Archive for the ‘Autobombo’ Category

Victoria máis dura do experado.


2009
02.21

Resultados
Guntín – Sagrado Cor. 0 – 0
Río Sil – Lugo 1 – 0
Antas – Muralla 1 – 5
Lucense – Castroverde 1 – 4
Portomarín – Pradeda 5 – 1
Friol – Oural 3 – 1
Rubián – Comercial 3 – 4
Calasancio – Garabolos 3 – 1

A próxima xornada:


Próxima Xornada
Lugo-Sagrado Cor.
Muralla-Río Sil
Castroverde-Antas. Domingo 22 – 16.15
Pradeda-Lucense
Oural-Portomarín
Comercial-Friol
Garabolos-Rubián
Calasancio-Guntín

E a clasificación despois do tropezo do Oral na casa do Friol queda:

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Sagrado Cor. 20 13 3 4 34 16 42
2. Muralla 20 12 5 3 40 15 41
3. Calasancio 19 12 5 2 45 18 41
4. Castroverde 19 12 3 4 42 22 39
5. Oural 20 10 7 3 45 24 39
6. Comercial 20 9 6 5 36 30 33
7. Río Sil 20 8 5 7 21 25 29
8. Portomarín 20 9 2 9 33 30 29
9. Rubián 19 7 7 5 34 33 28
10. Friol 20 7 6 7 34 27 27
11. Antas 20 7 4 9 32 41 25
12. Guntín 20 3 8 9 22 35 17
13. Lugo 20 5 2 13 28 54 17
14. Garabolos 20 4 4 12 23 37 16
15. Pradeda 19 1 5 13 21 42 8
16. Lucense 20 1 4 15 18 59 7

Enfrentabanse dous equipos moi distanciados na táboa. O último recibia ao quinto, pero a diferencia na clasificación non se fixo patente ata ben entrada a segunda parte.
Na primeira parte, o lucense saiu ben plantado cun campo estreito e as liñas xuntas, o centro do campo contivo en todo momento ao ataque visitante, que estivo bastante desacertado nesta primeira metade. Así co paso dos minutos o lucense gañou en confianza e nunha falta algo escorada a esquerda chega o primeiro gol, despois dun rexeite de chino a disparo de julio que o dianteireo local non perdoa. Ventaza local que pouco duraría, xa que unhos minutos despois e nun centro de gelo, o mellor da sd ata o momento, Marcos V. empata o partido aproveitando o rexeite do longueiro a disparo de toño debaixo da liña de gol.
A sd seguía co seu dominio, pero a autoexpulsión de Gelo, o mellor ata o momento, propiciou a superioridade numérica dos locais.

Na segunda metada máis do mesmo, ataque visitante e resitencia local. Rompeuse o partido coa saída de carlos por Richard, con máis frecura no ataque, chegou o segundo visitante, despois dunha xogada, precisamente de carlos, que albino remata a gol. Este gol rematou coa resistencia do lucense, e así de novo carlos fixo o terceiro.
O cuarto obra de sentenciou un partido máis complicado do esperado, aínda así tres puntos máis que nos acercan o ascenso.

S.D. Castroverde: 1.Chino, 2.Juan, 3.Oscar, 4.Pere, 5.Javi, 6.Marcos, 7.Albino, 8.Toño, 9.Marcos V. 10.Richard, 11.Gelo. Tamén xogaron: Carlos, Bruno, Rafa, Manolo e Tino.

Boas Festas


2008
12.31

Mellor unha imaxen que mil palabras… pois eso

Vémonos!

A todos os que dan ánimos…


2008
08.27

Gracias a tod@s polo interese mostrado, e os animos para seguir adiante co blog.

Recordo agora(co peligro de que alguén quede sen nombrar) e doulle as gracias a Iosef(déboche unha), Faleieu e Neliña(agardo que non deixen a fiestra), un de tordea, Karmita, Millán, outros de tordea, romano, sony, Iruiaenlanube, Xavier, Mario, Ruben novo, Pibe, Lu, reixix (estes catro máis recentemente), algun/ha comentarista anónimo/a, e a toda a xente que algunha vez comenteou e/ou criticou o funcionamento.

Muita xente que chegou a web neste tempo, dixome que non sabe que comentar, qué decir, que esto é moi serio, XD¡¡¡ NON¡¡¡ para nada¡¡, parece serio, máis o obxectivo non é tal; Polo que animo a toda a xente a participar, e a colaborar. So se intenta dar outro punto de vista, falar sobre os temas de actualidade de castroverde ou arredores, e cun punto critico e relaxado, para o que non sexa ben feito.

Teño tamén pendentes moitas fotos, como algún xa me recordou, pero as que non teño, son as das festas de Tordea 2008. Como algo me sentou mal a cea, (estaba todo tan bon…) que non puiden chegar a festa(cas ganas que tiña), polo que lle pido a xente de tordea, se pode ser, que más pase para publicalas, non?.

Gracias A Tod@ Polos Ánimos. Sen Vos A Fiestra De Masoucos Non Sería O Que É.

Gracias Por Estar Aí Do Outro Lado.

