Archive for Agosto, 2007

Na Busca Do Erro¡


2007
08.30

Lendo sobre o irmandamento dos Concellos con nome Castroverde Atopei esto:

TIERRA DE CAMPOS: Castroverde se hermana con

Las demás poblaciones del mismo nombre

El objetivo es la defensa y la conservación del patrimonio

J. A. G.

Castroverde.- La Corporación del Ayuntamiento de Castroverde de Campos, presidida por el socialista, Cecilio Lera, y representantes de los Castroverde de Lugo, Castroverde del Cerrato (Valladolid) y de Castroverde de Faro (Portugal) pusieron ayer las primeras bases para consolidar el hermanamiento entre las poblaciones que llevan el mismo nombre en la península ibérica.

La reunión tuvo lugar ayer tarde en el Ayuntamiento de Castroverde de Campos y todo se desarrolló en un ambiento «cordial» según precisó el alcalde de Castroverde de Lugo, Manuel Muñiz Besteiro.

Este hermanamiento se enmarca dentro del objetivo de la defensa y la protección del patrimonio. La idea partió del propio Ayuntamiento lucense a principios del pasado mes de julio, cuando se puso en contacto con el resto de los responsables para hacerles partícipes de la iniciativa.

La próxima reunión de los representantes está previsto que tenga lugar a principios del mes de julio en Castroverde de Lugo.

Manuel Muñíz Besteiro non é o alcalde de castroverde, senón o presidente da asociación de amigos do patrimonio de castroverde. Éste sí é o alcalde, Xosé María Arias Fernández:

   Las acusaciones e insultos se repiten en las sesiones plenarias de Castroverde

Proba Fotos Flickr


2007
08.29

albi gafotas   th_sindo_oeste th_lidia_feliz th_noel_deitado Boas de Novo, xente ¡¡¡

Como podedes ver, xa hai unha novidade. Xa se poden Insertar fotos desde a web, facilmente no blog¡

Hai un pequeno inconveniente, hai que migrar(cambiar) as fotos de photobucket a Flickr, polo que como sempre, se necesita axuda, de todos se é posible.

A miña idea é copialo todo ca mesma estructura, pra poder poñer esas fotos no blog. Que vos parece?? Espero os vosos comentarios debaixo. Recordade que se non tedes usuario, mo podedes pedir.

 Eu creo que sería interesante, ademais, podense comentar as fotos, e podense facer muitas máis cousas. O usuario é: tinocdlugo e a clave: ********

Para ver todas as fotos nosas, podedes entrar en: http://www.flickr.com/photos/masoucos

Espero a vosa colaboración. Gracias a uns cataláns(emilio) por colgar fotos¡¡ 🙂 th_Masoucosbcn4 mi mujer Aqui nac�

Qué é eso de RSS?


2007
08.27

RSS é parte da familia dos formatos XML desenvolvido especificamente para sitios de novas e weblogs que se actualizan con frecuencia, e por medio do cal pódese compartir a información e usala noutros sitios web ou programas. Isto é coñecido como sindicación.O acrónimo úsase para os seguintes estándares:– Rich Site Summary (RSS 0.91)
– RDF Site Summary (RSS 0.9 and 1.0)
– Really Simple Syndication (RSS 2.0)

Os programas que len e presentan fontes RSS de diferentes procedencias denomínanse agregadores.

Grazas aos agregadores ou lectores de feeds (programas ou sitios que permiten ler fontes RSS) pódense obter resumos de todos os sitios de novas que se desexe desde o escritorio do sistema operativo, programas de correo electrónico ou por medio de aplicacións web que funcionan como agregadores. Non é necesario abrir o navegador e visitar decenas de webs.

Pero o verdadeiramente importante é que a partir deste formato estase a desenvolver unha cadea de valor nova no sector dos contidos que está cambiando as formas de relación coa información tanto dos profesionais e empresas do sector como dos usuarios.

