Sin palabras…
Visto en Avenida de Magoi (Lugo).
Preséntovos a Elena, unha rusa en Masoucos.
Parece o título dunha película pero a realidade sempre supera a ficción.
Esta rusa, chegou a Masoucos cando iva de volta cara a fonsagrada, desde santiago de compostela.
Estaba totalmente perdida, despois de interpretar mal as señales existentes na ‘vacariza’. Ter que recorrer máis de dous quilómetros por un camiño que non era ‘o que esperaba’, o de Santiago, nun primeiro momento non a convenceu.
Por ese camiño e en dous quilómetros por fin atopu a alguén a quen preguntar, por o ‘camiño de volta de santiago’. Todo nun intelixible español, aínda que non fluido. Ante a miña sorpresa e como creía que non entendía, insitiu na súa pregunta nun perfecto inglés. Despois de indicarlle, o retorno a senda correcta, puidemos falar un anaco. Nese tempo contoume o espectacular do lugar, sobre todo a gran cantidade de auga que existía, o bosque, e o botino do pueblo ‘it’s so beatiful’, repetía.
Continuou o camiño despois de rechazar calquera tipo de axuda, cara a súa meta, baleira, para o día seguinte chegar a Fonsagrada, o seu lugar de destino, antes de volver a súa Rusia natal donde decía, ‘is very different, it is colder in Russia‘.
Good bye Elena. See you… soon
nte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan nacemento ao Rego de Tarrío que debuxando unha especie de meandro bordea o solar polo Leste. Precisamente para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. Tras ese inicio, o edificio pretende lixeireza, destacando no uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen importantes voadizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo. A implantación repite unha transición gradual: apertura cara o rego natural e rotundidade cara unha servidume de paso que o separa doutras propi
mediante TodoCastroverde: Mañá ábrese o Albergue de Castroverde….
Gracias a Manuel P, que nos envia un interesante artigo sobre a posibilidade de que a Unesco admita o ‘Camiño Primitivo‘ como patrimonio da humanidade.
O Camiño Primitivo na súa orixe foi o utilizado polos primeiros devotos, chegados do nacente reino asturiano. Trátase do primeiro itinerario xacobeo, de aí a súa actual denominación, “Camiño primitivo ou de Oviedo”. Esta ruta foi seguida posiblemente, aínda que sen confirmación histórica, polo rei Alfonso II o Casto, desde a capital do reino astur, en Oviedo, ata a tumba de Santiago, no primeiro terzo do século IX.
A UNESCO recibiu a candidatura das rutas xacobeas do Camiño de Santiago do Norte recentemente –é a única proposta de España en 2012 para converterse en Patrimonio Mundial– e solicita agora máis información para valorar a iniciativa, que afecta a Galicia e outro cinco comunidades, que levan dende 2006 preparando esta iniciativa.
O Camiño Primitivo, pola súa banda, tivo na cidade de Oviedo o seu principal punto de orixe, pero foi seguido tamén por peregrinos doutras partes do norte de España e de Europa. Foi posiblemente un itinerario seguro e frecuentado ata que xa en pleno século X consolídase o actual Camiño Francés desde León, a nova capital do Reino.
É precisamente o Camiño Francés o que xa conta coa declaración de Patrimonio Mundial.
Un dos puntos máis polémicos é a delimitación dos camiños e as distintas alternativas, donde se deberá chegar a un acordo cos concellos e asociacións para incorporar o informe. Neste posible informe pode figurar ‘Santiago de Masoucos‘, que a pesar de non ser paso frecuente de peregrinos, si parece probable que nalgún momento fora lugar de paso dos peregrinos.
Na próxima entrada, e ao fío do camiño presentareivos a ‘Elena’, unha rusa en Masoucos.
Xa fai seis anos é un día que masoucos.com viu a luz.
Seis anos é un día que non saio dela, pero eu cada maña veño, veño a por ela, esperando alguna alegría, alguna visita nova, algunha novidade…
Parafraseando a uns que volveron despois dun largo paréntisis, os heredeiros da cruz,volvo a este recuncho, despois doutro paréntesis, aínda que máis corto, para seguir publicando, e sobre todo para dar as gracias a todas esas persoas que dalgunha forma botaban de menos unha fiestra pola que mirar, a de masoucos.
Deixovos cos Heredeiros, e cunha dos seus míticos temas, ‘Peja la vuelta’.
E en breve, unha achega de Manuel P, sobre o camiño primitivo. Graciñas!!!
Fai 50 anos, é de forma accidental, descubriuse en Bolaño o primeiro xacemento paleolíco de galicia, a cova da valiña. Aínda que non foi explorada ata máis tarde, hoxe en día e descoñecida pola gran maioría. Este descubrimento supuxo un impulso para os estudos paleontolóxicos e arqueolóxicos doutras covas lucenses.
A pesar diso, 50 anos despois todo o concello lle sigue dando a espalda a un dos seus monumentos máis importantes.
|
Aquí vos deixo dous vídeos maís do camiño de santiago, concretamente das etapas 4 e 5 do camiño primitivo. Son vídeos express (nos maís de un minuto de duracción) donde se pode ver o máis destacable:
Etapa catro centrada sobre todo en vilabade:
Etapa cinco, soutomerille, céntrada en lugo:
Despois do 10 máis famoso de castroverde, ahora sabemos, antes de terminala oposición, de que a persoa que obtivo a praza non foi quen se esperaba nun primeiro momento.
Aínda non é firme… pero ante todo deberíase presupoñer igualdade para todos os participantes, incluidos os concelleiros. Sí, que saque un 10 como pouco é sospeitoso pero de ahí a condenala sin máis ai un mundo.
Non digo que non se investigue, digo que non se condene.
Así se define Paco Pestana en ‘El País‘, despois de reabrir a mítica galería Citania en Santiago de Compostela.
Reproduzco aquí o artigo, que coma sempre non ten desperdicio:
|
Son muitos os adxetivos que se lle poden dar a este polifacético home, que obtivo outro éxito máis neste reapertura de Citania. Todo un personaxe
‘Cruce de caminos‘ é un programa de TVE que recorre sete rutas do Camiño de Santiago coa axuda de peregrinos de diferentes procedencias que van expresando os seus sentimintos falando ao espectador da súa experiencia vital, con información sobre o arte, costumes e paisexes dos diferentes lugares visitados.
No seguinte vídeo deixo o paso de Jorge, que aínda que atribue vilabade a baleira, o programa non ten desperdicio:
Web creada, aloxada e mantida por Café Dixital SL - 2025. Visítanos en https://cafedixital.com ou ponte en contacto con nos en [email protected].