Non se pudio ser, e Tags: Aída Valiño, triatlon, Vancouver Category Hai vida despois do futbol |
Non puido ser
06.09
Todos a Vancouver
06.06
Aída Valiño intentará adxudicarse este domingo o Campeonato do Mundo Sub-23 de Triatlón, o VANCOUVER TRIATHLON WORLD CHAMPIONSHIPS, que se celebrará na cidade canadiense de Vancouver.
A salida na categoría femenina darase ás 16:00. Despois terá que superar 1’5 km de natación na Bahía Inglesa, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pe. Aída deberá manterse no grupo de cabeza, sobre todo no treito de ciclismo, xa que a natación é a súa especialidade e non terá problemas.
Se é capaz de aguantar terá moito ganado, xa que terá opcions de medalla na dura carreira a pe.Tamén será importante a súa experiencia internacional (xa estivo o ano pasado no Mundial de Hamburgo) e ven de conseguir o subcampeonato de Europa.
Ese será o seu punto de intimidación para unha carreira na que non hai unha grande favorita e na que serán un total de 2,600 atletas procedentes de 45 países os que compitan polas distintas modalidades.
O calendario para o domingo 8, é o seguinte:
Mulleres Sub 23 – 7:00am (hora canadiense)
Homes Sub 23 – 10:00am (hora canadiense)
Mulleres Elite – 1:00pm (hora canadiense)
Homes Elite – 4:00pm (hora canadiense)
E a ceremonia de medallas para a Sub 23 e a Elite ás 6:15pm (hora canadiense)
Moita Sorte dende a Fiestra¡
Manuel Sarille, ‘polos fillos dos fillos’ e máis
06.05
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]Unha pequena homenaxe a Manuel Sarille Lenceiro veciño de Montecubeiro, historia do concello, que deixou plasmada no libro, POLOS FILLOS DOS FILLOS (Candeia Editor, 2003), un exercicio de catarse sobre a memoria familiar e a guerra, novela primeira do seu fillo Xosé Manuel Sarille Candeia (referencia básica na loita pola normalización do galego) e que conta cun grande éxito de público.
Manuel Sarille Lenceiro (Castroverde – 1923), Presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo de Lugo, ingresou nas Juventudes Socialistas en setembro de 1935. O 14 de abril de 1936, participou nun mitin da República en Montecubeiro, e tralos sucesos represivos neste lugar, en agosto de 1937, figurou nas listas de persoas a fusilar (si, fusilaron a Carmen Sarille Lanceiro, de 22 anos, e a moitas persoas da súa veciñanza). En 1976 ingresou no PSOE. Foi membro da Executiva Galega e do Comité Federal.
É autor da “Pascua de Montecubeiro”, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista “Olisbos” nº 14, editor do libro de Arximiro Rico. “Luz dos humildes”, “Vida e morte dun mestre republicano”, de Narciso de Gabriel e Xosé M. Sarille, coautor do libro “Polos fillos dous fillos”, de Xosé Manuel Sarille Candeia (Sucesos de Montecubeiro, 1937). Financiou e dirixiu o monolito aos mortos de Montecubeiro de 1937, coa colaboración do Concello de Castroverde, instalado no campo da parroquia o 23 de agosto de 2003. Foi colaborador no Progreso con artigos e cartas.