Podes ver maís en: gl.wikipedia.org/wiki/RSS

Reemplazo de baterías Nokia


2007
08.27

Nokia puxo a disposición dos seus clientes un buscador que permite saber exactamente se unha batería está afectada polo posible sobrequecemento, do que alertou a compañía fai unhos días. No centro de soporte da filial española tamén darán esta información os seus clientes a través do teléfono 902 40 44 14Nokia insiste en resaltar que só as baterías do tipo BL-5C, fabricada por Matsushita Battery entre Decembro do 2005 e Novembro do 2006, poden sufrir éste tipo de problema. “De los 46 millones de baterías de este tipo que hay en el mercado, sólo se han dado 100 casos de sobrecalentamiento“, insisten dende a filial, onde queren matizar que o número de erros é “ridículo“.

Os problemas de sobrequecemento detectados déronse sempre mentras o móvil estabase cargando. Nese momento producíase un cortocircuito que provocaba que se quentara en exceso a batería e facía saltar a súa tapa protectora. A multinacional insiste en que os usuarios afectados por éste problema no sufriron ningún dano físico.

Fonte orixe: zoomagazine.org

Crear Partición no disco duro


2007
08.27

Se pensache algunha vez en crear unha particion no teu disco duro, aquí vas a aprender como facelo ti mesmo¡

Creo que esta axuda vai ser útil para muitos. Con esto pretendese aprender a partir o noso disco duro en dúas ou máis partes dependendo da capacidade do noso disco. Por exemplo, podemos usala partición C: para o sistema operativo (que orixinal) e os programas, e a partición D: para gardar os nosos datos importantes, como archivos, música, películas, fotos, etc. Deste modo se algunha vez temos un virus nunha das particións ou se nos estropea o sistema operativo podremos formatear e reinstalar Windows na partición primaria C:, deixando os nosos datos importantes a salvo. É como ter dous discos duros independentes dentro dun.

Para empezar temos que insertar na unidade do CD o disco de instalación de Windows XP (o orixinal, está claro¡) e arrancar o Ordenador. Se a Bios está ben configurada arrancará directamente desde o CD  e apareceranos a seguinte venta onde pulsaremos sobre Enter

Aparece o contrato de licenza e para Aceptar pulsamos sobre F8. Despois deso o ordenador detectará o noso disco duro e como vamos a crear unha partición nova pulsamos a letra ‘C’

Na seguinte venta, veremos por un lado a capacidade total en Megas do noso disco e na línea inferior será onde escribiremos a cantidade de megas que queremos na nova partición.

Unha vez que xa fixemos a partición,  aparecenos na seguinte venta, onde instalaremos o Sistema Operativo, e pulsamos enter para instalar Windows onde seleccionamos.

A continuación formateamos a partición co sistema de archivos que máis nos guste FAT o NTFS, eu decantaríame por facelo en NTFS, pero eso vai nos gustos.

Acabado o proceso de formateo da partición que nos levará uns cantos minutos, dependendo da capacidade do disco duro comezará a instalación de Windows.

Se todo saliu ben xa temos instalado Windows XP na partición que creamos, vamos ver como queda esto e formatear o resto do disco. Para facelo se vamos o icono de MI PC ,  situamos o punteiro sobre MiPC e pulsamos o botón dereito do Mouse, aparecennos varias opcions, unha delas é dministrar, pinchamos sobre ela

Na pantalla que nos aparece dentro do Almacenamiento seleccionamos Administración de discos

Nesta pantalla vemos que o noso disco duro Disco 0 está partido en dous, unha partición onde temos instalado o sistema operativo e os programas e  outro espacio sen particionar, asíque vamos a darlle formato o espacio sen particionar para podelo usar como outro disco duro. Situamos o punteiro do rato sobre o espacio en negro ou non asignado e pinchamos sobre o botón dereito do Mouse, nas opcions que nos aparecen pinchamos sobre Formatear .

