Todolos artigos de: undetordea

WELCOME TO THE DESPENSA. Por undetordea.

Agora que van rematando as festas de verán vaise notando a diminución da carne das despensas. Si si, das despensas. Veñen eses madrileños e os parecidos na fala, que si lacón , xamón, chourizos, año, cabrito…todo papan e de todo gostan…-¡ Oztia que bueno tá esto!.

Vanse achegando por estas datas, e cando veñen non lles pode faltar de nada…veñen e danche unha palmadita na espalda para si poden sacarche as chaves da despensa.

O detalle é que ó chegaren, se lles ensina a ceba do ano que ben, dato de orgullo para calquer casa mantedora, e así eles xa se fan unha idea do que hai. E por suposto, o foráneo é unha raza sempre detallista, traen unha caixa de galletas variadas ou uns hoxaldres. Hoxaldres por xamón, ese si que é o troco do milenio!!!

Pero agora xa se vai dando outra raza de madrileño, o madrileño nacional. Si aquel galego, a maioría, queestá nos redores do pobo (periferia urbana) e sempre vai levando algo… – eh, este ano matamos catorcecochos… si porque agora os pequenos tamén levan algo

Xa xa, pero cando é de apañar as patacas nin deus aparece. Por esta razón eu sigo pensando que unha boa data para apañar as patacas, facer a vendima ou calquer outro traballo do tempo, tíñase que facer o día da festa.

Adicado con agarimo a toda a xente e seus descendentes, que algún día marcharon da terra, pero séguense lembrando dela. Presumide polo mundo de nós!!

Somos convencionais. Por Undetordea

Secadra estou a tomar demasiada liberdade para englobarnos a todos nesta afirmación, polo menos a tódolos que leen estas liñas irreais (non vos pensedes tolos por facelo)…pero xa o pensaredes ou me comentaredes.é a vida unha utop�a?Dende o comezo do noso ser, penso, que todos intentamos ser, por unha banda diferentes, destacando nalgo ou por outra parecernos a algo ou alguen para pertencer a un grupo social ou estilo. Quen non dixo algunha vez aquelo de “pois eu cando chegue o momento non vou facer así” aquel día que dixemos que nunca poñeríamos un traxe e o final caes e compralo, coma todos e polo un puto día “torres máis grandes caeron”.

Sempre falando de escapar de tópicos típicos, estudiar, acabar os estudos, atopar moza, atopar traballo, comprar coche, hipotecarse, casarse, ter un ou dous fillos, criar os fillos, estudalos, que empecen a traballar, ser avó… sempre o mesmo.

Que foi daquela arroutada de venres noite cun colega na barra dun bar a falar de vivencias hippies e soños, que sabemos que non tentaremos cumplir pero que quedan moi ben na conversa…

O peor de todo é que cando coñecemos a alguen que vive diferente, ten outras metas na vida, pensa diferente no tocante aTópico? todo o aparentemente importante para nós, chegamos a marxinalo…que non?? Pero si xa o fan os rapaces de 5 anos na escola…

Bueno, deixo esta pequena reflexión aquí, pois agora non a podo continuar, xa que teño que acabar a carreira, buscar traballo, buscar moza, buscar piso, coche… deus!!! Teño todo o importante por facer!!!!

O maior invento do mundo: ‘A herba Seca’

imaxe John Freeman Dyson

Freeman John Dyson (15 de diciembre de 1923) é un físico e matemático inglés.

Nos anos que seguiron á 2ª guerra, Dyson demostrou a equivalencia das formulacions da electrodinámica cuántica de Richard Feynman coas desenvoltas por Julian Schwinger e Sin-Itiro Tomonaga.Dyson teorizou sobre a posibilidade de que unha sociedade avanzada podría rodear por completo unha estrela para maximizar a captura da enerxía que emite, mediante nubes de asteroides o que se denominou Esfera de Dyson.

