Archive for the ‘Concello de Castroverde’ Category

déjà vu pasado-presente-futuro


2011
06.01

Por millán fernández en xornal. Extenso pero merece a pena botarlle un ollo.

O xornalista e escritor Santiago Jaureguízar dicía en 1994, nas liñas de El Progreso: “Lo más característico de Castroverde va cediendo a la ley de la gravedad. ¿Cuál es la solución? Tal vez dar el do de pecho”. Non lembro o contido exacto do artigo pero estas verbas resignadas poderían recuperarse literalmente contemplando calquera das posibilidades ás que aludía, nun dos concellos mais ricos e fermosos da zona de transición entre a Terra Chá e a Montaña lucense. Non podo saber se o autor falaba da dolosa e dolorosamente abandonada Torre da Homenaxe da súa fortaleza medieval (símbolo total do concello sobre a cal escribiu Benito Vicetto no S.XIX) ou á súa xente, ou ao seu particular panorama político.
Castroverde resiste estoicamente o transcorrer implacable dos anos, como a maioría do rural do país. Semella que nada se move. Non é amigo de cambios bruscos.
A pequena algarabía prodúcese polas mañás no núcleo da vila, ou as fins de semana cada 15 días cando hai feira local e as “pulpeiras” non dan abasto. A vida camiña “amodiño, centro urbán”. Algún movemento os domingos se xoga a esedé (SD Castroverde), na segunda autonómica, ou se hai algunha actividade no Pavillón Municipal. Pode que en calquera evento excepcional que rache coa monotonía.
A capital da provincia está a dez minutos pola estrada que parte en dous o seu corazón e que vai de Lugo á Fonsagrada. Está ben comunicado. A Mariña e A Coruña a tres cuarto de hora.
O nome da arteria principal é a Rúa Rosalía de Castro, antes do Xeneralísimo. Tamén atravesa o Camiño Primitivo que, seguindo as estrelas, chega a Compostela. Os peregrinos non tiñan onde hospedarse pero semella que nun futuro poderán facelo.
O volume de poboación diminúe incesantemente. A media de idade ronda os 52. Pode tamén que, nun futuro, a xente maior dispoña dun Centro de Día. Como mostra, un botón: en 1940 había censados 9.017 habitantes, 550 na capitalidade. No 2006 eran 3.187 e 412, respectivamente. Hoxe a cifra é menor, e continúa á baixa. Mais mortes que nacementos. Mais emigrantes que inmigrantes. Leva sendo así décadas pois é terra que escoita contos moi reais da diáspora.
A economía local xira arredor dos afanosos sectores agrogandeiro, forestal e de servizos. Hai bos sitios para comer. Noutros tempos houbo fulgor de zoqueiros, tecedoras, segadores, muiñeiros, ferreiros, canteiros…
O colexio, que goza dunhas boas instalacións, dálle vida, pero o número de cativos que ingresa nel descende cada setembro. O Centro Médico tamén é fonte de rebumbio xa que se achegan de todo o municipio e aproveitan para facer encargos ou tomarlle algo. E as fontes de auga cristalina e reparadora espállanse polas parroquias onde igrexas de estilo románico, pazos, cruceiros, petos de ánimas e restos megalíticos complementan unha paisaxe idílica e inzada de carrilleiras, prados e outeiros. O desemprego castiga, pero non se nota tanto. Os comerciantes e os labregos notan a crise menos que nas cidades.
Os invernos son duros coma croios: fríos, chuviosos e con xeadas que asustan. Todos os anos unha ou dúas nevaradas. Os outonos son para soutar as castañas, rebuscar cogomelos e contemplar a policromía das árbores ao tempo que a xente continúa coas súas labouras e cun estilo de vida que envexarían nas capitais. Uns xeradores eólicos que se divisan no curuto dunha serra que ás veces supera unha néboa espesa dánlle un aire de modernidade.
O verán é outra cousa. E agora tamén o sabe ben a xente nova, e a que non o é tanto. Logo de tres lustros, dende o primeiro e infructuoso intento, a veciñanza e os visitantes gozan da desexada Piscina Municipal ao pé dunha marabillosa carballeira con área recreativa integrada. Por non falar do maratón de verbenas dos meses do estío, que é cando chegan os madrileños e os cataláns a rillar, desconectar, mocear… Os 25 de Xullo, Santiago “Matamouros”, baile e enchente asegurada. Os de mediana idade saben que, no mundo da noite, calquera tempo pasado foi mellor: a Discoteca 2001 semella unha pantasma a piques de derrubarse sobre si mesma.
Pero non foi sempre un remanso de paz e tranquilidade, nin un lugar semi-esquecido e de paso. Foi protagonista e tivo certo dinamismo. E cunha intra-historia á altura das demais bisbarras do “país dos mil ríos”: lendas de mouros, Santa Compaña, maquis, fuxidos e demais anécdotas máxicas ou que non o son tanto.
