Archive for Novembro, 2008

FESTA DA XUVENTUDE CASTROVERDE 2008??


2008
11.27

Preguntase “PiYaDoOo” nun comenteario de fai uns días na fiestra

Haberá este ano unha nova festa da xuventude?

Creo que non se debería perdela tradición con carteis tan bos coma este…

Estas líneas van dedicadas a esa xente que se preocupa de facer que todos disfrutemos dunha boa festa. Desde aquí todo o aopoio.Seguro que un ano máis se pode conseguir… MOITO ÁNIMO


Outra victoria máis


2008
11.24

Resultados
Muralla – Castroverde 0 – 1
Lugo – Pradeda 4 – 3
Sagrado Cor. – Oural 1 – 0
Río Sil – Comercial 2 – 2
Antas – Garabolos 2 – 0
Lucense – Calasancio 0 – 3
Portomarín – Rubián 5 – 2
Guntín – Friol 1 – 2

Os partidos da próxima xornada de liga serán:

Próxima Xornada
Castroverde-Guntín
Pradeda-Muralla
Oural-Lugo
Comercial-Sagrado Cor.
Garabolos-Río Sil
Calasancio-Antas
Rubián-Lucense
Friol-Portomarín

Clasificación/ X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 11 7 3 1 26 8 24
2. Sagrado Cor. 11 8 0 3 19 9 24
3. Oural 11 6 4 1 28 12 22
4. Castroverde 11 7 1 3 21 10 22
5. Comercial 11 5 5 1 25 20 20
6. Río Sil 11 5 4 2 12 12 19
7. Muralla 11 5 3 3 21 10 18
8. Rubián 11 4 5 2 18 17 17
9. Antas 11 4 3 4 23 23 15
10. Friol 11 4 2 5 17 17 14
11. Portomarín 11 4 2 5 13 15 14
12. Lugo 11 3 1 7 14 30 10
13. Garabolos 11 2 2 7 15 22 8
14. Pradeda 11 1 4 6 15 21 7
15. Guntín 11 0 5 6 10 23 5
16. Lucense 11 0 2 9 8 36 2

A boa racha da SD Castroverde continua con unha victoria pola mínima contra un dos aspirantes ao ascenso, o Club Atlético Muralla.

O partido disputado en horario pouco habitual para a categoría, as 20.00 no campo Luis Gorgoso , foi pouco vistoso edecidiuse por un gol de Richar ao pouco de empezar o partido.

Un partido que estuvo marcado polo dominio do medio campo de uns e outros e no que unha acción puntual, se puido desnivelar o marcador.

O equipo local intentaba saír co balón xogado, sempre polo lateral pero na liña de tres cuartos se lles acababan as ideas, e eran incapaces de dar un último paso definitivo ante a ordenada defensa verde e blanca. Así o gol de Richard, ao bater po riba ao poprteiro do equipo local despois dun disparo lonxano que se foi envenenando e fíxose imparable para o porteiro.

Pouca máis historia tuvo o partido, unha clara ocasión a pase de richar que albino non atalla a amarrar e que o porteiro para sen problemas.

Pouco futbol o ofrecido no Luis Gorgoso, con predominio das defensas, e na que a calidade individual ganou o partido.

Castroverde: 1.- Marcos, 2.- Juan, 3.- Bruno, 4.- Manolo, 5.- Javi, 6.- Marcos, 7.- Albino, 8.- Héctor, 9.- Carlos, 10.- Richard, 11.- Gelo. Tamén Xogaron Ivań e Tino. (Chino, Nacho).

Bo resultado, partido pouco vistoso


2008
11.17

Resultados
Muralla – Guntín 4 – 0
Castroverde – Lugo 2 – 1
Pradeda – Sagrado Cor. 0 – 1
Oural – Río Sil 4 – 0
Comercial – Antas 3 – 1
Garabolos – Lucense 1 – 1
Calasancio – Portomarín 3 – 0
Rubián – Friol 3 – 0

Os partidos da próxima xornada de liga serán:

