Ollo Prodixioso

2009
11.05

Graciñas a Xose Marra por permitir reproducir esta excellente foto tomada no límite dos concellos de Castroverde e Lugo.Imaxen Concello de Castroverde

5 Responses to “Ollo Prodixioso”

  1. UndeTordea di:

    Esta foto, para os que somos dun pobo de Castroverde ou de preto móstranos unha imaxe que estamos cheos e cheos de ver, e que observamos como algo normal. Cunha simple ollada saco moitos feitos, o feito do bo facer dos nosos labregos, a finca coidada o aproveitamento dos recursos como esa señora angaza o pouco que deixa o recolledor do autocargador. Mostra que a esas vacas ainda lles dan de comer comida fresca tódolos días, están máis mimadas seguramente que os propios donos. Vemos a muller rural, sempre da mao de seu home, traballa na casa e traballa no agro, seguramente esta tivera que levar o tractor ou a BCS ate o prado. E esto so o vemos a xente que mamamos esto, e que pronto ninguén verá, nin a estampa, nin o que mostra.

  2. Irmán do de arriba di:

    Xa está o pesado de sempre barrenando. Non me diredes que non valía para filósofo!!!!. Pero parece que desta vez lle vou ter que dar a razón.
    A imaxe é sen dúbida emocionante. Pode parecer que a primeira vista reflexe o atraso do agro galego, pero creo que representa mellor o amor pola terra, polo de sempre, o “ir a herba verde”.

    Nota: Ángel, olvidouseche decir que o trator é un ebro 6070 (dato importante).

  3. Laura di:

    Bonita foto e mellor comentario de un de tordea

  4. lu di:

    jajajaja de Dous de Tordea,Laura!!! 😀 moi bos! e a foto boisima si señor……. Galicia pura non? 🙂

  5. Millán Fernández di:

    a foto di moito, como soubo apreciar Angel