Tamén Claudio Rodríguez Fer en Todoslosnombre.es brindalle un atributo a Manuel Sarille, di así:
Como é sabido a enerxía non se crea nin se destrúe, soamente se transforma, e Manuel Sarille Lanceiro, que era pura enerxía, segue e seguirá existindo a través da súa muller Olga e do seu fillo Xosé Manuel, así como dos descendentes destes; a través das súas obras, que foron moitas, e a través de todos os que o coñecemos, que somos moitos tamén. Para min, que vou falar del a través da memoria, será sempre o recreador d’A Pascua de Montecubeiro, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista Ólisbos nos anos noventa precisamente por iniciativa miña e logo representada e interpretada coa máxima graza polo propio Sarille en Montecubeiro nun acto multitudinario. Para min será tamén sempre o leal editor do libro Arximiro Rico. Luz dos humildes, vida e morte dun mestre republicano realizado polo seu fillo Xosé Manuel Sarille e polo noso común amigo Narciso de Gabriel, pois sempre mantivo viva a memoria e o agradecemento a quen fora seu mestre e a quen resultara tan vilmente asasinado. Por suposto, para min será igualmente sempre o informante e o protagonista da novela Polos fillos dos fillos, de Xosé Manuel Sarille, sobre a matanza acontecida en Montecubeiro en 1937, así como o promotor do monólito a aquelas vítimas en colaboración co Concello de Castroverde, dúas das maiores satisfaccións da súa vida. Mais na súa existencia chea de compromisos e de loitas das que a miúdo daba testemuño escrito na prensa, onde por certo non lle publicaban todo o que enviaba, para min será ante todo o fundador e o presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.Nunca esquecerei o día do ano 2005 en que tras presentar Carmen Blanco, María Xesús Souto Blanco, María Lopo e máis eu na Galería Sargadelos de Lugo o monográfico dos cadernos Unión libre dedicado á “Memoria antifascista de Galicia”, en presenza de netos do Doutor Rafael de Vega Barrera e doutras persoas con el relacionadas, como Sofía Andrade e Xesús Pérez Regueiro, lin o poema “A loita continúa”, que alude ao masacre de Montecubeiro, e observei con emoción que o rexo e combativo Sarille choraba a cada verso. E, rematado o acto, Manuel Sarille Lanceiro propúxonos aos presentes formar unha asociación promotora da recuperación da memoria histórica que resultou ser a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, da que por suposto foi o seu presidente.
Naceu así pois unha Asociación, con domicilio social na Galería Sargadelos de Lugo (onde Sarille presidiu a súa presentación pública), dedicada á investigación e divulgación da memoria histórica da represión para que se coñecese a verdade e para que nunca se repetise, así como para realizar accións de dignificación das vítimas barbaramente maltratadas durante a ditadura e inxustamente esquecidas na actualidade. Falou no seu nome Sarille na radio, na televisión e nos máis diversos foros e xuntanzas, intervindo en actos tan significativos cualitativa e cuantitativamente como a inauguración do monumento ao doutor Rafael de Vega Barrera, no que interveu xunto aos descendentes de Vega e ao alcalde de Lugo, ou o encontro universitario “As vítimas do 36 en Galicia. Memoria e Paz para sempre”, onde presentou a súa investigación sobre o asasinato do mestre e deputado republicano Díaz Villamil. Sarille quedou moi satisfeito co resultado destas dúas convocatorias e, particularmente, co numeroso público xuvenil da última delas, como tamén de todas as homenaxes aos mestres da República e en concreto ao seu mestre Arximiro Rico.
Non é de estrañar, pois, que a Asociación recibise agora as máis sinceras condolencias por parte da Fundación Luís Tilve, tan comprometida coa memoria; da historiadora da represión María Xesús Souto Blanco, da exhumadora de vítimas Carmen García-Rodeja; de numerosos asociados e colaboradores ou do grupo de investigación “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” en escrito do seu director Lourenzo Fernández Prieto, quen lembrou e agradeceu moi expresivamente a importante contribución de Sarille a este proxecto de reconstrución da memoria, polo que a nosa Asociación tanto avogou.
Agora ben, Sarille non conseguiu aínda levar a efecto todas as súas iniciativas, pero digo que non o conseguiu aínda porque o conseguirá a través de nós: por exemplo, un monumento ao mestre Arximiro Rico no Cádavo; por exemplo, unha placa ao mestre Díaz Villamil na Pontenova; por exemplo, un monumento a todas as vítimas do fascismo en Lugo, para o que se conseguiu xa no 2006 un deseño de Isaac Díaz Pardo.