O que si foi sempre é un verxel cun patrimonio histórico-artístico notable. Seguramente daí proveña o seu nome: do antigo castro e da eterna verdosidade dos seus montes, por onde se agochan toda clase de seres: lagartos faldreiros, a raposa das morgazas, a cadela da morte, e animais de carne e óso coma lobos, xabaríns, curuxas… Terra de cazadores. Cando atopas no prato o que por alí vai caendo non preguntas como chegou.
Daí que sexa o único dos concellos galegos que, de xeito subliminal, sae reflictido no himno de Pondal: “…confín dos verdes castros…”.
A batalla librada no lugar de Montecubeiro no 774 deulle a vitoria ás tropas astures e ao rei-caudillo Silo fronte ás autóctonas e rebeldes, incorporándose Galicia (logo de ser provincia romana, reino suevo…) á Monarquía asturiana e imposibilitando a aparición dun estado galego independente. Busquen no Google se non o cren. No século XV o señorío de Castroverde foi gobernado pola Irmandade. Aquela digna revolta triunfou tamén por esas terras…
Xa no século XX Castroverde viu nacer a uns cantos dos seus fillos mais ilustres. Manuel Antonio Cordero Pérez foi un dos deputados socialistas das Cortes republicanas que, nas constituíntes de 1931, loitou cóbado con cóbado con Clara Campoamor polo voto feminino. Era compañeiro doutro castroverdense de renome pero que inscribiron en Madrid: Julián Besteiro, sucesor de Pablo Iglesias á fronte do PSOE e da UGT e Presidente do Congreso dos Deputados entre 1931 e 1933. A derradeira autoridade democrática que ficaba en Madrid cando pasaron. Morreu no penal de Carmona (Sevilla) logo de pasar penurias, maltrato e enfermidade nos cárceres franquistas.
Desas cousas algo sabía tamén outra nativa: Enriqueta Otero, A Ribona. Combatente comunista na Guerra Civil ás ordes de El Campesino e amiga de Dolores Ibárruri, a mítica Pasionaria. Foi mestra represaliada, prisioneira, torturada, loitadora antifascista… Os que a coñeceron recórdana montando un cabalo branco e berrando consignas revolucionarias, ou parapetada na casa que construíu en Miranda, que mais ben é unha fortaleza antibalas. Por se había que volver ás barricadas. Coloreu un colexio enteiro con motivos inspirados no movemento hippie: arco iris, nubes e ceo azul para que os nenos aprendesen motivados. Finou en 1989.
E desas cousas coñecen tamén en Montecubeiro, outravolta, onde se produciu unha das mais sucias matanzas, abusos e fusilamentos da nosa particular non-guerra a mans de falanxistas, coa compracencia do clero e da Garda Civil. Foi alí onde asasinaron vilmente (xunto a catorce homes e mulleres inocentes) a un dos mestres arquetípicos republicáns que retratara o gran Castelao dende o exilio, e que deu lección ata o derradeiro intre naquela orxía de terror extremo: Arximiro Rico Trabada. Recólleno con arrepiante rigor dous libros do escritor e profesor Xosé Manuel Sarille: Polos fillos dos fillos e Arximiro Rico, luz dos humildes (este último escrito conxuntamente con Narciso de Gabriel).
Castroverde pariu artistas coma o Mago Antón, o escultor Paco Pestana ou o fotógrafo, pintor e debuxante de sona internacional, emigrado e retornado, Baldomero Pestana. Foi berce, asemade, dunha das bandas de gaitas galegas mais recoñecidas: Zuncurrundullo (aínda en activo) con participacións en festivais internacionais de prestixio, coma o “Interceltique de Lorient” en varias ocasións. Polas mans do seu director, Cándido Díaz, pasaron ducias e ducias de músicos e gaiteiros. Uns mais virtuosos que outros.
A actividade cultural redúcese a iso e pouco máis. Hoxe tira do carro, xunto a Zuncurrundullo, a Asociación de Amigos do Patrimonio, como noutros tempos fixeron outras con nomes tan evocadores coma Espalladoira ou Camiño pra andar.
A historia política durante o percorrido que nace co restablecemento da Democracia ata hoxe divídese en dous periodos diferenciados: un de predominio das dereitas ata 1995, cun paréntese de goberno socialista, e outro de gobernos progresistas ata hoxe. Continuísmo respecto do réxime anterior, salvo a lexislatura do socialista Daniel Graña Rico, onde Castroverde foi liderado por un médico conservador prototípico de AP (logo PP), de nome David González García. Baixo o fraguismo, o cacharrismo e o davicismo Castroverde precipitouse cara o 1995 e converteuse, da noite á mañá e logo dunha certa e previa efervescencia e actividade social xunguida ao desgaste político e persoal de Don David, no único concello gobernado polo BNG na provincia luguesa (na etapa que logo se concretou nun crecemento e apertura do nacionalismo galego como non se recorda) cando o lideraba Xosé Manuel Beiras. Castroverde puido ser outro Allariz, un referente do nacionalismo, pero o seu destino virou.
