8ª Xornada. 3ª Rexional; S.D. Castroverde – Folgueiro

2007
10.28

Nun primeiro momento pensei en poñer un RIP, pero despois de ver a clasificación creo que non está todo perdido, a pesar da derrota por 1 – 2 diante da ud folgueiro.

Partido bronco o que se pisputou no campo do Corgo, na tarde do sábado entre dous dos teóricos favoritos pro ascenso a Segunda Rexional.

A unión deportiva Folgueiro impúxose a Sociedade Deportiva Castroverde nun encontro no que o resultado non foi o máis destacado do partido e sí o árbitro do partido, que non tiña criterios claros.

No plano deportivo, o Folgueiro conseguiu tres puntos importantísimos nun partido igualado que se decidiu mui pronto, na primeira xogada do partido, cun fóra de xogo clamoroso que o árbitro non viu, bueno, non viu ningún. Así nunha xugada calcada e pouco despois o castroverde puido empatar, pero non foi así, e o folgueiro sentenciu cunha boa xogada pola banda dereita no minuto 18.

Xa na segunda parte o maior empuxe do castroverde fixo que se reducira o marcador, 1 -2 e muito partido por disputar. A pesar de ter media hora por diante a mala punteria fixo que se perddera o primeiro partido na casa, diante dun bo rival.

Castroverde:  1.- César, 2.- Óscar, 3.- Iván ‘Patadón’, 4.-Héctor, 5.-Javi, 6.-Iván, 7.-Albino, 8.-Richard, 9.-Tino, 10.-Gelo, 11.-Toño. Tamén xogaron: Rafa, Luis, Pablo.

P.D. Búscase… revulsivo!

Resultados

T. Miño – Codesido 1 – 1
Sacido – Meira 1 – 1
S. Ciprián – S. Román 1 – 0
Catro Roldas – Celta 1 – 0
Candelaira – Abadín (Susp)
Castroverde – Folgueiro 1 – 2
Cazas – Matela 2 – 3

Próxima xornada

Momán-T. Miño  
Codesido-Sacido  
Meira-S. Ciprián  
S. Román-Catro Roldas  
Celta-Candelaira  
Abadín-Castroverde  
Folgueiro-Cazas  
Matela- Descansa  

Clasificación(Equipo)

J

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 7 6 0 1 24 8 18
2. Sacido 8 5 2 1 18 6 17
3. Folgueiro 8 5 2 1 15 4 17
4. S. Román 7 4 2 1 13 9 14
5. Matela 8 4 1 3 13 14 13
6. Celta 7 4 0 3 16 6 12
7. S.D. Castroverde 7 3 1 3 9 15 10
8. Cazas 7 3 1 3 12 19 10
9. Meira 7 3 1 3 11 18 10
10. Momán 7 2 2 3 8 7 8
11. T. Miño 8 2 2 4 13 19 8
12. Catro Roldas 7 2 0 5 7 12 6
13. Codesido 7 1 2 4 10 9 5
14. Candelaira 6 1 2 3 9 11 5
15. Abadín 7 0 0 7 5 26 0

Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño (e II)

2007
10.22

Todo comezou ca noticia dada en chuza. Comezou o blogmillo a movilizarse, e foi andres milleiro un dos primeiros en facelo, xa que creou a web, www.todossomosaduaneiros.com.

A partir de aquí diferentes posicionamentos con, eu son, eu non son, aduaneirosenfronteiras. Ti sabes se es aduaneiro? Vamos cunha axuda:

Como xa dixen antes, andres milleiro, é aduaneiro, e pola outra banda, a dos que non son aduaneiros, marcus di que non é aduaneiro. Un dos blogs que leo normalmente, marcus, di que defende as dúas posturas, pero que non se suma a iniciativa de andrés, aínda que o mércores 17 se mostraba algo máis crítico ca ‘poetisa’ YC.

Despois de que a ‘poetisa’ fixera algún que outro amigo ca noticia ‘de abrazar a Diaz Pardo a traballar para os seus detractores’  non lle foi de mal en peor como era de esperar. Non, non lle pasou eso, e aínda que a maioría do blogmillo está en contra, usando incluso o humor do mítico gila, hai de todo, e con distintas opinions.

