Archive for the ‘A Rede e Outras Herbas’ Category

ClustrMaps, mapa Xeográfico dos visitantes da túa web


2007
11.15

[lang_gl] Como podedes observar dende esta mañá, xa está dispoñible o clastr maps, que non é máis ca un proxecto beta que ubica nun mapa mundi a orixe das túas visitas, a ventaxa é: que non importa o número de visitantes, xa que se representa cun punto roxo co tamaño proporcional ao porcentaxe das visitas.

Tamén desde hoxe xa poden ver as anotacións tanto en galego como en castelán, gracias o engadido polyglot. Espero que vos sexa de axuda, e a disfrutalo. Un saúdo.

Estou desexando ver eses comentarios…, veña animadevos¡¡[/lang_gl][lang_es] Como habeis podido observar desde esta mañana, ya está disponible clastr maps, que no es mas que que un proyecto beta que ubica en un mapa mundi el origen de tus visitantes, la ventaja es; que no importa que tan grande sea el numero de visitantes, se representa con un punto rojo con el tamaño proporcional al porcentaje de las visitas. También desde hoy ya se puede ver los artículos del blog tanto en gallego como en castellano, gracias al plug-in polyglot. Espero que os sea de ayuda, y a disfrutarlo. Un saludo.

Espero vuestro comentarios¡¡¡[/lang_es]

Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño (e II)


2007
10.22

Todo comezou ca noticia dada en chuza. Comezou o blogmillo a movilizarse, e foi andres milleiro un dos primeiros en facelo, xa que creou a web, www.todossomosaduaneiros.com.

A partir de aquí diferentes posicionamentos con, eu son, eu non son, aduaneirosenfronteiras. Ti sabes se es aduaneiro? Vamos cunha axuda:

Como xa dixen antes, andres milleiro, é aduaneiro, e pola outra banda, a dos que non son aduaneiros, marcus di que non é aduaneiro. Un dos blogs que leo normalmente, marcus, di que defende as dúas posturas, pero que non se suma a iniciativa de andrés, aínda que o mércores 17 se mostraba algo máis crítico ca ‘poetisa’ YC.

Despois de que a ‘poetisa’ fixera algún que outro amigo ca noticia ‘de abrazar a Diaz Pardo a traballar para os seus detractores’  non lle foi de mal en peor como era de esperar. Non, non lle pasou eso, e aínda que a maioría do blogmillo está en contra, usando incluso o humor do mítico gila, hai de todo, e con distintas opinions.

Nos xornais dixitais pódense ler distintas opinions, así no correo, o primeiro en facer pública a noticia, titulaa, ‘harakiri satírico’, e en vieiros pódese ler que ‘aduaneiros botan o fecho’.

Non foi o punto final, xa que yolanda castaño contraatacou cunhas declaracións acusando a aduaneiros de ‘facerse os mártires’.  As declaración fóron éstas: “publicación dalgúns comentarios zafios, soeces e gratuítos con insultos e inxurias, que acompañaban á caricatura os sete meses que estivo na web“.

Logo de agardar para ver se “retiraban eses insultos“, dirixiuse ao seu avogado, Pablo Carvajal de la Torre, para que enviase un correo electrónico ó portal no que se lles “convidaba de maneira amigable -di Castaño- a retirar os comentarios gratuítos“. Afirma que “estaría disposta a que se deixase no portal a caricatura e o resto dos comentarios pero non os insultos“.

A réplica de aduaneiros que non se fixo esperar, que tamén a podes ver no xornal, di: un “ataque furibundo: decidían pechar“, algo que, en opinión de Castaño, “xa o tiñan pensado facer antes e aproveitaron para culparme do seu peche total, erixíndose en mártires“.

Castaño nega que se lles ameazase cunha “demanda xudicial, senón que se lles convidou a quitar eses comentarios pero eles déronlle a volta á tortilla“. Valora “o traballo e o sentido do humor dos Aduaneiros, así como o exercicio da liberdade” de expresión pero “non que se me ataque ou insulte“.
Podes pinchar eiquí  para ver o segundo comunicado dos aduaneiros e a carta remitida a éstes últimos polo señor avogado, Dom Pablo Carvajal de la Torre.

Tamén outras publicación se fixeron eco da noticia, tanto nacionais, el pais, nas redes sociais, tanto meneame, nesta primeira entrada, como esta outra. En chuza fanse eco da nova, a primeira e despois outras, coma ésta.