A dimisión do tenente de alcalde nacionalista un ano despois, Arximiro Fernández Arias, por desavinzas persoais e políticas co alcalde Miguel R. Rodríguez Fernández e o sector da UPG, desencadeou unha reacción difícil de prever daquela. Os outros tres concelleiros nacionalistas posicionáronse tamén en contra de Miguel pero as direccións comarcal e nacional do BNG fixérono co alcalde nun momento crucial para o nacionalismo institucional. Cadraba coa etapa onde logrou o sorpasso ao PSdeG. O resultado foi unha moción de censura das mais comentadas na Galicia daquel momento. Portadas nos xornais e cabeceiras nos telexornais nun clima que, como denunciaba un dos ediles, recordaba ao Hernani da época. Nada menos.
As paixóns políticas desatáronse e a moción de censura ao aillado alcalde trunfou. Resultou elixido o rexedor actual, ex-nacionalista (agora do PSdeG), Xosé María Arias Fernández.
Miguel R. Rodríguez e outra concelleira foron, posteriormente, expulsados do BNG. Non sen antes intentar devolverlle outra moción de censura a Xosé María Arias, xunto a concelleiros independentes e do PPdeG. Movemento que ameazou con rachar o Pacto Antitransfuguismo a nivel estatal, e obrigando a intervir ás direccións de Madrid. O BNG, dende aquela, situouse en caída libre: no 1999, 2 concelleiros e 456 votos. Nas dúas seguintes convocatorias repetiu resultados exactos: 269 votos e 1 concelleiro. En Castroverde Saturno devorou aos seus fillos e o ermo, dalgunha maneira, continúa hoxe.
Nas eleccións de 1999 venceu o PSdeG pero fixo equilibrios para gobernar en minoría. En 2003, na época de rexeite ao PP en todo o estado e logo dun goberno estable que trouxo un clima de descomprensión e distensión á política local, Xosé María Arias revalida mandato cunha maioría absoluta histórica que repite en 2007, cedendo un concelleiro e un importante número de votos.
Nos catro últimos anos Castroverde atopábase nunha conxuntura política favorable aos seus intereses: con gobernos “amigos” na Deputación Provincial, na Xunta de Galicia e no Goberno de Madrid. Explotouno menos do esperado, pero mais do que estaba acostumado. Agora todo está en cuestión e o taboleiro pode mudar radicalmente.
As expectativas electorais non están clarificadas para ningún dos contendentes: o PPdeG renovou a cabeza de cartel e a candidatura, que ten maior empaque, pero sen ningún traballo de oposición previo que lle dea soporte. E o PSdeG suma, aos problemas coñecidos do partido noutros niveis, un divorcio público e notorio da maioría dos dirixentes locais maila militancia da Agrupación Local, fronte ao actual rexedor e candidato logo da recente crise de goberno pechada en falso fai un ano (protagonizada por Xosé María Arias e o tenente de alcalde e Secretario Xeral do PSdeG local, Fernando Pillado).
O candidato, que aspira a un cuarto mandato consecutivo, ven de conformar unha lista de baixo perfil político e sen facianas con experiencia, militancia socialista nin relevancia social, pero co apoio do aparato provincial. Actualmente o PSdeG ten sete concelleiros, tres o PPdeG, e un o BNG. Todo está aberto por vez primeira dende 1999. É unha gran incógnita o que vaia acontecer.
Á situación de desdén xeneralizado pola política súmase a atonía e falla de ilusión que se percibe entre a caste política local e entre os propios veciños, seguramente pola resaca das vellas liortas. A mocidade non quere dar o relevo.
O resultado dilucidarase en Maio pero, probablemente, Castroverde seguirá padecendo os mesmos males e falla de visión estratéxica que na década dos 90. Continúa sen decidir que rol quere xogar no contexto da provincia: posible cidade-dormitorio a tiro de pedra da cidade e do novo Hospital Provincial, lugar propicio para o turismo rural, lugar destinado a esmorecer, foco industrial sen capacidade para competir cos concellos limítrofes… Namentres, o paso do tempo continúa mallando nas expectativas de futuro. Pero veremos se deu xa o do de peito ou, pola contra, resiste, e aproveita o seu potencial.