Próxima Xornada
Muralla-Castroverde
Lugo-Pradeda
Sagrado Cor.-Oural
Río Sil-Comercial
Antas-Garabolos
Lucense-Calasancio
Portomarín-Rubián
Guntín-Friol
Clasificación. X. G .E. P. G.F. G.C. Ptos
1. Oural 10 6 4 0 28 11 22
2. Calasancio 10 6 3 1 23 8 21
3. Sagrado Corazon 10 7 0 3 18 9 21
4. Castroverde 10 6 1 3 20 10 19
5. Comercial 10 5 4 1 23 18 19
6. Muralla 10 5 3 2 21 9 18
7. Río Sil 10 5 3 2 10 10 18
8. Rubián 10 4 5 1 16 12 17
9. Antas 10 3 3 4 21 23 12
10. Friol 10 3 2 5 15 16 11
11. Portomarín 10 3 2 5 8 13 11
12. Garabolos 10 2 2 6 15 20 8
13. Pradeda 10 1 4 5 12 17 7
14. Lugo 10 2 1 7 10 27 7
15. Guntín 10 0 5 5 9 21 5
16. Lucense 10 0 2 8 8 33 2

Mal partido o disputado no campo da ‘Veiga do Olmo’ entre o UD Lugo e a SD Csatroverde, no equipo local fixo o mínimo para levarse a victoria.

Un partido a priori máis fácil do que demostra o resultado final, xa que o ud lugo puxo as cousas moi complicadas para conseguir a quinta victoria consecutiva da temporada. O partido comezou moi frío con moito respeto dos dous equipos, e xogo moi trabado con moito medio campo. Foi o castroverde quen dispuxo da súa primeira acción clara de gol, por medio de albino, que no man a man co porteiro non decide correctamente e falla a ocasión máis clara ata ese momento. Pero pouco despois e nunha xogada máis complicada, recolle un balón dentro da área, e cun disparo duro sorprende o porteiro rival. Primeiro tanto para poder encarrilar o partido. Así as ocasions sucederonse para o castroverde, ante ud lugo que pouco inquietou, excepto na ultima xogada da primeira parte que un bo desmarque e posterior disparo que o largueiro repele. Antes marcos noutro man a man co porteiro falla o que sería o segundo para o castroverde.

Na segunda parte continuou o partido polo mesmo camiño, con ocasions para o castroverde, que non puido materializar ata ven pouco do final, no que a presión esta vez si foi efectiva, e o gardameta visitante ao intentar despexar o balón, golpeono contra o seu propio defensa e introdúcese na portería. Supoñía o dous a cero. Pouco máis puido facer, co tempo xa cumplido, un disparo de falta lonxana fai o un a dous. Non deu tempo para máis.

Victoria xusta polos méritos de uns e outros, con xogo pouco vistoso. Próxima parada, Muralla, co segundo posto en xogo.

O crack: A afición que apoiou en gran número coa súa presencia o equipo.

S.D. Castroverde: 1.- Marcos, 2.- Juan, .-3.-Bruno, 4.-Javi, 5.-Pere, 6.- Marcos, 7.-Albino, 8 .- Héctor, 9.- Rafa, 10.- Richard, 11.- Gelo. Tamén xogaron: Iván, Tino, Nacho, e Manolo. (Chino)

Homenaxear a Enriqueta Otero co nome do colexio??


2008
11.15

Según comenta nesta entrevista Ricardo Polín, que a fiestra se fillo eco fai ven pouco, e da que collo prestado unha das preguntas.

-¿É xente batalladora?-Neste momento a xente non se caracteriza especialmente por ser batalladora.

Dáme mágoa que estes valores, e o paisaxístico, non se esperten máis e que as conciencias estean tan adormecidas. Agora ben, temos exemplos insignes no pasado, como o caso de Enriqueta Otero ou de todos os mártires de Montecubeiro masacrados na posguerra. Aproveito para reclamar que o colexio público de Castroverde, ao que parece que andan a procura dun nome, que se lle dedique a Enriqueta Otero. Foi unha profesional da educación destacada e integrante de moitos movementos de renovación pedagóxica, e tamén pola súa simboloxía como resistente a ditadura de Franco. Está enterrada na parroquia de Miranda e débeselle esa homenaxe.

Parece que hai algo de certo neso de buscarlle nome ao CPI de Castroverde pero…

· Que che parece que a idea de Ricardo Polín de homenaxear a Enriqueta Otero co nome do Colexio?

· Cal é o nome que a ti che gustaría, ou cres que se lle debería poñer?

· Hai persoas dentro do concello que o merecen máis ca Enriqueta?

· É necesario poñerlle nome agora, despois de máis de 30 anos?

· E ti, non dis nada?