Na internet, blogs coma manuel gago, onde se fai o exceptico e nombra outra entrada, onde critica máis duramente o peche de aduaneiros e o amedrentamento dos ‘probiños adueneiros’ . Tamén destaca o cadanseu minuto de gloria que finalmente atoparon, e que éste pobriños ‘ non coñecen máis fronteiras cas do medo á xustiza, polo visto.’ xa que ningún ‘picapleitos’ debería poder pechar unha web. Como remate a anotación, di esta web que ‘a grandilocuencia coa que redactaron o comunicado público de peche da web tampouco é moi propia de quen di cultivar o humor’. 

Outra das entradas preferias que eu atopei, foi ésta, na que di como conclusions, que ‘Pobre Yolandiña non sabe que os seus actos lle están a causar máis problemas e por exemplo na páxina de Chuza estanse batendo records’, ainda que o interesante é o comentario que di: ‘Sargadelos é unha empresa privada con ánimo de lucro e polo que sei por fontes fiables e coñecedoras da realidade da empresa dende dentro’.

Chegando o fin estamos, e so quero mencionar agora, dous blogs máis, un unha reflexion e outro, unha carta aberta, titulada ‘Un erro non amaña outro erro’ de calidonia.

 En fin, que cadaquen saque as súas propias conclusions, do que non hai dúbida e de que o tema continuará, non sabemos moi ben cara onde pero seguiremos atentos. Continuará…

?’aduaneiros sen yolanda, castaño sen fronteiras’¿

Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño


2007
10.18

Pecharon Aduaneiros sem Fronteiras.

banner esquina dereita

Ése é o titular que leo via andrés milleiro, a raxón é unha ‘ameaza de orde xudicial’. Si, si, así como sona. E esa ameza ven interposta por yolanda castaño, a ‘poetisa’. Aínda así, podese ver á paxina no caché de google, e tamén por internet, podense ver outros ‘fazañas’ que fai a ‘poetisa’.

Vía Andrés milleiro; Aduaneiros era un blogue onde se satirizaban con humor gráfico grandes aspectos do galego ou da Galicia, non en forma de viñeta cómica senón en forma de logos ou deseños, como o mítico “Ga lego”.

Segundo o texto de peche:

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

Papel en Blanco, tamén se fai eco ca seguinte tira gráfica:

Boneca Iolanda

En fin, parece rara a medida tomada por Iolanda Castaño e seus avogados. ¿Sentará precedente? Agardamos que non sea así, alomenos podemos seguir disfrutando do humor de Berto no seu blogue persoal.

O blogomillo de luto por un blogue emblemático da rede en galego. Está claro que todo o apoio aos Aduaneiros(e que volvan pronto).

Descargar videos do YouTube


2007
10.15

O proceso é bastante simple, ainda que lioso, e lógrase con só 2 ferramentas que, para o noso ben, son gratuitas. Agora, nuns pasos, todos os vídeos dos mundialmente coñecidos YouTube e GoogleVideo (entre moitos outros, coma Metacafe), poderás descargalos sen ningún problema.

Primeiro paso: descarga do vídeo.
KeepVid é o sitio chave en todo isto. A través del poderemos descargar un vídeo simplemente copiando a súa dirección, así:
descargavideos1.PNG

Unha vez pulsado o botón ‘DOWNLOAD’, un pouco máis abaixo apareceranos a seguinte mensaxe:
descargavideos2.PNG
Entón faremos click dereito en >> Download Link <<, seleccionaremos ‘Guardar enlace como’ e poñerémoslle un nome agregando a extensión ‘.flv‘(flash vídeo), desta forma:

descargavideos3.PNG
Unha vez que termine de descargar, podemos reproducilo cun FLV player ou pasar á seguinte fase(cambiar a formato coñecido, mpeg, avi, etc).

Segundo paso: recodificación do vídeo.
O máis probable e que nunca oiras falar do formato ‘.flv‘. Para transformar esta extension rara nalgo coñecido, necesitaremos primeiro descargar (click aqui) e logo instalar CinemaForge, un programa que converte vídeos entre varios formatos. Realmente é ‘de pago’, pero só a opción de hostear os teus vídeos transformados nun servidor, característica bastante prescindible, por outra banda.