Nos xornais dixitais pódense ler distintas opinions, así no correo, o primeiro en facer pública a noticia, titulaa, ‘harakiri satírico’, e en vieiros pódese ler que ‘aduaneiros botan o fecho’.

Non foi o punto final, xa que yolanda castaño contraatacou cunhas declaracións acusando a aduaneiros de ‘facerse os mártires’.  As declaración fóron éstas: “publicación dalgúns comentarios zafios, soeces e gratuítos con insultos e inxurias, que acompañaban á caricatura os sete meses que estivo na web“.

Logo de agardar para ver se “retiraban eses insultos“, dirixiuse ao seu avogado, Pablo Carvajal de la Torre, para que enviase un correo electrónico ó portal no que se lles “convidaba de maneira amigable -di Castaño- a retirar os comentarios gratuítos“. Afirma que “estaría disposta a que se deixase no portal a caricatura e o resto dos comentarios pero non os insultos“.

A réplica de aduaneiros que non se fixo esperar, que tamén a podes ver no xornal, di: un “ataque furibundo: decidían pechar“, algo que, en opinión de Castaño, “xa o tiñan pensado facer antes e aproveitaron para culparme do seu peche total, erixíndose en mártires“.

Castaño nega que se lles ameazase cunha “demanda xudicial, senón que se lles convidou a quitar eses comentarios pero eles déronlle a volta á tortilla“. Valora “o traballo e o sentido do humor dos Aduaneiros, así como o exercicio da liberdade” de expresión pero “non que se me ataque ou insulte“.
Podes pinchar eiquí  para ver o segundo comunicado dos aduaneiros e a carta remitida a éstes últimos polo señor avogado, Dom Pablo Carvajal de la Torre.

Tamén outras publicación se fixeron eco da noticia, tanto nacionais, el pais, nas redes sociais, tanto meneame, nesta primeira entrada, como esta outra. En chuza fanse eco da nova, a primeira e despois outras, coma ésta.

Na internet, blogs coma manuel gago, onde se fai o exceptico e nombra outra entrada, onde critica máis duramente o peche de aduaneiros e o amedrentamento dos ‘probiños adueneiros’ . Tamén destaca o cadanseu minuto de gloria que finalmente atoparon, e que éste pobriños ‘ non coñecen máis fronteiras cas do medo á xustiza, polo visto.’ xa que ningún ‘picapleitos’ debería poder pechar unha web. Como remate a anotación, di esta web que ‘a grandilocuencia coa que redactaron o comunicado público de peche da web tampouco é moi propia de quen di cultivar o humor’. 

Outra das entradas preferias que eu atopei, foi ésta, na que di como conclusions, que ‘Pobre Yolandiña non sabe que os seus actos lle están a causar máis problemas e por exemplo na páxina de Chuza estanse batendo records’, ainda que o interesante é o comentario que di: ‘Sargadelos é unha empresa privada con ánimo de lucro e polo que sei por fontes fiables e coñecedoras da realidade da empresa dende dentro’.

Chegando o fin estamos, e so quero mencionar agora, dous blogs máis, un unha reflexion e outro, unha carta aberta, titulada ‘Un erro non amaña outro erro’ de calidonia.

 En fin, que cadaquen saque as súas propias conclusions, do que non hai dúbida e de que o tema continuará, non sabemos moi ben cara onde pero seguiremos atentos. Continuará…

?’aduaneiros sen yolanda, castaño sen fronteiras’¿

7ª Xornada. 3ª Rexional; Matela – S.D. Castroverde

2007
10.20

Ningún dos dous equipos desplegou un gran xogo, e calquera deles puido gañar, dada a igualdade dos dous equipos. Foi un mal partido o disputado o sábado en Matela, no que o castroverde perdeu por 1 -0. O partido comexou con retraso pola ausencia do árbitro, o señor Carlos Férnández. Así a hora de inicio foi ás 17.00 da tarde, máis ou menos, media hora máis tarde do previsto.