Enriqueta Otero. Castroverde 1902 – Lugo 1989


2008
11.14

Enriqueta Otero, Docente, Poeta, Sindicalista e activista política, así como médica-enfermeira.

Comezou a súa actividade como mestra exercendo en varias escolas da provincia de Lugo (entre elas a de San Cosme de Barreiros), no colexio Gómez Baquero de Madrid e, de regreso a Galicia, en San Pedro de Cea no concello de Vilagarcía de Arousa. En 1936 recibe unha bolsa para trasladarse ao Colexio Nacional de Xordomudos de Madrid.

Ao estalar a Guerra Civil dedicase ao coidado de cativos no Levante. Logo traballa como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel, no que fixo parte do Comité de Control Obreiro. En xaneiro de 1937, incorporase como miliciana da cultura á defensa de Madrid no Exército do Centro, na Primeira Brigada Móbil de Choque da 46ª División, dirixida por Valentín González, El Campesino . Participou na creación de varios fogares-soldado ou hospitais-escola. Fíxose cargo dunha gardaría para os fillos dos soldados, montou algúns hospitais e organizou un hotel de repouso para as viúvas e compañeiras dos soldados, todo na provincia de Alacante.

Co golpe do coronel Casado aliñouse coa política de Negrín e dos comunistas, foi detida por membros socialistas do Consello Nacional de Defensa e conducida ao cárcere da Ronda de Atocha madrileña e logo á prisión de Ventas. Un día antes da rendición de Madrid, o 27 de marzo de 1939, foxe xunto a outras presas.

Consegue chegar a Lugo, á casa do párroco da Nova, ata onde a alcanzou a persecución policial, se ben librou grazas ao crego. Nestes primeiros meses de semiclandestinidade, acubíllase en varias vilas da provincia, sempre baixo identidade falsa. Houbo un novo intento policial por capturala en 1942. Comezou a establecer conexións cos fuxidos e cos antifascistas de Becerreá, onde colaborou nunha primitiva estrutura guerrilleira. Sen contactos co PCE ata 1944, a súa influencia política e organizativa en parte da provincia de Lugo percibiuse no posterior medra política e guerrilleira provincial.

En 1944 formou parte do Comité Provincial de Lugo e o ano seguinte mantivo relacións directas co PCE. En febreiro dese ano foi responsable de finanzas e de organización. Malia a caída dalgúns cadros, o partido chegou a contar en toda a provincia cun cento de militantes e ducia e media de guerrilleiros.

O seguimento sobre o PC de Lugo e sobre Enriqueta Otero intensificouse a partir de finais de 1945 e principios de 1946. En xaneiro deste último ano varias caídas afectaron xa a toda estrutura provincial; en febreiro caeron ata cincuenta persoas vinculadas á resistencia.

O 16 de febreiro de 1946 foi detida en Lugo, xunto con Xosé Vicente Rodríguez. Antes da detención, resistiu tres horas o acoso policial pero ao ser ferida nunha perna, foi apresada. Ameazada e duramente torturada, a intervención dalgunhas antigas profesoras salvouna de ser asasinada.

Acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, no seu consello de guerra celebrado en Coruña en xullo de 1946 foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por un atentado contra a autoridade.

En outubro de 1946 foi trasladada ao cárcere de Amorebieta e a finais de novembro ao de Segovia, no que pasará cinco anos baixo deplorables condicións hixiénicas, médicas, climatolóxicas e alimentarias, polo que participou nas folgas de principios de 1949, que reivindicaban melloras carcerarias.

En outubro de 1951 foi enviada ao penal de castigo de Guadalaxara e meses despois confinárona no penal de Alcalá de Henares, no que conseguiu a liberdade condicional en 1960. A definitiva houbo de esperar ata 1965.

Ao saír da cadea recuperou parte das propiedades familiares incautadas, perdeu outras e abriu un longo contencioso-administrativo para ser rehabilitada como mestra nacional, o que conseguiu en outubro de 1974. Tras pasar por diferentes escolas, onde intentou promover certas actividades culturais de base, xubilouse en 1980.

Tres anos antes creara a Asociación Popular O Carriño, inspirada nas Misións Pedagóxicas republicanas, como un espazo de cultura, reflexión e discusión, afastado do ensino tradicional.

Morreu o último día de outubro de 1989 e foi enterrada na súa parroquia natal, Miranda, envolta na bandeira republicana, evocada como «a última guerrilleira galega, a Pasionaria do pobo galego».