Emocionouse Sarille cando no encontro sobre “As vítimas do 36 en Galicia. Memoria e Paz para sempre” se lle entregou un gravado orixinal de Sara Lamas sobre a súa irmá Carmen, asasinada en plena xuventude polo grave delito de ser sinxelamente irmá. Porque, en efecto, Sarille comprendeu que xa moitos nos sentimos irmáns daquela vítima e de cantos perderon a vida inxustamente a raíz de 1936. Na última conversa que mantivemos, xa telefonicamente, agradeceume o poema “As tres mapoulas de Montecubeiro”, referido ás tres mulleres asasinadas naquel masacre en 1937, e que lle está dedicado. Con el vou rematar, porque sei que así lle gustaría a Sarille e porque acaba aludindo ao penedo conmemorativo que con tanto empeño conseguiu erguer en Montecubeiro, un penedo do que estaba tan orgulloso e que tanto se lle parece[/lang_gl]
A lei de Godwin, ou analoxía nazi de Godwin
06.04
[lang_es]La ley de Godwin (O también, La Regla de analogías Nazi de Godwin), es un enunciado relacionado a la interacción social en Internet, que propuso Mike Godwin, abogado de la Electronic Frontier Foundation, en 1990. Una de esas curiosas leyendas (quizá paradigma, o incluso realidad cotidiana) que dice: “As a Usenet discussion grows longer, the probability of a comparison involving Nazis or Hitler approaches one”. O tb: “A medida que una discusión en Internet se alarga, la probabilidad de que aparezca una comparación en la que se mencione a Hitler, Franco o a los Nazis se acerca a uno.” Esta ley, seguro que la hemos visto todos, hai múltiples ejemplos) en algún foro, en redes sociales como menéame, etc. (puedes ver aquí un ejemplo: http://www.escolar.net/MT/archives/2007/01/como_desembaraz.html).Así una discusión se va alargando en el tiempo a medida que los argumentos objetivos van decayendo, aumenta proporcionalmente el grado de insultos hasta que de pronto alguien hace referencia a los nazis, fascistas etc. La tradición en internet dicta, que no la ley, que la persona que ha mencionado a los nazis, fascistas, etc. ha perdido la discusión, y se abandona la discusión. Además la ley también se aplica cuando entra un comparación con los nazis, la discusión ya ha perdido todo sentido y nada útil se va a poder extraer de ella.[/lang_es]
[lang_gl]A lei de Godwin (Ou tamén, Regra de analoxías Nazi de Godwin), é un enunciado relacionado coa interacción social en Internet, que propuxo Mike Godwin, abogado da Electronic Frontier Foundation, en 1990. Unha desas curiosas lendas (quizais paradigma, ou incluso realidade cotidá) que dice: “As a Usenet discussion grows longer, the probability of a comparison involving Nazis or Hitler approaches one”. Ou tamén: “A medida que unha discusión en Internet se alonga, a probabilidade de que apareza unha comparación na que se mencione a Hitler, Franco ou aos Nazis achegase a un.” Esta lei, seguro que xa a vimos todos, hai múltiples ejemplos, en algún foro, en redes sociais como menéame, etc. (Podes ver un exemplo en: http://www.escolar.net/MT/archives/2007/01/como_desembaraz.html). Así unha discusión vaise alargando no tempo a medida que os argumentos obxetivos van decaendo, aumentando proporcionalmente o grado de insultos ata que de pronto alguén fai regencia aos nazis, fascistas etc. A tradición en internet dicta, que non a lei, que a persoa que mencionou aos nazis, fascistas, etc. perde a discusión, e ésta é abandonada. Ademais a lei tamén se aplica cando comeza unha comparación cos nazis, xa se da por sentado que a discusión perdeu todo o sentido e xa nada útil se vai poder extraer dela. [/lang_gl]
Esperemos que non teña que pechar esta anotación pola ley de Godwin¡¡ 😉
I Encontro do Fútbol Sala Lucense
06.03
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl] O primeiro ‘Encontro do Fútbol Sala Lucense’ no palacio Municipal dos Deportes de Lugo rematou coa victoria moi cómoda, lóxica por outra parte, do Azkar Lugo. Logrou dúas cómodas victorias diante dunhos rivais moi frouxos. O primeiro dos partidos foi contra a selección provincial, que aguantou a primeira parte, pero na segunda doblegou ante a fortaleza física dos locais, e venceron por un 4-0.O segundo partido decidia claramente o subcampeón xa que era inevitable non pensar outra cousa. Neste partido a cousa rematou cun triste e gris empate a un tanto.