O matela adiantouse pronto no marcador, minuto 18, cunha falta directa a que nada pudio facer o porteiro do conxunto visitante. O matela parecía que se facía co control do partido despois dese gol, pero o castroverde aguantou mui ben e o partido volveuse igualar pouco a pouco, na que os dous conxuntos tiveron ocasions para marcar, pero ningún foi capaz de facelo. Na segunda parte, o partido seguiu mui igualado, e tamén aburrido. Ningún equipo marcou nesta segunda parte na que o matela defendiase ben, e o castroverde precipitábase. Un par de ocasións para o castroverde foi o máis destacado desta segunda parte. O matela puido sentenciar, e o castroverde puido empatar. Non foi así, e consumouse a segunda derrota da temporada.

En fin, un mal partido que nós manten cerca da cabeza, pero que non permite ningún fallo máis.

Castroverde: 1-Chino, 2-Óscar, 3-Patadón, 4-Iván, 5-Edu, 6-Manu, 7-Albino , 8-Toño, 9-Héctor, 10-Richard, 11-Gelo. Tamén xogaron: 12-Tacho, 14-Rafa

A anécdota do partido, a invasión das ovellas no campo…, en fin, esto é a terceira rexional.

A crónica do retroceso:  Matela, 1 Castroverde, 0

Matela: Pedro, Álex, Rubén, Tella, Manuel, Alberto, Rielo, Beni, Carlos, Souto y Perrota. También jugaron Javi, Manu, Guti y Suso.

Castroverde: Chino, Óscar, Patadón, Iván, Edu, Manu, Albino, Toño, Héctor, Richard y Gelo.También jugaron Rafa y Tino.
Gol: 1-0, m. 18: Alberto.
Árbitro: Carlos Fernández (Delegación de Lugo)-. Incidencias: Partido celebrado en
el campo de San Lorenzo de Aguiar. Tarde agradable, terreno de juego en buen estado y pocos aficionados.
LOMBAO – SAN LORENZO DE AGUIAR
El Matela supo rentabilizar un gol de lanzamiento de falta en el minuto 18 ante un conformista Castroverde. Pedro, Alberto y Carlos, en los locales; Richard y Manu,
en los visitantes, han sido los destacados.

Resultados

Codesido – Momán 1 – 1
Meira – T. Miño 3 – 1
S. Román – Sacido 0 – 0
Celta – S. Ciprián (Susp)
Abadín – Catro Roldas 1 – 2
Folgueiro – Candelaira 1 – 1
Matela – Castroverde 1 – 0

Próxima xornada

T. Miño-Codesido  
Sacido-Meira  
S. Ciprián-S. Román  
Catro Roldas-Celta  
Candelaira-Abadín  
Castroverde-Folgueiro  
Cazas-Matela  
Momán- Descansa  

Clasificación(Equipo)

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. Sacido 7 5 1 1 17 5 16
2. S. Ciprián 6 5 0 1 23 8 15
3. Folgueiro 7 4 2 1 13 3 14
4. S. Román 6 4 2 0 13 8 14
5. Celta 6 4 0 2 16 5 12
6. Matela 7 3 1 3 10 12 10
7. Castroverde 6 3 1 2 8 13 10
8. Cazas 6 3 1 2 10 16 10
9. Meira 6 3 0 3 10 17 9
10. Momán 7 2 2 3 8 7 8
11. T. Miño 7 2 1 4 12 18 7
12. Candelaira 6 1 2 3 9 11 5
13. Codesido 6 1 1 4 9 8 4
14. Catro Roldas 6 1 0 5 6 12 3
15. Abadín 7 0 0 7 5 26 0

Asociación ‘Pena Branca’, en defensa da natureza.

2007
10.19

Os espazos naturais da provincia de Lugo están ameazados pola proliferación das explotacións mineiras; ese podería ser un bo resumo do que está acontecendo cas paisaxes da provincia.  Así, temos un bo exemplo, que tanto está dando que falar, a canteira  da ‘Campa-Santa Eufemia’ ,  e outro bon exemplo, do que falamos mási abaixo, é o da Pena branca, en Castroverde.