Graciñas

Pechado¡ STOP.


2008
07.31

Pois eso, que me vou de vacacions, merecidas creo, asique non hai máis que decir… podedes facer o que vos pete, voltarei polo blog o día 19 de Agosto. Non rompades nada¡  XD

Pechado por vacacions

P.D.  Confirmado o paso o Grupo XIII. Tamén o está o novo adestrador, que volta a súa casa, unhos anos despois, quen será, será… O martes, as 21.00, empeza de novo a temporada. Quen queira pasar… alí estaremos¡¡¡

Hoxe fai dous anos…


2008
04.25

dous anos[lang_gl] Hoxe o blog de Masoucos, cumple anos, xa son dous aniños.¡

Dous anos, nada máis e nada menos, na rede. Ese é o tempo que leva ‘A fiestra de Masoucos’ no mundo de internet, aínda que tivo unha época de pouca actividade, na que o blogue sobreviviu a duras penas, case a monte, de ahí tamén a versión que se pode atopar no blogmillo, ‘Dende a Terra Extranxeira’.

Este primeiro intento, contaba as reflexións sobre o día a día no traballo, escrito dende Madrid, hoxe felizmente transformada na ‘Fiestra de Masoucos’, un lugar para a unión dos ‘túzaros’, e tamén para compartir os nosos videos, fotos etc., complementada con ‘especias’ diarias con diversa temática, e tamén crónicas futbolísticas.

Foi desde alí(Madrid), onde comecei a miña aventura blogueira, gracias a unha busca, non recordo cal, que deu co primeiro blog que lin(leo) habitualmente, o de elianinha, e me levou a decir, e, Por qué non crear un? Así foi, e o resultado é este. Agardo que vos guste¡

Atopei a blogaliza de casualidade, coma muitas outras na rede. Estaba buscando un lugar en galego para poder publicar o meu blog, e din co grupo adecuado, (o grupo de blogaliza). Unha comunidade de blogueiros, aberta a calquera, e que aloxa os blogues, baixo wordpress, concretamente baixo muwordpress. Todo esto está baixo o control do omnipotente goretoxo, ou tamén pedro silva, que cada día que pasa non deixa de sorprendernos, gratamente desde logo, con novos engadidos, novas actualizacións….

Nesa época máis, ‘a monte’, na que só escribin unhas 20 anotacions levei varias sorpresas, xa que sen querelo, conseguin dous enlaces o blogue, un do orixinal ‘marcus‘, outro dos blogues que leo habitualmente. Unha axuda importante para medrar. Pero non foi suficiente, para facelo.

Tivo que pasar algún mes máis, para conseguir transformar a fiestra nalgo máis atractivo, con novos engadidos, e opcións, para facela túa visita máis agradable¡

Chegar a case 5.000 únicas visitas (e máis de 15.000 páxinas vistas) que xa ten o blogue (desde agosto) é todo un éxito.

Graciñas a todos¡. Disfrutade da nova ‘Fiestra de Masoucos’ que non deixará de transformarse nos vindeiros meses¡

Saúdos a todos¡

[/lang_gl]

[lang_es]

No quiero que abandones este sitio, pero lo siento mucho, el blog ha dejado de ser bilingue por falta de tiempo. Si quieres puedes ayudar a su tradución.

Para ver el blog completo en version original, pincha a continuacion: versión “original”.

También puedes probar la traducción automática a español, o inglés.

Disfrútalo [/lang_es]

Máis cambios…


2008
04.15

[lang_gl] Os cambios son positivos.

Pero sen dúbida difíciles. O blog vai comezar o seu proceso de cambio, chegoulle o seu “san martiño”. Será, agardo, para o aniversario do blog, aínda que non asustedes se o vedes antes…

Comezamos cas novidades, e é que vou pasar a un dominio independente, que non a outro servidor, paserei de masoucos.blogaliza.org a simplemente masoucos.org, todo un avance, para facer máis sinxelo que a xente nos coñeza polo mundo.

Estiven xa probando apariencias para o blog, que aínda que tiña outras cousas en mente, como que forades vos os que votárades polo máis atractivo, por motivos de traballo, un tamén cambia de traballo, non vai ser posible, e vouno decidir unilateralmente, ainda que agardo que o proxecto se torne interesante para cada vez máis xente(si, ti que les, e non escribes 😉 )…

Esto non é todo, xa que seguiremos baixo mu wordpress xa que ten de todo, e moi bon. Ten engadidos que che facilitan moito a vida, como poñer etiquetas, comentarios recentes, incrustar fotos do flickr, etc, etc. E sobre todo unha comunidade increiblemente boa.Creo que será o meu sistema por moito tempo.

Pero este traballo non remata aquí,  diseñar o novo sitio, engadir de novo o chat(cbox), as licenzas, o mapa de etiquetas,o novo podpress, o foro integrado(soño cada vez máis cerca)… e tantas e tantas cousas… que levará o seu tempo, asique pido tranquilidade se as cousas ás veces non funcionan como parece!