Clarificador o último párrafo. O futuro mello

1994 – 2010 unha piscina con historia


2010
06.30

Inauguración da psicina 1994 – 2010 ese foi o camiño que tomou esta obra, e que fai apenas unhos días foron inauguradas cun numeroso público. Foron en total 16 anos de disparate e desinterese.

Piscinas e II

Corría o ano 1994 é castroverde tomaba rumbo a unha zona de ocio, chamada veiga do olmo, con espectaculares piscinas… non vistas polos concellos da redonda, pero que nunca se chegaron a rematar. Desde ese ano o abandono é evidente, xa que os defectos na estructura e na construcciónparalizaronas sen que naide o remediara.

Para a súa apertura haberá que esperar cando menos ata o día 12, pola falta de herba, unha pena para os máis espectantes.

Biorritmos y mala… agua


2010
02.18

Así se titula un artículo publicado por Ángel Vaqueiro, no seu apasionante seguimiento do que pasa polo concello, e non ven xa de ahora, aínda que ultimamente está a recoller certos comentarios contrarios na web do progreso. Pero ahí vai o seu biorritmo:

MUY MAL GOBERNADO se siente uno a veces. Supongo que será cuestión del biorritmo: hoy siento que mis gobernantes (esos a los que voto y a los que pago con mis impuestos) se preocupan por mí; ayer, que todo lo contrario. A veces, lo piensas sin ninguna razón en especial; otras, las razones las dan ellos: por ejemplo, el que se pone a hacer una purga a lo bestia en la red de tuberías de la ciudad y te hace replantearte eso de ser uno de los pocos que conoces que bebe agua del grifo en Lugo: si la nicotina aún no me ha matado, ¿lo hará un flóculo de tres al cuarto?

Quizás también es que todavía creo en la bondad del ser humano, aunque vigilar la web de este diario también hace que lo esté reconsiderando. Esa creencia la criticaba mucho mi ex. Durante nuestro divorcio, aprendí que no hay nada más desagradable o despreciable que el listillo que se inmiscuye en broncas ajenas, sobre todo si son peleas de pareja. Me lo ha recordado estos días el PP de Lugo, que no se ha cortado ni un pelo en hacer sus propios comentarios sobre la crisis conyugal del PSOE en Castroverde. Así que no es de extrañar que algún senador socialista saliera ayer intentando hacer sangre con las broncas que hay en el patio (de comadres) madrileño del PP.

Y es que últimamente en este país vale todo; desde el día en que alguien insinuó que un partido promovió el 11-M (y hay cafres que, sentencia tras sentencia, aún no lo descartan), parece que se ha abierto la veda y aquí ya vale de todo. Y eso, la verdad, es otra cosa que me hace sentirme mal gobernado y estar hasta los mismísimos de los partidos que se pasan el día embarcados en el y tú más. En esta situación de crisis, por ejemplo, incluso parece que a más de uno no le importaría que España (también vale Lugo) se hundiera con tal de obtener un rédito electoral. Pero, ya digo, a veces son nuestros (presuntos) gobernantes los que ayudan y, reconozco, a veces también los de mi gremio vivimos de eso.

Volviendo a eso de que ahora vale todo, recuerdo que, en alguno de los anteriores mandatos municipales, algún concejal de la oposición le echaba en cara a Xosé María Arias, alcalde de Castroverde, sus salidas nocturnas y sabatinas por Marina Española. El hombre no tenía pareja entonces, y no hay ley que obligue a regidor alguno a permanecer en la alcaldía por la noche. Estos días, la crisis interna del PSOE también tiene un elemento personal: que el alcalde se comunica poco con sus compañeros de partido y de gobierno.
Ya hemos visto que en el PP han hecho, lógicamente, fiesta con este asunto, porque Castroverde ahora mismo se nos antoja un monte difícil de ascender para los populares. Que esa crisis conyugal haga que el hasta ahora imbatible Arias pierda votos, sumado a la previsible ascensión de Jaime Castiñeira en la ciudad de Lugo, puede ser decisivo en el reparto de diputados provinciales por el partido judicial de la capital, donde está en juego casi medio pazo de San Marcos (once de los veinticinco representantes provinciales).

Lo de Castroverde es, en el fondo, un ejemplo más de cuánto influyen los elementos personales en la política general. No debería ser así, que yo no voto a nadie para que me gobierne según el pie con el que se ha levantado ese día, pero acaba siendo así. Uno confía en que sus dirigentes tengan algo así como ‘sentido de Estado’ y al final lo utilizan como un elemento más para tirárselo a la cabeza al de enfrente. Que lo hagan una vez, pase, pero que sea habitual… Disculpen, igual me ha salido un artículo un poco cargado de más de mala… agua.

O que parece estar claro e que Fernanado leva o apoio

Os socialistas de Castroverde amosaron explicitamente o seu apoio “á actitude e traballo” do secretario local, Fernando Pillado, tanto á fronte do partido como no posto de tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal socialista.

