Perdín a vista querida,
apagouse a miña vela;
para min sempre é de noite
¡Vaiame a Madalena!Perdín a vista querida,
a prenda que mais valía;
non me queda que perder
astra que perda a vida.Vou ganando o meu panciño
facendo mofa de min;
as miñas bágoas por viño
miña dor por violín.Veñan señores e escoiten
farei que esquezas as bágoas
que eu sei os cantos mellores
e as historias mais estranas.Como sin saber qué como
e astra non son reparado
que a miña fame non compre
distingui-lo bon do malo.Morrerei calquera noite
cá miña noite mais crara;
cecais no cumio dun monte
os corvos faranme a cama.
Posts Tagged ‘Peredo’
Triste Poema
06.24
[Audio – Vídeo] – A Cega de Miranda
06.23
Hoxe recibín unha consulta de Toño sobre a Cega de Miranda (cega de peredo), da que falei alá polo 2009.
Buscando de novo información sobre ela atopei este interesante vídeo que hoxe comparto.
Son un comanche anterior a Lady Gaga
12.20
Así se define Paco Pestana en ‘El País‘, despois de reabrir a mítica galería Citania en Santiago de Compostela.
Reproduzco aquí o artigo, que coma sempre non ten desperdicio:
|
Son muitos os adxetivos que se lle poden dar a este polifacético home, que obtivo outro éxito máis neste reapertura de Citania. Todo un personaxe
Fotógrafo nonagenario
03.10
Podedes ver máis fotos de Baldomero Pestana neste enlace. Nesta imaxe Gabriel García Márquez correxindo a traducción fancesa de “Cien años de soledad”.
Paco Pestana: o Cazador de Sombras
02.22
Son muitas as cousas que se poden contar e sobre todo ver do gran Paco Pestana. Xa fai ven tempo queintento seguir que fai, ou en que anda metido. Este extenso artículo sacado do xornal el País, pero obra de Xoán Abelaira, fai un interesante repaso pola súa obra e vida.
Publicado por Xoán Abeleira en Fotografías de meu, da serie “O creador no seu obradoiro” (El País) .
De raparigo, en Peredo, parroquia da Frairía, Paco Pestana endexamais saía da casa sen unha aguillada de abeleira. “Coma os zahorís que embalsaman pozos coas súas mans, agochando das fontes o seu rumor”. Alí, entre os penedos da montaña, “a miña mai aprendeume o xeito de tratar coas cobras. Cando batía cunha, tocáballe a cabeza coa galla, e a becha ficaba paralizada un intre. Asegúrocho! Non sei qué carallo terá esa arbore mais o certo é que funciona.” O seu outro pasatempo preferido era cazar mouchos. E dos mouchos -cousa lóxica- pasou ás tebras. “Deume por persegui-la miña sombra, si, pero endexamais a apresaba! Supoño que por iso, co tempo, devín neste cazador de sombras…”
(máis…)
Dolores (e II)
01.15
Dolores Gómez Lage, “A Cega de Miranda “, tamén coñecida como “A Cega de Peredo ” ou tamén “A Pereda“, nacida no lugar de Peredo, Castroverde (Lugo), en 1.874, foi moi célebre en boa parte da provincia de Lugo (en Castroverde, Baleira, O corgo, Baralla e Becerreá sobre todo). Aprende a tocar o violín, conta a lenda, pode que con un violinista do lugar de San Cosme (ou barreiros) que se supón fixera fortuna en Arxentina con dito instrumento.
Casou con Antonio Rivera, veciño de Agustín e xuntos foron vivir a Miranda, razón pola que casi toda a xente a identificaba como a Cega de Miranda. Emparellouse unha segunda vez con Antonio -“Cachorro” de mal nome- que a acompañaba tocando no papel de bombo. Dolores traballaba como instrumentista, era solicitada para facer bailes e festas, ainda que tamén se viu obligada a ir de casa en casa pedindo. Como é habitual nos cegos acudía con frecuencia ás feiras e romarías, facéndose coñecer, para que a xente lle pedira que tocara, ou pasaba ela polas mesas interpretando cousas, polo que lle daban un diñeiro.
Na súa vida errática, tiña determinadas casas de especial confianza en varios lugares que cumplían o papel de fogar cando estaba de viaxe, o que non é de extrañar, pois era moi querida aló por onde iba, xa que facía o que podía pola xente.
Conta Jesús “O Moreno” de O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro), que nunha ocasión estaba Dolores tocando na Romería do Cebreiro. Entre a xente había un rapaz que estaba cunha moza á que pretendía, e cantoulle unha copla para a ocasión. Tal vez eran cousas que xa tiña ela preparadas para casos así pero a xente quedaba impresionada coa súa capacidade de improvisación:
Aquel que está de aquel lado
xa lle estudiéin os modelos
cando vai ve-la rapaza
deixa adormece-los vellos
E outra cántiga que ela fixo famosa na súa zona e que coñecen varios veciños é:
Son a cega de Peredo
todos me mandan tocar
pero non hai un que diga
cega, voute convidar