E neso estou. Se alguén quere botar unha mao, (como sempre fai “Undetordea”, “Alex”, “Iosef”, e outros muitos, graciñas), (porque entre outras cousas vou deixar de lado as traduccións das anotacions por falta de tempo), ou tamén podes darme un consello, estarei agradecido. De corazón e de cabeza.

Gracias pola paciencia.[/lang_gl]

[lang_es] No quiero que abandones este sitio, pero lo siento mucho, el blog ha dejado de ser bilingue por falta de tiempo, pero si quieres puedes ayudar a  su tradución, o probar con la versión “original”.

Disfrútalo[/lang_es]

Historia de Masoucos (I)


2008
02.01

[lang_gl] Que vos parece esto? Un gran descubrimento, non é? Espero poder seguir investigando no libro, e sacar máis imaxes.

A primeira e a simple vista dime que xa sei de onde sacaron a informacion da web do concello de castroverde sobre Masoucos(Ampliaremos esta nova). XDD

En próximos días darei máis detalles do libro, e de máis sitios interesantes. Ata daquela¡ [/lang_gl]

[lang_es] Que os parece este extracto? Un gran descubrimento? Espero poder seguir investigando en el libro, y sacar más imagene.

A primera y simple vista, ya he descubierto de donde han sacado la informacion de la página web del ayuntamiento de castroverde sobre Masoucos(Ampliaremos esto). XDD

En próximos días espero poder explicar más detalles del libro, y de otros sitios interesantes. Hasta entonces, espero vuestros comentarios¡ [/lang_es]

As contas do blog no 2007


2008
01.04
Total hits:7569 Hits from unique IPs:1829

CCD01042008esta. [lang_gl]Estas son as visitas do blog desde que teño activado o plugin counterize, un engadido que mostra o número de visitas, páxinas vistas por mes, por horas, por días etc. Como conclusión solo decir que o número de visitas non deixa de medrar, así, xa hai máis de 1800 visitas únicas, que fixeron click nunhas 7000 páxinas desde Agosto.

Muitas gracias a todos, nunca pensei que éste blog puidera ter tantas visitas en tan pouco tempo. Podes ver máis curiosidades na foto adxunta.

P.D. Espero como sempre as vosas suxerencias, críticas, comentarios, etc, que sempre axudan a mellorar, como espero que o faga o último engadido, a barra do Marcador Social Blink, para puntuar as anotacións do blog, gardalas ou mesmo compartilas con outros usuarios Blink.  [/lang_gl]

[lang_es]Estas son las visitas del Blog desde que he activado el plugin counterize, un añadido que muestra el número de visitas páginas vistas, por mes, por horas, por días etc. Como conclusión decir que el número de visitas no deja de crecer, así, ya hay más de 1800 visitas únicas, que hicieron click en unas 7000 páginas desde Agosto.

Muchas gracias a todos, nunca pensé que este blog había podido tener tantas visitas en tan poco tiempo. Puedes ver más curiosidades en la foto adjunta.

P.D. Espero como siempre vuestras sugerencias, críticas, comentarios, etc, que siempre ayudan a mejorar, como espero que lo haga el último añadido, la barra del Marcador Social Blink, para puntuar las anotaciones del blog, guardarlas o incluso compartirlas con otros usuarios Blink. [/lang_es]

Masoucos na Wapedia


2007
11.09

    Outra inuguración máis no blog de Masoucos, desta volta é o Tema de ‘Autobombo’. 

Comezaremos cas estatísticas do sitio, dende finais de agosto a día de hoxe, recibiu 705 visitas únicas e máis de 3000 clicks. Graciñas a todos¡ Creo que é un rexistro mui importante, e todo débese a xente que le habitualmente o blog¡

Chegar a internet foi posible fai un tempo gracias a éstas dúas páxinas, pouco elaboradas pero con intención de comenzar un camiño que este blog pretende continuar, esperemos que durante muito tempo.

Outra volta e chegamos a galipedia(wikipedia en galego), e sin máis xa estamos na wapedia, que pretende levar os contidos das distintas wikipedias, a dispositivos como teléfonos móviles e PDAs, mediante WAP, e sí, parece mentira, pero desde alí desde o curuto podríamos estar vendo a través dun móvil información en internet sobre Masoucos, incrible.

Á dirección na galipedia é: http://gl.wikipedia.org/wiki/Masoucos,_Castroverde e na wapedia  : http://wapedia.mobi/gl/Masoucos , por se queredes fedellar.

Tamén quero recordar que unha das anotación do blog, chegou a meneáme en dúas noticias, e outra a http://basketbog.blogspot.com/2007/09/recomendamos-segunda-xornada-do.html. En muitos máis sitios se fan eco desta páxina, asique se estás a ler esta anotación e queres por un enlace á nosa web, adiante¡

Aproveita ésta entrada para pedir alguén que adopte a este pobre cadeliño recollido fai uns días pola protectora de animais de lugo. Tes máis información pinchando aquí.

 

Proba polyglot


2007
10.10

[lang_gl] Probando en galego… [/lang_gl][lang_en] in english …. [/lang_en][lang_es] en español …. [/lang_es]