Ocasión desperdiciada

2009
03.23

Resultados
Castroverde – Muralla 1 – 3
Pradeda – Lugo 4 – 2
Oural – Sagrado Cor. 1 – 0
Comercial – Río Sil 2 – 0
Garabolos – Antas 4 – 1
Calasancio – Lucense 6 – 0
Rubián – Portomarín 3 – 3
Friol – Guntín (Susp)

A próxima xornada será a seguinte, co desplazamento crucial o campo do Guntín:

Próxima Xornada
Guntín-Castroverde
Muralla-Pradeda
Lugo-Oural
Sagrado Cor.-Comercial
Río Sil-Garabolos
Antas-Calasancio
Lucense-Rubián
Portomarín-Friol

S.D CASTROVERDE: 1-Marcos 2-Manolo-Manolo 3-Óscar 4-Iván 5-Javi 6-Toño 7-Albino 8-Marcos geme 9- Carlos 10-Richard 11-Bruno;  12-Tino 13-Chino 14-Rafa 15-Marcos Veiga 16- Pereira

Gracias de novo a Arsenio Iglesias por unha nova crónica:

Partido importante para os dous equipos o disputado o domingo na Veiga do Olmo; os nosos desperdiciaron un partido que de gañar nos situaría destacados na segunda posición, pero non puido ser, un Muralla ben plantado no campo e cas cousas claras, soupo sacar tallada dun Castroverde que fixo o peor partido da segunda volta, sen asomar en ningún intre ese fútbol combinativo e con rápidos contragolpes que nos acostumou na segunda volta.

O Muralla acadaba cedo o primeiro gol, unha falta ben sacada por Bruno colábase na portería de Marcos, sin que este poidera facer nada por evitalo.

A pesar de ser un partido de escasa calidade, e onde o único que primou foi a forza e a loita dos xogadores poideronse ver catro goles; O Castroverde chegaba a empatar por mediación de Javi na sua especialidade de cabeza tras un córner botado por Richard; este tamén sería protagonista un minuto despoís, balón que perde o borde da área dous rexeites e para dentro, un a dous para o Muralla o descanso.

A segunda parte o Castroverde sae a por o empate, ocasións falladas e o Muralla sentencia con un gol máis a contra. Una boa ocasión desperdiciada para a SD de alonxar a un rival directo, que aínda queda un punto por baixo, despois da victoria  por 3-1 dos locais e diante do rubián , no partido aprazado no seu día.

Esperemos que se recupere o rumbo de xogo e resultados nas vindeiras xornadas, cruciais para obter o premio do ascenso, así como recuperar algunha das seis baixas tan significativas que tivo o Castroverde esta xornada.

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 25 18 5 2 63 18 59
2. Castroverde 25 16 4 5 60 30 52
3. Oural 25 14 8 3 58 29 52
4. Muralla 25 15 6 4 51 18 51
5. Sagrado Cor. 25 15 5 5 39 19 50
6. Comercial 26 13 8 5 52 37 47
7. Friol 24 9 7 8 47 33 34
8. Portomarín 25 10 4 11 42 41 34
9. Rubián 25 8 8 9 43 53 32
10. Río Sil 25 8 5 12 22 40 29
11. Antas 25 8 4 13 38 57 28
12. Guntín 24 5 9 10 29 40 24
13. Garabolos 26 6 5 15 33 47 23
14. Lugo 26 6 2 18 37 72 20
15. Pradeda 25 3 6 16 30 52 15
16. Lucense 26 2 4 20 22 80 10

Tags: , , , , ,

2 Responses to “Ocasión desperdiciada”

  1. Lu di:

    xa levaba tepo sin pasar x aki

    ANIMOOOOOOOO rapaces!!! q este tropezo non cambie o ritmo q levabades!!! 😀
    non recordo ver o nome de Castroverde tan alto en ningunha táboa así que PADIANTE!!!!!!!! 😀

  2. Tino di:

    Gracias Lu!!!! Este tropezo podía pasar… pero aínda somos segundos, e queda muita liga!!!!

    ESTE ANO SÍ!!!!

    E aproveitar para comentar a crónica desta semana… onde creo que saímos demasiado atrás e cun equipo demasiado defensivo, e saíndo coa idea de que o empate non era mal resultado. Así sempre se perde, con baixas ou sen elas.

    Os do muralla que escriben no “Peto Lareto”, que comenten aquí as súas discrepancias coa crónica. Esa sección é para outros menesteres. Cada quen fai a crónica segundo se lle antoxa. Neste caso foi algún seguidor do castroverde que sin compromiso de ningún tipo de vez en cando colabora coa fiestra de masoucos, e a páxina web da sd.
    Ademais e para finalizar, esta é a web para os seguidores do Castroverde.
    Non se permitirán insultos de ningún tipo.

    Saúdos!!