Pillado recibiu este respaldo dos seus compañeiros na asamblea que se celebrou o sábado pola noite e que se prolongou ata pasada a unha da madrugada. A reunión estivo moi concorrida e o debate foi intenso, segundo explicou o secretario de organización local, Manuel Marey, quen subliñou que “quedou moi claro que ratificamos a confianza en Fernando Pillado porque consideramos que fai un bo traballo”.

A asemblea do sábado serviu ós socialistas de Castroverde para analizar o conflito iniciado a raíz da destitución de Fernando Pillado como tenente de alcalde, posto que recuperou tras recibir o apoio de catro dos seus compañeiros de grupo e trala mediación do secretario provincial do partido, Ricardo Varela, que propiciou un acordo co alcalde, Xosé María Arias, que devolveu a estabilidade ó grupo municipal.

A reunión foi moi participativa, segundo Marey. “Asistiron tres cuartas partes dos militantes e houbo moitas e moi diversas intervencións”. Tras escoitar as distintas opinións, os socialistas de Castroverde pecharon filas arredor do seu secretario local e acordaron “tirar todos a unha para revalidar a maioría absoluta nas próximas eleccións”, en palabras de Marey.

Opinións
O secretario de organización local dixo que se escoitaron opinións moi diversas. “Somos 43 militantes e temos 43 opinións, pero todos coincidimos en que debemos traballar xuntos”, indicou.

Unha vez analizados os distintos puntos de vista, incluídos os de Fernando Pillado e Xosé María Arias, que tamén falaron, os socialistas de Castroverde chegaron a un “consenso” arredor do acordo que devolveu a estabilidade ó grupo municipal e no respaldo ó tenente de alcalde. Marey explicou que “seguiremos colaborando dende a agrupación coma sempre con Arias e Pillado en todo o que poidamos para facilitar o seu labor á fronte do Concello”.

Así está o último capítulo desta historia que terminará para ben ou para mal, depende desde donde se mire, o día das eleccións municpais.

Unha curiosa vida política


2010
02.12

Esta é a historia dunha curiosa curiosa vida política, a que se leva dando desde fai anos en Castroverde. “O que é non parece, e o que parece non é”.

A historia de nunca acabar, no que sempre saimos perdendo todos e que reflexa neste bon artifculo Pablo Rodriguez no Progreso.

As vitorias folgadas do PSOE nas dúas últimas eleccións municipais, con sendas maiorías absolutas, fixeron que a calma sexa a tónica dominante no Concello de Castroverde nos últimos anos, unha tranquilidade que se rompeu coa actual disputa no seo do grupo socialista.

Curiosamente, o máximo responsable de levar a estabilidade ao goberno local, Xosé María Arias, foi no seu día un dos protagonistas dunha serie de axitados capítulos na vida política local que arrincaron en 1997 cunha moción de censura.

PoliticaEse primeiro episodio tivo como primeiro protagonista, paradoxalmente, a outro tenente de alcalde, o nacionalista Arximiro Fernández, cuxa dimisión por discrepancias co entón rexedor, o tamén frontista Miguel Rodríguez, derivou na presentación dunha moción de censura de tres edís do BNG —entre eles, Arias—, concelleiros independentes e membros do PSOE. A moción prosperou —nunha polémica sesión na que foi precisa a presenza dos antidisturbios—, e supuxo a chegada á alcaldía de Xosé María Arias, que non abandonou o bastón de mando. Os argumentos esgrimidos por este grupo contra Miguel Rodríguez centrábanse no carácter autoritario do alcalde, queixas que agora se repiten no seo do PSOE.

A axustada vitoria nos seguintes comicios locais, sen maioría absoluta, dun PSOE con Arias xa á fronte non axudou a pacificar a vida política. En abril de 2002, só cinco anos logo da anterior moción de censura, fraguouse outra promovida polos concelleiros do PP —con Carlos Santalla como alcaldable—, co apoio de dous ex edís do BNG e un independente, que denunciaban desgoberno e incumprimentos de acordos plenarios adoptados por unha oposición en maioría.

Cando todo parecía apuntar a unha nova substitución na alcaldía, a intervención das direccións autonómicas e nacionais de PP e PSOE, coa ameaza de ruptura do pacto antitransfuguismo como pano de fondo, frustrou esta iniciativa. A retirada da moción e o paso ao ostracismo dos seus promotores reforzou a Arias, que desde entón encadeou cómodas vitorias electorais, aínda que agora topouse coas críticas no seu propio partido.

Mentras Ricardo Varela mediará no conflicto, no que Pillado solicitou a presencia de todos os concelleiros.

¿Unha destitución, unha reestruturación, un cambio de rumbo?


