Archive for Maio, 2008

Lectores RSS, video


2008
05.14

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]Que mellor que completar a entrada de onte cun vídeo explicativo sobre or RSS.

Co título ‘Que son e como se utilizan os lectores RSS’.  explicannos que é ese software, e como utilizalo. Ahí vai…

[gv data=”NoCTta550XY” width=”425″ height=”350″][/gv] [/lang_gl]

Lectores RSS, unha opción¡


2008
05.13

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl] Imaxe habitual dos RSSA tecnoloxía RSS(Really Simple Syndication)é unha fantástica ferramenta. E con ela, inevitablemente, naceron os agregadores(lectores) RSS, un software moi útil, pero con algunhas cousas por pulir.

A tecnoloxía RSS permite que unha persoa poida suscribirse a unhos contidos determinados. Cando nalgún blog, os que esteamos subscritos, publiquen unha nova entrada, xa se vería reflexado no RSS. Eso fai que non teñas que ir ao blog senón que se poidan seguir a través dese feed RSS.

Asociado a ferro aos fedd RSS están, como xa dixemos, os agregadores de feeds. Podes atopalos na rede (Google Reader, Bloglines, Netvibes, entre outros moitísimos¡¡) e outros que necesitan instalación no ordenador. Todos che permíten ler asInformacion que chega, é interesante? fontes RSS de aquelo ao que estás suscrito, e se hai algo novo, claro está. É a acción inversa ao habitual, ti non tes que ir ao sitio web para ver se hai novidades, elas van cara ti, cara o teu xestor de noticias. Así, se non visitas o teu agregador estas novas iranse acumulando ata que sexan lidas.

A ventaxa é evidente: unha forma de centralizala información que pensas que che interesa(ou poda interesarche). Ten coidado que engancha… e ter o teu agregador vacío é moi complicado.

O problema ven ao non saber filtrar, é decir, subscribirse a unha morea de sitios(Blogs, noticias, fotos, videos etc.) que pode ser moi interesante, pero a todos luces superior ao que podes abarcar, e non hai tempo para facelo.Agregadores RSS

Existe unha morea de información que poida ser de interese, máis é infinitamente superior a que nos podremos manexar nunca.

Cando teñas un oco libre, podes visitalos blogs é páxinas que che poidan parecer interesantes, así non se perde a cordialidade e familiaridade da páxina, e como deixar de comprar no comercio tradicional, para facelo nos grandes almacens.

Agora a decisión está nas túas mans, se queres restrinxir as túas suscripcions, para non verte sobrepasado de información, ou se prefires pasar de vez en cando polo recunchos de sempre .[/lang_gl]

Fin da Viaxe


2008
05.12

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl] A SD Castroverde caeu derrotado no campo da ‘Medorra’ diante do Baleira por un, supoñemos, tres a cero.

A modo de protesta o colexiado, decidiuse non recollelo acta do partido, despois de ter que rematar o partido por falta de xogadores, tralas cinco(5), sí 5, expulsions.

 Este mal partido pon fin a esta irregular, e sobre todo decepcionante campaña. De tódolos xeitos haberá que seguir pelexando polo ansiado ascenso a Segunda Rexional. 

Gracias @s soci@s, puidemos completar unha nova campaña, e esperamos que de novo nos den, estes e algún outro, a súa confianza para poder conseguilo obxectivo marcado. 

GRACIÑAS A TOD@S¡ [/lang_gl] 

SOCIOS S.D. CASTROVERDE, CAMPAÑA 2007-2008:

 José Pillado Millares, Almacenes Balonga: Cereales e abonos, Mesón Restaurante Pereira 2: Restaurantes, Alimentación E Fertilizantes Serra: Alimentación Xeral, A Lenda: Cafetería , Marzo: Ambulancias, Gasóleos Fortaleza: Distribución De Petróleo e Derivados.

