Posts Tagged ‘TVG’

Alfonso Roberto Farrel


2010
12.30

Sí, así era o seu nome, Alfonso Roberto Farrell, Bobby Farrell. O cantante do mítico grupo Boney M., apareceu morto na habitación dun hotel de San Petersburgo despois de ter na noite de onte problemas respiratorios.

Un asiduo do Luas, onde deixou verdadeiras perlas.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/2stV9W67MGI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/WIdLCaV5acg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Bon ano Novo!! Ata a próxima!!

“Caixa Negra”, a crise das vacas tolas


2009
06.09

Hoxe emitirase o moi comentado documental ‘Caixa Negra’ . Fálase incluso dun acto de censura na TVG, aínda que non todos os contidos que compra a TVG son finalmente publicados, parece que tan so demoraron a emisión.
Por se queredes ver o vídeo(esta noite na TVG, ou aquí o vídeo completo), para despois opinar con propiedade da Crise das Vacas Tolas, velaquí tedes a reportaxe completa, que subiron a YouTube (aínda que non sei se aguantará moito, pois supoño que os dereitos de emisión pertencen á TVG):

Un moi bon documental, no que un xenial ‘Gonzo’ danos as claves da crise das vacas tolas, os erros, os acertos, personalismos… moi recomendable!

Seguro que recordades algunhas cousas… a vosa visión…