2010
02.10

Pasará o mesmo que cando o alcalde entrou no goberno? Aceptanse apostas!

Catro edís do PSOE de Castroverde decidiron apoiar a Fernando Pillado, o militante de máis antigüidade na agrupación local, despois de que o rexedor, Xosé María Arias, releváselle do seu cargo como tenente de alcalde a finais da pasada semana. Este respaldo pon en perigo a gobernabilidade do concello, xa que o grupo socialista conta con sete concelleiros de once da corporación, polo que as discrepancias destes cinco edís co alcalde afectarían á operatividade da actual xunta de goberno, que podería quedar baleira de funcións.
Aínda que entre as filas socialistas raíña o mutismo e a mensaxe ‘oficial’ é que a substitución de Pillado responde a unha reestruturación do goberno de face ás eleccións municipais, segundo puido saber este diario os catro concelleiros que apoian ao ata agora tenente de alcalde están dispostos a renunciar ás súas actuais competencias no goberno local, aínda que o seu propósito é seguir como edís na corporación.
Segundo fontes próximas á corporación, a intención deste grupo é comunicar a súa decisión ao resto de militantes socialistas na reunión da agrupación local do PSOE que se celebrará próximo sábado. O seu malestar non se centra no labor do alcalde á fronte do Concello, xa que non discuten o seu liderado, senón na súa forma de levar a xestión.
Neste sentido, os mesmos informadores sinalan que os edís aliñados con Fernado Pillado quéixanse da falta de información por parte do rexedor sobre asuntos do Concello, o que lles levou en ocasións a decatarse de certas xestións máis tarde que algúns veciños alleos á corporación pouco antes dos plenos, que na dinámica actual ven carentes de sentido .
Aínda que esta situación véñena observando desde hai tempo, decidiron tomar agora cartas no asunto tras a destitución de Pillado como tenente de alcalde. Segundo as mesmas fontes, o detonante do actual enfrontamento entre o grupo de Pillado e Arias foi o cambio de localización do futuro centro de día. Ao parecer, estes concelleiros decatáronse dos plans de Arias apenas uns días antes de celebrarse o pleno extraordinario convocado polo alcalde para aprobar a modificación dun proxecto que non discuten.
Dáse a circunstancia, ademais, de que a construción do centro de día figuraba ata agora entre as competencias de Pillado, que se encargaba da área de servizos sociais.
Fontes próximas aos socialistas cren que con esta decisión de renunciar ás súas actuais competencias os cinco concelleiros buscan forzar ao rexedor a depor a súa actitude e dialogar con eles sobre as cuestións municipais.
Mentres tanto, os principais protagonistas desta polémica seguen eludindo a polémica. Así, Arias insistiu onte en que a súa decisión de destituír ao seu tenente de alcalde só responde a unha reorganización de competencias na alcaldía e Fernando Pillado manifestou que non se pronunciará ata que o faga a agrupación local.
No entanto, fontes próximas a Pillado declararon que está doído polas formas empregadas por Arias para comunicarlle a súa destitución xa que, a pesar da súa militancia de case 30 anos no PSOE, non recibiu a noticia por boca do alcalde, senón a través dunha notificación.

ÁNIMO CONCILIADOR. O secretario de organización do PSOE local, Manuel Marey, insistiu onte transmitir unha mensaxe conciliadora e asegurou que o conflito estaba «en vías de solución». Interpelado sobre a existencia de dous grupos no seo do goberno local, asegurou que «non hai dúas, senón sete sensibilidades distintas, xa que cada edil ten a súa forma de pensar, pero iso é bo porque teñen capacidade para opinar pos se mesmos, é ou máis importante que temos non grupo».
Manuel Marey reiterou, ademais, que a asemblea do sábado «non convócase por unha disputa, senón para abrir un debate sobre como encarar ou futuro de Castroverde. Neste sentido, subliñou que os militantes do PSOE de Castroverde «estamos poñéndonos de acordo para saír con máis forza con Xosé María e Fernando en primeira liña».

O fantasma doutro traslado


2010
02.04

Despois do traslado do PAC(Punto de Atención Continuado) cara o Corgo fai uns cinco anos, por unha decisión controvertida, agora, outro servicio pende dun fío para que se confirme o seu traslado. Trátase da base do 061. Un servicio desde logo necesario, e que debería estar o máis próximo e cercano posible.

Desde o 061 indicase que este traslado se realizará “para acoutar tempos asistenciais e medicalizar a ambulancia con persoal médico da PAC o máis rápido posible”.

O certo é que está no centro dos tres concellos afectados (Baleira, Castroverde, Corgo), e así a resposta a unha incidencia en Baleira terá unha maior resposta desde Castroverde que desde o Corgo, polo que non é un dato obxectivo e válido. Donde si conta con ventaxa o Corgo é que conta co PAC. Un servizo dinamizador e que realmente si precisaría deste servicio do que actualmente non conta.

