Author Archive

Los blancos no la saben meter


2013
11.29

Seguimos con entrada pseudodeportiva, relacionada co baloncesto como a anterior.

Recordoume a Película de ‘Los blancos no la saben meter’.

Visto no Queirogal, no Cádavo.Que sepamos do Queirogal non saiu ningún xogador de baloncesto…

Quen vería a todos os veciños nunha pista da NBA… (como na película)

image

#inlugo curiosidades


2013
06.08

A outra cara de #inlugo

image

image

Nos ‘bijilan’


2013
05.12

Visto en ‘Obras Tercera Ronda‘, A Coruña.

image

Veo, veo, ¿Qué ves?


2013
04.23

Vicente Rocamora visitou Uriz, Castroverde, xa fai dous anos. Fai tempo que tiña ganas de publicar este par de vídeos, polo extraño do contido.

Alí, na capela, captou unha extraña imaxen e unha parafonía, todo, según as súas palabras.

Máis ben parece unha invención que unha realidade, pero, ¿que opinades?

Perspicaz


2013
02.20

2012-10-23 21.29.56

Perspicaz – Dícise dunha persoa aguda,capaz de percatarse con facilidade das  cousas máis difíciles.

Esta é a mellor definición para a persona que planteou o plano que ilustra esta entrada. Distribuidor central, e acceso independiente nunha planta superior amplia.
Sí, non é fácil facer unha parede, sobre todo de pedra, das que se esborrallan polos elementos, ou porque o veciño lle ven mal. É aínda máis dificil facela sen axuda do tan ansiado e cacarexado cemento. Así, ese elemento histórico que fai que os minifundios galegos rindan por debaixo das suas posibilidades… é para outros unha oportunidade de traballo, e facer valer as súas capacidades.

Traigo a colación as paredes porque da igual que sexa de pedra pequena ou cantería de calquera volumen, os nosos homes perspicaces poden con todo dunha maneira casi perfecta.

Este home poderíase chamar José, Luis, Manolo ou Pepe e dos que temos que estar agradecidos, porque cada vez quedan menos que teñan presente as técnicas que se transmiten de xeneración en xeneración, e que aplican día a día creando paredes:
“dúas sobre unha e unha sobre dúas, todas ao cordel, pero sen tocar nel”

Ceferino de Moreira


2013
02.01

O pasado día 15 de Agosto de 2012, o diario el Progreso, acercábase a O Pando de Donís (Cervantes) para facer un artículo sobre o aumento de población nos meses estivais, dun lugar que non conta con luz ou auga, e que acolle aos ‘veraneantes‘ . Alí coincidiron con Ceferino de Moreira.

Moreira é deses pueblos curiosos, de montaña, aos pes do Cuiña, reconocido a kilómetros por unha contrucción peculiar. Alí Ceferino era dos escasos habitantes durante todo o ano. Puiden estar con él este mismo fin de semana, aínda que xa coincidimos na súa casa noutras ocasións.

Esta foi especial, xa que nos acolleu de forma excepcional, e descubrimos o que leva dentro. Puidemos observar a súa grande capacidade de traballo, e que a pesar dos anos, seguía levando unha rutina doutra época, algo de admirar.

Este fin de semana un derrame cerebral que non puido superar deixouno no camiño. Algo que te sorprende despois de velo cunha axilidade impropia da súa edad, así como pola súa capacidade para contar todo tipo de historias coas que me embelesou.

 

Desafía Marzo Saúde


2013
01.29

Con apenas un mes de preparación, donde o primeiro obxectivo e mui ambicioso era rematar a proba, o desafío Marzo Saúde foi  o meu primeiro duatlón de orientación. Cunha organización de dez, a cargo de Marzo Saúde, as espectativas cumplironse.

Realmente creíao un deporte cun esforzo demasiado grande para o obxetivo a alcanzar, pero a miña motivación de terminar, e sobre todo probar con Pablo como era eso de orientar.

O primeiro sector a pé, pasouse rápido, con un mínimo error na primeira baliza, e un máis grave na baliza do muíño, onde, seguimos a outra parexa que nos lastrou  algo de tempo. Pero sobre todo o peor aquí foi cruzar o río, cunha gran crecida, e evitar perder tempo por volver atrás.

A parte de bici comezou mui ben, aínda que cun problema mecánico, que solventamos con inestimable axuda de jose, que estaba sacando fotos nese punto. O tempo o principio acompañou, pero a medida que subíamos, foi a peor, cunha chuvia intermitente pero intensa, que se acentou na baliza máis alta, donde facía un forte aire, frío…, e con escasas forzas, máis que o orgullo, sabedor despois, de que o resto era unha baixada cara o punto de tránsito.

En ese punto recuperei sensacións, gracias ao aquarius de Pablo, e fixen a parte facil, hasta o  punto de control, e cambio ao terceiro sector.

Mui fácil, este último sector, de apenas 1,5 km, que fixemos rapidamente, para acabar desfeito, pero satisfeito por esta primeira carreira de orientación Desafío Marzo Saúde.

Tamén contento pola calsificación final, no posto 15, a pesar do escaso tempo que puiden entrenar.

Enhorabuena a tod@s, sobre todo a Pablo, pola súa compresión, xa que se clasificaría máis arriba, a Marzo Saúde pola exceltene organización e trato, así como a todos os participantes, especialmente os de castroverde, que mantuvemos o pabellón mui alto.

Aquí vos deixo unha foto nun momento da proba

Ante todo seguridad


2012
12.10

Sin palabras…

Visto en Avenida de Magoi (Lugo).

Esto é seguridade

 

Elena, unha rusa en Masoucos


2012
12.07

Rusía en MasoucosPreséntovos a Elena, unha rusa en Masoucos.

Parece o título dunha película pero a realidade sempre supera a ficción.

Esta rusa, chegou a Masoucos cando iva de volta cara a fonsagrada, desde santiago de compostela.

Estaba totalmente perdida, despois de interpretar mal as señales existentes na ‘vacariza’. Ter que recorrer máis de dous quilómetros por un camiño que non era ‘o que esperaba’, o de Santiago, nun primeiro momento non a convenceu.

Por ese camiño e en dous quilómetros por fin atopu a alguén a quen preguntar, por o ‘camiño de volta de santiago’. Todo nun intelixible español, aínda que non fluido. Ante a miña sorpresa e como creía que non entendía, insitiu na súa pregunta nun perfecto inglés. Despois de indicarlle, o retorno a senda correcta, puidemos falar un anaco. Nese tempo contoume o espectacular do lugar, sobre todo a gran cantidade de auga que existía, o bosque, e o botino do pueblo ‘it’s so beatiful’, repetía.

Continuou o camiño despois de rechazar calquera tipo de axuda, cara a súa meta, baleira, para o día seguinte chegar a Fonsagrada, o seu lugar de destino, antes de volver a súa Rusia natal donde decía, ‘is very different, it is colder in Russia‘.

Good bye Elena. See you… soon

 

TodoCastroverde: Mañá ábrese o Albergue de Castroverde…


2012
09.17

nte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan nacemento ao Rego de Tarrío que debuxando unha especie de meandro bordea o solar polo Leste. Precisamente para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. Tras ese inicio, o edificio pretende lixeireza, destacando no uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen importantes voadizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo. A implantación repite unha transición gradual: apertura cara o rego natural e rotundidade cara unha servidume de paso que o separa doutras propi

mediante TodoCastroverde: Mañá ábrese o Albergue de Castroverde….