Unha vez aberto veremos a seguinte pantalla (traballaremos coas opcións marcadas):
descargavideos5.PNG

Primeiro seleccionaremos o arquivo ‘.flv’ descargado:
descargavideos6.PNG
Logo seleccionaremos o formato ao cal queremos transformalo, sen esquecer agregarlle unha extensión coñecida (suxerencia: ‘.avi’):

descargavideos7_1.PNG
Unha vez feito isto pulsaremos ‘Encode’ e o programa comezará a facer o seu traballo. Para saber se está funcionando ben hai que poñer atención ao seguinte:

descargavideos8.PNG
Cando o monigote termine de loar a ‘media forge‘ apareceranos a seguinte mensaxe:

descargavideos9.PNG

…indicando que todo é correcto e que o vídeo esta listo para ser aberto polo noso reproductor.

P.D. KeepVid soporta moitos outros sitios de vídeos on-line. Pódese ve-la lista completa na columna ‘Any Site’:
descargavideos4.PNG 

Technorati e como buscar un blog.


2007
10.10

Este artigo é unha adaptación, e continuación doutro anterior, do que se publicou fai un tempo en Lifehacker chamado Ten ways to search with Technorati.

Technorati converteuse no buscador máis popular orientado ao mundo Blog, e máis aló da utilidade destas 10 funcionalidades, paréceme interesante o artigo porque te anima a moverte por Technorati e familiarizarte con él. Para algunha funcionalidade requírese rexistro;

A principial diferenza entre Google e Technorati, é o aspecto temporal. Google ordena os resultados por relevancia mentres que Technorati ademais dá máis importancia ás páxinas que se actualizaron máis recentemente. Se buscas Fidel Castro en Google, os resultados son principalmente biografías do dirixente cubano mentres que se buscas Fidel Castro en Technorati, verás que os resultados están ordenados polos últimos sitios actualizados:

ScreenShot043.jpg

ScreenShot042_1.jpg

1. Usar palabras chave e etiquetas: – Probablemente a procura máis básica en Technorati consista en usar unhas palabras chave ou unha frase na barra de procura da súa páxina principal. Simplemente escribe nela a palabra ou frase que che interese e se che interesa unha frase exacta introdúcea entrecomillada.

Para este tipo de procuras podes usar os seguintes filtros:

– Usa o menú desplegable para filtrar a túa procura por mensaxes dentro de blogs, por etiquetas ou por blogs que se atopen no directorio de Technorati. Por exemplo se buscas emule, co primeiro filtro mostrarache posts que conteñan a palabra emule, co segundo posts etiquetaxes polos seus autores con emule e co terceiro blogs relacionados co emule.

ScreenShot045.jpg 

– Unha vez que obteñas os resultados podes volver filtralos con outras tres opcións desplegables: blogs sobre, autoridade e linguaxe.
ScreenShot046.jpg

– Tamén podes buscar cronoloxicamente. Só tes que facer click no gráfico de barras que hai á esquerda da túa procura. Irás a unha páxina na que se indica cantas procuras similares se fixéron nos últimos días. Podes filtrar pola cantidade de días que consideres oportuno.
ScreenShot048.jpg
2. Buscar por etiquetas: – A opción etiquetas (tags) é un dos métodos máis cómodos de procura. Podes usalo de dous xeitos: visitando a páxina oficial de Technorati etiquetas, ou usando o menú desplegable como vimos no apartado anterior. A páxina de etiquetas ten unha gran utilidade para ver cales son os temas candentes na blogosfera a tempo real xa que mostra esas palabras máis grandes que as demais(unha nube de palabras):

ScreenShot049.jpg (Ex. de nube de palabras de masoucos.blogaliza.org)

3. RSS e Technorati: – Como dixemos, ao revés que en Google aquí os resultados dunha procura cambian cada minuto aparecendo en primeiro lugar os últimos blogs que mencionaron o termo que che interese, polo que se fas a mesma procura de forma regular, podes sindicar as túas procuras a través do RSS. Na fiestra de resultados fai click en subscribirse na parte superior dereita:

ScreenShot050.jpg

Aínda que non se comenta no artigo orixinal, esta opción parece estar dispoñible só para as procuras en etiquetas.

4. Discover : – Busca nas categorías de Technorati co filtro Discover que tes á esquerda da fiestra. Neste momento as categorías son Entretemento, Vida, Negocios, Deportes e Tecnoloxía. Unha vez que escollas unha categoría como Deportes, poderás navegar a través de subcategorías como Baloncesto, Fútbol, Golf, etc.

ScreenShot051.jpg

5. Technorati en miniatura – Technorati mini é un salvavidas para eses temas que che interesan tanto que queres estar informado case ao segundo. Supoñamos que se xoga a final do mundobasket, por exemplo. Todo o que tes que facer é introducir os termos e o “mini” realizará a procura cada sesenta segundos.

