Todolos artigos de: Tino

Informático por casualidad, emprendedor por iniciativa. Cofundador de Cafe Dixital (cafedixital.com). Me gusta el deporte y la naturaleza. Escribo por pasión en bloginterference.com, somosbreogan.org, sdcastroverde.com, taller.masoucos.org, cafedixital.com y otros

Malabarista ou truco?

Bruce Manley se chama este malabarista do baloncesto que flipou coas súas canastas a toda a xente que pasou pola súa canle de YouTube. Aquí tedes a mostra:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/IOOqF_kPoBg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Sigo pensando que aquí hay truco, non é posible que alguén sexa capaz de meter canastas pola espalda desde medio campo, con saltos polo medio, con obstaculos, e sigue ‘metendo’ igualmente.

Poucas referencias existen deste ‘habilidoso tirador’. Hasta o mismisimo e fanfarrón Shaquille O’Neal(xogador NBA, 4 veces gañador do ‘anillo’, e que ao finalizar esta temporada se retirará) lanzoulle este curioso reto a través de Twitter. Di así:

Buscadeo, quero xogar con él un “B-U-R-R-O” de 1.000 dólares“.

Morreu o Rei do Pop, nace o Mito do Pop

Xa se batiron varios record en Internet, a propósito da noticia da morte(o pasado día 25) de Michael Jackson.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Jpz5eD9L4dA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Demostrou que, a pesar da mala fama ganada e as súas desacertadas decisions nestos últimos anos, sempre se imporá o seu talento e o seus records, varios actualmente a medrar.

O rumbo de Michael quedou marcado polo afán de cumplir hasta o máis mínimo capricho sen reparos. E así foi como lle dedicou unha canción o ‘Demerol’, o mesmo fármaco que anos despois lle causou a morte.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ifsyjzCWgsw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Desde o seu primeiro éxito, Off The Wall ata o pasado día 25, podemos quedarnos con alguén distinto, diferente, de outro mundo. Un superclase, con maisculas. O REI DO POP!

Diario – ¿Embarazada por unha inyección?

Do mellor que deu nunca este programa, e xa é decir… “O amor entre unha tía que se chuta esperma e o primo de David Civera…” increible documento gráfico. Aínda que é un pouco largo, o mellor a partir do minuto 3. Recomendable hasta o final!!

Jordi tiene dos objetivos en el diario, aclarar las cosas con su chica y pedirle matrimonio. Jordi entró un día en un chat y nada comenzar a hablar con Esther, Esther le dijo “¿somos novios?” y él dijo que podían probar.
Jordi cuenta que, al poco tiempo, Esther le dijo que se había quedado embarazada de él porque le habían puesto una inyección con un espermatozoide suyo.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/w6TdnZFT_aY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

As posibilidades son infinitas, unha que colle forza é a que di que detrás destes ‘elementos’ está o inconfundible follonero (jordi évole), e o seu programa ‘Salvados…’

Non se fixo esperar a reacción doutro programa ‘estrella’ de la sexta, ‘Se lo que hicisteis…’ coa parodia correspondente!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/LiylwXYxmeo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Actualizo: 2406

Gracias a Lu, que enviou a parte dous deste xa mítico video en Internet! Cada vez creo máis que detrás desto está o follonero!!! Non pode ser!!!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/3svR1tnJ4Ag" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

únete a tractorada virtual!

Tractorada Virtual

Actualización(17-06-09): Gracias a ‘UndeTordea’ por completar a entrada…

Foto (Ano 1997, Lugo) que representa perfectamente o espíritu daquela tractorada(veciño do Concello), e a canción con todo o espírito do rock bravú e do xabarín, que nacera pola mesma temática…

Ferro, barullo, caucho, remolques
Mil tractores baixan do monte
Pan, lacon e viño, paus e marras
Ferve o sangue, barricada agraria
Se non razoan levamos a Armando
Que armando unha boa van razoando
Sete chavellas, sete estadullos
Dalle no lombo, dalle nas ventas!
Arde o ferro do motor
Ei Kubota ei Motransa
Fume negro do tractor
Galicia tomada pola tractorada!
NON PASARÁN, TRATORADA!
NON PASARÁN, DALLE FERRO!
NON PASARÁN, TRATORADA!
NON PASARÁN!
Co terceiro punto en alto
Dilles que se acheguen, Dilles que discutan
Rodas de corenta lonas
Gasolina dalles lume!
Un remolque cheo de pedras
E unha vella cun fouciño
Hai machadas, hai galletas
Corre o sangue polas veas!
NON PASARAN…
E se non se pode vivir
Pola culpa do progreso
A próxima tractorada
Hache de ser no Congreso.
Fabricantes de iogures
Leite en polvo e desnatada
Din que hai demasiado leite
E agora chamanlle excedentes
Din que hai demasiado leite
E a algún macho xa lle ferve
Baixan as vacas doentes
Baixan ensinando os dentes!
Arde o ferro do motor
Ei Kubota, ei Motransa
Fume negro de tractor
Galicia tomada pola tractorada!
NON PASARAN…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/A9eCxMPqeJ4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]



A medicina popular no concello (I)

A curación mediante ensalmos era ata fai poucos anos unha práctica habitual, especialmente dalgunhas enfermedades ligadas os osos, como son,  “da caída da espinilla e a paletilla”. Cuando falamos de “espinilla” referise a un conxunto de vértebras dispostas en fila e cuntas entre sí, formando o eixe do esqueleto e sosteñen o corpo humano. Pola outra banda, co nome de “paletilla” aludimos a cada un dos osos planos que articulan o brazo co hombro. Un dos procedementos más característicos de curación (que  recolle Blanco Prado, José Manuel. “Las enfermedades de la vista y de las lombrices en la provincia de Lugo. Ensalmos y rituales etnomédicos”. Culturas Populares. Revista Electrónica 6 (enero-junio 2008)) é o recitado de ensalmos, o que se coñece coma  “levantar de palabra”.