No derradeiro partido, o combinado local, por medio de Richi, nunca gran xogada de equipo, marca o primeiro cun toque totalmente de calidade e fai saltar a sorpresa. Máis pouco durou, xa que un par de minutos despois mimi a pase de werner marca o empate. Ao que tamén acompañaron Fernandinho, Paulino, entre outros, para acadar o definitvo 10-3.
Para próximas edicións, o Azkar pretende repetilo torneo, e se intentará mellorar cada ano. Agardemos que así sexa.
Neste torneo estivo Richi, adestrador e xogador da SD Castroverde durante as dúas últimas campañas, nas que non foi quen de conseguilo obxectivo de conseguilo ascenso de categoría, tampouco foi quen de despregar todo o seu xogo ofensivo,e tivo unha actuación discreta.
En breve poderanse ver as fotos do encontro. [/lang_gl]
Un novo tempo para os centros educativos
05.30
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]
Hoxe remata a exposición da Asociación Intered, “Igualdade para o desenvolvemento: Se a muller avanza, o mundo tamén”
Nela pódense ver os problemas xerados polas relacións desiguais entre homes e mulleres e destacan algunhas das achegas que as mulleres fan para a consecución dun futuro mellor. Ademais esta exposición dispón de unidades didácticas para traballar actitudes de promoción da igualdade de xénero en sesións de titoría.
Ademáis desta nova exposición, os alumnos de 5º curso de primaria realizaron un programa de radio para “Ponte nas Ondas”, que poderemos escoitar o próximo 6 de xuño a través da Internet, e agardo non perdermo, xa que van analizar os cambios que se foron producindo na comarca,
atendendo ás melloras no transporte e nas comunicacións, ademáis de reflexionar sobre a incidencia desta circunstancia na modificación dos hábitos de vida.
Nesta mesma liña, os centros de ensino non universitario de Galicia puideron iniciarse e introducir no currículo escolar contidos relacionados co audiovisual, coa animación, coa televisión e novas tecnoloxías. ‘Mobilizate nas aulas’, un proxecto de Mr Misto Films para o Consorcio Audiovisual de Galicia, na que o CPI de Castroverde tamén participou, con estas dúas grabacions: Documental: CPI Castroverde, no que se poden ver a distintas persoas que fan o seu traballo no centro, e tamén as súas aulas; Os seus autores: Rubén Castro, Déborah Birro, Nuria Alvarez, Marina Pérez, Jéniffer Torrón. Tamén podes ver As gamberras, onde a un grupo de rapazas as botan fora da clase e o director terá que tomar unha decisión; Os seus autores: Alejandra Pérez, Patricia Rielo, Tamara Castedo, María José Fernández, Marta González, Cristina Cascudo, Daniel Díaz.
E xa por último, mencionar o Taller de escritura creativa escolar de “Crea tus textos“. Este ano celébrase a súa segunda edición do taller online que organiza a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.
Nesta edición tentábase potenciar as dotes de escritor, así como poder compartir ás túas creacions con outros estudiantes, na que tamén participaron os alumnos do CPi de Castroverde. Podes ver os seus texto facendo clic aquí.
