Archive for Xullo, 2009

So faltan 11 días


2009
07.30

A xunta de goberno do Concello de Castroverde adxudicou á empresa Carballeira da Pontenova, a construción das piscinas descubertas, con vestiarios e servizos na área recreativa de Veiga del Olmo. A contratación foi realizada por un prezo de 613.172 euros máis 98.107 de IVE. Esta é a mesma contía que figuraba no prezo de licitación do concurso.

As obras comezarán(por fin) este próximo dez de agosto, e como ben  dice Ángel Vaqueiro na súa crónica do Progreso, será coma un parto en dous séculos, que rematará en abril do ano próximo(2010). Tan so queda disfrutalas e conservalas!

O RECORTE ♦ Parto

El Progreso, 15-07-2009, p. 13Non é de estrañar que se vaia tardar en construír a piscina descuberta de Castroverde o mesmo que un embarazo. Porque cando remate, aquilo vai ser case como un parto, moi pero que moi longo, porque o primeiro proxecto e as obras iniciais, abortados, son de comezos dos noventa. Os de Castroverde poderán, iso si, gabarse de ter unha das obras máis lentas da historia, que se fixo nada menos que en dous séculos. Debe de ser por aquilo de que os olmos son árbores moi duradeiras. Agora a ver se este embarazo chega a bo fin e o pequeno nace san.

Salamanca 48. Descubre salamanca en 48 horas.


2009
07.29

Se aínda non sabes con certeza a onde ir de vacacions… aquí tes unha posibilidade.

Fai ben pouco descubrín VIAJAR: 48, un programa do canal Viajar no que Alfonso González, o seu presentador, nos descubre unha cidade en 48 horas co máis típico, tal e como unha viaxe de fin de semana. Lugares insólitos, locales interesantes, diferentes…

Alfonso González ten 48 horas para descubrir os emblemas da cidade, neste caso de salamanca.

Descubrindo as catedrais:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JqxhvN9zuLs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Neste segundo vídeo podemos saber máis sobre a praza maior e a Universidade.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ssePlaxwnDk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Nesta terceira entrega non podían faltar ás tapas e algúns dos lugares con máis tradición da cidade.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/pkOfSOIfBys" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O Museo de Art Noveau e Art Decó, con sede na Casa Lis de Salamanca, onde se exhiben máis de 1600 pezas agrupadas en distintas coleccions. Ademais tamén se da un paseo polo huerto de Calixto e Melibea, nesta última entrega.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/E0c4KlxF7Oo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Castroverde en Fotos


2009
07.28

Recollo este interesante montaxe de fotos no vídeo “Castroverde en fotos”,  desde o blogue de Jose Pereira Miranda, “Cosas de Pepe”; outro blogue que comezou falando de Castroverde, do seu medio natural, demografía, etc, aínda que moi parecidos os que se poden atopar na web esgalicia.com.

Ademais agrego tamén estoutra composición de fotos, subida o YouTube por Pilladooo.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5LkXg3hUJdY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Boas, Rabo de Raposo!


2009
07.27

Feira do CabaloBoas, Rabo de Raposo.” Así titula Jaureguizar a súa experiencia o paso pola feira do cabalo, onte en Castroverde. Con fotos de Sebas Senade, ademais recolle impresions de varios dos propietarios que se desplazaron ata a feira, no que foi un éxito de asistencia e visitantes.

José Guergué,  propietario de varios animais defende que «ten que gustarche moito isto, porque todos son gastos. Para competir en Castroverde, temos que pagar gasolina e as comidas de catro persoas».

Maiores aínda son os gastos de Mário Costa, quen viaxou dende Portugal con cinco cabalos, «cando logo os premios son de 120 euros como moito, se os consegues gañar».

O seu compatriota Armindo pensa o mesmo e engade que «eu ando nisto porque sempre houbo cabalos na casa e me gusta, pero os premios dan para tomar algo cos amigos e pouco máis».

ParticipanteAmbos os dous desprázanse dende Portugal, malia que prefiren as probas do seu país, «porque son máis bravas», apunta Mário. Este xinete explica que «as carreiras lusas non se fan a unha volta, senón a catro, polo que o animal xustifícase. Nas carreiras galegas, cando o cabalo está entrando en calor, ten que parar».

A Rabo de Raposo resúltalle indiferente facer un percorrido a unha volta ou a catro, porque a el abóndalle con cabalgar, algo que fai dende hai corenta anos, cando tiña dez. Pasa a trote por diante de José Guergué, saúdando dende o remolque, coas dúas colas de raposo erguidas polo vento.