Tamén propuxo o Árbol de Dyson, unha planta diseñada xenéticamente para medrar nun cometa. Os cometas poderían encher o espacio vacío cunha atmósfera respirable e así poderían adaptarse hábitats para a humanidade noutros sistemas solares.Dyson publicou coleccions de especulacions e observacions sobre a tecnoloxía e o futuro: Mundos imaxinados, De nagrama os parentesEros a Gaia Perturbando o Universo.Foi premiado coa Medalla Max Planck en 1969, en 2000 co Premio Templeton para p Progreso na Relixión.

Vía ‘os parentes’, eses gandeiros tan avanzados de Trasar de Carballo, a través dun libro Po de estrelas dun tal Xurxo Mariño, viron que éste físico contemporáneo, que non parece pouca cousa, un día seica lle preguntaron cal fora o invento máis importante dos últimos 2000 anos. Dixo que a herba seca porque en Grecia e Roma (e antes) non se coñecía a herba seca (feo) e a civiliazción só podía existir en climas temperados onde os cabalos podían sobrevivir durante o inverno pacendo. Sen herba seca no inverno non podía haber cabalos e sen cabalos non podían existir as cidades, o mundo urbano. Ata que alguén inventou a herba seca e a civilización puido moverse cara o norte e cruzar os Alpes… e grazas á herba seca puido formarse Viena, e París, e Barcelona, e Chantada, e Tórdea, e Castroverde e Masoucos¡

Fdo: ‘Un de tordea’.

Foi o ovo ou a galiña?

Por un de Tordea.

[lang_gl]Cambio climático, efecto invernadoiro, capa de ozono, polvo atmosférico, global dimming, http://efectohumano.galeon.com/protocolo de Kioto…serie de termos que van de boca en boca.

O cambio climático está presente hoxe en tódalas conversas, na tele, na radio e de todo se culpa a este fenómeno. Como en todo hai diversas posturas, e todas defendibles cientificamente, pero calquera dos científicos que simpatice cunha ou outra son bastante cautelosos, pois a realidade é que é algo que non está claro, e quen non o confese así é que se “tira da moto”.

Non vou ser como ese político que non falaba no parlamento galego en galego dicindo que tal cambio non existe, non porque non teña primos estudados, senón porque simplemente son observador. Ah!!! e tampouco son dos que pensa que hai que reforestar España enteira para ser ecoloxicamente correctos.

O cambio climático non é un cambio en si do clima, senón un cambio do sistema (todo, o conxunto de biosfera, troposfera e atmosfera), é un cambio global. O notamos no incremento das temperaturas, os glaciares desconxélanse, subirá o nivel do mar e desapareceran moitas especies.

Pero en que medida o home axudou a ese cambio?. Ocorreron cambios en toda a historia xeolóxica da terra, e de feito existiron épocas constatadas máis frías, e épocas recentes máis calurosas. Así nos tempos romanos a temperatura era superior á actual, considerada daquela temperatura óptima.

O efecto invernadoiro é necesario. (Haber, haber si con esta afirmación levanto a xente en contra polo menos e así opinades algo). Pois si, e non o dixen eu. Paso a explicalo: a radiación solar chega á terra atravesando as capas da atmosfera en forma de onda longa. A terra absorbe parte desa calor e emite outra radiación cara o exterior de onda curta. Esa radiación non sae, provocando o quecemento do planeta. Un exemplo que todos comprobamos é o de un coche ó sol, absorbe o calor e non o desprende, por eso está máis quente que o exterior. O calor non sae debido a compoñentes e partículas. Volvo a insistir, http://peruanista.blogspot.com/2007/02/onu-el-mar-crecera-y-el-clima-sera-mas.htmlese efecto é necesario para a vida, pois se non existise o planeta tería unha temperatura media de -15 ºC.

Pero o sobrequecemento do planeta ven sendo a alteración intensiva dese efecto invernadoiro, incrementouse nos últimos 50 anos a emision masiva e de case a totalidade dos GEI (CO2 ,CH4, NO…).