Unhas moi boas ideas para achegar a cutltura os rapaces do concello. Que pena que non puideramos disfrutar destas boas ideas fai anos…
[/lang_gl]
O tiro o plato, saiu pola culata
05.29
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]
San xoán de Barredo, máis coñecido coma Francelos, ven de acadar a fama, aínda que mellor dito, o seu Club de Caza, supoñemos que efímera, por este cartaz, onde se pode ver a un home apuntando coa súa escopeta a unha muller en roupa interior.
Decidiron así promocionar o seu xa habitual e tradicional concurso de tiro ao prato. Unha decisión que a todas luces se ve como desafortunada. Así a Secretaría Xeral de Igualdade obrígoulle ao colectivo de cazadores de Castroverde(organizador da proba) a retirar o cartel.
En todo momento os representantes do club de cazadores colaboraron e tamén “admitiron o seu erro”, segundo Branca Rodríguez Pazos, delegada lucense de Vicepresidencia, en declaracions a El Progreso. Así o asunto non pasará a maiores, xa que o habitual sería “unha denuncia no xulgado”, sinalou a delegada de Vicepresidencia.
Para este mes de xuño, o deseño xa cambia ben, e se fixo un cartel onde se amosa unha perdiz; pero o dano xa está feito, e as críticas non han parar de chegar, sobre todo para atacar ao colectivo dos cazadores, e a estes en particular.
E a ti, que che parece?
[/lang_gl]
Monos, Plátanos e ducha. O Paradigma da Auga Fría.
05.28
Un grupo de científicos encerró a cinco monos en una jaula, en cuyo centro colocaron una escalera y, sobre ella, un montón de plátanos.
Cuando uno de los monos subía la escalera para agarrar los plátanos los científicos lanzaban un chorro de agua fría sobre los que se quedaban en el suelo.Pasado algún tiempo, los monos aprendieron la relación entre la escalera y el agua, de modo que cuando un mono iba a subir la escalera, los otros lo molían a palos.
Después de haberse repetido varias veces la experiencia, ningún mono osaba subir la escalera, a pesar de la tentación de los plátanos.
Entonces, los científicos sustituyeron a uno de los monos por otro nuevo.
Lo primero que hizo el mono novato nada más ver los plátanos fue subir la escalera. Los otros, rápidamente, le bajaron y le pegaron antes de que saliera el agua fría sobre ellos.
Después de algunas palizas, el nuevo integrante del grupo nunca más subió por la escalera.
Un segundo mono fue sustituido, y ocurrió lo mismo con el que entró en su lugar.
El primer sustituido participó con especial entusiasmo en la paliza al nuevo.
Un tercero fue cambiado, y se repitió el suceso.
El cuarto, y finalmente el quinto de los monos originales fueron sustituidos también por otros nuevos.
Los científicos se quedaron con un grupo de cinco monos que, a pesar de no haber recibido nunca una ducha de agua fría, continuaban golpeando a aquél que intentaba llegar hasta los plátanos.
Si fuera posible preguntar a alguno de ellos por qué pegaban con tanto ímpetu al que subía a por los plátanos, con certeza ésta sería la respuesta: «No lo sé. Aquí, las cosas siempre se han hecho así».
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]
Recordando que un paradigma é o hábito de facer algo, pero sen preguntarse o por qué, seguro que vos sonará esta historia, xa que non é raro que en calquera situación, por insospeitado que sexa, che espeten o consabido «Aquí as cousas sempre se fixeron así». Eso é o que pasa en muitas das situacions do noso traballo cotiá, alguén o fixo algo, dunha certa maneira, e así quedou, seguindo outra máxima moi estendida, «Se algo funciona para qué cambialo?». [/lang_gl]
Aída Valiño, desta volta, Subcampiona de Europa¡¡¡
05.26
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]Aída Valiño (Castroverde, 1987), do Cidade de Lugo Club Fluvial, chegaba ca moral reforzada a Serres(Grecia), despois de conquistalo título nacional de duatlón na categoría sub-23 o pasado mes en Monforte. Aínda que días atrás non puido rematala proba da Copa de Europa de Pontevedra, polas duras condicions meteorolóxicas(choiva e frío), por fin se puido resarcir, e así, este sábado pasado proclamouse subcampiona de Europa sub 23, no Campionato de Europa de Duatlón, celebrado en Serres (Grecia). A francesa, Charlotte Gauchet puido con Aída, e fíxose co primeiro posto por tan só 45 segundos, tras finalizalo percorrido cun tempo de 2.03.28 horas.