 Paradela: Librerías, A Chaira: Deportes, Quique: Electrodomésticos, Andi: Productos Fitosanitarios, Díaz: Talleres, Gloría: Peluquería, Os Tinos: Bar, Romara: Electrodomésticos, Rocío: Calzados, Vilanova de Outeiro , Juan Carlos Carreira González, Carlos Gómez Pérez, Eladio Carpintero González, José Novo Palmeiro, Fernando Pillado Millares, Juan Carlos Santalla López, Ginés de Goi, Carlos Fernández Das Rivas, Celio Sobrado Sobrado, Vicente López Rico, Zarralleiro de Villabad, Agapito: Pan Artesán. 

Balsa: Multitienda, Vero: Salón de Belleza, Mari: Novedades, Quiroga: Carnicería, Rubén Novo Reguera, Alberto Yebra Cordero, Roberto Gómez Fernández, César Marey Vivero, Antonio Fouz Fernández, Óscar Sal Otero, José Quiroga Bascuas, Cabelide de Vilacote, Manuel Ferreiro, José Luis Fole Fole, Jesús Fole Fole, Rocio Castro Castro, Carlos Rubinos Cortes, Anselmo Rico Rico, Ramón Gómez Nuñez, Xusto Rodil Eiras, Luis Valiño Vega, Angel Otero Rodríguez, Adolfo Seijas Quintela, José Torres Fernández, Javier Castro Castedo, Jose Pereira Castedo, José López Fernández, Fina Andión Portela, Laura Arrojo Reguera, Sara Andrade Reguera, José Novo Palmeiro, David Novo Reguera, Nuria Nadela Díaz, Lucia Ferreiro Castro, Jose Villarino López, Ovidio Figueiras Muinelo, José Luis Fernández Magadan, Borja Pol Pena, Mónica Pérez Martínez, Maño.

P.D. Se non queres aparecer na lista anterior ponte en contacto co administrador. Do mesmo xeito, se non estás na lista, e eres soci@  da SD Castroverde, so tes que comunicalo. Un saúdo de novo¡

Carmen de Foz, a profe¡¡¡


2008
05.09

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]Están locos estos romanos… eso é o que podría pensar calquera o ler a web da área municipal que direxe Carme Basadre:”Interpretación de soños e filtros de amor: aprenderemos a interpretar os nosos soños encamiñándoos ao noso crecemento persoal e como proxección de nós mesmos, dos nosos problemas, dos nosos desexos e, mesmo das nosas alegrías. Así mesmo, coñeceremos que materiais nos ofrecen os tres reinos da natureza para a elaboración dos nosos feitizos de amor.”E tampouco sería demasiado grave, se non fora porque é unha actividade do Concellería de Muller, Benestar Social e Xuventude do Concello de de Lugo.  Pero ahí non acaba o conto, xa que a persoa que imparte as clases maxistrais é nada máis e nada menos que… Carmen de Foz¡¡¡,  esa que di adiviñae o futuro por medio das cartas, en diversos programas que ten nas televisións locais da zona. Ela é a encargada dende fai unhos días de ensinar a interpretalos soños, facer filtros de amor, etc   Así ‘Elixe a túa noite’ convértese en ‘Carme de foz, digameee’¡¡Unha pena que ‘Elixe a túa noite’ non recupere os 3×3 de outras épocas, ou calquera outra actividade que poida ser de máis interese, pero en fin, que a realidade supera a ficción… quen llo diría a Carmen de Foz¡¡¡  [/lang_gl]

Manuel Castro Gil, onde está a “Iglesia de Masoucos”?


2008
05.08

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]

[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl]Ando a buscar, realmente non sei mui ben o qué, so sei que busco unha obra de Manuel “Castro Gil”, grabador, pode ser que chame “Corredoira”, ou tamén “Ermita Galega”, creo que “Iglesia de Masoucos”, pero certamente non o sei, pero, a pregunta é? Onde podo seguir buscando? A miña última pista lévame ata o Museo Provincial de Lugo, aínda que quizais me gustaría ver antes dous libros como son: Manuel Castro Gil : apuntes para una biografía del aguafortista lucense e tamén Apuntes para una Biografía del aguafuertista Lucense/Lopez Acuña, Antonio. Non vai poder ser, non os atopei.

Rebusquei na rede, e pouco máis puiden atopar máis ca algunhas imaxes das súas obras, dúas subastas, unha en Fernando Durán e outra en TodoColeccion, pero tampouco, cheguei demasiado tarde. Pero ahí non rematou a miña busca, tamén seguin tirando polo Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” de Vigo, que tamén dispón na súa colección dalgunha das súas obras; a busca foi en balde.

