Posts Tagged ‘Portomarín’

Victoria Xusta, Dedicatoria Xusta


2009
02.14

Resultados
Sagrado Cor. – Río Sil 3 – 2
Lugo – Antas 1 – 4
Muralla – Lucense 1 – 1
Castroverde – Portomarín 6 – 2
Pradeda – Friol 1 – 3
Oural – Rubián 3 – 3
Comercial – Calasancio 0 – 2
Garabolos – Guntín 1 – 1

Próxima xornada que comeza hoxe mesmo:

Próxima Xornada
Guntín-Sagrado Cor.
Río Sil-Lugo
Antas-Muralla
Lucense-Castroverde (Hoxe sábado)
Portomarín-Pradeda
Friol-Oural
Rubián-Comercial
Calasancio-Garabolos

E a clasificación:

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Sagrado Cor. 19 13 2 4 34 16 41
2. Oural 19 10 7 2 44 21 39
3. Muralla 19 11 5 3 35 14 38
4. Calasancio 18 11 5 2 42 17 38
5. Castroverde 18 11 3 4 38 21 36
6. Comercial 19 8 6 5 32 27 30
7. Rubián 18 7 7 4 31 29 28
8. Río Sil 19 7 5 7 20 25 26
9. Portomarín 19 8 2 9 28 29 26
10. Antas 19 7 4 8 31 36 25
11. Friol 19 6 6 7 31 26 24
12. Lugo 19 5 2 12 28 53 17
13. Garabolos 19 4 4 11 22 34 16
14. Guntín 19 3 7 9 22 35 15
15. Pradeda 18 1 5 12 20 37 8
16. Lucense 19 1 4 14 17 55 7

Victoria xusta, clara (6-2) e contundente a obtida pola SD Castroverde fronte a un Portomarín que se desinflou en exceso na segunda metade. Esta victoria, está especialmente dedicada a Carlos, alma do equipo, e que sen él, o que é seguro é que non sería o mesmo (ou non sería). Toda a familia da SD Castroverde esperámolo cos brazos abertos.

Partido cun ritmo moi alto nos primeiros minutos de xogo. Así a primeira xogada de ataque por banda dereita, albino pon un centro medido e Marcos remata a pracer de cabeza conseguindo o primeiro. Un par minutos despois un despiste defensivo trouxo o primeiro empate. Pero a resposta non se fixo esperar e dous minutos máis tarde de novo a SD, esta vez pola banda esquerda con carlos, cun centro a frontal da área que Héctor remata ca esquerda a gol. O portomarín non levaba perigo no ataque, pero nun corner que chino non atalla a despexar con contundencia, o balón queda solto e permite o empate a dous tantos.

Foi Albino cunha falta potente pero lonxana o que puxo de novo por diante os locais, que o porteiro visitante non atallaou. Xa nada puido facer o Portomarín por achegarse no marcador, ante a superioridade do castroverde, que foi a polo cuarto, que conseguiu Marcos, o segundo na súa conta particular. Rafa tamén tería a súa oportunidade, e a saída dun corner, no primeiro balón que toca, marca o quinto. Marcos de novo, ca esquerda e por riba do porteiro fai o sexto, o terceiro na súa conta particular.

Partido moi ofensivo cun castroverde moi superior, sobre todo na segunda metade. Victoria xusta adicada a Carlos(Curuxo), que se recupere canto antes!!!

S.D. Castroverde: Chino, Juán, Bruno, Pere, Javi, Héctor, Marcos (Geme), Albino, Carlos, Richard e Marcos(Veiga). Tamén xogaron Toño, Óscar, Manolo, Rafa. (Gelo)