Esta opción preséntase como un pop-up, co tamaño e colocación que podes axustar como queiras:

ScreenShot052.jpg

No artigo orixinal menciónanse un par de formas de engadir este pop-up a favoritos para Explorer e Firefox… podes probalo e comentarnos como che foi.

6. Buscar en blogs de forma individual: – Se che interesa buscar nun blog concreto podes facelo de tres formas:

searchthisblog.png

– Blog Directory: O directorio de blogs pode axudarche a atopar bitácoras dedicados a unha tema específico. Boa opción pero non a mellor para esta tarefa.

– Buscar vía URL: vaiche á páxina principal de Technorati e introduce a dirección do blog no que queres buscar (podes deixar o filtro in blog posts). Cando aparezan os resultados verás un recadro verde con detalles dese blog que che permitirá buscar dentro del.

– Buscar vía favoritos: Tamén podes crear o teu propio mini motor de procura engadindo blogs ao servizo de favoritos de Technorati e logo buscando en todos eles. Esta é unha das opcións que requiren rexistro. Faise click no botón My Favorites, e logo engade blogs escribindo a súa dirección no cadro Add Favorites. Xa poderás usar o recadro de procura:

7. Etiquetas múltiples: – Se o que buscas son varios temas podes buscalos simultaneamente usando OR. Por exemplo se buscas emule OR bittorrent buscarás en posts, ou blogs con información sobre calquera das dúas palabras (o funcionamento é similar ao operador OR en Google neste caso).

8. Watchlist: – Outra opción para a que terás que estar rexistrado, se queres utilizar, é ésta. Se pensas que a opción do mini-Techonrati é demasiado hiperactiva para o que buscas, proba a Watchlist coa que poderás ter sempre a man e actualizadas as procuras que che interesen.

Engade as palabras ou frases mediante o cadro lateral e logo poderás pregar e despregar os resultados facendo click sobre o nome da procura:

ScreenShot059.jpg

ScreenShot058.jpg

9 . Widgets de Technorati: – Os widgets son pequenas aplicacións que xeralmente se mostran no escritorio do teu computador e permítenche realizar procuras desde un sitio alleo a Technorati. Os máis destacables son:

Technorati Search Widget: só para usuarios de Mac
Yahoo Widgets for Technorati: aínda non hai moitos dispoñibles para Windows
TypePad and Technorati: un widget por se tes un blog construído en TypePad ou MOvableType

10 . O máis popular: – No artigo orixinal, a décima forma é Technorati Microformatos que aínda está en fase beta e que ademais non lle vexo moito uso para os hispanoflantes. Moitos máis interesante e lúdica paréceme a sección Popular onde poderás ver dunha plumada as procuras máis populares, as etiquetas máis usadas na blogosfera e a parte que me parece máis entretida: os vídeos máis populares de internet:

ScreenShot060.jpg

Isto último baséase nos vídeos de YouTube máis veces incrustados nos blogs. Convértete no primeiro en ver os vídeos dos que todo o mundo falará nuns días.

Fonte orixe(en inglés): Ten ways to search with technorati , http://blog.faqoff.org/

Disco duro con sectores defectuosos, segundo windows. (II)


2007
10.10

O que sigue está literalmente sacado da páxina oficial de microsoft, e é a solución que lle dan a calquera para arranxar o seu disco duro defectuoso, ou con sectores defectuosos. Éstos de microsoft NUNCA nos deixarán de sorprender.

A versión de microsoft sobre o problema: “Según el saber popular de los técnicos, se puede meter en una bolsa una unidad que no funciona y dejarla en el frigorífico toda la noche. De ese modo, quizá se contraigan los componentes lo suficiente para funcionar. He recurrido a ese truco varias veces y merece la pena intentarlo.” 

Se probaches este truco e che funcionou, POR FAVOR, coméntanolo!!!!

Mellor mira este link, que terás máis posibilidades de solucionar o teu problema:  HDD regenerator.

Disco duro con sectores defectuosos. (I)


2007
10.10

[lang_gl] HDD regenerator é unha utilidade de Dimitry Primochenco (Rusia) que recupera información de sectores defectuosos do disco duro. Este home debía de vivir en Siberia ou por aló lexos do mundo, e ao estropearselle o seu hd(disco duro), no canto de ir a Moscú a por un novo púxose a fedellar con él, co que creou éste programa . Ante todo dicir que HDD Regenerator non fai milagres e non sempre pode recuperar o contido de sectores danados.

