible, seguro e atractivo para sendeiristas, veciñanza e visitantes.
¿Que che parece a ruta? comenta
? Descubre a ruta das fontes de Masoucos en redes
Podes ver parte do percorrido e comentarios da comunidade nestas ligazóns:



Sí, masoucos é lugar de culto ancestral. É o ejemplo máis claro e sinxelo segundo
Ésta é a razón pola que o cristianismo levantou templos en lugares de culto. Antes xa existía algún outro tipo de culto ‘precristiano’






