Author Archive

Os leons de Manhattan!


2008
09.19

Eso é o que di Jose Ángel Abad, corresponsal en Nueva York de Antena 3, de Javier Veiga e Diego Prendes.

Atopou con Javier e Diego na esquina da rúa 33 con Broadway. “Escoitaronme falar español e acercaronse a preguntarme se sabía dónde estaba un “Wendys” para comer as hamburguesas máis baratas de Nueva York”.

Quedeime vendos e preguntandome: “¿cómo podían sobrevivir aquí dos ciegos que ni conocían la ciudad ni hablaban inglés?, ¿cómo se arreglarían para cruzar estas calles salvajes?, ¿qué les traería a Nueva York? ¿No era aquélla una auténtica odisea?”

Javier, de Santa Eulalia de Bolaño, cerca de Castroverde, provincia de Lugo, e Diego Prendes, como a muitos outros, continua Jose angel, ocurriuselles facer un curso de inglés. En ningún momento se lles pasou pola cabeza que a súa cegueira puidera ser un inconvinte insalvable.

E así foi como lles contou a súa historia. “Pois nada, que viñemos como ven calquera”. “Pero ¿solos?”. “Sí, claro. Igual que hai xente que pode ver sen problema e practica, por exemplo, parapente pois nos….”
Así compartiu visitas un par de días, así como tamén comidas, pero sobre todo falaron de como un cego “ve” Nueva York. Non se perden detalle… afirman acertadamente: “o suelo está vello e sucio”, explicaban, “e a xente camiña moi rápido, ¡e o seu tamaño é grande!”, “hai unha gran variedade de olores nos restaurantes… e qué decir dos idiomas que se oen pola rúa…”

Unhos verdadeiros valientes, sen dúbida. Decidir marchar a esa gran cidade, na que muitos outros nos perderíamos a bo seguro, non é unha aventura calquera.

Ahh, por certo, volveron sans e salvos!!! Para o que aínda non o crea!

Somontano de Barbastro, un exemplo a seguir


2008
09.18

A Comunidade de Aragón ven de por en marcha os novos centros de teletraballo en núcleos rurais da súa comunidade mediante tecnoloxía DELTA. Na actualidade xa existen 5 centros deste tipo, de entre 6 e 18 postos de traballo, situados en Laluenga, Berbegal, El Grado, Castejón del Puente y Pozán de Vero, e dado o éxito da proba, xa se queren ampliar a unhos 20 centros na comarca de “Somontano de Barbastro“. O proxecto sae coa idea de impulsar o desenvolvemento rural, en pequenos núcleos de población.

DELTA é un sistema de teletraballo que utiliza un entorno de división de tareas e telecontrol, permitindo realizar labores administrativas en centros de traballo remoto.
A primeira experiencia realizouse no municipio do “El Grado”, na comarca de Somontano, coa colaboración do Goberno municipal. O proxecto tivo unha duración de un ano e permitiu desenrolar parte da indexación de Rexistros da Propiedade.

Este tipo de proxectos representan unha oportunidade única para poder vivr no rural, e non ter que facer o seu labor profesional nas cidades. Na actualidade, e segundo algún estudio, aproximadamente tres cuartas partes da humanidade viven no mundo rural, no que se require un tercio da enerxía por cápita que require un entorno urbano.

Conclue este estudio, que, “un futuro no que toda a población viva en grandes metrópolis é imposible”, polo alto custe de recursos que esto implica.

Mentras eles fomentan o teletraballo, nos dedicamonos o “Lugo xa conecta”(a través dun bus, claro)

Comezo sufrido


2008
09.15

SD CASTROVERDEPhotobucket

Comezo moi sufrido o da SD Castroverde, no campo das gándaras e contra un rival moi correoso, o Garabolos.

A pesar do bo inicio de partido, coa total posesión do balón, pero creando pouco peligro na porta rival. Aínda así unha xogada polo centro acaba en gol, logo dun disparo de Carlos, no primeiro disparo entre os tres paos.

