Archive for Maio, 2009

Juanes, outro reto nos Pirineos


2009
05.28

Desde o pasado 26 de maio Jesús García Juanes ten ante sí outro dos seus retos, aínda que este sin reinvindicación explícita, a Transpirenaica. Desta volta consiste en cruzar os Pireneos desde a costa mediterránea ata a cantábrica en patinete, especialmente diseñado para a ocasión en Finlandia, e no que levará todo o material que precise para poder levar o mellor posible o seu traxecto.

Terá que cubrir uns 1.000 quilómetros de distancia, con varias ascensións a portos de máis de 2.000 metros de altitude, como o de Fuente Dé (un dos máis emblemáticos e turísticos portos de Cantabria), polo que ao final do traxecto terase enfrentado a preto de 23.000 “metros de desnivel acumulado”.

Todo esto é muito máis contao no seu blog, día a día, e detalle a detalle; tamén escribe sobre como foi o preparación, os  ‘apaños’ do seu patinete, e como non poder repasar todalas súas aventuras.

Moita Sorte!

A Cova da Valiña perde a súa condición.


2009
05.27

Del neandertal al «Homo sapiens»Investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da Universidade de Santiago (USC) recollen nun estudio que o depósito da Cova de Eirós, en Triacastela (Lugo), revela a primeira presenza de humanos modernos en Galicia.

Os investigadores deste grupo da USC traballan na escavación desta cova xunto cun equipo do Institut Catalá de Paleoecología Humana i Evolució Social (IPHES) [Universitat Rovira i Virgili], Tarragona; [ver canal en YouTube]. Destacaron que os traballos desenvolvidos revelan a importancia deste depósito para o estudio dos modos de vida dos neandertales no Paleolítico medio.

Gis cova da valiñaCoas exploracions na cova de Eirós, en Triacastela, o xacemento cromañón que se creía máis antigo de Galicia, a Cova da Valiña (Bolaño, Castroverde) perde a súa condición(Anexo Gif dos elementos atopados na cova). Os artefactos que foron achados nesta gruta (A cova da Valiña) están clasificados inicialmente na industria chatelperroniense -unha cultura que precedeu á auriñaciense nos inicios do Paleolítico Superior- e atribuídos ao Homo sapiens. Non entanto, esta atribución foi moi discutida e hoxe considérase que estes vestixios pertencen probablemente ao Paleolítico Medio.

O xacemento de Cova Eirós convertese así no primeiro xacemento galego da cultura auriñaciense e tamén o primeiro rastro comprobado da presenza do home de Cromañón en Galicia, o que axuda a enfocar doutro xeito as orixes do poblamiento do Homo sapiens en Galicia. A cova de Triacastela pasa agora a representar o cambio de era que supuxo a chegada do Homo sapiens moderno.

Premio extra para a Fiestra de Masoucos


2009
05.26

Logo onda cero LugoAínda non o asumín; Non imaxino como, pero gracias a Lourdes de Onda Cero Lugo, que caeu na fiestra e lle chamou a atención o noso blog, mañá terei a posibilidade de comentar e ser entrevistado no programa local, será arredor das 13.30 no 94.9 da FM.

Foi sen duda unha agradable sorpresa. E para nada esperada. Sigo aínda desconcertado de como chegou a min, e porque elexiu a Fiestra de Masoucos, coa de blogs que hai espallados en internet!!!

So podo decir gracias, é un pequeno premio para o esforzo destes tres (un pouco máis) últimos anos, no que ás veces se fai un pouco ingrato escribir. Como por exemplo cando non hai comentarios, cando parece que as Entrevistaentradas que tanto mimache non teñen a aceptación esperada, cando cometes erros, cando… etc, etc. Por todo esto e por moito máis estou completamente agradecido.

Non quero deixar pasar a ocasión para recordar que este premio extra, forma tamén parte en maior ou menor medida de ‘UndeTordea‘ e as súas ‘verbas falangueiras‘,  a ausente ‘Faleieu‘ e a súa ‘Leira Musical‘, ‘Kali‘ e  ‘Jose‘ que  se asoman a esta fiestra, apoiando e dando a súa sabia opinión. E como fin último a todos os que se pasan, os que comentan, os que leen e xa esperan unha nova entrada, e a todos os que se interesan pola “fiestra de masoucos” : ‘o blog de masoucos, Castroverde’.

Leite Pascual, ERE, xustificacions e demagoxia


2009
05.25

Leite Pascual, ven de adicar un anuncio enteiro a demostrar que o precio do leite o vale, e non lle falta razón. Co que xa non podemos estar de acordo e co precio que estas e outras marcas pagan en orixe, pero aquí está o anuncio:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5TiCqpfU-U4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Despois de anunciar esta mesma semana pasada a presentación dun expediente de regulación de emprego, con extinción de contrato, que afectará a 155 traballadores da fábrica de Outeiro de Rei e a máis de 400 gandeiros,  agora saca un anuncio ¿criticando? as marcas blancas.

