Posts Tagged ‘cultura’

Mini punto para o inxenio


2010
04.20

Outra vez o inxenio do “Follonero“(Jordi évole) fai que a información dada por algún medio como
“El Mundo” ou “Antena 3” quede en entredito. Desta volta inventouse unha agresión a un membro da $GA€.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/gEbwfVc9cHU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Cobro do canon dixital, Ley Sinde contra a piratería en Internet, peluquerías que deben pagar unha cota por poñer a radio… O tema dos dereitos de autor está de moda…

E no seguinte vídeo,  o “making off”.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eWQF2hZtLOk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Tristeza


2010
02.24

Ese é o sentimento que teño ao oír a unha persoa da vida pública como Rosa Díez usar estereotipos e malas prácticas. Saca a lengua a pacer e metese nun xardín a conta de todos nos. Ex do PNV, ex do PSOE fai ven pouco funda UPyD, para quen sabe, intentar chegar ao poder. Pero non é a única, fai un ano foi Jorge Moragas e os seus «gallegos profundos».

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7_2CrYs0VY4#t=5m03s" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O concello declina ‘Cultura aberta’


2009
07.03

Quedo sorprendido ao ver a repercusión do programa de ‘cultura aberta’ tanto en abc na axencia denoticias  EFE, na web da deputación de lugo, no el progreso, xornal.com ou la voz de galicia.

Serán un total de 69 actividades culturais en diversos puntos da provincia de Lugo. O programa consta de tres seccións nas que se inclúe o espectáculo cómico Peter Punk, outra sección de cine itinerante e outra de maxia.

Xosé Antón Bao, vicepresidente primeiro da Diputación de Lugo, anunciou durante a súa presentación que Castro de Rei e Castroverde serán os únicos que rexeitaron a invitación que o organismo provincial lles trasladou a todos os municipios lucenses, aceptada sen problemas polos restantes concellos.

E conclúe decindo que as actuacions serán polas tardes, nas cabeceras municipais ou en lugares concurridos. Todas son gratuitas, tanto para o público como para os organismos municipais.

O que tamén sorprende, a declinación dun evento grauito e cultural para o concello, independentemente dos motivos.

O certo e que a asistencia a este tipo de eventos culturais no concello (os poucos que hai) suele ser escasa ou nula, pero creo que non se debe deixar de lado estas oportunidades para enganchar a un público máis amplo.

Crees que é unha medida axeitada? Os eventos culturais non teñen a importancia precisa? O público é moi escaso?

Un novo tempo para os centros educativos


2008
05.30

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl]

mulller avanza Hoxe remata a exposición da Asociación Intered, “Igualdade para o desenvolvemento:  Se a muller avanza, o mundo tamén”

Nela pódense ver os problemas xerados polas relacións desiguais entre homes e mulleres e destacan algunhas das achegas que as mulleres fan para a consecución dun futuro mellor. Ademais esta exposición dispón de unidades didácticas para traballar actitudes de promoción da igualdade de xénero en sesións de titoría.  

Ademáis desta nova exposición, os alumnos de 5º curso de primaria realizaron un programa de radio para “Ponte nas Ondas”, que poderemos escoitar o próximo 6 de xuño a través da Internet, e agardo non perdermo, xa que van analizar os cambios que se foron producindo na comarca, Alumnos ponte nas ondasatendendo ás melloras no transporte e nas comunicacións, ademáis de reflexionar sobre a incidencia desta circunstancia na modificación dos hábitos de vida.  

Nesta mesma liña, os centros de ensino non universitario de Galicia puideron iniciarse e introducir no currículo escolar contidos relacionados co audiovisual, coa animación, coa televisión e novas tecnoloxías. ‘Mobilizate nas aulas’, un proxecto de Mr Misto Films para o Consorcio Audiovisual de Galicia, na que o CPI de Castroverde tamén participou, con estas dúas grabacions:  Documental: CPI Castroverde, no que se poden ver a distintas persoas que fan o seu traballo no centro, e tamén as súas aulas; Os seus autores: Rubén Castro, Déborah Birro, Nuria Alvarez, Marina Pérez, Jéniffer Torrón. Tamén podes ver As gamberras, onde a un grupo de rapazas as botan fora da clase e o director terá que tomar unha decisión; Os seus autores: Alejandra Pérez, Patricia Rielo, Tamara Castedo, María José Fernández, Marta González, Cristina Cascudo, Daniel Díaz. 

E xa por último, mencionar o Taller de escritura creativa escolar de “Crea tus textos“. Este ano celébrase a súa segunda edición do taller online que organiza a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.

Nesta edición tentábase potenciar as dotes de escritor, así como poder compartir ás túas creacions con outros estudiantes, na que tamén participaron os alumnos do CPi de Castroverde. Podes ver os seus texto facendo clic aquí.