     ¿Como é posible esto? O creador de HDD Regenerator, asegura que un 60% dos sectores danados débense a unha mala magnetización da superficie do disco, este programa é capaz de ler os datos de sectores danados desta forma e inducirlles o magnetizado correcto, noutras palabras, repáraos.
Para Windows NT, 2000 e XP crea un disco de regeneración, así que terás que ter a man un disquete.
A explicación de como funciona, por enriba, é sinxela, ao parecer cando se “estropea” un hd(disco duro) pode ser de dúas formas(bo, realmente tres(mecánica)), unha físicamente que o scandisck recoñece como erro físico do hd ou magnéticamente que o scandisck tamén recoñece como fallo fisico. O caso é que ao tal Dimitry, lle debeu pasar o que ao meu disco, que se lle foi a luz ( en Siberia xa se sabe, igualiño que por masoucos). O programa o que fai é testear o hd e comprobar que todos os sectores están perfectamente magnetizados, en caso de atopar algún sector en mal estado  “reseteao”.
Ao final de todo o proceso ( que tarda +/- como un scandisck de superficie normal) aparécenche o número de sectores defectuosos atopados e o número deles que foi capaz de restablecer, se coincide é máis que probable que se solucionou o problema, se non é así, deberase a que realmente hai danos físicos.
[/lang_gl]

[lang_es] Una utilidad de Dimitry Primochenco (Rusia) que recupera información de sectores defectuosos del disco duro. Éste hombre debía de vivir en Siberia y al estropearse le su hd ,en vez de bajar a Moscú a por uno nuevo se puso a trastear y creo este programita . Ante todo decir que HDD Regenerator no hace milagros y no siempre puede recuperar el contenido de sectores dañados.
¿Cómo es posible? Los creadores de HDD Regenerator aseguran que un 60% de los sectores dañados se deben a una mala magnetización de la superficie del disco, este programa es capaz de leer los datos de sectores dañados de esta forma e inducirles el magnetizado correcto, en otras palabras, los repara.
Para Windows NT, 2000 y XP crea un disco de regeneración, así que tendrás que tener a mano un disquete.
La explicación de como funciona, a groso modo, es sencilla, al parecer cuando se “estropea” un hd puede ser de dos formas(bueno, quizá tres), una físicamente que el scandisck reconoce como fallo físico del hd ó magnéticamente que el susodicho scandisck también reconoce como fallo fisico, el caso es que al tal Dimitry de debió pasar lo que a mi, que se le fue la luz ( en Siberia ya se sabe). El programita lo que hace es testear el hd y comprobar que todos los sectores están perfectamente magnetizados, en caso de encontrar algún sector en mal estado lo “resetea”.
Al final de todo el proceso ( que tarda +/- como un scandisck de superficie normal) te aparecen el número de sectores defectuoso encontrados y el número de ellos que ha sido capaz de reestablecer, si coincide es más que probable que se haya solucionado el problema, si no es así, se deberá a que realmente hay daños físicos. [/lang_es]

Fonte orixe(en inglés): O de siberia, o creador

Que é technorati


2007
10.09

Actualmente, unha ferramenta moi útil para buscar blog, e para que te busquen.

Comezamos cun pouco de historia: Technorati foi fundada por Dave Sifry e a súa sé(sede) principal está en San Francisco, California, Estados Unidos. Tantek Çelik é o Xefe Tecnolóxico da web.

   1.- Que é Technorati?: É un servizo de procura para blogs que os categoriza e colócaos nun ranking baseado no número de enlaces e que tan popular son.

2.- Como axuda iso ao meu blog?: O estar indexado en Technorati permíteche que outras persoas interesadas no teu contido te atopen e te enlacen. Mais enlaces, mais popular, mais visitas.

3.- Como agrego o meu blog aí?: Tes que rexistrarche. Se gustas segue este link para facelo, só enchendo os teus datos. Posteriormente é convinte “reclamar” (claim) o teu blog.

4.- Que facer despois?: Despois vén algo que é importante, que é o usar “tags”. Estas son etiquetas que dalgún xeito resumen a temática do teu blog. Así se este blog fala de “blogs”, a etiqueta que usaremos é “blogs”, así alguén que busque cousas sobre do tema localizános, e tamén nós ao momento de buscar información buscaremos quen comparte a mesma etiqueta ou “tag”.

nube palabras masoucos

Esta é a forma en que os “tags” aparecen en Technorati. Como unha nube. As mais populares están mais resaltadas, as menos non. Agora no momento de escoller os teus “tags” non penses que ao escoller as mais populares, terás mais tráfico. Isto daríache mais blogs que falan do mesmo, ou sexa maior competencia, e non mais novidade do tema. Polo que se existe o tag “blog”, o teu poderías poñer “novato” ou “newbie”, do cal non fala moita xente e o teu blog destacase mais.