    (Explotación mineira da campa)

 Tamén as explotacións de cuarzo, a ceo aberto, están a punto de comezar a súa desfeita. Unhas 5.000 hectáreas de explotacións mineiras nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, Abadín, Vilalba, A Pastoriza  e Riotorto , que agora teñen que buscar todalas vías legais pra evitalo desastre, despois de que Industria otorgara a concesion a empresa Erimnsa.  Éstes concellos reclaman que a concesión fixose sen solicitar informes a Medio Rural, para determinalo impacto económico e social, nin da Confederación Hidrográfica del Norte, aínda que percorre unha zona do Rio Miño.

Agora tamén, sobre 37 kilómetros cadrados da Serra de Outeiro Mayor, que vai polos concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo, está tamén a ameaza de varias explotacions de granito, as de San Javier, para as que dispón dun permiso de investigación mineira a empresa Ingemarga.

Técnicos e voluntarios da Fundación Germán Estévez para a protección da natureza xa deron a voz de alarma a consellería de Medio Ambiente e tamén ante a Dirección Xeral de Urbanismo para lograr a protección desta Serra, tamén coñecida como paraxe de Soutomerille, no concello de Castroverde, e en fase de redacción.

Ademais, os ecoloxistas solicitan a Xunta que se plantee a posibilidade dun plan de protección para esta área na que figuran O ‘Pico de Outeiro’ e a ‘Pena Branca’, na parroquia de barredo, dúas penas de especial relevancia morfolóxica consideradas pola fundación como “únicas en Galicia”.

O permiso de investigación mineira, “que se acabará convertindo en concesión”, implicará,  “un forte impacto paisaxístico”, cun tempo de actividade de 30 anos. O criterio da empresa pra seleccionar o terreo foi  a “facilidade de extracción”.

Tamén teñen claro que é necesario “preservar e cuidar” esa zona pola que pasa o camiño primitivo de Santiago. A fundación iniciou xa a batalla legal, na que contan co apoio da asociación ‘Pena Branca’, do Concello de Castroverde. Ademais tamén contan co apoio dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, que estiveron a recoller firmas nunha das pasadas feiras.

Para que poidamos facer fotos como éstas, todo o nos apoio a ‘Pena branca’:

Nuestras Vacas Aqui nac�  ou ésta:

 

Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño

2007
10.18

Pecharon Aduaneiros sem Fronteiras.

banner esquina dereita

Ése é o titular que leo via andrés milleiro, a raxón é unha ‘ameaza de orde xudicial’. Si, si, así como sona. E esa ameza ven interposta por yolanda castaño, a ‘poetisa’. Aínda así, podese ver á paxina no caché de google, e tamén por internet, podense ver outros ‘fazañas’ que fai a ‘poetisa’.

Vía Andrés milleiro; Aduaneiros era un blogue onde se satirizaban con humor gráfico grandes aspectos do galego ou da Galicia, non en forma de viñeta cómica senón en forma de logos ou deseños, como o mítico “Ga lego”.

Segundo o texto de peche:

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

Papel en Blanco, tamén se fai eco ca seguinte tira gráfica:

Boneca Iolanda

En fin, parece rara a medida tomada por Iolanda Castaño e seus avogados. ¿Sentará precedente? Agardamos que non sea así, alomenos podemos seguir disfrutando do humor de Berto no seu blogue persoal.

O blogomillo de luto por un blogue emblemático da rede en galego. Está claro que todo o apoio aos Aduaneiros(e que volvan pronto).

Eurobasket, por partida doble, e duas derrotas

2007
10.17

Todo estaba preparado, cun gran ambiente nos arredores do palacio dos deportes da comunidade de madrid, pra ver o mellor baloncesto posible.

 CCD16102007pabellon  O partido, a gran final, comezou cun bon ritmo de partido, e dous equipos correndo ben a cancha. Con calderón moi ben desde os 6,25, e onde pepu moveu o banquiño, para non pasar apuros físicos logo do desgaste na semifinal, fronte os gregos. O final do primeiro cuarto, con canasta de carlos cabezas, 22 – 11.