Desde logo do que nada vale e lamentarse e botarlle a culpa “os outros”. Sempre existe un terceiro “ente” no que recaen todos os problemas. O que realmente é importante é ofrecer datos obxetivos sobre o como, e porqué dun mellor servicio desde Castroverde. Ademáis da recollida de firmas no centro de saúde, e do grupo facebook. Así no banco municipal se poden ver e compara os datos económicos, de crecemento, de renta… e así poder valorar a mellor opción cara un posible traslado, da que non teño mui claro cara onde inclinarme, xa que son moi parexos.

Pero sobre todo non nos fagamos as víctimas e demos alternativas reales, mellores opcions, e non deixemos marchar outro importante servicio cara algún lugar do que o retorno será probablemente imposible.

Aprobado o orzamento para o ano 2010


2010
01.26

O pleno do concello ven de aprobar unhos novos presupostos para este ano 2010.  O máis destacado é a redución de 444.461€ con respecto ao presuposto do ano anterior, a pesar do incremento nas retribucions dos funcionarios do concello, aprobado este pasado ano por unanimidade de todas as forzas políticas con representación.

Ás reduccions máis destacadas son en persoal, 4.000€, e investimentos, redúcese case nun 50%, uns 400.000 €.

Esperemos que o centro de día, a gardería e demais servicios estén axina dispoñibles. Será unha boa noticia para todos.

O pleno de Castroverde aprobou este xoves(18-01-2009) o orzamento do Concello para 2010, que ascende a 1.923.793 euros, dos que 550.000 destinaranse a investimentos, destacando unha partida duns 400.000 euros para as piscinas. As contas deseñadas polo goberno que encabeza o socialista Xosé María Arias saíron adiante co respaldo dos edís do seu grupo, xa que PP e BNG Orzamentos 2010 concello de castroverderexeitáronas ao estar en desacordo cos “excesivos” gastos de persoal, entre outros puntos.

O portavoz do PP, Manuel Penado, tachou os orzamentos de irreais ao estar “inflados” con transferencias doutras administracións, e subliñou a “nula capacidade” que queda ao Concello para levar a cabo os seus propios investimentos. Ademais, criticou a contía dos gastos de persoal (492.000 euros) cando se debería dar exemplo de “austeridade”.

O portavoz do BNG, Pablo Ferreiro, tachou as contas de regresivas, xa que as partidas destinadas a persoal e gastos correntes “restan diñeiro a investimentos”. Ademais, lamentou que non se concreten os investimentos, polo que “o alcalde ten as mans libres para facer o que lle apeteza”.

Ante estas críticas, o tenente de alcalde, Fernando Pillado, recordou as dificultades financeiras dos municipios pequenos. “Oxalá sigamos inflando as contas con achegas doutras administracións, se non, non teriamos servizos como as piscinas”, ironizou. Pola súa banda, o rexedor, Xosé María Arias recalcou, ademais, o apoio recibido do Goberno central a través do plan E, “co que se mollou con todos os municipios por igual”. Contrapuxo esa actitude co “bloqueo” da nova Xunta, á que instou a que “empece a deixar diñeiro aos concellos”. Sobre os gastos de persoal, asegurou que o bipartito de Touriño sufragou a contratación de persoal en Castroverde para rozas e conservación de vías, “pero agora Feijóo non fai eses convenios e temos que asumir ese custo, porque ese traballo hai que facelo”.

* Centro de día. O pleno tamén aprobou por unanimidade destinar os 336.000 euros do plan E á primeira fase do centro de día, tal como adiantou hai días o alcalde, que estimou o custo total do proxecto nuns 800.000 euros. Pese ao acordo unánime, PP e BNG manifestaron a súa preocupación por que se destinen eses fondos a este servizo sen pechar antes o financiamento de todo o proxecto. O alcalde culpou á Xunta desa situación por non resolver a orde para financiar estes centros que publicou no principio do ano, á que se acolleu o Concello. “Se antes a Xunta tiña que pór o 80% dos fondos, agora só tería que achegar un 50%, e ademais pomos os terreos”, subliñou sobre o esforzo do Concello. Arias instou o Goberno galego a que “resolva xa esa orde”, tras o que dixo que de non ter o seu apoio, recorrerá a outras administracións.
* Gardería. Durante a sesión tamén se aprobou por unanimidade unha moción do BNG para demandar da Xunta a creación dunha escola infantil no municipio, unha proposta na que se incluíu o compromiso do goberno local de ceder para a súa construción terreos contiguos á leira na que se erixirá o centro de día.
* Mellora de dúas pistas.
O Concello instará á Consellería de Medio Rural a que mellore as pistas de Tórdea a Miranda e de Espasande a Mouriz, a proposta do PP. Ademais, o goberno comprometeuse a estudar a mellora do acceso a Vilalle.
* Dependencia. A corporación local tamén acordou contratar os servizos de Asistencia Castroverde S.L. para que apoie os traballos que realiza o persoal municipal para prestar o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes.