5.- Como sabe Technorati que actualizache o teu blog?: O sistema manexa un sistema de “pings”. Se utilizas estas plataformas: Blogger, Moveable Type, Typepad ou WordPress, este “ping” é automático. Se non é así, terás que facelo manualmente mediante esta páxina.

6.- Os favoritos de Technorati: Unha vez subscrito en Technorati, podes buscar blogs e convertelos nos teus favoritos. Podes facelo polo seu ranking, polo número dos seus enlaces, etc. Aqui esta a lista dos mais favoritos de technorati.

Se queres que os teus usuarios te marquen a ti como os teus favoritos desde o teu blog, Technorati ofrece botóns e/ou enlaces para facelo, vai a esa páxina. Podes saber quen te marcou como favorito.

7.- Pode Technorati darche mais información do teu blog?: Claro. Facendo click neste enlace podes ver mais información deste blog.

Aí atoparás cal é o teu ranking, cantos blogs te enlazan, o teu url, cando foi a última vez que actualizache e cantos che teñen nos seus favoritos.

Fonte orixe adapatada(en inglés): “Blogging 101: Ten Technorati Tips “, e tamén http://www.mi1erblog.com/

Correos cadea ou máis ben correos basura


2007
09.27

As cadeas de correos son hoxe un dos fenómenos sociais máis impactantes da rede. Trátase de mensaxes de correo electrónico reenviados a diferentes destinatarios, chegando a percorrer extensas áreas xeográficas e afectando a millóns de usuarios.

Dentro do ámbito corporativo, o resultado tradúcese en perdas millonarias -agora veremos porqué- e para o usuario doméstico esta práctica supón a molesta recepción de moitos correos non desexados, perda de calidade no servicio, etc.

¿Como empeza unha cadea de correos?
Un usuario recibe un correo cun motivo aparentemente solidario ou de gran afección social, que debe reenviar para contribuír a unha boa causa. Por exemplo, por cada correo reenviado un neno do terceiro mundo recibirá 1 céntimo e o diñeiro recollido servirá para realizar unha operación que lle salvará a vida. Noutros casos utilízanse reclamos de interese xeral para incitar ao usuario a reenviar a mensaxe: se non reenvía a mensaxe, a súa conta de MSN deixará de estar operativa. Calquera outra disculpa tamén é valida. Se sabes ti algunha, comentaa¡

¿Para que serven as cadeas?
O principal cometido das cadeas de correos é conseguir unha gran cantidade de correos electrónicos de usuarios para pouco despois enviar publicidade non solicitada, virus ou pornografía.

¿Como funcionan as cadeas de correos?
Cada vez que se reenvía un correo a varios usuarios, as súas direccións quedan almacenadas na mensaxe, de maneira que estas aumentan exponencialmente e unha vez a mensaxe volve á súa orixe, o emisor pode recolectar millóns de direccións de correo electrónico.

Vexamos un exemplo: Un individuo ten interese en enviar publicidade masiva sobre un produto farmacéutico, programas piratas ou calquera outro artigo de dubidosa procedencia ou pouco atractivo para o público en xeral. Esta persoa envía unha mensaxe manipuladora e con denotacions sentimentais a 20 usuarios. Éstes a o “colaborar” coa causa solidaria reenvían o correo aos seus contactos (por exemplo, 20 amigos). Ata aquí temos 20 amigos x 20 correos cada amigo = 400 usuarios. Sigamos esta cadea:
20 x 20 = 400
400 x 20 = 8000
8000 x 20 = 160000

Isto é o que se coñece como ‘efecto piramidal’, onde os resultados son exponenciais. Tendo en conta, que o noso entorno social únenos en nexos de relacións máis ou menos próximas, se aplicamos o significado de relación a Internet, onde as comunicacións son increiblemente rápidas e sinxelas… De igual modo que en moitas ocasións nos atopamos con casuais como que, o noso veciño é amigo do curmán dun familiar noso, e en internet os nexos suceden de igual xeito, pero a unha velocidade e volume moito maior. Deste xeito, a mensaxe sempre volve ao emisor nalgún momento, contendo millóns de direccións de correo electrónico doutras persoas.