CCD16102007semifinal  Xa no segundo cuarto, con máis problemas para anotar nesta fase do encontro na que os homes adestrados por David Blatt apertaron en defensa e Kirilenko empezou a mostrar as garras e os rusos foron limando aos poucos a diferenza para achegarse moito no marcador ao intermedio (34-31).

 CCD16102007enparexa  As canastras de tres puntos arranxaban a baixa porcentaxe dos anfitrións nos tiros de dous pero Rusia mantíñase o ladiño no marcador. A terceira falta de Kirilenko obrigou a Blatt a sentar no banco ao xogador de Utah Jazz nos últimos minutos dun terceiro cuarto no que España tampouco puido marcharse no electrónico (49-46).

CCD16102007ambientederrota  O veterano Zakhar Pashutin puxo o silencio no Palacio cun triple que empataba o partido no comezo do último cuarto. Holden anotaba a continuación para dar aos rusos a súa primeira vantaxe na final (49-51). De novo Jorge Garbajosa apareceu desde 6,25 para arranxar as cousas e espertar á afección. O partido entrou nun longo soño do que non sairía ata cinco minutos para o final cunha canastra máis tiro adicional de Pau Gasol. O de San Boi non estaba acertado desde a liña de tiros libres e isto impedía que España abrise brecha no electrónico ante o desacerto ruso. Todos os balóns eran para o xogador de Memphis Grizzlies que sacaba tallada das catro faltas de Kirilenko e da incapacidade dos homes altos de Rusia para frearlo. Pero os tres puntos de vantaxe a un minuto para o final puñan o partido no fío. Unha canastra de Morgunov deixaba Rusia a un punto. Un roubo de balón de Holden e a posterior canastra convertida por el mesmo a dous segundos para o final puxeron o definitivo 59-60. Aínda tivo Un tiro final de Gasol sobre o tempo cumplido foi cuspido polo aro negando a posibilidade de proclamarse campiona de Europa na súa sexta final europea.

CCD16102007Nowitzki CCD16102007Marcos&Montes CCD16102007Nowitzki CCD16102007marcadorfinal CCD16102007fato CCD16102007de festa CCD16102007escenario CCD16102007margasol CCD16102007excompañeira

ESPAÑA 59 – RUSIA 60

ESPAÑA, 59 (22-12-15-10): Pau Gasol (14), Rudy Fernández (5), José Manuel Calderón (15), Felipe Reyes (5), Carlos Jiménez (5) cinco inicial- Carlos Cabezas (2), Juan Carlos Navarro (1), Sergio Rodríguez (0), Berni Rodríguez (0), Marc Gasol (5), Alex Mumbrú (0) e Jorge Garbajosa (8).

RUSIA, 60 (11-20-15-14): Holden (8), Kirilenko (17), Samoylenko (0), Khryapa (7), Savrasenko (10) cinco inicial- Morgunov (4), Pashutin (3), Monya (3), Ponkrashov (8) e Padius (0).

                                       

Faltou ben pouco, para a revancha pero finalmente la Selección Femenina non puido tampouco remontar a desventaxa ante Rusia e caeu por 68-74 na final do EuroBasket de Italia. A pesar deso, ofreceu unha sensacional imaxen e colgouse unha medalla de plata que ben pode saber a ouro(non coma a masculina), xa que supon a cuarta medalla consecutiva da Selección Femenina nun Europeo (1 plata e 3 bronces), e terá a opción de gañar una plaza para os Xogos Olímpicos de Pekín no próximo Preolímpico. Amaya Valdemoro foi   MVP do torneo e forma parte do quinteto ideal.

  CCD17102007bettycata (Cata pollini e bety cebrián no eurobasket masculino) 

Unha nova restauración en Vilabade.