Tamén na páxina web da residencia csic, e na colección caixanova, da que saquei algunhas das imaxes. Creo que este viernes toca ir o Museo deLugo, para poder avanzar neste enigma, que quizais estea xa resolto, pero que eu non vexo.

Un pequeno resumo de quen foi Manuel Castro Gil (Lugo el 20 de xaneiro de 1891, e falece en Madrid no ano 1961), o gravador galego por excelencia, a máis alta cota de fama. Despois de pasar como alumno polas mans de Manuel Fole, unha bolsa de estudios da Deputación provincial, permítelle marchar a Madrid en 1917 para esguir formándose na Escola de San Fernando, na que pode observar a Ferrant Vera, Muñoz degrain, etc.

Despois dese inicial contacto, busca axina algún traballo seguro, como é a Fábrica de Moeda, de maneira que moitos dos billetes que de alí saíron levan o seu selo persoal.

Tres anos depois de chegar a Madrid, en 1920, consegue o segundo premio no concurso de gravado do Círculo de Belas Artes coa súa obra “IGLESIA DE MASOUCOS”, e en 1922, a segunda medalla de gravados na Exposición Nacional de Belas Artes, ca súa temática máis representativa, ruínas, paisaxes, mosteiros. En 1924 de novo leva a segunda medalla na Nacional de Belas Artes pola obra “Cidade Castelá” e pouco despois (1925), o primeiro premio no concurso nacional de gravado por “Tierras de Santa Teresa”.

Consolidado xa, con estes premios a Xunta para Ampliación de Estudios, antecedente o Consello Superior de Investigacions Científicas, concédelle unha bolsa de estudios para viaxar a París.Despois da xira por París e Bélxica, onde mostra o seu excelente talento, regresa a Madrid, pero volve pouco despois a Londres. E continúa por Nova York, México, A Habana, Bos Aires. Dende 1934 é profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas. En galicia é nomeado correspondente das Reais Academias de Belas Artes do Rosario e da galega.

Castro Gil, fai entón un repertorio de lugares galegos, onde destaca o “Portico da Gloria” compostelán.

Morre en Madrid no ano 1961, con 70 anos. Cede tódalas ferramentas do seu taller privado e numerosas pranchas a cidade de lugo, que se poden ver no Museo Provincial.

Ademais, a primeira imaxe que podes ver nesta anotación, e da obra de www.wenceslaofernandezflorez.org, a primeira imaxe do bosque animado, que despois pasaría o cine. Podes ver máis obras de Manuel Castro Gil en: http://212.51.58.68/sid/2/067/alfa.mosaico.p01.htm

E estaredes a preguntarvos cal é a relación que nos une, pois é que hai un gravado chamado Iglesia de  Masoucos, feito por él… que atopei por google books…, casualidades, buscando Masoucos… coma sempre![/lang_gl]

Caixa Galicia, unha caixa máis na crise…, ou non?


2008
05.07

[lang_en] I am sorry, still this option is not available. If you are interested, this proof: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]

[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas.También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl]Moitos rumores hai sobre Caixa Galicia, que se está intervida polo Banco de España, que se ten problemas crediticios, que sei eu… por outra Creditos personalesbanda todo desmentido dende a propia caixa, que podería saír en bolsa. O certo é que fixo públicos os ‘seus’ resultados do terceiro trimestre do 2007, nos que amosa un crecemento dun 23% máis con respecto ao mesmo período do exercicio anterior, obtendo así un beneficio despois de impostos de 237 millóns de euros.
Estes datos xerais, e máis especialmente este ultimo, contradín aos recentes rumores que se verquían sobre a caixa galega dende determinada prensa económica, que a situaban a cabeza das caixas do estado que segundo estas fonte se atopan nunha delicada situación financeira debido aos actuais problemas nos mercados crediticios que veñen provocados pola desaceleración do mercado da vivenda e a crise subprime (hipotecas del alto risco) nos Estados Unidos. Rumores que foron totalmente desmentidos pola caixa

<!–[if gte vml 1]> <![endif]–><!–[if !vml]–><!–[endif]–>Todo comezou nos EEUU os bancos comezaron a dar por unha banda

1 – préstamos más arriesgados, polos que podrían cobrar más intereses, e

2 – aumentar o número de operacións para compensar o baixo marxe de beneficio.

