Archive for the ‘Festas’ Category

A Cega de Miranda/Peredo


2017
12.26

Esta semana recibín un correo electrónico, preguntando de novo pola ‘Cega de Miranda’. Todo a raíz desta imaxe, que subín polo 2009, neste artigo e neste outro.Tamén publiquei este outro triste poema.

Dolores Gómez Lage, “A Cega de Miranda “, tamén coñecida como “A Cega de Peredo ” ou tamén “A Pereda“, nacida no lugar de Peredo, Castroverde (Lugo), en 1.874, foi moi célebre en boa parte da provincia de Lugo.

Era natural de Peredo de Castroverde, aínda que coñecida pola ‘Cega de Miranda’ ao casar alí, nun dos seus tres matrimonios. Algún dos seus cantares e romances son: “Na vila de Castroverde”, “A rapaza vai no rio”, “O rabo do raposo”, “A burra de Manuel do Campo” etc.

A foto superior da Cega é de Bene (Benedicto Conde González, 1895-1987. Vigo). Xornalista e fotógrafo que pateou canta corredoira había coa súa cámara Contax. É unha foto sobre 1955, que saiu publicada en 1960 na “Galicia. Guía espiritual de una tierra” de José María Castroviejo da Editorial Espasa. Bene fora mordomo, taxista, pintor…..colaboraba no “El pueblo gallego” e no “Faro de Vigo”.

Sobre a foto inferior, existe máis controversia, xa que o máis probable é que sexa de Guillermo Peinó, na Romaría de San Alberte, en Parga. Existe outra versión, sobre a foto, que dí que está tomada en Santo André de Teixido, pero non ofrece datos sobre o fotógrafo, nin algunha outra pista fiable.

Creo que Dolores Lage, ‘A cega de Peredo’, ou ‘A cega de Miranda’, é a entrada que máis visitantes me reportou. Un pracer poder comentar e falar dela, e en xeral, da cultura popular do concello.

Boas, Rabo de Raposo!


2009
07.27

Feira do CabaloBoas, Rabo de Raposo.” Así titula Jaureguizar a súa experiencia o paso pola feira do cabalo, onte en Castroverde. Con fotos de Sebas Senade, ademais recolle impresions de varios dos propietarios que se desplazaron ata a feira, no que foi un éxito de asistencia e visitantes.

José Guergué,  propietario de varios animais defende que «ten que gustarche moito isto, porque todos son gastos. Para competir en Castroverde, temos que pagar gasolina e as comidas de catro persoas».

Maiores aínda son os gastos de Mário Costa, quen viaxou dende Portugal con cinco cabalos, «cando logo os premios son de 120 euros como moito, se os consegues gañar».

O seu compatriota Armindo pensa o mesmo e engade que «eu ando nisto porque sempre houbo cabalos na casa e me gusta, pero os premios dan para tomar algo cos amigos e pouco máis».

ParticipanteAmbos os dous desprázanse dende Portugal, malia que prefiren as probas do seu país, «porque son máis bravas», apunta Mário. Este xinete explica que «as carreiras lusas non se fan a unha volta, senón a catro, polo que o animal xustifícase. Nas carreiras galegas, cando o cabalo está entrando en calor, ten que parar».

A Rabo de Raposo resúltalle indiferente facer un percorrido a unha volta ou a catro, porque a el abóndalle con cabalgar, algo que fai dende hai corenta anos, cando tiña dez. Pasa a trote por diante de José Guergué, saúdando dende o remolque, coas dúas colas de raposo erguidas polo vento.

Gracias a Pilladooo, subo tamén un vídeo:

http://www.youtube.com/v/b4-va7bxwFY

Vilalle 22 anos despois…


2009
07.15

Tras 22 anos sen que soase a música durante as festas patronais da parroquia de Vilalle, no municipio de Castroverde, este ano volverá haber festexos grazas á decisión de tres mozos do municipio, algún dos cales ten varios menos que os transcorridos desde a última romaría.

rameiro vilalle

Serán uns festexos modestos porque, precisamente, a pouca poboación foi a causa de que non se celebrasen desde fai máis de dúas décadas. Serán este sábado, día 18, e comezarán co disparo de lumes, misa solemne e sesión vermú con orquéstra Verán Azul, que tamén será a encargada de amenizar a verbena.

Segundo sinala Rubén López Eiras, reuniron 4.200 euros e necesitan 4.300. Pero venden rifas para sortear un televisor e o día da festa durante a verbena tamén haberá outro sorteo dun cabrito, polo que esperan que lles sobre diñeiro co fin de volver celebrar as patronais o próximo ano. Son no lugar ao redor de 20 casas habitadas, que achegaron 200 euros cada unha, ademais de 50 do Concello e donativos de varios bares de Castroverde.

Xunto con Rubén, organízanas Pablo e José Antonio , que se comprometeron a facelo no transcurso dunha conversación informal nunha comida comunitaria.

Boa nova para a xente de Vialle, que volve a poder disfrutar da súa festa, na honra a San Pedro, 22 anos despois.

Todo un record de anos, e todo un reto para os rameiros para conseguir de novo recuperar este evento.

Rememorando vellas e novas tradicions (A festa)


2009
04.27

Este pasado 25 de abril ven de celebrarse a ‘festa’ na honra a Virxe do Bo Consello, que preside o altar maior. Esta é a figura a que se lle rende culto neste pasado 25 de abril. E digo esto porque é o día da festa en Masoucos (é o blog Portando os santoscumple 3 anos). Todalas parroquias teñen o seu día grande. Hai parroquias que celebran tamén a súa festa no vrao. Este é o noso caso, (e a que corresponde a imaxen nos anos 50) que se adíca neste caso o Santiago, que está presente con dúas figuras. O ‘matamoros’ e o ‘peregrino’.