Obra de Enriqueta Otero


“Textos de combate” en RODRÍGUEZ GALLARDO, Á., Letras armadas, op. cit.

“Prosa política e humanista” en RODRÍGUEZ GALLARDO, Á., Letras armadas, op. cit.

“Textos de promoción cultura e popular” en RODRÍGUEZ GALLARDO, Á., Letras armadas, op. cit.

“Poesía” en RODRÍGUEZ GALLARDO, Á., Letras armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco , Lugo, Fundación Dez de Marzo, Concello, 2005.


Autor/a da biobibliografía: Ángel Rodríguez Gallardo

Información Obtida de: http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=94

Entrevista con Ricardo Polín


2008
11.12

Primeira das tres entregas da que consta esta miniserie de artigos. Esta primeira unha entrevista a Ricardo Polín, para coñecelo un pouco mellor, neste artigo da voz de galicia e na que fai unha proposta para o nome do colexio ao que parece que lle andan a buscar nome. Na segunda entrega, mañá, unha biografía desa persoa. E a terceira entrega, a votación e as opinions de que che parecería ese nome para o CPI de Castroverde.

Comezamos¡ Este profesor, investigador, historiador e escritor centrado nos estudos filolóxicos e literarios, a etnografía e o Camiño Primitivo. As súas grandes pasions son o eixo da súa obra, a deste escritor e profesor nado entre os ríos Chamoso e Azúmara, na parroquia de Meda.

Ricardo Polín, que ademais de escritor e investigador sigue compatibilizando as súas clases no campus de Lugo e nun Instituto de Vilalba, dise moi marcado polo lugar onde veu ao mundo, santa María de Pena de Castroverde, especie de epicentro fluvial do que parte un río cara a Terra Chá e outro cara para o Corgo e Láncara. Tamén é parroquia de tradición musical e que sempre valorou moito a cultura. «Nun lugar campesiño, hoxe hai cando menos un titulado universitario en cada familia».


Ricardo polín «Estamos fóra da nosa órbita, que é a tradición galego-portuguesa»

Engarza perfectamente a filoloxía, a literatura, a etnografía, o Camiño Primitivo e a recuperación da memoria histórica. «Un dos autores dos que conseguir recuperar a obra completa, que estaba perdida, é o poeta da Terra Chá Francisco de Fientosa, que foi asasinado en Aravaca con so 24 anos en 1936, pouco despois de Lorca, do que era fiel seguidor. Está agardando tamén unha investigación, porque sería conveniente saber onde está»

-¿É un paralelismo grande con García Lorca?

-É un paralelismo moi grande, tanto na vida como na morte. Foi un home que seguiu o estilo de Lorca marcadamente e nomeadamente no mundo da poesía, que rematou cunha morte parella a do poeta andaluz e moi próxima no tempo. Era unha persoa que tiña un futuro brillante no mundo das letras e un dos seus libros fora prologado por Ramón Cabanillas, que era unha institución.

-¿Que é fundamental para manter a cultura propia?

-É moi importante non perder os sinais de identidade, saber ben onde estamos, e sobre todo, non pensar que a cultura urbana ten un peso específico maior que a cultura rural da que vimos. Iso ten sido nefasto nalgúns momentos.

-Vostede centrou os seus estudios en etapas moi concretas pero tamén moi distintas da literatura galega.

-Non sei se foi causal ou se foi o meu destino, pero téñome movido moito polos buratos negros da nosa historia e polos momentos que temos identificado peor, que están desvaidos ou mesmamente que se nos teñen ocultado. Por exemplo, a última etapa do noso medievo é o momento máis catastrófico para a nosa tradición literaria. Tamén me teño movido bastante no campo da literatura galega que se ten feito no século XIX fóra de Galicia, como as tertulias de galegos en Madrid, Curros, etcétera; e téñome movido bastante no mundo dos autores que teñen padecido persecución na posguerra e dos que se ten perdido a súa obra. Teño preparada, e espero que non tarde en saír, toda a obra completa dun autor pastoricense, moi significativo da posguerra: Manuel María González, compañeiro de Manuel María da Terra Chá, morto en Tetuán e do que recuperei a obra completa.

-¿Por que nun determinado momento se perdeu o galego nas clases dominantes en Galicia e non ocorreu o mesmo en Cataluña?