1. a) Así ofreceron hipotecas aos clientes “ninja” (No income, no job, no assets; persoas sen ingresos fixo, ou sin empleo fixo, ou sen propiedades).

b) Como é evidente, cobraronlles máis intereses, porque había más risco.

c) Ademáis, concederonlles créditos por un valor superior ao que o ‘ninja’ compraba a casa, porque pouco despois, esa mesma vivenda valería máis que a cantidade en préstamo.

d) Estas hipotecas son as chamadas “hipotecas subprime”Subprimes

“Hipotecas prime” son as que teñen pouco risco de impago.

“Hipotecas subprime” son as que teñen máis risco de impago.

e) Este planteamiento foi bon algunhos anos. Esa época onde os ninja iban pagando os plazos da hipoteca e ademais tiñan diñeiro sobrante para facer outras inversions.

Os bancos o estar dando muitos préstamos hipotecarios, acaba por terminarselles o diñeiro. A solución foi sinxela, pedir a Bancos extranxeiros ese diñeiro, porque para algo está a globalización. O diñeiro que hoxe ingresamos nalgunha das Oficinas de Castroverde, pode estar xa esa mesma tarde en Orlando, Carolina, etc., xa que alí hai un Banco ao que a miña Caixa de Aforros lle prestou o diñeiro para que llo preste a un ninja.

Por suposto, naide dos usuarios sabe que o diñeiro acabará en mans dun ninja, a través dese trasvase de cartos.

Despois desta necesidade, hai que inventar algo novo. O seguinte paso é a Titulización:

Frente a la difícil situación de liquidez que viven los mercados, José Luis Méndez destacó que Caixa Galicia ha logrado mejorar su posición a lo largo del pasado ejercicio, superando en la actualidad los 5.200 millones de euros, un 33% más que al cierre del 2006. En este contexto no descartó acudir al mercado de titulizaciones, una actividad prácticamente sin explotar por parte de la entidad. El máximo responsable de la caja insistió que la caja no restringirá el crédito minorista, dirigido a familias y pymes, dos «segmentos prioritarios».

O Banco de EEUU “empaqueta” as hipotecas -prime e subprime- en conxuntos que se chaman MBS (Mortgage Backed Securities, é decir, Obligaciones garantizadas por hipotecas). Onde antes tiñan 1.000 hipotecas “soltas”, dentro de “Créditos concedidos”, agora teñen 10 paquetes de 100 hipotecas cada un, nos que hai tanto bon (prime) como malo (subprime).

O seguinte paso lóxico é a venda desos paquetes, aumentando o “diñeiro en caixa”, diminuindo o mesmo importe o de “Créditos Concedidos”, co que se cumple co balance positivo. Eses paquetes poden ser comprados por filiais, corporacions internas, ou persoas achegadas que non teñan que cumplir co balance.

Chegado aquí, e resumindo o tema a única conclusión casi válida é a de que todo está basado en que os ninjas pagarán ás súas hipotecas e que o mercado inmobiliario norteamericano seguira subindo. Pero foi cando o precio da vivenda caeu(2007) en EEUU, cando comeza a crisis.

Muits dos ninjas deronse conta de que estaban pagando pola súa casa máis do que valía no momento e non pudieron seguir pagando súas hipotecas.Como naide sabe a merda que teñen os Bancos nos paquetes de hipotecas que compraron, os Bancos comezan a non fiarse uns de outros.

Muchas cautelas

Hay otros bancos que ya están recibiendo dinero con muchas cautelas. “En general, se trata de todos los bancos medianos, algunos de los cuales atraviesan por serios problemas de liquidez”, aseguran las fuentes. Y tres o cuatro Cajas de Ahorro, a quien el Banco de España está siguiendo con atención. La lista aparece siempre encabezada por Caixa Galicia*, que ya en junio intentó hacer una colocación por importe de 1.000 millones que se vio obligada a retirar al conseguir colocar apenas 200, un episodio que indica que la entidad tenía ya problemas de liquidez antes de la crisis.