2007
10.16

A Consellería de Cultura  por unha resolución do 27 de setembro de 2007 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, por concurso e trámite urxente, do contrato de servizos de restauración do retablo do Crucificado e do retablo da Visitación na igrexa de Santa María de Vilabade, Castroverde (Lugo). O proxecto de mellora e conservación conta cun orzamento de licitación de 44.300 euros.

 Os retablos anteriormente mencioandos que serán obxecto de restauración son de estilo barroco, situados os lados do retablo maior, que data do século XVII e constitúe un dos atractivos(que son moitos) que garda o edificio. De estilo barroco e autoría de Francisco de Moure, esta obra foi xa rehabilitada con anterioridade.

 A igrexa de Santa María de Vilabade cumpriu curiosamente este ano o 550 aniversario da súa fundación. Foi construída no ano 1457 por Fernando de Castro e está catalogada como Monumento Nacional a partir do ano 1979.

Parabens a xente que fixo posible que ésta nova restauración se leve a cabo próximamente!

CCD23112007Iglesia Vilabade (Outra foto máis)

Críticas o concello (I)

2007
10.16

Pois lendo a Manuel Gago na entrada sobre castroverde, veume a mente unha nova sección, a de críticas o concello; Con está seccion quero aportar un grao de area para mellorar e facer que se escuite a xente.

E a primeira idea escribea precisamente, manuel, que fala sobre o castelo de castroverde  e di:

castroverde_1.jpg  “Todo el camuflado no contorno semirrural, cun sentido de feísmo que espantaría ao mesmo concelleiro de urbanismo de Carballo. A torre, que se mantén en pé como pode, presenta esta curiosa figura na inaccesíbel porta de entrada.”

castroverde_2.jpg

A primeira crítica está feita, e como ven puideche ler vai sobre o feísmo. Se sabes doutras construcións no concello con éste estilo, faino saber, éste é o sitio.

 E tamén, se queres facer pública a túa crítica, so tes que mandar un correo, ou escribir un comentario a esta anotación. Está nas túas mans!

Descargar videos do YouTube

2007
10.15

O proceso é bastante simple, ainda que lioso, e lógrase con só 2 ferramentas que, para o noso ben, son gratuitas. Agora, nuns pasos, todos os vídeos dos mundialmente coñecidos YouTube e GoogleVideo (entre moitos outros, coma Metacafe), poderás descargalos sen ningún problema.

Primeiro paso: descarga do vídeo.
KeepVid é o sitio chave en todo isto. A través del poderemos descargar un vídeo simplemente copiando a súa dirección, así:
descargavideos1.PNG

Unha vez pulsado o botón ‘DOWNLOAD’, un pouco máis abaixo apareceranos a seguinte mensaxe:
descargavideos2.PNG
Entón faremos click dereito en >> Download Link <<, seleccionaremos ‘Guardar enlace como’ e poñerémoslle un nome agregando a extensión ‘.flv‘(flash vídeo), desta forma:

descargavideos3.PNG
Unha vez que termine de descargar, podemos reproducilo cun FLV player ou pasar á seguinte fase(cambiar a formato coñecido, mpeg, avi, etc).

Segundo paso: recodificación do vídeo.
O máis probable e que nunca oiras falar do formato ‘.flv‘. Para transformar esta extension rara nalgo coñecido, necesitaremos primeiro descargar (click aqui) e logo instalar CinemaForge, un programa que converte vídeos entre varios formatos. Realmente é ‘de pago’, pero só a opción de hostear os teus vídeos transformados nun servidor, característica bastante prescindible, por outra banda.

Unha vez aberto veremos a seguinte pantalla (traballaremos coas opcións marcadas):
descargavideos5.PNG

Primeiro seleccionaremos o arquivo ‘.flv’ descargado:
descargavideos6.PNG
Logo seleccionaremos o formato ao cal queremos transformalo, sen esquecer agregarlle unha extensión coñecida (suxerencia: ‘.avi’):

descargavideos7_1.PNG
Unha vez feito isto pulsaremos ‘Encode’ e o programa comezará a facer o seu traballo. Para saber se está funcionando ben hai que poñer atención ao seguinte:

descargavideos8.PNG
Cando o monigote termine de loar a ‘media forge‘ apareceranos a seguinte mensaxe:

descargavideos9.PNG

…indicando que todo é correcto e que o vídeo esta listo para ser aberto polo noso reproductor.