A principios dos anos cincuenta podíanse contemplar tódo-los santos da igrexa en procesión. En primeiro lugar un home levando a cruz, logo as mulleres coa figura do Bon Consello, e logo os homes portan os demais santos entre os que se encontra o Santiago. Aínda hoxe cando se fai en calquera lugar así se fai.

Unha norma que se cumpre o largo e ancho de Galicia é que AS MOZAS DA PARROQUIA SEMPRE LEVAN  AS SANTAS E OS HOMES OS SANTOS.

A finais dos anos sesenta e primeiros dos setenta a festa perde vigor, e así no 75, por uns ou outros motivos a festa pérdese. Ata o 2005 no que se recupera un breve botón para celebrar os 30 anos desta última celebración. Este ano representou unha grande afluencia de público, gracias en boa medida a chegada da orquesta ‘Panorama’, a pesar de que a promoción non foi excesivamente ampla. Os rameiros, normalmente dous ou tres, chamado tamén ‘ramistas’ son os que se encargan de contratar as orquestas e organizalo todo para que saia o mellor posible.

E todo para rematar decindo que calquera pode vir(se hai orquesta), aparcar gratis(se hai sitio), disfrutar da festa ou da sesión vermouth , e ver a procesión, como non.

Regalo Extra: Aquelas Mangas Verdes


2008
12.30

aquelas mangas verdes 1

aquelas mangas verdes 2

Resaca festeira


2008
12.29

CCD18122007CartelFestaXuventude2008América e Hiroshima puxeron a música e a xente as ganas de pasalo ben, mui ben(menos xente da esperada?). A organización coma sempre perfecta, e na que como di a Voz, colaborou  unha vez máis Enrique da Casa do Zapateiro, publicista afincando en Barcelona que se encarga do deseño das camisetas, e tamén do regalo adicional deste ano, que consistía nun primeiro capítulo dun misterioso libro aínda sen rematar.

Este ano a temática que inspira a celebración xira en torno a enigmática figura da torre para reclamar a atención dos veciños, visitantes e as institucions e o respeto do valor histórico e artístico da edificación medieval. Deso e de outras moitas cousas tivemos a ocasión de falar con Enrique, tranquilo pero inquieto, cun mar de ideas que por veces aventáxante en anos e tamén en experiencia. Todo un placer coñecelo e compartir mesa!

E despois dete rollo, as fotos. Mañá o regalo extra… por se alguén non o leu… aínda!! e falta a crónica do Castroverde 3 – Guntín 1 que non ten sitio polo momento, xa veremos.

O próximo ano máis e mellor!!!!!

Cena e as rapazas guapas de castroverdePereira e mario Richard e amiga Vista da xente desde o palco Rubén e pibe Raquel e susana

E por fin chegou o día…


2008
12.27

Gracias desta volta a Manu, por enviarme a foto da camiseta da festa da xuventude, e o tamén o regalo extra, o primeiro capítulo desta historia que andamos a argallar…

Hai vai a camiseta!!

BOA FESTA!!!!

CartelFestaXuventude2008

VII Festa da Xuventude Castroverde


2008
12.12

CCD18122007CartelFestaXuventude2008Xa está dispoñible un ano máis o cartel da VII Festa da Xuventude de Castroverde, é éste:

Será o 27 de decembro, toda a noite chea de boa música, coas orquestras Hiroshima, e o grupo América.

Colaboran O Concello de Castroverde, e toda a xuventude que ano tras ano fai posible esta Festa.

ESPERÁMOSTE¡¡

FESTA DA XUVENTUDE CASTROVERDE 2008??


2008
11.27

Preguntase “PiYaDoOo” nun comenteario de fai uns días na fiestra

Haberá este ano unha nova festa da xuventude?

Creo que non se debería perdela tradición con carteis tan bos coma este…

Estas líneas van dedicadas a esa xente que se preocupa de facer que todos disfrutemos dunha boa festa. Desde aquí todo o aopoio.Seguro que un ano máis se pode conseguir… MOITO ÁNIMO


Festa da Lura?


2008
07.28

Ben e sabido que hai de todo en todolos lados, pero… o do xornal 20 minutos, é de risa:

 Citas que no te puedes perder: Fiesta de la lura: Castroverde (Lugo). 15-16 julio.

Non coñecía eu a tradicción do noso concello na pesca da lura… será da lura dulce de río, porque non se entende. Eu que estiven a celebrar o santiago, podendo tamén celebrar a festa da lura, a quen se lle conte,menos mal que a foto non estáLura, choco ou pota feita en castroverde, senón si que xa sería de cine¡

Por se acaso, acompaño a definición de lura, e tamén unha foto… para os despistados¡

Luras.f. Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e cunha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma. As luras expulsan borra para escurece-la auga cando están en perigo. CF. choco, pota2. s Lura pota. Pota2.

timofonica en castroverde Antenas a poñer

Cambiando de tema totalmente, comentar que está a exposición pública a licenza municipal para instalación dunha estación base para telefonía movil en Furis, en Vilacote, Tórdea e Reborados por TELEFÓNICA MOVILES ESPAÑA S.A. ou quizais mellor, Timofónica. Se cres a que podes aportar algo, terás que ir o concello e entregarlles por escrito a túa reclamación ou a túa suxerencia antes de 10 hábiles desde o 22 de xullo.