* Un portavoz de la entidad gallega asegura que Caixa Galicia aplazó su emisión por las condiciones del mercado y afirma que es prestador neto en el mercado interbancario y que sólo obtiene financiación cuando las condiciones son satisfactorias.

Como non se fían, cando necesitan diñeiro e van ao MERCADO INTERBANCARIO, que é o lugar onde os Bancos se prestan diñeiro uns<!–[if gte vml 1]> <![endif]–><!–[if !vml]–>Mercado intebancario<!–[endif]–> a outros, ou non se prestan ou se llo prestan a un interés moi alto. Éste interés ao que se prestan o diñeiro os bancos no mercado Interbancario é o Euribor (Europe Interbank Offered Rate, Tasa de Interese ofrecida no mercado interbancario en Europa), non para de subir.

Por tanto, os Bancos e Caixas non teñen diñeiro en efectivo; como consecuencias:

– Non dan créditos

– Non dan hipotecas

<!–[if gte vml 1]> <![endif]–><!–[if !vml]–><!–[endif]–>O Euribor a 12 meses, é o índice de referencia das hipotecas, foi subindo o que fai que cada vez coste máis pagar ás cotas mensuais das hipotecas.

E como os bancos e caixas siguen sen ter cartos, venden…

Venden participacions nas empresas

Venden edificios

Ou fan campaña para que metamos diñeiro. Como a xente tampouco consume, e non compra as fábricas de materia prima teñen que prescindir de traballadores, e así segue unha cadea, que pode continuar ata un furado de 500.000 millons de $.

Porque realmente non se sabe quen son os afectados. Non se sabe si Caixa Galicia, ou o teu banco de toda a vida, Banco serio e forte na zona, ten muita merda no Activo. O malo é que ese banco de confianza tampouco o sabe.

Tamén é interesante saber que son outros termos como: RATING**- Calificación crediticia dunha Compañía ou unha Institución, feita por unha axencia especializada. Unha das axencias líderes neste campo é Fitch Ratings.

Cos seguintes niveles: AAA, el máximo, AA, A, BBB, BB, Outros

En xeral: Un Banco ou Caixa grande ten apox. un rating de AA. Un mediano, un rating de A.

**O 18.2.08, Fitch rebaixou o rating de Caixa Galicia., de A+ a A-, debido a “la creciente exposición al sector inmobiliario en los últimos tres años”.) Tamén o fixo Moody´s, axencia estadounidense.

Cando, en América, as hipotecas non pagadas polos ninja, as recuperen os bancos e se poidan vender, polo precio que sexa, algo han de valer eses paquetes de subprimes vendidos; ata daquela naide sabe nada, e polo momento:

Naide se fía de naide.

Se estás interesado, podes ler máis sobre o problema da crise, un bo artigo escrito por Leopoldo Abadía[/lang_gl]

Copa duatlon cros Castroverde 2008


2008
05.06

Cartel da Copa[lang_en] I am sorry, still this option is not available. If you are interested, this proof: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]

[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas.

También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl]Decidiuse este domingo a Copa de España de Duatlon Cros, foi en Vilabade, nun entorno inmellorable, a ermida do Carme.

A victoria foi para Yolanda Magallón (C.P. Mayencos) e pouco tempo despois, na categoríaAs gañadoras na roda de prensa masculina para Santi Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta). Ademais da victoria parcial, adxudicáronse o campionato de España de Duatlon cros 2008.

Non fallaron os favoritos, que coparon as tres primerias prazas no podio nas dúas categorías absolutas. Xunto ca aragonesa Yolanda Magallón estiveron no podio, Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial), medalla de plata, e Helena Herrero (Bricoblock-Esproten-Tritoledo), bronce. Xunto ao puertollanero Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta)Santi arnes estiveron Víctor Manuel del Corral (Triatló Vilanova), que defendía o título conquistado o ano pasado, e Agustí Roc (Triatló Vilanova) que foron ouro, plata e bronce respectivamente.