Pero ó fin primeiro qué foi?, o incremento da concentración de CO2 fixo incrementar a Tª ou foi o incremento da Tª o que provocou que se liberara maior cantidade de CO2 por diferentes sistemas? [/lang_gl]

[lang_es] No quiero que abandones este sitio, pero lo siento mucho, el blog ha dejado de ser bilingue por falta de tiempo. Si quieres puedes ayudar a  su tradución, o probar con la versión “original”.

Disfrútalo[/lang_es]

entradas nun piso con guiado de precision de carretilla estandar

Avaliación das entradas nun piso con guiado de precision de carretilla estandar.

Castedo. T.a; Castro. A.b

 

a Investigador principal e Direstor da páxina “A fiestra de Masoucos” en Castroverde, Lugo, Galiza.

b Investigador Adxunto colaborador e estudante da USC, Lugo, Galiza.

 

Received 7 April 2008; received in revised form 8 April 2008; accepted 9 April 2008


[lang_gl]Resumen:A carretilla é un utensilio empregado na vida cotiá. Foi un dos mellores inventos despois da roda, claro está. Con pouco esforzo pódese carrexar pesos a distancias longas. Pero non todas son facilidades con respecto a este medio, xa que o seu manexo vese moitas veces dificultoso. En este artigo estimamos a dificultade de manexo que a veces supón o emprego da mesma. Tamén nos introducimos nas novas construccións e como estas non están pensadas para certos apeiros. Porque con todo esto demostramos a verdade de que os pisos non están feitos para meter unha carreta neles.Keywords: Precision guidance; carretilla; carballeira.



1. Introducción.O tomarlle as previas da Carballeira, decidimos que tiñamos que facer algo este ano. “Secadra é o último ano que nos xuntamos neste recuncho” dixemos, e dito e feito, aló fomos na busca da carreta.

2. Revisión literaria.Outros xa levaran bocios, outros sulfatadoras, e incluso se levou un tanque do leite.

3. Material e métodos.Unha carreta e moito humor.

4. Conclusións.Pasámolo “pipa”. Ver video.

5. Referencias: “Festas da Carballeira” [/lang_gl]

[lang_es] Lo siento. Este post está escrito por ‘Un de Tordea’, y solo está disponible en gallego. Puedes de todas formas colaborar en su su traducción.[/lang_es]

[gv data=”mG4WYrhBwgQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

[gv data=”U0ZACNelLhw” width=”425″ height=”350″][/gv]

Contranatura

[lang_gl]A biotecnoloxía está xa á orde do día. Quen non se dera de conta, ou ben está illado do mundo ou ben non o quere ver, pero dende os seus comezos tivo un avance moi veloz. Por dar unha idea é posible que avance máis rápido que a informática, e por dar outra que mete medo, só saen a luz e anos despois aquelo que menos atorde á sociedade.Temos escoitado de armas químicas que se crean, virus criminais que houbo na historia, cepas que se gardan en sitios de seguridade, ou non tanta como penso nese laboratorio no medio dun deserto no cal se manipula o virus máis mortífero que existiu para ser indestructible…Pero eso quizais nos quede lonxe, lonxe de poder comprendelo, pero non de padecelo. Pero outra realidade é a cotidiá. Agora chegado a este punto gustaríame saber cantos dos que leen esta páxina están “postos” nos produtos transxénicos, a súa difusión, na súa situación e no futuro deles, e sobretodo cal é a vosa opinión.O meu coñecemento quédase nos artigos que lin e en coloquios que puiden escoitar. Pero nunca deixo mirar calquera noticia relacionada co tema e en base a elo sacar un criterio

Un individuo transxénico é aquel que leva na súa secuencia de ADN un xen que codifica para un caracter desexado. Ate aquí todo ben. É tan sinxelo como cortar o pedazo de ADN que queremos e pegalo no sitio que desexamos, así xa todos temos escoitado do “millo insecticida” que non é máis de aquel millo que se lle meteu un xen dunha bacteria que fai é contaxiar ós insectos que intentan picalo. Parece bonito e todo.