-Aquí colleunos o tránsito cara o dominio de Castela nun momento no que a burguesía galega non estaba afincada e moi rapidamente os nobres galegos foron substituídos por outros traídos de fóra. Ese paso foi decisivo na nosa historia lingüística e cultural, porque se nos ofreceu un modelo alleo. A partir dese momento o prestixio identificábase sistematicamente cos nobres chegados da outra banda.

-¿E xa non se rompeu esa situación?

-Non, e esa é unha das miñas teimas. O noso país quedou a contrapé; estamos fora da nosa órbita histórica e cultural, que é claramente é a tradición galego-portuguesa. O poderoso brazo creativo do Miño e do Douro quedou roto.

Parque Eólico de Puñago-Masoucos. Si? ou non?


2008
11.11

O proxecto que modificará ás nosas paisaxes con novos parques eólicos continúa o seu curso. Así antes de que o decreto da Xunta para regular os parques eólicos saia a luz, duas empresas van contar con novos parques a marxe dos que se adxudiquen por parte da Consellería de Innovación e Industria. Unha delas é Endesa, a través da súa filial de enerxías renovables e a outra firma é Estela Eólica, que xa só están a espera das declaracions de impacto ambiental por parte do Ministerio de Medio Ambiente para obter o permiso de instalación nas provincias da Coruña e Lugo.

Xa pasaron incluso a fase de exposición pública e de alegacions, e unha vez aprobada as declaracions de impacto ambiental, serán devoltas para proceder a súa autorización administrativa polo minesterio de Industria.

Os promotores, que levantarán unhos dez parques o longo duns vinte concellos galegos, non so apuraron os tempos, senón que utilizaron todos os seus recursos para non estar baixo o decreto galego da Xunta.

Endesa ten solicitado uns 236 megavatios, mentras que Estela Eólica suma 104(so na provincia de lugo) a repartir en dous parques cunha potencia instalada de 52 megavatios cada un. Outra das pegas que se poñen a estes parques, son as súas dimensions, moito maiores que os proxectados para os futuros, ademais de non dispoñer de axuda ou subvención algunha. Aínda así os promotores saenlles os números, segundo din, por exemplo, dende Estela Eólica.

Todos os proxectos solicitados polas compañías oscilan entre os 80 e os 164 megavatios por parque. E precisamente o proxecto de Becerreá, que afecta a terreos dos municipios de A Fonsagrada, Becerreá e Baleira, multiplicará por tres a potencia e as dimensions de cualquera parque proxectado para os próximos anos.

Os proxectos

– Endesa en Lugo: parques San Sebastián, Punago Sur(nos montes de Masoucos e Puñago), Becerreá e Penas Altas, cunha potencia conxunta de 384 megavatios. Estes parques están nos municipios de: Carballedo, Chantada, Castroverde, Baralla, Baleira, Becerreá, A Fonsagrada, Paradela e O Saviñao.

Estela Eólica en Lugo: parques Chao do Carmelo e O Acevedal, cunha potencia conxunta de 104 megavatios.

Despois da instalación do parque eólico do mirador, na serra de pradairo e o mirador, que opinión tes sobre os parques eólicos? cres que favorecen para o desenvolvemento do concello, crees que esa é a desculpa para a súa instalación, ou pensas que son monstruos que fan que a paisaxe e o habitat queda estropeado? E ti, non pensas decir nada a todo esto?

P.D. A quen pertence a xestión dos beneficios deses parques?

Cuarta victoria consecutiva


2008
11.10

Resultados
Lugo – Muralla 2 – 1
Sagrado Cor. – Castroverde 0 – 2
Río Sil – Pradeda 1 – 0
Antas – Oural 3 – 3
Lucense – Comercial 1 – 1
Portomarín – Garabolos 2 – 1
Friol – Calasancio 1 – 2
Guntín – Rubián 1 – 1

O resto da xornada…


Próxima Xornada
Muralla-Guntín
Castroverde-Lugo
Pradeda-Sagrado Cor.
Oural-Río Sil
Comercial-Antas
Garabolos-Lucense
Calasancio-Portomarín
Rubián-Friol

Partido moi disputado o celebrado no campo das gándaras, entre o colider ata esta xornada, o sagrado corazón e a SD, con triunfo para o equipo visitante por cero a dous (0-2), os dous goles obra de Albino.