En Montecubeiro sentaban o enfermo no suelo. Logo, cos brazos elevados, debían igualalas puntas dos dedos. Finalmente, mentras o enfermo permanecía inmóvil e sentado, recitabase durante sete días seguidos o seguinte ensalmo para conseguir unha total curación:

San Xoán e Santa Ana

tiveron á Virxe María,

dela naceu o noso Señor Jesucristo

que lle levanta a paletilla e espiñela

a (nombre del enfermo),

polo poder de Deus e da Virxe María,

un painoso e un avemaría

Informante de Montecubeiro (Castroverde).

En San Miguel do Camiño para sanar a espinilla facíase unha pequena cruz sobre a mesma e decíase o seguinte ensalmo:

Ana parió a Santa Ana,

Santa Ana parió a María,

María parió a Jesús.

Como estas tres cousas

son pura verdad,

espinilla vólvete ó teu lugar,

como as ondas do mar.

Lucrecia Arias Fernández. De San Miguel do Camiño. De 75 anos.

Comparte o teu ensalmo para a curación dalgunha enfermedade!

Río chamoso e rego da feira

Onte confirmaronse os investimentos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no noso concello. Serán unhos 180.000 € en obras en Castroverde con cargo ao Plan E. Así o confirmou o presidente da confederación, Francisco Un regato calqueraFernández Liñares, co alcalde, Xosé María Arias Fernández.

Serán actuacións no río Chamoso, tamén coñecido como Recesende, e outra no Rego da Feira. Segundo aclara o progreso e a voz de Galicia, a Confederación procederá á recuperación e acondicionamento deste caudal situado nas inmediacións do campo da festa(aínda que xa non se celebra alí) e das piscinas municipais(aínda sin terminar). As obras consistirán no acondicionamento das marxes e na suxeción da ribeira con mantas de coco (mantas de fibra de coco para envolvelo solo contra a erosión do chan). Esta actuación suporá un investimento que pode variar entre os 60.000 e 80.000 €.

Nas inmediacións do Camiño Primitivo de Santiago, o obxectivo e a creaciçon dunha área de descanso, a beira do río Chamoso. Será un investimento de arredor dos 100.000 €.

probando shozu


Probando shozu¡¡

Aquí tedes, o resultado. Gracias a Pedro, a cara visible da blogaliza, que deu con shozu, e podemos publicar as nosas fotos, textos, vídeos,  ou o que sexa a través do móvil. Felicidades por este novo avance.

Na imaxe podedes ver a captura da pantalla na páxina de shozu, e ademais a sorpresa para a festa da sd castroverde!!

P.D. O texto foi editado desde o panel de control!!!

Posted by ShoZu

“Caixa Negra”, a crise das vacas tolas

Hoxe emitirase o moi comentado documental ‘Caixa Negra’ . Fálase incluso dun acto de censura na TVG, aínda que non todos os contidos que compra a TVG son finalmente publicados, parece que tan so demoraron a emisión.
Por se queredes ver o vídeo(esta noite na TVG, ou aquí o vídeo completo), para despois opinar con propiedade da Crise das Vacas Tolas, velaquí tedes a reportaxe completa, que subiron a YouTube (aínda que non sei se aguantará moito, pois supoño que os dereitos de emisión pertencen á TVG):

Un moi bon documental, no que un xenial ‘Gonzo’ danos as claves da crise das vacas tolas, os erros, os acertos, personalismos… moi recomendable!

Seguro que recordades algunhas cousas… a vosa visión…

Curiosidades políticas

Publico este vídeo da concelleira de Santa Cruz de Tenerife (desconozco a que grupo político pertenece cada un dos que interveñen, se alguén se anima a investigar…), afirmando que para ela non constaba ningunha relación de locales cedidos a organizacions coas siglas “ONG” con estas palabras:  “La relación de locales que solicita con las siglas ONG no figura ninguna”. “Si figura uno a nombre de Cruz Roja…”. A resposta que da doña Esther Sarraute. Despois interveñen o alcalde, que comprende o enfado do grupo opositor  que fixo a pregunta, e incluso medianamente avergonzado  sae o corte decindo que é unha concanetación de errores”.

Máis tarde a concelleira intenta solucionalo botando a culpa os funcionarios, e na seguinte intervención quitandolla e asumindo un pouco de responsabilidade(quizais) para terminar decindo que  “quizá deberían ser os polítcos quen revisaran os documentos” pero solo quizais. Afirma tan tranquila que está reproducindo unhos documentos que nin sequera foi capaz de mirar(quizais). O alcalde o señor Zerolo dice en relación o erro de bulto da súa concelleira que non é máis que “un gazapo” e todo finiquitado.

Deixo o vídeo que non ten desperdicio(aínda que un pouco largo de máis):

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/tlqP6TGDKrY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]