Datos, como que máis do 40% do millo en gran e a maior parte da soia importados por España son transxénicos, ou que España é o pais da UE que maior superficie lle adica a estes cultivos. Datos que todos coñecemos.

Pero sigue avanzando. Xa hai fresas con sabor a salmón, e non é porque se reguen con auga asalmonada, senón porque se lles introduce un xen do salmón, si si, a un vexetal un xen dun animal…pero si non é para tanto!!!!

As grandes multinacionais, apóianse en datos que din que non se dará producido alimentos para todos e que esto é o futuro, tendo así un papel segundo eles “salvador”. Así xa se está a traballar para sacar en 2-6 anos polos con 3 patas para incrementar o seu beneficio sendo todos clons dun mesmo, xa se conseguiron becerros que engordan de maneira antinatura, pero viuse que os seus aplomos non daban soportado tal peso, polo que se está a traballar para que lles salgan patas de elefante…

Como xa dixen gustaríame coñecer a vosa opinión. Para poñervos en precedentes, dicir que as grandes multinacionais venden estes produtos como os que van acabar ca fame no mundo, como aqueles que resistiran ás secas e pragas que hai en zonas pobres. [/lang_gl]

[lang_es] Este artículo de biotecnología publicado por ‘un de tordea’ solo se publica en gallego. Puedes colaborar con este blog en las traducciones, nuevas seciones, etc. Todas las ideas será bienvenidas. [/lang_es]

Consecuentes. I

 [lang_gl]José do Campo era xa un home cando marchou estudar a Madrid medicina, o único dos irmans que estudou, bueno, digo mal, outro deles tomou os hábitos anos despois. José do Campo viña a casa cando podía, daquela só se facía coma moito unha vez no ano. Traía ideas, faladurías, teorías que deixaban asombrados a tódolos rapazolos e homes veciños. Sempre cando viña presumía de ser comunista das ideoloxías, da universidade.

Unha desas tardes estaban os rapaces ó redor de José, mentres este expoñía as súas teorías comunistas  “e ti Amador que tes 3 vacas pois daríaslle unha a Pepita do Encanto pois esta ten unha e parte das súas ovellas serían tamén túas e as galiñas da túa casa, Joquín, serían de todos…”, e así continuaba.

José do Campo tiña un tío solteiro na casa, seu padriño. Este regaláralle unha egua moi feita, na cal José esculcaba nas rapazas. Pois o caso é que seu padriño era un home bruto sen estudo algún pero non menos entendido de teorías que seu afillado, e tamén escoitaba as teorías coas que viña o estudante de Madrid, e ese día foise sen dicir nada cara a casa, sacou a egua da corte e deulle unha vareada encamiñándoa cara o camiño de Gracian. A egua saíu o galope e José detrás dela berrando “uoh volve, volve…”.

 e xa ían os dous por aló abaixo e nesto que berra seu padriño “non decías que eras comunista ? deixa a egua que vaia para Gracian que ti xa te serviches dabondo dela” 

Moitas veces identificámonos con símbolos con maneiras de pensar, frases feitas que soltamos en conversas que semellan interesantes e co que intentamos poñernos nun bando o outro. Falando cun compañeiro, dicíame que falta “raciocinio” na xente, e poida que non lle falte razón.

Moitas veces cantos hai que se escoitan dicir “eu son rojo, comunista” como querendo dicir con eso que son antifeixistas (estes non son os que se negan a facer feixes) e contrarios a dictaduras, “libertarios”. Igual non son consecuentes co que din.

