Posts Tagged ‘reto’

Vilalle 22 anos despois…


2009
07.15

Tras 22 anos sen que soase a música durante as festas patronais da parroquia de Vilalle, no municipio de Castroverde, este ano volverá haber festexos grazas á decisión de tres mozos do municipio, algún dos cales ten varios menos que os transcorridos desde a última romaría.

rameiro vilalle

Serán uns festexos modestos porque, precisamente, a pouca poboación foi a causa de que non se celebrasen desde fai máis de dúas décadas. Serán este sábado, día 18, e comezarán co disparo de lumes, misa solemne e sesión vermú con orquéstra Verán Azul, que tamén será a encargada de amenizar a verbena.

Segundo sinala Rubén López Eiras, reuniron 4.200 euros e necesitan 4.300. Pero venden rifas para sortear un televisor e o día da festa durante a verbena tamén haberá outro sorteo dun cabrito, polo que esperan que lles sobre diñeiro co fin de volver celebrar as patronais o próximo ano. Son no lugar ao redor de 20 casas habitadas, que achegaron 200 euros cada unha, ademais de 50 do Concello e donativos de varios bares de Castroverde.

Xunto con Rubén, organízanas Pablo e José Antonio , que se comprometeron a facelo no transcurso dunha conversación informal nunha comida comunitaria.

Boa nova para a xente de Vialle, que volve a poder disfrutar da súa festa, na honra a San Pedro, 22 anos despois.

Todo un record de anos, e todo un reto para os rameiros para conseguir de novo recuperar este evento.

Malabarista ou truco?


2009
07.01

Bruce Manley se chama este malabarista do baloncesto que flipou coas súas canastas a toda a xente que pasou pola súa canle de YouTube. Aquí tedes a mostra:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/IOOqF_kPoBg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Sigo pensando que aquí hay truco, non é posible que alguén sexa capaz de meter canastas pola espalda desde medio campo, con saltos polo medio, con obstaculos, e sigue ‘metendo’ igualmente.

Poucas referencias existen deste ‘habilidoso tirador’. Hasta o mismisimo e fanfarrón Shaquille O’Neal(xogador NBA, 4 veces gañador do ‘anillo’, e que ao finalizar esta temporada se retirará) lanzoulle este curioso reto a través de Twitter. Di así:

Buscadeo, quero xogar con él un “B-U-R-R-O” de 1.000 dólares“.