A nosa veciña de 20 anos, conseguiu sen dúbida, o seu maior éxito internacional tras 10 km a pé, 40 en bicicleta e 5 máis nunca última carreira demoledora. Con esta prata, Aida Valiño obtén tamén a segunda posición no Campionato de Europa Absoluto. Tamén defendera para o próximo ano o título, tanto no campeonato de España na súa categoría , como no galego.
Aída tivo «boas sensacions» durante toda a proba. «Ao principio costábame algo correr e fun mellorando de forma progresiva; cando me subín a bicicleta fun no grupo de cabeza e estou contenta porque me baixei moi cerquiña das mellores da categoría absoluta», declarou.
Tamén recoñeceu que a última carreira fixoselle «algo dura» xa que se tratou do segundo duatlón olímpico da súa vida. Con respecto ao Europeo do ano pasado, no que conseguiu unha excelente sétima posición, notou mellorías «sobre todo na carreira a pé». A pesar de que está saíndo dunha lesión (xa recuperada) que lle afectou a espalda e a un pe, que lle impidiu adestrar con nomalidade.
«Aínda esta semana non puiden traballar dous días con normalidade porque tiña molestias; non esperaba facer este posto porque, ademais, durante a proba fixo muito calor e foi un pouco asfixiante», dixo. A pesar do bon resultado obtido, o obxetivo primordial chega dentro de quince días, no Mundial de Triatlón que se celebrará en Vancouver (Canadá). «Intentareino facer o mellor posible na natación, que se me da bastante ben. Aínda que existe moito nivel, farei o posible por loitar polas medallas», concluiu.
Sub 23 femenina
1. C. Gauchet (FRA), 2.03.28 horas
2. Aida Valiño, 2.04.13
3. Anna Grzesiak (POL), 2.15.26
4. Irini Mouchou (GRE ), 2.22.28
Muitas feliciades desde A Fiestra de Masoucos¡¡ Aída merecese eso é muito máis, como dice súa irmán¡¡¡¡¡ Moita sorte en Vancuver e ata pronto!!!!![/lang_gl]
Video breogan play off ascenso 2008
05.23
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl] Cun comezo moi frío, no que destacou Álex González que anotaba todo o que tiraba, morentín desacertado e moito desconcerto. Con todo estoo remate do primeiro cuarto con empate no marcador. No segundo cuarto máis do mesmo, con algunha rotación polos dous equipos. Ao descanso ventaxa para o breo, pero pouca consistente, defensa irregular e ataques fora de sistema. Fornas foi o que intentoi cambiar o ritmo de partido, pero non foi posible.
Despois do terceiro cuarto, e co mesmo quinteto que rematou o cuarto anterior, tiveron uns minutos moi bos, onde se fraguo a victoria, cunha máxima ventaxa de 12 puntos. Con esa renta, e conservando o resultado cunhas ventaxas que non se viron en peligro agás do 58-52, onde apareceron as dudas. Non foi suficiente para remontalo partido, o breo soubo como manxala situación.
Os mellores Ordín polo seu perfecto ritmo de partido, a pesar da defensa e Wade, (video adxunto) importantisimo na carga do rebote, sobre todo ofensivo.
[gv data=”ysM9FnKWFvU” width=”425″ height=”350″][/gv]
[/lang_gl]