A persoa que iniciou a cadea xa dispón dun gran número de direccións ás que enviar correo non desexado.

¿Que podo facer para contribuír a frear as cadeas?
En primeiro lugar, non continuar as cadeas con motivos pouco coherentes: Bill Gates non regala diñeiro por enviar correos nin MSN deixará de ser gratuito se non reenvías unha mensaxe, NON non pecha as prisas éste servicio.
En segundo lugar, se aínda así queres reenviar a mensaxe, faino eliminando os correos anteriores do corpo da mensaxe e incluíndo os destinatarios no campo de copia oculta (CCO). Deste xeito, ninguén poderá utilizar estas direccións.

¿Cal é o resultado das cadeas?
Envío masivo de virus, pornografía e publicidade non desexada. Unha empresa de tamaño medio pode chegar a recibir miles de corrédevos lixo cada día, o que se traduce na saturación dos equipos de rede e un elevado custo de procesado. Para un usuario doméstico o impacto é menor e verase afectado por algúns correos publicitarios, maior lentitude nos servidores, e algún que outro molesto reenvío de cadeas dos seus contactos.

¿Debería reenviarlo por ‘se as moscas’?
Este é o principal motivo polo que os usuarios finalmente reenvían os correos. Seguramente o secuestro dun neno, a colocación de explosivos en teléfonos móviles ou a existencia dunha banda que mata á xente que conduce coas luces acesas sexan bulos, pero debido ao contido sensacionalista e/ou emotivo da mensaxe normalmente as mensaxes son reenviados, “non vaia ser”.
Pensade que os corpos de seguridade dispoñen de medios universais (ao alcance de todos os usuarios, non só internautas) para transmitir estas informacións sen manipulacións e alteracións.

   Tamén podedes ver, e/ou ler máis lendas e outras historias curiosas  no seguinte link: http://www.leyendasurbanas.org/leyendasurbanas/internet/index.htm

Fonte orixe: http://www.ticnovation.com/

O escritorio caótico; ten solución¡


2007
09.26

Artículo inspirado en “Desktop Zen – Reducing Visual Clutter on your Desktop” de Ajs blog, pero con algunha nova cousa que me gustaría que todos vírades. Podes facer con el que che pete, utilizar ou descartar o que non creas útil pero a idea e pasar dunha imaxen a outra… 

Image001    Image002

Ou tamén …

desktop_inicial.jpg

… a esto.

escritorio_limpio5.jpg

Para sacarlle o mellor proveito a Windows, un sistema operativo pouco intuitivo(ainda que está feito para tontos), temos que facer algunhas pequenas modificacions para chegar a facernos a vida un pouco máis fácil.

Consecuencias da desorganización
O máis seguro é que seas como min ou máis ben o que intento deixar de ser, de poñer todo no escritorio, e en lugar de limpialo e borrar o que non necesitas, fas un rego o redor dos iconos para ver o fondo que tes detrás de todos eses archivos, pero o que che pode pasar por ter un escritorio pouco ou nada organizado poden ser:

  • Non encontrar o que buscas
  • Perdelo tempo en buscalas
  • No hai unha lóxica de organización
  • Cando quieras limpialo perderás ainda máis tempo(muitas veces é imprescindible, e se chegache ata aquí, pode que esta sea unha delas)
  • Podes confundirte de onde gardas os tus archivos; si en ‘Mis documentos’ (por exemplo) ou no escritorio.

Para conseguilo escritorio limpo e organizado que queremos, faremos varias cousas.

Primeiro Paso: Organizar e Limpiar

Tal vez o máis difícil será eliminalo hábito de gardalo todo no escritorio, pero con algun simple consello e esforzo podemos chegar a facelo.

Primeiro de todo, e mui importante que non coloques Iconos de ‘acceso directo’ para programas no escritorio, hai formas mais fáciles de chegar a eles.

Como comenta ‘Avesh Jain’ no seu artígo é pouco productivo e unha perda de tempo estar minimizando as fiestras(e non a de masoucos, jeje) para presionar o acceso directo e abrirlo programa (ainda que con Win + D ou Win + M podes aforrar esas accions) hai mellores formas de abrilo programa que queiras en cada momento.