Unhas moi boas ideas para achegar a cutltura os rapaces do concello. Que pena que non puideramos disfrutar destas boas ideas fai anos…

[/lang_gl]

Certificado de Lingua Galega (celga)


2007
10.03

 
Que é o CELGA?
O CELGA é o Certificado en Lingua Galega que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3, CELGA 4 e CELGA 5. Trátase dun novo modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega que se adapta ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa e no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.Como obteño o CELGA?
Para obter o certificado dun nivel calquera débese superar unha proba oficial emitida pola Xunta de Galicia. Para ter dereito á proba débese formalizar unha matrícula previa e pagar unha cantidade fixada pola Xunta de Galicia. As probas son corrixidas por persoal autorizado para tales efectos da Xunta de Galicia.

Onde e cando se fai o exame do CELGA?
O exame do CELGA convocarase ao menos unha vez ao ano pola Xunta e farase en centros avaliadores oficiais. A Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona é un centro avaliador. Recorda que a elaboración do modelo de exame, a súa corrección e a expedición do certificado é competencia da Xunta de Galicia, non do centro avaliador.

Onde se fan Cursos Oficiais CELGA?
Estes cursos poden realizarse tanto dentro coma fóra do territorio autonómico. Pódeste preparar na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona nos cursos CELGA a partir de xaneiro do 2008.

Por que son útiles os Cursos Oficiais CELGA da UB?
Os cursos CELGA son útiles por tres razóns:
– Porque adquirirías novo coñecemento sobre a lingua e cultura de Galicia.
– Porque, se es estudante da Universitat de Barcelona (excepto se es estudante de Filoloxía), poderías pedir a validación das 75 horas do curso por 7.5 créditos de libre elección.
– Porque poderías prepararte de xeito guiado para a presentación do exame do CELGA 1 e 4 que son os niveis esixidos ao funcionariado en Galicia.
É importante que teñas en conta que os cursos CELGA e o exame para a obtención do CELGA non van ligados salvo en que os primeiros axudan a preparar a materia do exame. As matrículas dos cursos e do exame realízanse por separado de xeito que podes asistir aos cursos sen matricularte no exame (co que obterías un certificado de asistencia) ou presentarte ao exame do nivel que desexes sen asistir aos cursos.

Que pasa cos cursos/diplomas de Galego Oral, Iniciación e/ou Perfeccionamento?
A partir da entrada en vigor dos CELGAs desaparecen os cursos/diplomas de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento.

De que me valen os meus diplomas de Iniciación e/ou Perfeccionamento?
Todos os diplomas obtidos ata a entrada en vigor do novo sistema (1 de setembro de 2007) seguirán tendo nun futuro a mesma validez que tiñan a efectos oficiais: Iniciación para os grupos de funcionariado D e E e Perfeccionamento para A, B e C.
Os novos niveis esixidos son CELGA 1 para os grupos D e E e CELGA 4 para os grupos A, B e C.
Con todo, Iniciación non é equivalente a CELGA 1 nin Perfeccionamento a CELGA 4. Elevouse o nivel de coñecemento esixido ao funcionariado.

Que diferenzas entre os CELGA e os tres niveis de Galego Oral, Iniciación e Perfeccionamento?
Son moitas as diferenzas, pero as máis salientables son:
1. Antes había só tres niveis e os CELGA contemplan ata cinco niveis.
2. O modelo anterior tiña validez oficial só dentro do territorio galego e o novo modelo ten un recoñecemento europeo tanto nas horas impartidas coma no nivel comunicativo adquirido.
3. O novo modelo céntrase nas catro destrezas comunicativas (escoitar, falar, ler e escribir) de xeito que agora os coñecementos do código lingüístico (gramática, fonética e léxico) son un apoio para a comunicación.

Teño o nivel de Galego Oral, Iniciación e/ou Perfeccionamento, en que nivel de CELGA teño que matricularme agora?
No novo modelo non se esixe ningún nivel previo para pasar ao seguinte. Con todo, débese ter en conta que para o ano 2007 só entran en funcionamento os exames e cursos dos niveis CELGA 1 e CELGA 4. Destes poderíase facer a seguinte equivalencia de niveis en canto a coñementos:

Antes

Agora

Galego oral  
Iniciación CELGA 1
Perfeccionamento CELGA 2
  CELGA 3
  CELGA 4
  CELGA 5

Como podes ver non hai unha correspondencia exacta. Poderíase recomendar:
a. Se tes Galego Oral comezar con CELGA 1
b. Se tes Iniciación de momento a única opción é matricularte en CELGA 4 sabendo que é máis difícil que o anterior Perfeccionamento.
c. Se tes Perfeccionamento pódeste matricular en CELGA 4 dado que o nivel de coñecementos é inmediatamente superior ao teu.

Non teño ningún coñecemento previo de galego, en que nivel de CELGA me teño que matricular?
É recomendable que comeces polo CELGA 1.

Onde podo ter máis información actualizada?
Na web da UB: http://www.ub.edu/filgalport

Tamén podes ver a descrición das habilidades e de contidos adaptados ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Celga 1, 2, 3, 4 e 5. Marco europeo común de referencia para as linguas, en : http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/NIVEIS%20DE%20COMPETENCIA.pdf