Apareceranos o asistente para formatear, damoslle a seguinte e na venta que aparece a continuación seleccionamos sobre Partición Primaria e lle damos a Seguinte

Se non vamos a crear máis particions pinchamos sobre seguinte e na ventana inferior dereita colocamos a letra que terá a nova partición (D: E:)

A continuación eleximos o sistema de archivos NTFS ou ben FAT e lle damos a seguinte e a Finalizar, o ordenador comezará a formatear a partición que seleccionamos.

Cando acabe o proceso de formateado veremos que xa temos un novo disco no noso ordenador

onde podremos ter as copias de seguridade dos nosos programas e archivos, incluso instalar un segundo sistema operativo nese disco.

Fonte orixe: AyudaDigital.com

Instalar Internet Explorer 7 (normaliz.dll)


2007
08.27

Microsoft púxose ás pilas pra evitar o pirateo, e eso fai que moitas instalacions nos den algún erro o intentar instalalas, o sistema dinos que temos que validala copia.

Internet Dentista 7A maioría de nós, como temos intalado Windows de forma fraudulenta, e como a min xa me pasou, deixovos un método para poder instalar Internet Explorer 7 sen ter que sufrir ferramentas de validación por algo do que nos non temos culpa.

Se a vosa intencion é instalar explorer 7, a pesar de poder instalar gratutitamente e sen problemas o Firefox 2.0 , aquí vai:

1.O primero que temos que ter é o Service Pack 2 (SP2) para que Internet Explorer 7 poda instalarse, do contrario xa non podremos facer nada, Firefox 2.0, unicamente maldecir a bill gates e a microsoft.

2. Se xa lograche ter no teu ordenador o SP2, descargamos Internet Explorer 7.0 dende o sitio oficial. Descargar IE7

3. Extrae os archivos do executable utilizando WinRAR(ou calquera outro). Non é máis que un archivo comprimido.

4. Baixa este archivo pulsando o botón dereito e “guardar como”: iecustom e copiao dentro da carpeta donde descomprimiche o contido do paquete Internet Explorer 7 e dentro da carpeta UPDATE. No caso de que che pregunte sobreescribir o archivo, contesta que SI.

5. Executa o archivo update.exe dentro da carpeta que descomprimiche, ¡no iesetup.exe! Cando termine, elixe “salir sin reiniciar”(so por esta vez).

6. Agora baixa o archivo normaliz.dll e copiao na carpeta c:WindowsSystem32 e o disco c:. Agora si¡,  reinicia o ordenador(Por primeira vez¡).

7. É neste momento onde poden empezar os problemas. Pode que o ordenador che diga que non pode encontrar normaliz.dll. Se che sucede esto, o teu escritorio non se cargará(non te preocupes). Neste caso terás que seguir estos pasos:

  • Pulsar Control + Alt + Supr
  • Seleccionar Archivo -> Ejecutar
  • Escribir “cmd” e pulsar enter
  • Escribe: ‘copy c:normaliz.dll c:windowssystem32normaliz.dll ‘
  • Pulsa Enter
  • Reinicia o ordenador.

8. Agora temos que executar o archivo xmllitesetup.exe na carpeta onde descomprimimos antes o IE7.

9. Reinicia o ordenador(por última vez; por finnn¡¡¡) e executa Internet Explorer.

 Despois desto xa debería de estar listo¡¡ Coméntanos como che foi¡¡¡ E se este artigo che foi de utilidade¡

Fonte orixe en inglés: Shaons

Publicar no blog


2007
08.24

Polas probas feitas, so se pode postear se estas rexistrado en ‘blogaliza, o blogmillo feito  web’, polo que para escribir teredes que rexistravos.

 Esto é todo. Esperemos que ben pronto teñamos novas fotos, e novas actualizacions¡

Na medida do posible facilitarase o acceso a publicación e os comentarios.

Un saudo, masoucosblog¡

Actualizo 21-04-2008: ‘Gracias o engadido spamkarma2, xa se pode comentar sen estar rexistrado no blogmillo feito web’.