Posts Tagged ‘pazo de pena’

NON, a canalización do río Chamoso en Bolaño.


2007
10.31

Veño de ler esta noticia vía adega, na que escriben sobre outra desfeita máis, a enésima, no concello de castroverde, e que reproducimos aquí. Podes ler a noticia orixinal, clicando aquí. Tamén podes ler a mesma noticia contada pola Voz, que usa outro estilo.

Sen dúbida, dende esta páxina, unímonos a Adega, e máis os amigos do patrimonio para dar o noso apoio os veciños de bolaño.

rio_chamoso.jpgEn colaboración cos veciños deste pobo ADEGA presenta unhas alegacións xunto cas dos veciños contra a pretendida canalización deste Rio, para a súa posterior urbanización e construción de 5 chales, a confederación hidrográfica do norte, para que se lle denegue a solicitude de obras neste tramo do Rio.

A idea que se pretende con estas obras e sacar as augas que en épocas de estiaxe inundan as parcelas que unha empresa inmobiliaria adquiriu para a súa posterior urbanización.


Os veciños de Bolaños están preocupados xa que unha vez que se realicen estes traballos, as augas que antes anegaban unha zona inundable lles afecten as casas que teñen no outro lado do rio.

Tamén e curioso que mentres o PXOM de Castroverde foi devolto a xunta, esta zona esta marcada no anterior planeamento como zona rústica, e polo tanto non se pode urbanizar. Pero na idea do novo planeamento si que aparece esta zoa como urbanizable. Como sempre o concello esta a favor destas obras, e xa fixo todos os tramites necesarios para que a confederación hidrográfica do norte lle aproben as obras.

Os veciños tamén fixeron as súas alegacións correspondentes, e aparte do apoio de ADEGA, tamén contan co apoio dos AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE.

Estes mesmos veciños veñen a denunciar fortes presións polo representante do concello, ás institucións que teñen a decisión final de aprobar ou non a obra.

E o dato máis curioso e que aínda non están construídos os chales e éstes xa foron vendidos dúas veces, e que incluso se estivo facendo propaganda deles, cando aínda non se conta con térreo legal para a súa construción.

Non quero deixar de comentar estes dous últimos parágrafos, nos que se denuncian as fortes presións, que de ser certas esas acusacións serían mui graves. Non pode quedar tampouco sen comentar que os futuros chalets foron xa vendidos dúas veces, unha cousa que realmente me parece irreal, pero así é.

Tamén podes ver como vai a especulación na vila de castroverde. O primeiro en lanzarse foi Neira Perez SL que ten construiu este edificio:

 Foto do edificio, en castroverde.

Pero mellor senón che gustan os pisos, e prefires os pazos, porque en galicia véndense uns 75, un deles, polo menos, en castroverde, o de Pena.