Cando parecía que o partido xa se poñía de cara, e comezaba a dar síntomas de irse do partido, un balón moi largo, moi pasado que recolle o dianteiro sen ningún peligro aparente, pero un penalti infantil de Juán, fai que consigan o empate.

Non deu tempo a máis na primeira parte, con moito calor. Continuou o partido, x ana súa segunda parte, co calor de novo protagonista o Castroverde continuou co balón pero sen crear moito peligro.

Nunha xogada aislada, o garabolos adiantase no marcador despois de que o disparo pegara nun defensa e superara por riba a chino, que pouco pudo facer. Co marcador en contra, e con moi pouco tempo para a reacción, o equipo foi capaz de sobrepoñerse, e marcar nese último cuarto de hora 2 goles, que deron a volta definitivamente.

O primeiro despois de un penalti sobre Gelo, que non transforma Carlos, pero o rechace favorece o Castroverde, que cun centro dende o fondo, marca o empate. E un par de minutos despois, de novo Carlos, cun disparo lonxano, que o porteiro non ve, fai que o castroverde consiga a victoria definitiva. Xa pouco lle quedaba o partido, e o garabolos non foi quen nin de achegarse.

Primeira victoria a domicilio da temporada, moi importante e sufrida para pelear por estar arriba. O sábado de novo a domicilio, viaxe ata monforte.

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Óscar, 3.-Manolo, 4.-Javi, 5.-Juan, 6.-Pereira, 7.-Albino, 8.-Carlos, 9.-Héctor, 10.-Richard, 11.-Carlos. Tamén xogaron: Gelo, Iván, Toño, e Tino.

Resultados
Lucense – Antas 1 – 3
Portomarín – Río Sil 0 – 1
Friol – Sagrado Cr. 1 – 2
Rubián – Lugo 1 – 0
Calasancio – Muralla 1 – 2
Garabolos – Castroverde 2 – 3
Comercial – Pradeda 2 – 2
Guntín – Oural 1 – 4

Clasificación:

Equipo X G E P GF GC Ptos
1. Oural 1 1 0 0 4 1 3
2. Antas 1 1 0 0 3 1 3
3. Castroverde 1 1 0 0 3 2 3
4. Muralla 1 1 0 0 2 1 3
5. Sagrado Cr. 1 1 0 0 2 1 3
6. Río Sil 1 1 0 0 1 0 3
7. Rubián 1 1 0 0 1 0 3
8. Comercial 1 0 1 0 2 2 1
9. Pradeda 1 0 1 0 2 2 1
10. Garabolos 1 0 0 1 2 3 0
11. Calasancio 1 0 0 1 1 2 0
12. Friol 1 0 0 1 1 2 0
13. Lugo 1 0 0 1 0 1 0
14. Portomarín 1 0 0 1 0 1 0
15. Lucense 1 0 0 1 1 3 0
16. Guntín 1 0 0 1 1 4 0
Próxima Xornada
Antas-Guntín
Río Sil-Lucense
Sagrado Cr.-Portomarín
Lugo-Friol
Muralla-Rubián
Calasancio-Castroverde
Pradeda-Garabolos
Oural-Comercial

Volve o futbol de novo


2008
09.12

Outra tempada máis comeza o futbol na terceira rexional, e desta volta faino cunha importante novidade para a SD, xa que competirá no grupo XIII. Novos campos, novos xogadores, novo entrenador, Juan Carlos Grandela, e 4 novos fichaxes, para intentar de novo, por fin, o ansiado ascenso.

O próximo domingo xa poderán ver os resultados da pretemporada. Será las 18.00 en Lugo, no campo das Gándaras, contra o Garabolos.Un partido onde o resultado é máis que incerto polo descoñecemento dos rivais, e no que se espera a primeira victoria da temoprada.  A próxima semana a crónica. Ata daquela.