Estes que non se lles esqueza que moitas dictaduras houbo con comunistas e parece que as sigue habendo con pseudocomunistas. Outros póñense na tremenda de que o comunismo non chegou a nada, que é algo negativo, un atraso. Que non se enganen pois nos vellos países europeos, a alternancia entre os conservadores e progresistas está á orde do día, uns non o fan mellor que outros, pero postos a respostar, os socialistas, esquerdistas teñen algo que ver co antigo comunismo.

Por poñer un exemplo e con esto non defendo ó “castrismo”, polo ano 69 en cuba xa se traballaba na investigación dos apareamentos do gando holstein con outras razas…Nós que facíamos neses anos?

Supoño que non é malo pensar coma uns ou outros, expoñer os pensamentos cheos de razón segundo un mesmo, senón que o malo é non saber o porque se pensa así, e ser monicreques de algo ou alguén.

Fmdo: ‘Un de tordea’[/lang_gl]

[lang_es]Lo siento, ‘un de tordea’, escribe solo en gallego. Pulsa para ver el texto original.  [/lang_es]

4ª xeración de emigrantes galegos.

[lang_gl]

  • Oes, ¿sabes quen marchou traballar pra fóra?

    • Quen
    • Daniel!!!
    • Que Daniel!!
    • Daniel, o do Pino
    • Que dis, pero pra onde marchou.
    • Non sei ben, só sei que fai cousa dunha semana foi a unha entrevista a Navarra do seu, e que marchou onte “pra-lá” e vai en serio porque levou a Sandra con el.
  • …..

Semella que Galiza foi i é produtora de traballadores, de peóns, de intelectuais, de enxeñeiros, de emprendedores… fora da súa casa. A primeira xeración de xente que marchou do pais considero que puido ser aquela dos pais dos nosos avós, ou incluso a anterior, aqueles que foron para Cuba, o brasil, venezuela, ou méxico, e que voltaron, e na súa volta fixeron obras sociais (ou sen voltar) como escolas que moitas levaban o seu nome e cuias construcións o igual que súas casas eran ben coñecidas aínda quedando algunha mostra da típica construción dos denominados xa “indianos”, con dúas palmeiras á entrada que ben semellan os xardíns dalgún palacete “habanero”. Logo xa a segunda a dos nosos avós… tamén para as “américas” pero moitos deles sen tanta sorte. A terceira consideroa aqueles coma nosos pais que sendo novos e con ambición se decidiron máis ben por ir cara o centro europeo, predominando Francia, Alemaña, Suiza ou Holanda. Algúns xa se ían quedando polo resto do estado, Barcelona, Bilbao, Madrid. E agora parece que nós está a tocar, aos rapaces/zas, agora nós.

Todos coñecemos xente… uns incluso se quedan cando van de Erasmus ou de viaxe por europa, xa a traballar, outros desplázanse a Madrid…

Somos xunto cos andaluces os que máis preparamos oposicións á “guardia civil”. Galegos nese corpo… por toda España… ¿vistes algún madrileño garda civil?.

Non sei xa que opinar, si ben ou mal, si si ou non. Quedareime coa nosa célebre opinión “bueeeno”, pois é dificil, coñezo casos que nunca o imaxinaría, que ate me deixan moi tocado, tocado e fundido.

Quédome co consolo de que sei que esa xente virá sempre que teña ocasión, que nos deixará quedar ben, que sempre o coñecerán coma “gallego” e que se nunca sentiu nada agora comezará sen remedio algún a sentir, sentir algo que lle remexe por dentro co cal valorará todo o vivido na terra da cal marchou. ¡¡¡ Eso ten que ser debido a un xen !!!

Fmdo: ‘Un de Tordea’ [/lang_gl]

[lang_es] Disculpa; este artículo publicado por ‘Un de Tordea’, solo está disponible en Gallego [lang_es]

‘Fai un sol de carallo, galicia canival!’