Nos primeiros compases do partido dominio alterno pero con máis presencia do castroverde, que despois dunha boa parada do porteiro Marcos, cun saque en longo que toca Gelo de espuela, fai que albino se quede so e marque a pracer o primeiro gol do partido. Partido de cara e ben controlado, que se puido xa sentenciar pouco despois nunha xogada que richard non remata e os defensas botanselle enriba. A partir de ahí o sagrado corazon veuse cara arriba e dominou o partido dispoñendo de boas acasions para empatar o partido. Non se moveu o marcador e chegouse o descanso.

No segundo tempo, máis dominio local con xogadas de calidade dos visitantes que se achegaban a gol, nos saques de esquina e falta, ou polas bandas, sobre todo con bruno. Nunha desas faltas, un pouco alonxada, pero centrada, o disparo de albino, colase polo lado do porteiro e convírtese no segundo tanto do partido.

Demasiada carga para un sagrado que pouco ofreceu para remontar un dos partido clave para uns e outros que desta volta se levou o castroverde con xusticia.

S.D. Castroverde: 1.- Marcos, 2.- Óscar, 3.- Bruno, 4.- Pereira, 5.- Javi, 6.- Marcos, 7.- Albino, 8.- Héctor, 9.- Rafa, 10.- Richard, 11.- Gelo. Tamén xogaron Iván, Juán e Tino. (Chino e Manolo).

O crack: Pereira. Demostrouno o final do partido.

Clasificación X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Oural 9 5 4 0 24 11 19
2. Calasancio 9 5 3 1 20 8 18
3. Sagrado Cor. 9 6 0 3 17 9 18
4. Río Sil 9 5 3 1 10 6 18
5. Castroverde 9 5 1 3 18 9 16
6. Comercial 9 4 4 1 20 17 16
7. Muralla 9 4 3 2 17 9 15
8. Rubián 9 3 5 1 13 12 14
9. Antas 9 3 3 3 20 20 12
10. Friol 9 3 2 4 15 13 11
11. Portomarín 9 3 2 4 8 10 11
12. Pradeda 9 1 4 4 12 16 7
13. Garabolos 9 2 1 6 14 19 7
14. Lugo 9 2 1 6 9 25 7
15. Guntín 9 0 5 4 9 17 5
16. Lucense 9 0 1 8 7 32 1

Hora vella ou hora nova, esa é a cuestión. Por Undetordea


2008
11.06

Cando se fai a pregunta de o porque cambia a hora todo o mundo di que é para aforrar enerxía, está claro…pero en que medida, quen aforra, lle totalmente certo esa afirmación?. Din que se aforra porque se aproveitan máis horas de luz, pero digo eu para que queremos horas de luz si sexa de día ou sexa de noite, sexa un día escuro ou claro as luces por exemplo, nas oficinas están sempre acesas. Vas entrar nunha cidade grande e a altas horas de madrugada ves os edificios enormes de oficinas todos iluminados, parecen todos hoteis. E o alumeado público non creo que apague antes ou despois, incluso se ven acesas de día.

Malgastes como o de ter en días de calor a calefacción funcionando e pasar de repente poñer o aire acondicionado a todo gas é moi común nos edificios públicos.

Pero realmente quen sufre as consecuencias do cambio horario?

Esas señoriñas que se atopan un domingo pola mañá co cambio horario feito…xa o día antes preguntaran a que hora era a misa e lles dixeron que as 10 coma sempre, pero elas dixeron , pola hora nova ou pola vella?…a pos non che sei..e aló vai a ansiosa da muller unha hora antes, ás 9 a porta da igrexa.. non vaia ser que vella pola hora vella, ou a nova.

Igual pasa co bus, esperar o bus, certamente dos que están a esperar ninguén ten a seguranza de que vai pasar á hora de sempre, bueno de sempre si, pero pola nova ou pola vella?

E o máis importante, cal é a verdadeira hora, a nova ou a vella.

Desde Castroverde para o Mundo


2008
11.04

Para quen aínda non viu o programa, ou non se deu levantado…

Pequeno resumen xeral de castroverde, e o camiño primitivo ata a provincia de Asturias.
Download O Camiño primitivo

Situaciçon de castroverde, cunha mini historia e entrevista a Jose María
Download A meseta Lucense, Castroverde

As vacas guapas, como chaman eles, breve repaso ao principal motor económico da zona
Download As vacas guapas

Interesante reportaxe que deixa moitos sitios por visitar e moitas cousas pendentes, pero o máis importante é a túa opinión. Ti que opinas?