SD CASTROVERDEPhotobucket
Calendario Completo SD Castroverde 2008-2009

Polos carris bici, 3000 km en patín¡


2008
09.11

Non é a primeira vez que Xesús García Juanes comeza unha aventura así de atrevida. Eso foi o que comezou o 20 de agosto, unha travesía de 3000 quilómetros nun patín adaptado especialmente para poder levar comida, roupa e outros elementos necesarios para esta viaxe. Así pretende chegar a Barcelona o día 22 de septembro, e poder participar no día sen coches. Quere “poñerse guapo”(Podes escoitar as súas declaracions facendo click aquí). Antes pasará por Friburgo(Alemania) e París. Ahhh¡¡ e todo esto para reclamar máis carris bici. Un bo motivo para facer estas ‘tolerias’.

Veremos como vai esta nova aventura, desta volta vestido, e se é capaz de chegar ata o centro de Europa, co patín de fabricación Finlandesa.

As súas protestas máis coñecidas foron algunhas como…
as 200 voltas á muralla de Lugo cando esta aínda non era Patrimonio da Humanidade, para reivindicar a concesión de este status. Máis tarde camiñou entre as catro capitais galegas, como protesta contra as minas antipersoas, e fixo tamén o Camiño de Santiago en sentido inverso, até Roncesvalles, coa ilusión de obter tantas novas doazóns de sangue como quilómetros percorridos.

Esas e outras aventuras empezaron a seguidas os medios de comunicación despois de decidir facelas cun novo elemento moi atrainte: o nudismo. Subiu cun taparrabos ao Pico Cuíña para reclamar a construción de un novo pavillón en Castroverde. Este éxito fixo que decidira repetir e incluso ampliar horizontes, polo que subiu escaso de roupa picos como o Aconcagua ou Kilimanxaro.

Gaiteiro, Guerreiro ou “Galiteiro”?


2008
08.28

Galiteiro, guerreiro, gaiteiro?

Seguro que non é a primeira vez que se abre o debate, gaiteiro ou guerreiro? Este é o tema do que se fala no blog Camino de Piedra

Esta foto, sacada do blog de Manuel gago, pertence a o actual emprazamento do “galiteiro”. Esta figura non está no seu lugar orixinal (por como está labrada a pedra), e o máis probable e que chegara alí dalgún outro lado, cousa moi común por outra parte; Pero a pregunta é ¿ónde estaría antes? Parece o dintel dunha fiestra ou unha porta, ou dunha capela, pero… ¿que fai un gaiteiro nunha capela? Ou xa postos a , ¿qué fai un guerreiro na porta dunha capela?

Pode que recorde ós gaiteiros medieváis das Cantigas de Santa María?, nalgunhas iglesias atópanse esculturas de gaiteiros… pero virá o tema por ahí? Aquí a figura mediaval. Comparen xuzguen e apostan por unha teoría. Se é a certa moito mellor.

gaiteiro mediaval

A todos os que dan ánimos…


2008
08.27

Gracias a tod@s polo interese mostrado, e os animos para seguir adiante co blog.

Recordo agora(co peligro de que alguén quede sen nombrar) e doulle as gracias a Iosef(déboche unha), Faleieu e Neliña(agardo que non deixen a fiestra), un de tordea, Karmita, Millán, outros de tordea, romano, sony, Iruiaenlanube, Xavier, Mario, Ruben novo, Pibe, Lu, reixix (estes catro máis recentemente), algun/ha comentarista anónimo/a, e a toda a xente que algunha vez comenteou e/ou criticou o funcionamento.

Muita xente que chegou a web neste tempo, dixome que non sabe que comentar, qué decir, que esto é moi serio, XD¡¡¡ NON¡¡¡ para nada¡¡, parece serio, máis o obxectivo non é tal; Polo que animo a toda a xente a participar, e a colaborar. So se intenta dar outro punto de vista, falar sobre os temas de actualidade de castroverde ou arredores, e cun punto critico e relaxado, para o que non sexa ben feito.