P.D. KeepVid soporta moitos outros sitios de vídeos on-line. Pódese ve-la lista completa na columna ‘Any Site’:
descargavideos4.PNG 

6ª Xornada. 3ª Rexional; S.D. Castroverde – Cazás

2007
10.14

Castroverde 2 – Cazas 2

Empate a dous goles nun partido onde calquera se puido levar a victoria. O empate é un resultado engañoso, xa que foi un partido mui disputado, no que a sociedade deportiva castroverde tivo que remontar dous goles en contra.

1-Chino, 2-Raúl, 3-Iván’Patadón’, 4-Pere, 5-Edu, 6-Manu, 7-Albino, 8-Toño, 9-Juán,   10-Gelo, 11-Héctor. Tamén xogaron: 12-Iván, 14-Tacho, 15-Javi, 16-Pablo.

Comezou o partido cunha primeira parte muy intensa, con ocasións clarísimas, na que calquera dos dous equipos se puido ir con ventaxa o descanso. Non foi así, en parte polas paradas dos porteiros, en parte polo desacerto dos dianteiros, co que se chegou o descanso, empate a cero goles.

Xa no descanso sae Javi por Juán, pero este cambio non fai que melloremos, e o cazás ponse por diante nun fallo da defensa local. Dous minutos máis tarde, pola pouca fe do castroverde, o cazás vólvese adiantar. Eses minutos malos terminan co acertado cambio de sistema, e coincide ca salida de Iván o campo. Ca nova estratexia, o equipo vaise arriba, e dispón de muitas máis ocasions, co que non tarda en chegar o primeiro, un golazo de volea ca zurda de hector.

Pouco despois, e polo absoluto dominio, lógrase o empate, tamén de hector, que nun bon desmarque bate por baixo o porteiro visitante.

Xa co empate logrado, cambio de sistema novamente, co que o partido volve o ritmo incial, e o cazás confórmase con non perder, un partido que tivo nas mans, e que puido levarse o castroverde no tramo final.

O mellor do castroverde: Héctor

O próximo partido xa será novamente fora da casa, contra o Folgueiro. O máis destacado do resto da xornda, foron o empate a tres goles do san román, fóra da casa. O outro resultado sorprendente, foi a victoria por tres goles a un, do sacido diante do celta, equipo menos batido da categoria ata ésta xornada. Os demais resultado da terceira rexional, grupo XII, foron:

Resultados

Momán – Meira 4 – 0
T. Miño – S. Román 3 – 3
Sacido – Celta 3 – 1
S. Ciprián – Abadín 4 – 0
Catro Roldas – Folgueiro 0 – 2
Candelaira – Matela 1 – 1
Castroverde – Cazas 2 – 2

Próxima Xornada

Codesido-Momán  
Meira-T. Miño  
S. Román-Sacido  
Celta-S. Ciprián  
Abadín-Catro Roldas  
Folgueiro-Candelaira  
Matela-Castroverde  
Cazas- Descansa  

Clasificacion(Equipo)

X

G

E

P

GF

GC

Ptos

1. S. Ciprián 6 6 0 0 26 7 18
2. Sacido 6 5 0 1 17 5 15
3. S. Román 5 4 1 0 13 8 13
4. Celta 6 4 0 2 16 5 12
5. Folgueiro 6 3 1 2 11 5 10
6. Castroverde 5 3 1 1 8 12 10
7. Cazas 6 3 1 2 10 16 10
8. Momán 6 2 1 3 7 6 7
9. Matela 6 2 1 3 9 12 7
10. T. Miño 6 2 1 3 11 15 7
11. Meira 5 2 0 3 7 16 6
12. Candelaira 5 1 1 3 8 10 4
13. Codesido 5 1 0 4 8 7 3
14. Catro Roldas 5 0 0 5 4 11 0
15. Abadín 6 0 0 6 4 24 0