
Avaliación das entradas nun piso con guiado de precision de carretilla estandar.
Castedo. T.a; Castro. A.b
a Investigador principal e Direstor da páxina “A fiestra de Masoucos” en Castroverde, Lugo, Galiza.
b Investigador Adxunto colaborador e estudante da USC, Lugo, Galiza.
Received 7 April 2008; received in revised form 8 April 2008; accepted 9 April 2008
[lang_gl]Resumen:A carretilla é un utensilio empregado na vida cotiá. Foi un dos mellores inventos despois da roda, claro está. Con pouco esforzo pódese carrexar pesos a distancias longas. Pero non todas son facilidades con respecto a este medio, xa que o seu manexo vese moitas veces dificultoso. En este artigo estimamos a dificultade de manexo que a veces supón o emprego da mesma. Tamén nos introducimos nas novas construccións e como estas non están pensadas para certos apeiros. Porque con todo esto demostramos a verdade de que os pisos non están feitos para meter unha carreta neles.Keywords: Precision guidance; carretilla; carballeira.
1. Introducción.O tomarlle as previas da Carballeira, decidimos que tiñamos que facer algo este ano. “Secadra é o último ano que nos xuntamos neste recuncho” dixemos, e dito e feito, aló fomos na busca da carreta.
2
. Revisión literaria.Outros xa levaran bocios, outros sulfatadoras, e incluso se levou un tanque do leite.
3. Material e métodos.Unha carreta e moito humor.
4. Conclusións.Pasámolo “pipa”. Ver video.
5. Referencias: “Festas da Carballeira” [/lang_gl]
[lang_es] Lo siento. Este post está escrito por ‘Un de Tordea’, y solo está disponible en gallego. Puedes de todas formas colaborar en su su traducción.[/lang_es]
[gv data=”mG4WYrhBwgQ” width=”425″ height=”350″][/gv]
[gv data=”U0ZACNelLhw” width=”425″ height=”350″][/gv]




xa se está a traballar para sacar en 2-6 anos polos con 3 patas para incrementar o seu beneficio sendo todos clons dun mesmo, xa se conseguiron becerros que engordan de maneira antinatura, pero viuse que os seus aplomos non daban soportado tal peso, polo que se está a traballar para que lles salgan patas de elefante…
teorías comunistas “e ti Amador que tes 3 vacas pois daríaslle unha a Pepita do Encanto pois esta ten unha e parte das súas ovellas serían tamén túas e as galiñas da túa casa, Joquín, serían de todos…”, e así continuaba.
as sigue habendo con pseudocomunistas. Outros póñense na tremenda de que o comunismo non chegou a nada, que é algo negativo, un atraso. Que non se enganen pois nos vellos países europeos, a alternancia entre os conservadores e progresistas está á orde do día, uns non o fan mellor que outros, pero postos a respostar, os socialistas, esquerdistas teñen algo que ver co antigo comunismo.
Semella que Galiza foi i é produtora de traballadores, de peóns, de intelectuais, de enxeñeiros, de emprendedores… fora da súa casa. A primeira xeración de xente que marchou do pais considero que puido ser aquela dos pais dos nosos avós, ou incluso a anterior, aqueles que foron para Cuba, o brasil, venezuela, ou méxico, e que voltaron, e na súa volta fixeron obras sociais (ou sen voltar) como escolas que moitas levaban o seu nome e cuias construcións o igual que súas casas eran ben coñecidas aínda quedando algunha mostra da típica construción dos denominados xa “indianos”, con dúas palmeiras á entrada que ben semellan os xardíns dalgún palacete “habanero”. Logo xa a segunda a dos nosos avós… tamén para as “américas” pero moitos deles sen tanta sorte.
A terceira consideroa aqueles coma nosos pais que sendo novos e con ambición se decidiron máis ben por ir cara o centro europeo, predominando Francia, Alemaña, Suiza ou Holanda. Algúns xa se ían quedando polo resto do estado, Barcelona, Bilbao, Madrid. E agora parece que nós está a tocar, aos rapaces/zas, agora nós.
dende sempre se adaptou a todo o que lle veu encima, pero faltoulle sempre un status social, unha identificación propia recoñecida polo resto da sociedade, e que el mesmo so crea. Mirade, un agricultor francés ou un gandeiro alemán non son grandes polo rendementos dos seus campos de trigo ou pola cantidade de graxa que producen as súas vacas, senón porque son admirados polo resto da sociedade, souberon manter a súa posición dentro nela. Son a base e o resto da sociedade os admira por manter as tradicións, as tradicións que retomándonos no tempo algún día tamén foron deles do país no que viven. Son eles os que manteñen a famosa “memoria histórica”. Son eles os que poden dicir que se adican a algo que xa facía seu pai, e este o seu , e así foi no tempo.
O igual que pasou xa fai tempo cos augardenteiros, ca destilería da caña de cada casa, para logo poder sacar un “orujo de Galicia” amparado baixa unha D.O. protexida. Todo era compatible sen facer ese estrago. O igual pasará cos muíños tradicionais. A pena é que xa non queda ningunha persoa nova que siga, pero tampouco ían deixar as grandes industrias da fariña co pretexto de que si é antihixiénico etc… pois anque parecía que non, sacáballe cota de mercado de cara a pequenas panaderías. O mesmo están perseguindo as grandes cooperativas productoras de ovos, que buscan a eliminación da venta de ovo de curral en feiras e prazas para coller un novo mercado que antes lles era imposible de entrar coa aparición de novos etiquetados nos seus produtos. Todo elo nun tempo no que premia a seguridade alimentaria e no que cada vez preocupa máis o que comen os nosos fillos que sexa equilibrado, pois eu digo que moito tiñan que aprender tanto de seguridade alimentaria as grandes industrias, pois fáltalles o que se chama
percutor que se crava na testa do porco, principalmente por ser o máis coñecido). Obrígase por temas de benestar animal principalmente… e digo eu, o benestar animal está moi ben, pero compartiredes comigo que normalmente nunha matanza nunha casa o porco trátaselle ben, simplemente se lle priva dos seus movementos, o gandeiro é o principal interesado no bo trato pois deso dependerá que non haxa desgarres musculares e non se perda carne. Este tema do maltrato dos animais sería un tema interesante a tratar pois é curioso que a xente que leva toda a vida co bo facer se lle impoña e se lle persiga coma delincuentes cando por todos é coñecido os últimos casos de “maltratos” animais nos matadoiros, ¿quén os vixía a eles? Ou é que o ter un selo na entrada da porta da xunta xa lles permiten facer de todo portas adentro?. Outro punto positivo que se nos vende é a seguridade do traballador, do matachín, para evitar cortes ou magulladuras. Falso. No método tradicional e actuando con oficio o cocho é inmobilizado completamente antes de ser sangrado, neste novo o cocho debe ser cravado antes de botarlle a man, e logo quen é o gracioso que se acerca pois nun sitio aberto cos tics nerviosos que lle produce a parálise é imposible e moi perigoso. Dinnos que a carne se curará mellor o non estar en tensión os músculos á hora de ser sangrados. Non digo que non sexa certo pois existen estados que coñezo que así o confirman, pero tamén existe o mellor estado, o de miles de cochos matados o longo da vida e xamóns curados. Eu 
Tamén é época dos saborosos cocidos, caldos untosos, días curtos e noites longas detrás da cociña atizándolle o lume, filloas de sangue, magostos churruscados, en definitiva xuntanzas.