O circuito deste ano era moito menos esixente na carreira a pe, con menos rampas, e máis na de bici, na que o trazado foi durísimo, baixando casi ata vilalle, cunha subida inicial de 1,5 km. Con estes alicientes convértese nunha das probas espectaculares, senón a que máis, do campionato.

A IV Copa Sport Life de Duatlón Cros, deixou, ademáis dos titulos inviduais, os seguintes campions por equipos: Bricoblock-Esproten-Tritoledo en clubes femininos e Triatló Vilanova en categoría masculina.

P.D. Podes ver máis fotos da copa en flickr. [/lang_gl]

Unha xogada marca o partido.


2008
05.05

[lang_en] I am sorry, still this option is not available. If you are interested, this proof: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]

[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas.

También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl] Unha xogada, un gol e catro (4) expulsados.

Un partido raro, moi raro. Nos primeiros minutos un gol de Tino, no saque dun corner perfecto o centro do área fai que a SD Castroverde se adiante no marcador. O partido parecía que ía tranquilo, con ataques para os dous lados, pero pouca pegada.

O partido esmorecía e o colexiado colle o protagonismo. Así comeza expulsando o adestrador visitante por decirlle, según consta en acta ‘Non sei que carallo ves pitar aquí’.

O baleira seguía o seu, e conseguei demasiado premio nunha falta lateral sin aparente perigo, que non logra despexar ningún defensa nin o porteiro, e entra directa na portería local. Empate a un tanto e moito partido por diante.

Na segunda metade o mesmo guión, pouco perigo en ambas áreas e pouco demostrado por ambos conxuntos. O colexiado recobra o protagonismo, nunha xogada clarísima e pouco compresible, na que o balón sae totalmente da raia de fondo. Todolos xogadores se quedan parados, ata os rivais, ata que o xogador rival, volta a coller o balón de fora do campo, e cun pase atrás marca o segundo. Inexplicable a decisión, que costa ademáis tres xogadores o equipo local, polas diversas protestas. Primeiro do capitán, Pereira, e logo de Albino, e máis de Héctor. Tamén mostrou a segunda cartulina a Richard, máis non anotou nin mostrou a tarxeta vermella. Ante esto os xogadores rivais, incrédulos pola sangría feita.

Con oito xogadores, o máis probable era unha derrota abultada, pero contrariamente non sucedeu esto. O Baleira foi un equipo vulgar, que non creou máis perigo. Incluso se puido ir con un empate, xa ue javi tivo nas súas botas o empate logo dun man a man co porteiro que se lle foi demasiado escorado.

A eliminatoria sigue viva. Para a volta, máis emoción.

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Pereira, 5.-Edu, 6.-Héctor, 7.-Albino, 8.-Tino, 9.-Gelo, 10.-Richard, 11.-Javi. Tamén xugou co César.[/lang_gl]

Castroverde, capital do duatlon cros.


2008
05.02

Duatlon 2007 Vilabade

Este próximo domingo, día 4 de maio, Castroverde acolle a quinta e última proba do campeonato de España Duatlón Cros.

Esta carreira está organizada pola FETRI (Federación Española de Triatlón) , http://www.triatlon.org/, e FEFEME Triatlon Miño.
A proba constará de 6 km de carreira a pe ao redor da Ermida do Carme, 20 km de bicicleta e para finalizar, de novo 3 km máis a pe.

A saída será para as 10.45, a categoría femenina, e para as 11.30 a masculina. Os favoritos en cada unha das categorías son: a boliviana Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial) e a aragonesa Yolanda Magallón (C.P. Mayencos); o barcelonés Victor Manuel del Corral (Inverse Ditec T. Vilanova), actual campeón de España, e o manchego Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta).

A Copa de España Sport Life de Duatlón Cros 2008 é unha competición por puntos, na que o Campeonato de España puntúa máis co resto de probas. Farase unha clasificaión individual en cada unha das categorías, e outra por clubes.
Coma sempre as revistas Sport Life, Runner’s World e Bike estarán no evento para levar unha cobertura especial da proba. Ademáis publicarei en directo os tres primeiros clasificados de cada unha das categoría neste mismo blog. E para a semana que ven, tamén estarán dispoñibles as fotos do evento.