Este anuncio  ‘xustifica‘ o  SUPERIOR precio dos seus productos frente ás marcas brancas con motivos como “recollida de leite a diario”, “mellores equipos de veterinarios” e “maiores controis de calidade”. Discutibles todas Muxidoraelas.

Ata fai ben pouco, non máis de dous anos, Central Lechera Asturiana, Pascual e Puleva controlaban un 40% das vendas de leite envasada en Galicia. Hoxe, a tarta reduciuse para estas tres empresas ata un escaso 25%. Pero que fan? aumentar en publicidade? Canta máis publicidade fai a marca, máis caro é o litro de leite. Para baixar os precios deberían empezar por reducir en publicidade e en intermediarios!.

O gandeiro recibe, hoxe por hoxe, uns 17-20 céntimos por litro. Se logo de todo o proceso o venden por 97 (por exemplo)céntimos ou incluso máis, onde van eses aproximadamente 80 céntimos?.

80 céntimos de diferencia nos supostos  ‘controis de calidade extra‘ da marca? Increible.

Inesperada suspensión


2009
05.20

A última proba da Copa de España de Duatlon Cros, que se iba a celebrar este próximo sábado 23 de maio no noso concello, queda suspendida.

Segundo a Fetri hai varias causas para que se producira esta suspensión. Entre elas a baixa participación, aínda que deixa aberto o abanico de posibilidades para outras razons que a expliquen.

De todolos xeitos a clasificaión final, que se decidiría este próximo sábado xa é definitiva, e na que contarán as tres mellores posicions clasificatorias das catro pobras disputadas hasta o momento.

Todo un mazazo para a promoción do deporte no concello. Esperemos que se poida recuperar esta proba en próximos anos.

P.D.1 – Na páxina do concello, un clásico. A portada sen actualizar é para a celebración da copa de España de Duatlon Cross.

P.D.2 – Cal será o destino da subvención que ia recibir o concello por tal evento de parte da diputación de Lugo? Irá de volta? Utilizarase para a promoción de outros deportes? E senón, que poderíamos facer con esa axuda de 1182€?

breo, o regreso á élite


2009
05.18

O Breogán xoga mañá martes fronte ao Los Barrios, ás 20:45.

O obxectivo: meterse na Final a Catro, o paso previo á ACB

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/fITT8jDdspY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A por eles, este ano si!

Non quedemos sen palabras


2009
05.17

dia das letras galegas

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.

(“Da Vella Roseira”, Victoriano Taibo)

Gracias a Alex Ghalpon pola ilustración!

Un ano máis pasou o día das letras galegas, este ano adicado a Ramón Piñeiro.

coches clásicos


2009
05.15

E coma na semana predominaron os vídeos, que mellor que terminala con outro vídeo. Este que atopei polo You tube, do ‘rali’ de coches clásicos no seu paso por Castroverde.

O vídeo (e fotos) elaborados por pilladooo, gracias, acompañado dun moi bon tema de Bruce.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/EPuebC1m3As" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Masoucos, lugar de culto ancestral


2009
05.14

Sí, masoucos é lugar de culto ancestral. É o ejemplo máis claro e sinxelo segundo camino de piedra, Blog adicado a todo tipo de construccións de pedra que se poden atopar a súa historia e o seu entorno.

Como norma xeral, todo templo adicado a un santo que viviu nos primeiros anos do cristianismo, está situado nun lugar de culto ancestral. Así o estilo máis nestos templos é o románico ou prerrománico, algúns incluso foron tan varias veces restaurados e reformados, polo que o edificio que actualmente podemos ver, non ten máis de 300 anos, aínda que queden abundantes restos das edificacions anteriores, sobre todo pedras que foron reutilizadas, pero hai máis.

Ésta é a razón pola que o cristianismo levantou templos en lugares de culto. Antes xa existía algún outro tipo de culto ‘precristiano’

E de entres destacan os levantados nas croas dos crastros, como é o caso de Masoucos, no que se levantou o templo parroquial, con adro e cemiterio en torno.

Coñeces algún outro caso deste tipo? Comparteo

Bancaja e Bud Spancer(o Gordo)


2009
05.13

Ás ultimas campañas de Bancaja, nas que predomina o humor e onde están a sorprender moi positivamente está protagonizada por Bud Spancer. Esta última que xa podemos ver na televisión, na que o protagonista é o mítico actor Bud Spencer, máis conocido como “o gordo” (antiguo campeón mundial de natación)  e compañeiro de fatigas de Terence Hill ” o flaco” co que protagonizou míticas películas, e nas que bancaja recupera a esencia dos seus mellores momentos.

https://youtube.com/watch?v=o8sNocWWS-g