Teño tamén pendentes moitas fotos, como algún xa me recordou, pero as que non teño, son as das festas de Tordea 2008. Como algo me sentou mal a cea, (estaba todo tan bon…) que non puiden chegar a festa(cas ganas que tiña), polo que lle pido a xente de tordea, se pode ser, que más pase para publicalas, non?.

Gracias A Tod@ Polos Ánimos. Sen Vos A Fiestra De Masoucos Non Sería O Que É.

Gracias Por Estar Aí Do Outro Lado.

Graciñas

Pechado¡ STOP.


2008
07.31

Pois eso, que me vou de vacacions, merecidas creo, asique non hai máis que decir… podedes facer o que vos pete, voltarei polo blog o día 19 de Agosto. Non rompades nada¡  XD

Pechado por vacacions

P.D.  Confirmado o paso o Grupo XIII. Tamén o está o novo adestrador, que volta a súa casa, unhos anos despois, quen será, será… O martes, as 21.00, empeza de novo a temporada. Quen queira pasar… alí estaremos¡¡¡

Festa da Lura?


2008
07.28

Ben e sabido que hai de todo en todolos lados, pero… o do xornal 20 minutos, é de risa:

 Citas que no te puedes perder: Fiesta de la lura: Castroverde (Lugo). 15-16 julio.

Non coñecía eu a tradicción do noso concello na pesca da lura… será da lura dulce de río, porque non se entende. Eu que estiven a celebrar o santiago, podendo tamén celebrar a festa da lura, a quen se lle conte,menos mal que a foto non estáLura, choco ou pota feita en castroverde, senón si que xa sería de cine¡

Por se acaso, acompaño a definición de lura, e tamén unha foto… para os despistados¡

Luras.f. Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e cunha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma. As luras expulsan borra para escurece-la auga cando están en perigo. CF. choco, pota2. s Lura pota. Pota2.

timofonica en castroverde Antenas a poñer

Cambiando de tema totalmente, comentar que está a exposición pública a licenza municipal para instalación dunha estación base para telefonía movil en Furis, en Vilacote, Tórdea e Reborados por TELEFÓNICA MOVILES ESPAÑA S.A. ou quizais mellor, Timofónica. Se cres a que podes aportar algo, terás que ir o concello e entregarlles por escrito a túa reclamación ou a túa suxerencia antes de 10 hábiles desde o 22 de xullo.

Honores para unha futura campiona¡


2008
07.22

A�da no triatlon de Vigo Creo que é a primeira vez que estou de acordo con algún titular do diario, 20 minutos, e é que di: “Lugo recibe con honores a la triatleta Aida Valiño, subcampeona de Europa sub 23”

Así foi, Xosé Antón Bao recibiu a subcampiona de Europa sub 23 de Triatlón, da que dixo que  “levará a bandeira do deporte lucense e do deporte galego por todo o mundo”.

Aída dixo estar “moi agradecida” polo recibimento e a felicitación e remarcou que seguira a “loitar” para conseguir aínda mellores resultados e poder estar así “nas seguientes olimpiadas” en Londres 2012.

Despois do recibimento chegou o que mellor se lle da, competir. Arrasou na proba feminina do vixésimo triatlón do Miño, cun tempo de 1.06.53 horas para levarse o triunfo absoluto e sub-23. O segundo posto ocupouno Saleta Castro, con 1.08.14 horas e o terceiro lugar ocupouno Cristina Piñeiro, do Tríatlon Carballo, con 1.31.27 horas.

Non foi a única victoria de Aída senón que tamén se impuxo, fai unhas semanas no Triatlón de Vigo. Esta competición discurría sobre distancia sprint é decir (750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carrera a pie). Subiu acompañada o podio, pola albaceteña Ana López.

Para ver as estatísticas completas do triatlon no río miño… que mellor que utilizar os tempos do amigo junquera novo, non? http://www.championchipnorte.com/externos/20080719213729_XX_TRIATLON_DO_MINO._FEMENINO/femeninoA.htm