Gracias a Pilladooo, subo tamén un vídeo:

http://www.youtube.com/v/b4-va7bxwFY

Castroverde presenta ‘Km0 a Compostela’


2009
07.22

Foto presentaciónO presidente da Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, o alcalde de Castroverde, José María Arias, a presidenta da Sociedad Española de Cardiología, María Jesús Salvador Taboada, o presidente da Fundación Española del Corazón, Leandro Plaza Celemín, entre outros, presentaron hoxe a nova oferta do programa “Km0. Deputación de Lugo”, denominado “Km0 a Compostela”. O programa de visitas guiadas ofrece 25 rutas cardiosaudables, totalmente gratuitas.

Fonte da BicaPero non so presentaron este acto, senón que tamén se pasaron por Vilabade, donde Gómez Besteiro foi beber «dá mellor auga do mundo», a dá fonte dá Bica.

Alí tamén recordou como en agosto a praza se convertía nun estadio de fútbol, ademais de visitar o pazo e a iglesia da parroquia.

Tamén en Soutomerille visitaron o Castiñeiro da Corredoira, ademáis da iglesia visigótica de Soutomerille.

Xa en castroverde visitaron a Torre do Homenaxe; pero mellor velos vídeos (sacados de blogs la voz de galicia do verano móvil)

1- Castiñeiro da Corredoira

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/WjHXkl088Zk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

2- Guía explicando o conxunto da Torre da Homenaxe.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/uuVlYL_G3Uo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Vilalle 22 anos despois…


2009
07.15

Tras 22 anos sen que soase a música durante as festas patronais da parroquia de Vilalle, no municipio de Castroverde, este ano volverá haber festexos grazas á decisión de tres mozos do municipio, algún dos cales ten varios menos que os transcorridos desde a última romaría.

rameiro vilalle

Serán uns festexos modestos porque, precisamente, a pouca poboación foi a causa de que non se celebrasen desde fai máis de dúas décadas. Serán este sábado, día 18, e comezarán co disparo de lumes, misa solemne e sesión vermú con orquéstra Verán Azul, que tamén será a encargada de amenizar a verbena.

Segundo sinala Rubén López Eiras, reuniron 4.200 euros e necesitan 4.300. Pero venden rifas para sortear un televisor e o día da festa durante a verbena tamén haberá outro sorteo dun cabrito, polo que esperan que lles sobre diñeiro co fin de volver celebrar as patronais o próximo ano. Son no lugar ao redor de 20 casas habitadas, que achegaron 200 euros cada unha, ademais de 50 do Concello e donativos de varios bares de Castroverde.

Xunto con Rubén, organízanas Pablo e José Antonio , que se comprometeron a facelo no transcurso dunha conversación informal nunha comida comunitaria.

Boa nova para a xente de Vialle, que volve a poder disfrutar da súa festa, na honra a San Pedro, 22 anos despois.

Todo un record de anos, e todo un reto para os rameiros para conseguir de novo recuperar este evento.

Señalización das vías locales


2009
07.14

Segundo ven de denunciar o PP de Castroverde na Voz de Galiciaactualmente non hai os suficientes sinais nin son homoxéneas polo que, debido á dispersión, a quen non coñeza a zona resúltalle moi difícil chegar a determinados núcleos de poboación.

De feito sería unha boa medida que o Concello colocase sinalización turística(ante todo) e toponímica na maioría de vías que percorren o concello.

masoucos - trascastro

Primeiras fotos de indicador de Masoucos (e Trascastro, ata que dure…). Máis tarde tamén serviu para sinalizar Vilacote.

Pero visto o visto, parece pouco probable que esta medida se leve a cabo. Desconozco se queda algunha parroquia por sinalizar, pero ata finais de  2007 non puidemos ver un letreiro ou identificador da parroquia de Masoucos.

Tres furtivos detidos en barredo


2009
07.09

Recollo unha noticia da detención de tres furtivos na parroquia de barredo, a través do  portal de novas de yahoo.

Sorprenden tamén as declaracions de Jesús Vence, onde di que este tipo de furtivos, puxeron o borde da existinción no seu tecor, a especias protexidas dende hai anos, como son os conexos e as perdices.

Compartir a caza

A pesar de que os cazadores contan con unha mala fama, este tipo de noticasi non lle fan ningún ben o colectivo.

Axentes da Garda Civil denunciaron tres veciños de Lugo que practicaban caza furtiva na madrugada e que foron interceptados cando se desfacían dunha escopeta pola xanela do coche no que viaxaban.