…(III)Esto xa nin é cuestión de galeguismo nin de nacionalismo. Claro que necesita o noso agro avanzar, introducir mecanismos, maquinaria novos métodos de producción… pero que ninguén nos venda que estamos atrasados ou que debemos evolucionar, pois mirade, é certo que moitos europeos nos levan 50 anos de vantaxe, pero igual de certo é que para elo empregaron 150 anos, mentres a nos nós está levando menos de 50. O noso labrego dende sempre se adaptou a todo o que lle veu encima, pero faltoulle sempre un status social, unha identificación propia recoñecida polo resto da sociedade, e que el mesmo so crea. Mirade, un agricultor francés ou un gandeiro alemán non son grandes polo rendementos dos seus campos de trigo ou pola cantidade de graxa que producen as súas vacas, senón porque son admirados polo resto da sociedade, souberon manter a súa posición dentro nela. Son a base e o resto da sociedade os admira por manter as tradicións, as tradicións que retomándonos no tempo algún día tamén foron deles do país no que viven. Son eles os que manteñen a famosa “memoria histórica”. Son eles os que poden dicir que se adican a algo que xa facía seu pai, e este o seu , e así foi no tempo.

E logo o seguinte que será… atacar a rapa das bestas??

Sírvome da frase de citado anuncio para ir rematando. Definitivamente ¡¡¡vivamos coma galegos!!!,

ainda que fai un sol de carallo:

[gv data=”SVP7evvRn6E” width=”425″ height=”350″][/gv]

e galicia:

[gv data=”AP1mpzw-nsw” width=”425″ height=”350″][/gv]

Fmdo: ‘Un de Tordea’

‘Etiopía ten fame, arrastra o bandullo’

…(II)Está alguén interesado nesto?. Eu penso que si.

O igual que pasou xa fai tempo cos augardenteiros, ca destilería da caña de cada casa, para logo poder sacar un “orujo de Galicia” amparado baixa unha D.O. protexida. Todo era compatible sen facer ese estrago. O igual pasará cos muíños tradicionais. A pena é que xa non queda ningunha persoa nova que siga, pero tampouco ían deixar as grandes industrias da fariña co pretexto de que si é antihixiénico etc… pois anque parecía que non, sacáballe cota de mercado de cara a pequenas panaderías. O mesmo están perseguindo as grandes cooperativas productoras de ovos, que buscan a eliminación da venta de ovo de curral en feiras e prazas para coller un novo mercado que antes lles era imposible de entrar coa aparición de novos etiquetados nos seus produtos. Todo elo nun tempo no que premia a seguridade alimentaria e no que cada vez preocupa máis o que comen os nosos fillos que sexa equilibrado, pois eu digo que moito tiñan que aprender tanto de seguridade alimentaria as grandes industrias, pois fáltalles o que se chama compromiso e o bo facer, así como a calidade nos produtos que a xente produce para si e venden os seus excedentes. Con esto non digo que non sexa necesario unha industria, inda diría máis debería de fomentar a súa aparición, pero que as nosas industrias destacasen sobre as doutras zonas pola súa calidade esa calidade e prestixio que poden recoller da nosa historia. Todo é compatible.

O que necesita o noso campo é industrialización, si, pero do campo, non de catro xa existentes que acaparen o mercado. Se queremos que a xente se quede, e a que xa está continúe teremos que aumentar a autoestima, que se sintan identificados. Parece mentira e curioso que fose unha industria a que por medio dun anuncio televisivo nos abrise os ollos do que somos, das nosas “manías” e ditos, costumes e curiosidades que facemos por ser quen somos. Por suposto que o seu interese non está na mensaxe principal do anuncio de vivir como galegos e levantar o noso peito, o conto principal son as imaxes que saen dunha neveira chea de produtos que o consumidor identifica coa marca. Certa manipulación dos sentimentos? Cada quen …

[gv data=”PwqzWvVNNM8″ width=”425″ height=”350″][/gv]

– Continuará…(un de tordea)…