Teño que recoñecelo, cada vez que vou votar recordo este vídeo…
Pero o que máis me sorprende e que husqvarna productions non volveu sacar nin un sólo vídeo máis.
Sempre nos quedará este que non ten en absoluto despedicio!
Teño que recoñecelo, cada vez que vou votar recordo este vídeo…
Pero o que máis me sorprende e que husqvarna productions non volveu sacar nin un sólo vídeo máis.
Sempre nos quedará este que non ten en absoluto despedicio!
Primeiro foi o PAC (Punto de atención continuada). Agora tócalle a base do 061. ¿Cal será o próximo?
Mañá é o día no que se fai firme a decisión da xunta de galicia de trasladar a base do 061 que opera
desde Castroverde ao PAC do Corgo. Algo que se podía esperar, desde aquel momento, xa que é o habitual neste tipo de situacions.
O pasado ano, concretamente en marzo, xa se especulaba intensamente co traslado, que as eleccionsparece que reafirmaron definitivamente. Daquela houbo un matiz importante, a intervención dos concellos de castroevrde e baleira conxuntamente fixo que o cambio non chegara a producirse, no que desde logo vamos a perder todos, e sobre todo os veciños de baleira.
A traducción do conselleiro de cultura, Roberto Varela, e tan pouco afortunada coma a do título deste texto. Pero así foi como en Fitur (Feira Internacional de turismo) publicitou “Desván de los monjes” en alusión a Sobrado dos Monxes. E ademais Toro(non, o de zamora non), o de coruña, máis coñecido como Touro, sufriu tamén unha transformación curiosa.
Xa pediu perdón… eso sí botandolle a culpa ao traductor informático… que por sorte non sabe de toponimia.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TAxDHlS0Ef4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Xa fai unhos días que non estou a actulizar a fiestra. O san froilán, tamén coñecido como San Pailán, e algo de lectura xurídica, etc, etc estanme a roubar todo o tempo. A lectura destas leis débese a que estou a punto de presentarme a unhas oposicions (quén o diría). O certo é que son tempos de paro, xa estamos en máis de 3.500.000 de personas (A noticia é deste días) .
Con este panorama a xente non invirte, non invirte porque os bancos no dan facilidades. Se a esto lle sumas que a capacidade emprendedora dos españois está a altura, polo menos polo menos, do betún…
En tódolos lugares hai carteis que din “se vende” ou “se alquila” e moito máis nos baixos comerciais polo que todos buscan(mos) un empleo en empresas públicas que aseguren o futuro. Unhos con bolsas nas universidades, aínda que o traballo sexa ordenar alfabeticamente unhas credencias para un congreso da supervivencia do caracol común, outros nos corpos e forzas de seguridade do estado, e os demáis na administración, nalgunha das múltiples existentes, eso é o de menos.
O certo é que buscar academia está complicado(non fun quen de atopar unha), e chegas a pensar… “se tivera catro pesos montaría unha academia para enseñarlle a xente como estudiar”. Non parece tan complicado, pero claro despois ven a segunda parte, aínda máis complexa. Moverse nas oscuras alcantarillas de mil administracions públicas que temos. Concellos, comarcas, provincias, deputacions, … mil organismos. Mil exámenes, mil oposicions, mil posibles enchufes, mil rumores, mil excusas. Realmente non andas, nin estás para historias. Tampouco buscas grandes proxectos. Queres estar tranquilo e sobre todo baixo a seta e o paraguas de papá/mamá Estado.
As prazas son escasas, 10 – 20 plazas, duás para minusválidos, tema a discutir sobre o que non consigo facerme unha oponión clara, sinceramente. Con este rebumbio, súmalle unha manchea de opositores no marco inconfundible de Silleda, ese gran centro de oposicions que cambiou, cambia e cambiará a vida de muit@s por un empleo sobre todo seguro, que non mellor. Seguro que haberá nervios pero non queda outra que intentalo.
Web creada, aloxada e mantida por Café Dixital SL - 2024. Visítanos en https://cafedixital.com ou ponte en contacto con nos en [email protected].