Menú Inicio para acceder aos teus archivos e programas

Hai varias maneiras de non facer esto e o máis común é usar o ‘menú de inicio’ en donde podes facer varias cousas, na sección A podes colocar os programas que máis usas, simplemente arrastra o icono do programa a área A e xa está feito. Na sección B podes configurar o que a miudo está por defecto como ‘mis imágenes’, ‘conexiones de red’, ‘impresoras y faxes’ e un feixe de cousas que non usas ou as usas unha vez o ano, mellor quitaas, deixao o máis limpo posible(ver fotos).

menu_inicio4.jpg

A sección C , windows actualizaa automáticamente e son os programas que usas moi a miudo. Esta tamén podes configurala indicandolle que cantidade de programas serán listados. Tamén se fai oprimindo o botón dereito do rato sobre o ‘menú inicio’ e ‘propiedades’.

Inicio rápido para acceder aos programas

Esta é unha forma interesante de windows para abrirlos programas ou carpetas, simplemente coloca o acceso directo, e de forma automática empeza a crear un menú dos programas que máis usas presionando na flecha que se ve na imaxen. Pero tes que estar atento e deixar so o número mínimo de programas visibles (máis ou menos 3) que son os que se usarán máis a diario para non ter unha interminable lista de accesos directos.

inicio_rapido2.jpg

Senón queredes ter accesos directos, podedes utlizar Launchy unha aplicación gratuita, lixeira e de código aberto para abrir programas. En Flusser podedes atopar un artigo sobre él; “Launchy: Iniciar programas rápidamente” .

Move os teus archivos dentro da carpeta ‘Mis documentos’

A forma máis sinxela de gardar o que descargas de Internet, ou gardar os documentos nos que traballas, é crear o seu respectivo ‘folder’ para estas dúas principais áreas, e crealo na carpeta dos meus documentos facilita a tarefa, porque en xeral os cadros de diálogos de ‘gardar como’ teñen un acceso directo a esta carpeta.

Crea a carpeta ‘descargas’ (downloads). Nesta podes crear subcarpetas por exemplo, de imaxes, comprimidos, torrents, mp3, documentos (.pdf, .doc ou .txt) ou nomeala como ti prefiras. O truco é ter todo máis organizado, ou simplemente garda todo na carpeta raíz, ou sexa, descargas, e despois organiza o que baixes(non recomendable, porque despois non o fas).

Crea a carpeta traballo? todos os teus traballos ou tarefas colócaos nesta carpeta que polo xeral tamén terá subcarpetas para colocar cada proxecto, ou temas se así o prefires.
mis_documentos2.jpg

Tamén podes personalizalas túas carpetas por se queres facer unha distinción visual. Unha maneira pode ser a través de iColorFolder que che permite cambiar a cor as túas carpetas. Se non queres instalar nada, podrías simplemente cambiar o seu icono. Para facelo preme o botón dereito do rato(mouse) sobre a carpeta, despois, onde dice propiedades e a continuación onde di personalizar, no fondo desta fiestra está a opción ‘cambiar icono’, escolle o que che guste e xa está. Podes colocar por exemplo un icono dunha nota musical para a carpeta de Mp3.

p_carpeta2.jpg

Move o teu escritorio a barra de tareas

Hai varias ventaxas o poner o escritorio na ‘barra de tareas’, por exemplo, que podes acceder a ‘Mi PC’ ou a ‘Papelera de reciclaje’ sen ter que minimizalos programas ou tamén, acceder aos iconos no escritorio.

escritorio2.jpg

Xa falta menos pra ter un escritorio como o da imaxen.

Segundo paso: Personalizalo escritorio

Ocultar iconos de area de notificación

A ‘área de notificación’ é esa onde se atopa o reloxo. Hai programas que ‘por defecto’ se minimizan nesa área, pero tal vez, non sea necesario que estean visibles todo o tempo como por exemplo o antivirus ou as actualizacions de windows, que para lograr ocultalo so tes que presionalo botón dereito do mouse na ‘barra de tareas’, ir a ‘propiedades’ e presionalo botón de ‘personalizar’ da ‘área de notificación’. Ahí indicas que queres que se oculte, ou que sempre debería estar visible como o reproductor de audio ou o notificador de gmail, por poñer algún exemplo.

ocultar_inf.jpg

Cambialo e organizalo fondo de escritorio

Para terminar sería bon poñer un fondo de escritorio que che guste. Como sempre hai progrmas gratuitos que o fan ( Xchange)  que che permite aplicar algunhos efectos as túas imáxes que planeas usar de wallpaper.

Bueno, esto creo que foi todo por hoxe. Espero as vosas recomendacios para mellorar o artigo, se ten algún erro, se algo non funciona, etc.

Tamén me podedes decir se vos foi útil