PLANE -2ª Parte


2009
11.25

O Goberno acaba de aprobar(a principios deste mes) un novo Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). É a 2ª parte do famoso Plan E de xigantescos carteis que vemos por todos os lados, en obras importantes e noutras non tanto, pois tamén. E para Castroverde un Centro de Día…

El Concello de Castroverde destinará los 336.000 euros que le corresponden del nuevo Feil del Gobierno central a la construcción de un centro de día, según adelantó ayer el alcalde, el socialista Xosé María Arias, quien anunció que buscará el apoyo de la Xunta para financiar este servicio, cuyo coste total cifra en unos 800.000 euros. El regidor avanzó que el Ayuntamiento dedicará a estas instalaciones una finca municipal de unos 4.000 metros cuadrados que se ubica en la Rúa da Feira, cerca de las piscinas municipales. Xosé María Arias indicó que en marzo el gobierno local ya solicitó a la Consellería de Traballo la creación de un centro de día, aunque hasta la fecha no obtuvo respuesta. El Concello se comprometía a aportar la finca, valorada en 350.000 euros, y el 20% del coste total de esta actuación, pidiendo al departamento autonómico que sufragase el 80% restante. El alcalde, que dijo que en las próximas semanas ultimará el proyecto de la obra, que debe presentarse antes de que acabe el año, espera una respuesta positiva de la Xunta. «Coa decisión de usar todos os fondos do Feil neste servizo favorecemos aos cidadáns e tamén á Xunta, que agora tería que aportar só o 60% do custo», subrayó Arias. No obstante, recalcó que si el gobierno local no recibe el respaldo de la Xunta para esta actuación, buscará la colaboración de otras administraciones o incluso construirá el centro en varias fases, «porque é unha necesidade social do concello».

Que che parece esta decisión? Cres que hai outras obras que teñen máis urxencia?

25 anos de Espalladoira


2009
11.09

‘Espalladoira’ cumprirá este próximo 15 de novembro 25 anos de vida. Cun programa amplio de actividades e a recuperación do Festival Folk, no que a quenlla fixo o honor de reabrir despois de 10 anos de ausencia(e ao que correponden as fotos).

A quenlla non defraudou a pesar do frío e da pouco asistencia deste pasado domingo.

Posted by ShoZu

Atraco ás once.


2009
11.04

Atraco a las tres y mediaNon foi nin atraco as tres do falecido Jose Luis López Vázquez nin atraco as 3 e media, o remake da primeira parte. Pero o ladrón do que falamos hoxe debeu pensar que estaba rodando unha película titulada Atraco as once. Segundo publica hoxe o progreso funcionarios do Concello de Castroverde frustaron un atraco no mesmo concello. Foi descuberto e buliu rapidamente sendo detido na Fonsagrada.

Un argumento moi bo para unha nova entrega de Atraco a las…

Funcionarios municipais de Castroverde frustraron este martes un roubo na casa consistorial. Os feitos producíronse uns minutos logo das once da mañá. Segundo o testemuño dalgúns dos presentes, cando unha das traballadoras do Concello regresaba ao seu despacho tras facer unhas xestións, atopouse no interior a un descoñecido. Esta funcionaria descubriu que o home, de mediana idade, tiña no seu poder a carteira que ela deixara no seu bolso, polo que pediu axuda aos seus compañeiros.

Esto no es un atracoAs mesmas fontes indicaron que, tras ser descuberto, o home deixou a carteira e intentou abandonar as dependencias municipais. Aínda que os funcionarios intentaron reterlle ata a chegada dos axentes da Garda Civil, que foron alertados de inmediato, non puideron evitar que o home saíse do edificio.

No entanto, segundo os mesmos informadores, o sospeitoso foi interceptado máis tarde polo instituto armado no termo municipal da Fonsagrada, onde os axentes procederon a tomarlle declaración, aínda que finalmente o incidente saldouse cunha infración administrativa.

As testemuñas deste roubo frustrado felicitáronse de que o home non usase a forza nin leva ningún obxecto intimidatorio, polo que destacaron que, por fortuna, todo quedou nun “susto”.

A esa hora da mañá atopábanse no interior da casa consistoriar un total de seis funcionarios, tres deles na planta baixa —onde se produciu o suceso— e outros tres no piso superior. O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, chegou pouco despois ata o edificio público e foi informado o suceso polos traballadores locais.

Sin duda a realidade sempre supera a ficción. Aquí temos outro exemplo.