Segundo fontes policiais, os axentes denunciaron aos furtivos esta madrugada cando se atopaban na zona de Castroverde, despois de ser interceptados no ámbito de Barredo. Concretamente trátase de tres homes de 60, 53 e 27 anos, aos que, ademais, se lles interviñeron dúas lanternas.

Así, sobre a 1.30 da madrugada, o dispositivo composto por varias patrullas do Servizo de Protección da Natureza, identificaron os tres ocupantes nun cruzamento de estradas.

Previamente, os axentes constataron que os homes denunciados rastrexaran un pasteiro con lanternas, así como observaron que os furtivos botaran un obxecto polo portelo, que se posteriormente comprobaron que se trataba dunha escopeta de caza.

Os axentes do Servizo de Protección da Natureza identificaron aos tres homes e denunciáronos por unha infracción administrativa contra a lei de caza e realizar esta práctica pola noite.

E presidente do Tecor de Amorín, Jesús Vence, valoraba así a súa detención, así como aproveitaba para denunciar outros casos, polo que parece moi habituais:

El presidente del Terreno Cinegéticamente Ordenado (Tecor) de Amorín, donde esta madrugada fueron identificados tres vecinos de Lugo como supuestos cazadores furtivos, Jesús Vence, declaró a Efe que, desde hace unos 10 años, existe “una verdadera plaga de furtivismo”, que disparan “a todo lo que se mueve”.
El responsable del Tecor, que gestionan dos sociedades de cazadores de Castroverde y Lugo, dijo que los disparos ilegales alcanzan incluso a especies que están protegiendo, como puede ser la liebre, que la han situado “al borde del exterminio”.
Vence se muestra agradecido por la última actuación de la Guardia Civil de Castroverde, pero lamenta la proliferación de los furtivos, hasta el punto de afirmar que en la última semana “es probable que se hayan producido tres incursiones de furtivos”.
“Es una verdadera plaga que se reproduce en determinadas épocas”, explicó.
Normalmente los furtivos aprovechan la siega de la hierba en los prados para iniciar sus cacerías ilegales al poder moverse con cierta libertad en vehículos.
Según este experto, los meses de julio, agosto y septiembre son los que registran mayor actividad ilegal, donde se suelen distinguir dos tipos de furtivos: los que cazan para realizar una comida de amigos y los que “no dudan en disparar” para colocar productos en el mercado, especialmente caza mayor.
“Hay gente que obtiene beneficios con esto”, relató el presidente del Tecor, quien explicó cómo en varias ocasiones han recogido las vainas de cartuchos percutidos tanto destinados a caza mayor como menor, así como corzos o jabalíes heridos que luego acaban muriendo.
Para Jesús Vence, se trata de “auténticos profesionales” y relata el caso donde “un único sujeto” mató 5 perdices de un solo disparo, cuando, lamenta, “resulta que llevamos años protegiendo la perdiz autóctona”

Recorrido Fotográfico


2009
07.08

Atopei esto vía Youtube, un vídeo polas terras do concello(Capítulo I, esperamos o resto) con fotos moi interesante da Pumarega a torre do Homenaxe e paisaxes de outras parroquias. Está subido polo usuario Torresdearneiro.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/euK7rfGHvgI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O concello declina ‘Cultura aberta’


2009
07.03

Quedo sorprendido ao ver a repercusión do programa de ‘cultura aberta’ tanto en abc na axencia denoticias  EFE, na web da deputación de lugo, no el progreso, xornal.com ou la voz de galicia.

Serán un total de 69 actividades culturais en diversos puntos da provincia de Lugo. O programa consta de tres seccións nas que se inclúe o espectáculo cómico Peter Punk, outra sección de cine itinerante e outra de maxia.

Xosé Antón Bao, vicepresidente primeiro da Diputación de Lugo, anunciou durante a súa presentación que Castro de Rei e Castroverde serán os únicos que rexeitaron a invitación que o organismo provincial lles trasladou a todos os municipios lucenses, aceptada sen problemas polos restantes concellos.

E conclúe decindo que as actuacions serán polas tardes, nas cabeceras municipais ou en lugares concurridos. Todas son gratuitas, tanto para o público como para os organismos municipais.

O que tamén sorprende, a declinación dun evento grauito e cultural para o concello, independentemente dos motivos.

O certo e que a asistencia a este tipo de eventos culturais no concello (os poucos que hai) suele ser escasa ou nula, pero creo que non se debe deixar de lado estas oportunidades para enganchar a un público máis amplo.

Crees que é unha medida axeitada? Os eventos culturais non teñen a importancia precisa? O público é moi escaso?